G5051122 - Introdución á literatura galega 2 (Maior en Lingua e Literatura galegas) - Curso 2011/2012
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA materia ten como obxectivo fundamental realizar un percorrido cronolóxico polo
proceso de configuración e desenvolvemento do corpus literario galego dende a Época Nós (1916-1936) até os nosos días. Esta materia centrarase sobre todo nos problemas de fixación dunha periodización específica, nas súas principais etapas, correntes e movementos, de xeito que o alumnado estea capacitado ao seu remate para definir o singular desenvolvemento cronolóxico da historia literaria galega, tanto dende un punto de vista interno coma externo. Preténdese tamén que os estudantes teñan unha idea clara do proceso de formación do canon histórico-literario actual, de como se foi configurando ao longo do tempo e das particularidades que presenta. Ademais, a materia tentará caracterizar tipolóxicamente a produción textual
das distintas etapas, de xeito que os estudantes poidan identificar os trazos máis
singulares dos textos literarios galegos tanto dos distintos xéneros coma en diferentes
etapas.
Así, unha vez superada a materia os alumnos deberán:
•
ter un coñecemento panorámico da específica configuración da historia da literatura galega dende a Época Nós até a actualidade, así como do funcionamento do sistema literario e das institucións que a sustentan.
•
ser capaces de ubicar na cronoloxía literaria galega os principais textos e autores, e de identificar as súas singularidades.
•
ter unha visión de conxunto que lles permita recoñecer as novas propostas literarias emerxentes e valorar a súa orixinalidade dentro do corpus literario galego. A materia debe garantir a capacidade do estudantado para identificar e interpretar as principais singularidades da historia da literatura galega, tanto no seu desenvolvemento cronolóxico como na súa periodización interna e organización xenérica e sistémica. Todo isto, dende unha perspectiva panorámica e de conxunto que deixe suficientemente asentadas as bases sobre as que os alumnos do Grao cursarán as materias de literatura galega posteriores ou, no caso de aqueles alumnos que cursen o Minor e que, polo tanto, xa non volvan ter contacto académico con esta disciplina, un coñecemento básico, coherente e integral.
ContidosTema I. A Época Nós: Concepto e límites cronolóxicos. Marco histórico-cultural. Renovación do discurso identitario: o nacionalismo. As vangardas históricas.
I.1. A poesía: epigonismo decimonónico e renovación.
I.2. A prosa narrativa. As coleccións de novela curta.- O relato. A novela.
I.3. O teatro: renovación e continuidade.
I.4. O nacemento do ensaio. Prensa e revistas literarias
Tema II. Guerra, posguerra e exilio
II.1. A literatura durante a Guerra Civil e a inmediata posguerra.
II.2. A literatura no exilio.
II.3. A fundación de Galaxia
Tema III. A poesía entre 1947 e 1980
III.1. A Xeración da República.
III.2. A Xeración recuperada. Luz Pozo, Antón Tovar e outras voces.
III.3. A Xeración dos 50.
III.4. Celso Emilio Ferreiro e a denominada poesía social
Tema IV. A narrativa galega entre 1950 e 1980.
IV. 1. Algunhas individualidades: Ánxel Fole, Álvaro Cunqueiro.
IV. 2. A narrativa no exilio: Blanco Amor, Neira Vilas.
IV. 3. A denominada Nova Narrativa Galega.
Tema V. O teatro entre 1950 e 1980. Panorámica xeral
Tema VI. Da restauración da democracia á fin de século. O século XXI. Cambios de paradigmas e fenómenos emerxentes. A irrupción electrónica no campo literario.
VI.1. Poesía da Xeración dos 80.- A xeración dos 90. Grupos, voces e fenómenos emerxentes.
VI.2. Normalización xenolóxica e temática da narrativa de 1980 a hoxe.
VI.3. O Centro Dramático Galego e a renovación do sistema teatral.
VI.4. Literatura na rede. Xeralidades. Formato poéticos e narrativos emerxentes.
Bibliografía básica e complementariaOBRAS XERAIS
Beramendi, Justo. 2007. De provincia a nación. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Carballo Calero, Ricardo. 1981. Historia da literatura galega contemporánea, Vigo: Editorial Galaxia.
Equipo Glifo. 1998-2003. Dicionario de termos literarios. Vol. I (A-D), Vol II (E-H). tamén en liña http://cirp.es clickar DiTerLi.
Tarrío Varela, Anxo. 1994. Literatura galega. Aportacións a unha Historia crítica. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Tarrío Varela, Anxo (coord.). 2000-2002. Proxecto Galicia. Literatura. Vol. XXXII: Século XX. A litratua anterior á guerra civil. Vol. XXXIII e XXXIV A literatua dende 1936 até hoxe.
OBRAS ESPECÍFICAS
Alonso Montero, X. e Miro Villar (eds.). 1999. Guerra civil e literatura galega. Textos e documentos. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Forcadela, Manuel. 1993. Manual e escolma da Nova Narrativa Galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco Ed.
González-Millán, Xoán. 1996. A narrativa galega actual (1975-84). Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Noia, Camiño. 1992. A nova narrativa galega. Vigo: Editorial Galaxia.
Raña, Román. 1996. A noite nas palabras. Unha aproximación á poesía galega de posguerra. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco Ed.
Tarrío Varela, Anxo.1987. De letras e de signos. Ensaios de semiótica e crítica literaria. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
_____ 1989. Álvaro Cunqueiro ou os disfraces da melancolía. Vigo: Editorial Galaxia.
_____ 1993. Primeiras experiencias narrativas de Eduardo Blanco-Amor. Vigo: Editorial Galaxia.
_____(coord.) Proxecto Galicia. Literatura. Vols. XXXII e XXXIII.
Vieites, Manuel (coord.). 1998. Do novo teatro á nova dramaturxia (1965-95). Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
_____ (coord.). 2007. Cento vinte e cinco anos de teatro en Galicia. Vigo: Editorial Galaxia.
CompetenciasConseguir que os alumnos teñan un coñecemento panorámico da específica configuración da historia da literatura galega dende a Época Nós (1916-1936) á actualidade, así como do funcionamento do sistema literario e das institucións que a sustentan. Ademais, deben ser quen de ubicar na cronoloxía literaria galega os principais textos e autores, e de identificar as súas singularidades; finalmente, ter unha visión de conxunto dinámica e aberta que lles permita recoñecer as novas propostas literarias emerxentes.
A materia debe garantir a capacidade do estudantado para identificar e interpretar as principais singularidades da historia da literatura gallega, tanto no seu desenvolvemento cronolóxico como na súa periodización interna e organización organización xenérica e sistémica.
Metodoloxía da ensinanza Nas sesións expositivas o profesor presentará sinteticamente os contidos da materia.
Nas sesións de seminario traballarase sobre textos ou paratextos previamente entregados aos estudantes que deberán facer as súas achegas. Estes materiais traballaranse como prolongación ou casos prácticos dos contidos das sesións expositivas.
As titorías programadas destinaranse ao comentario das lecturas obrigatorias do programa.
Enténdense como "lecturas obrigatorias" as DEZ que enunciará o profesor na aula a comezos de curso. Algúns deses textos utilizaranse nas sesións prácticas, pero TODOS deben ser obxecto de lectura libre por parte do alumnado.
Sistema de evaluación20 % asistencia a clase e participación
50% exame escrito
30% rendemento do traballo titorial (discusión e control de lecturas obrigatorias)
A nota final será o resultado de sumar as notas parciais de cada un dos apartados. Os alumnos que na primeira convocatoria non consigan o aprobado conservarán para a segunda a calificacións obtidas por asistencia e participación (20%) e titorías (30%), e terán só que realizar un segundo exame.
Tempo de estudo e traballo persoalAdemais do tempo de docencia presencial (sesións expositivas+ seminario) e da asistencia ás titorías programadas, o alumno debe adicar ao traballo personal o tempo seguinte:
25 h. de lecturas programadas
70 h. de estudo
Recomendacións para o estudo da materiaÉ moi recomendábel que o ritmo de lecturas obrigatorias siga o das explicacións na aula para que o estudantado aproveite mellor as aportacións do profesor, poida contestar ás cuestións que se lle formulen e estea en disposición de facer comentarios e valoracións persoais.
ObservaciónsEn ocasións o profesor poderá animar os alumnos a asistir a determinados eventos (conferencias, exposicións, etc.) e a preparar comentarios sobre os mesmos para expoñer na aula, mérito que sería tido en conta á hora da calificación final.