621501 - Historia de Roma (5º CURSO) - Curso 2012/2013
Información
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
- Departamentos: Historia I
- Áreas: Historia Antiga
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo P01 | Ordinario | Prácticos | NON | NON |
| Grupo T01 | Ordinario | Teóricos | SI | SI |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaEstudar en profundidade aspectos políticos, institucionais e socioeconómicos da Historia de Roma, para que o alumno se dote dun referente histórico básico que lle permita coñecer a natureza do Mundo Romano, utilizando as fontes clásicas para que valore a importancia das mesmas na construción da historia e, tamén, como produto dunha conxuntura histórica.
ContidosPrograma da materia:
1.- Os pobos itálicos. A colonización grega. Os etruscos
Protohistoria: a indoeuropeización de Italia e os pobos Itálicos. A colonización grega. Os etruscos: o problema da súa orixe; estrutura política e organización social; a expansión etrusca. Importancia da civilización etrusca na historia peninsular romana
2.- Orixes de Roma. A Monarquía
O Lacio primitivo. Orixes de Roma: fontes (literarias e arqueolóxicas). A monarquía romana: etapa preetrusca; etapa etrusca; apertura a Etruria e as súas consecuencias: o nacemento de Roma; institucións políticas. As reformas de Servio Tuli
3,- A formación da República romana. Patricios e plebeos
O final da Monarquía e a aparición da República: factores externos e internos; organización socioeconómica: patriciado e plebe. O conflito patricio-plebeo: causas e etapas (desde a SECESSIO ou MONS SACER do 494 ata a LEX HORTENSIA do 287). A conxuntura externa: a anexión de Italia (493-272)
4,- O estado patricio-plebeo
Sistema político: conceptos básicos (CIVITAS, POPULUS...); institucións: o Senado e as Asembleas; maxistraturas: características xerais, POTESTAS e IMPERIUM, o CURSUS HONORUM
Transformacións económicas. A sociedade: a NOBILITAS, o campesiñado, libertos e escravos
A organización de Italia: anexión e alianza (itálicas e latinas)
5.- A expansión de Roma polo Mediterráneo
Cartago. Os tratados romano-cartaxineses. A primeira e a segunda guerra Púnica. Oriente e occidente: situación das monarquías helenísticas a fins do século III e a intervención de Roma. A terceira guerra Púnica. Roma e a península Ibérica
6.- Sociedade, economía e estado na época da expansión
O fortalecemento do réxime senatorial, a NOBILITAS. A constitución da orde ecuestre. A formación do proletariado urbano e rural. A extensión da escravitude
A evolución económica: o crecemento do latifundio e a diminución da pequena propiedade
7.- A crise da República. O fin da República.
O problema agrario e os intentos de solución: os Gracos. Novos intentos de reforma: Mario e A. Saturnino e o seu fracaso. As reformas de Livio Druso. A guerra social e os seus resultados. A restauración de Sila, a súa reforma política e as súas consecuencias. O primeiro triunvirato. A guerra entre César e Pompeio. César: as súas reformas e o seu réxime político. O segundo triunvirato. O triunfo de Octavio
8.- Augusto e a fundación do principado
Carácter, orixe e fundamentos dos poderes do PRINCEPS. O novo ordenamento político-constitucional: as maxistraturas, o Senado. As reformas de Augusto: a organización provincial, a reforma financeira e o exercito. O problema da sucesión
9.- Os emperadores do Alto Imperio Romano
Os Xulio-Claudios: Tiberio, Calígula e o despotismo oriental en Roma; Claudio e a nova burocracia; Nerón e a fin da dinastía. Os Flavios: Vespasiano, Tito, Domiciano e a monarquía despótica. Os Antoninos: Nerva e a súa política de conciliación; Traxano e a súa política exterior; Adriano e Antonino Pio
10.- A estrutura social e económica do imperio romano nos dous primeiros séculos D.C.
O estado romano e a administración Imperial: senado, comicios e maxistraturas. O CONSILIUM PRINCIPIS, a administración imperial. A administración provincial: fundamentos e precedentes
Economía: propiedade, produtores e produción
A sociedade: os grupos superiores e inferiores
11.- O final do Alto Imperio: de Marco Aurelio ata a fin da dinastía dos Severos (190-235).
Os primeiros problemas nas fronteiras. A nova concepción do poder imperial. A evolución interna do imperio. A universalización da ciudadanía romana.
12.- A Anarquía militar e a crise do século III (235-284).
Aspectos políticos: a militarización do imperio e a inestabilidade do trono. O perigo exterior e a presión nas fronteiras.
Aspectos económicos e sociais: a crise demográfica, económica, monetaria e fiscal do estado. O absolutismo monárquico e o impacto na vida urbana e as relacions comerciais.
13.-A restauración e a reforma (284-305): Diocleciano e a Tetrarquia. O poder imperial.
As reformas de Diocleciano: a administración do imperio. As reformas militares. A lexislación fiscal. A sociedade baixo a Tetrarquia. A política relixiosa. A ruína da Tetrarquía e o ascenso de Constantino. O edicto de Milan.
14.- O Imperio Romano-Cristián: de Constantino a Teodosio (324-395).
A administración do imperio no século IV: o poder imperial e o estado burocrático. De Roma a Constantinopla. O exercito e a defensa do imperio. Sociedade e economía no século IV: a política fiscal e monetaria. Os grupos superiores e inferiores: a transformación das formas de propiedade, padroado e colonato. Os conflictos sociais e os problemas relixiosos. A vida urbana.
15.- A división do Imperio e a crise de Occidente (395-476).
O colapso do estado en Occidente: as invasions xermánicas e a crise da autoridade imperial: De Honorio a Romulo Augusto. O mantenemento do Imperio Romano de Oriente: Bizancio.
Bibliografía básica e complementariaA.A.V.V.- Manual de historia antigua. Roma. Ed. Nájera, Madrid 1984.
GONZALO BRAVO.- Historia de la Roma Antigua. Alianza ed. Madrid 1998.
ROLDAN HERVAS, J.M.- La república romana. Ed. Cátedra, Madrid 1985.
CRAWFORD, M.- La república romana. Ed. Taurus. Madrid.
COMBES, R.- La república romana. Ed. EDAF, Madrid.
HEURGON, J.- Roma y el Mediterráneo Occidental antes de las guerras púnicas. Ed. Labor, Madrid.
NICOLET, CL..- Roma y la conquista del mundo Mediterráneo. Ed. Labor. Madrid.
PETIT, P.- La Pax Romana. Ed. Labor, Madrid.
ROLDAN J.M., BLAZQUEZ J.M. Y OTROS.- El Imperio Romano Ed. Cátedra, Madrid 1989.
GARNSEY,P.- El Imperio Romano: Economía, sociedad y cultura.. Madrid, 1990.
LE GALL,J., LE GLAY, M.- El Imperio Romano. Tomo I: el Alto Imperio desde la batalla de Actium (31 a.C.) hasta el asesinato de Severo Alejandro (235 d.C.). Madrid 1995.
BROWN, P.- El mundo en la antigüedad tardía: de Marco Aurelio a Mahoma. Madrid, Ed. Taurus 1989.
GARCIA MORENO, L.A.- El Bajo Imperio Romano. Ed. Sintesis, Madrid 1998.
WALBANK,F.W.- La pavorosa revolución. Ed. Alianza, Madrid 1981.
REMONDON, R.- La crisis del Imperio Romano: de Marco Aurelio a Anastasio. Ed. Labor. Barcelona 1973.
MAZZARINO,S.- El fin del mundo antiguo. Ed. UTEHA, Méjico 1961.
Competencias- Familiarizarse coa lectura analítica dos textos dos autores antigos.
- Ter unha comprensión global das épocas tratadas, poñendo de relevo en todo momento a relación da praxe política, fundamentos ideolóxicos e formulacións teóricas.
- Asimilar os principais problemas historiográficos e as solucións propostas pola crítica moderna.
Metodoloxía da ensinanza 2 horas de teoría e unha hora de prácticas, na que se realizarán análises de textos, á semana. 15 horas durante o cuadrimestre, non presenciais, que se dedicarán á realización dun traballo sobre o mundo romano.
Sistema de evaluaciónA avaliación constará de tres partes: un exame final nas datas fixadas pola facultade, a participación nas clases prácticas e o traballo de curso.
O exame suporá o 70% da nota; as clases prácticas, o 10%; e o traballo de curso, o 20%.
O exame constará dunha parte teórica e unha práctica que consistirá no comentario dun texto. Ambas realizaranse nunha mesma sesión, contando cun tempo máximo de 2 horas. Pola parte teórica, pódese obter un máximo de 7,50 puntos e, pola parte práctica, un máximo de 2,50 puntos. A suma das dúas puntuacións constitúe a cualificación da proba.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais: 30 teóricas.
15 prácticas: comentarios de texto.
Horas non presenciais: 15, que se dedicarán á realización dun traballo por parte do alumno, baixo a supervisión do profesor, que dedicará 15 horas, á marxe das titorías, a esta tarefa.