G5041811 - Lingua occitana 2 (Lingua e literatura occitanas) - Curso 2011/2012
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 16.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 32.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxía Románica
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLE01 | Ordinario | Clase Expositiva | NON | SI |
| Grupo CLIL_01 | Ordinario | Clase Interactiva Laboratorio | NON | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Dominio medio do uso oral e escrito da lingua occitana.
- Coñecemento da realidade dialectal do dominio lingüístico occitano.
- Coñecemento do proceso de normativización e codificación da lingua occitana.
- Coñecemento dos problemas de linguas en contacto e/ou conflito (occitano-francés, occitano-catalán).
ContidosA) Contidos gramaticais e lingüísticos:
1. Os indefinidos
2. O modo condicional
3. Presente e imperfecto de subxuntivo
4. O imperativo
5. Comparativos e superlativos
6. Xerundio e participio
7. A proposición dependente. Conxuncións de subordinación
8. O dialecto provenzal
9. O dialecto gascón
10. O dialecto lemosino
11. O dialecto nizardo
12. A grafía mistraliana
13. Iniciación á lectura de textos medievais
14. Iniciación á lectura de textos modernos e contemporáneos
B) Situacións de comunicación e léxico:
Irase introducindo todo tipo de léxico para empregar en variadas situacións de comunicación, segundo vaia aparecendo nos textos cos que se traballe.
C) Contidos teóricos:
1. A busca do monolingüismo da nación francesa ao longo dos séculos vista desde Occitania
2. A codificación do occitano: dos trobadores ao Félibrige
3. A codificación do occitano moderno
4. O occitano en Italia
5. O occitano no Val de Arán
6. Contacto/conflito de linguas. A sociolingüística occitana
7. As relacións occitano-catalás
Bibliografía básica e complementariaAdemáis da bibliografía de lingua occitana 1, utilizarase tamén a seguinte:
A) Manuais, dicionarios e gramáticas:
Mistral, F., (1932), Lou tresor dou Felibrige ou dictionnaire provençal-français. Slatkine Reprints, 1979.
Vernet, V., ( 2001), Dictionnaire gramatical de l'occitan moderne. Univ. Paul Valéry. Montpéllier.
B) Estudos:
Boyer, H., e Gardy, Ph. corrd., (2001), Dix siècles d'usages et d'images de l'occitan. Des troubadours à l'Internet. Paris. Hartman.
Boyer, H., (1991), Langues en conflit. Paris. Hartman.
Lafont, R., (1974), La revendication occitana. Paris. Flammarion.
Lafont, R., (1997), Quarante ans de sociolinguistique à la périphérie. Paris. Hartman.
Lamuela, X., (1987), Català, occità, friulà: llengües subordinades i planificaciò lingüística. Barcelona. Quaderns Crema.
Competencias- Empregar o occitano como medio de comunicación en situacións da vida cotiá e como medio de expresión persoal.
- Acadar un grao de nivel medio na pronuncia e entonación da lingua occitana.
- Ler correctamente.
- Comprender textos escritos de diverso tipo e grao de formalidade.
- Redactar e escreber textos en lingua occitana a un nivel elemental-medio.
- Ampliar o vocabulario para as necesidades comunicativas de nivel elemental-medio.
- Traducir textos do ou ao occitano de rexistro estándar.
- Fomentar unha actitude crítica diante dos problemas de linguas en contacto e/ou conflito.
Metodoloxía da ensinanza O curso terá carácter teórico e práctico, alternando as clases teóricas sobre sociolingüística occitana coas prácticas e laboratorio para a aprendizaxe da lingua occitana moderna.
A parte teórica será expositiva, na que o profesor introducirá cada tema e os alumnos o ampliarán mediante exposicións orais na clase e a presentación de traballos escritos.
A parte práctica realizarase no laboratorio de idiomas, utilizando o método audiovisual "Òc-Ben", do CRDP de Bordeaux.
Sistema de evaluaciónDado que a asistencia á clase e ás actividades que se propoñan son obrigatorias, non se prevé a realización de exames. A avaliación realizarase a partir do traballo diario do alumno, exercicios prácticos de lingua e comentarios persoais de documentos propostos polo profesor para tal fin. Os alumnos que non superen esta avaliación continua ou non poidan asistir ás clases darán conta do programa da materia no exame final oficial da convocatoria de xuño ou na de xullo, con data establecida pola Facultade
Tempo de estudo e traballo persoalActividades presenciais:
Sesións expositivas: 20h
Sesións de seminario / laboratorio de idiomas / aula de informática: 35h
Sesións de tutoría programadas: 2h
Sesiónss de avaliación: 3h
Total de horas de actividade presencial: 60h
Actividades non presenciais:
Estudo e preparación de actividades programadas na clase: 30h
Realización de traballos de diverso tipo: 20h
Leituras: 10h
Preparación de exames: 30h
Total de horas de actividade non presencial: 90h
Total horas ECTS: 150
Recomendacións para o estudo da materiaAconséllase un nivel básico de lectura de textos en lingua francesa, pois a bibliografía está maioritariamente escrita nesa lingua.
Aconséllase ter superado os contidos da materia lingua occitana 1.