G5051226 - Literatura galega medieval (Maior en Lingua e Literatura galegas) - Curso 2011/2012
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEstudar a etapa medieval da literatura galega, centrándonos nos diferentes xéneros e nas particularidades métricas, retóricas e temáticas que os caracterizan como tales, así como nos autores máis representativos e textos sobranceiros.
Continuar o estudo da literatura galega medieval iniciado na materia de "Introdución á Literatura Galega, 1" na que se establecían as bases analíticas nas que agora se profundizará.
Coñecer os movementos e feitos literarios da etapa estudada, as súas orixes e caracterización.
Estudar os aspectos compositivos comúns das cantigas medievais galego-portuguesas.
Ler, analizar e establecer a caracterización dos principais xéneros líricos medievais.
Estudar os elementos característicos dos xéneros con menor presenza nos cancioneiros.
Ler e analizar a lírica medieval galega de temática relixiosa, e establecer as súas relacións coa lírica profana.
Situar no contexto europeo, ler e caracterizar as manifestacións en prosa literaria desta etapa medieval, e as especiais circunstancias da súa produción.
Coñecer os principais xéneros, obras e autores representativos da lírica epigonal.
Adquirir os coñecementos técnicos e a terminoloxía correspondente para a realización de comentarios literarios de textos medievais.
Con todas estas actividades non só se pretende a capacitación do alumno na materia mediante a asimilación de coñecementos pertinentes, senón tamén fomentar hábitos intelectuais, de reflexión, de capacidade crítica, de achegamento á lectura e de comunicación que son os obxectivos xerais e básicos do ensino.
ContidosTemario:
1. Caracterización e estrutura da cantiga
1.1. A homoxeneidade formal
1.2. Os elementos retóricos
2. A Cantiga de Amor
2.1. A relación coa cansó provenzal
2.2. Análise do contido
2.3. Os procesos conceptistas
3. A Cantiga de Amigo
3.1. As orixes líricas
3.2. Caracterización
3.3. Análise do contido
3.4. Modalidades
4. A Cantiga de Escarnio e de Maldicir
4.1. Consideracións xerais
4.2. Clasificación e estudo temático
5. Os xéneros menores
5.1. Os xéneros dialogados
5.2. Os xéneros baseados en técnicas formais e compositivas
5.3. Os xéneros de temática amorosa
5.4. Os xéneros e as relacións sociais
6. As Cantigas de Santa María
6.1. O contexto europeo
6.2. Fontes
6.3. Estrutura
6.4. As cantigas narrativas
6.5. As cantigas non narrativas
6.6. A autoría
6.7. Métrica, música e lingua
7. O estudo da Prosa
7.1. Consideracións previas
7.2. Os textos xurídicos
7.3. Os textos de carácter histórico
7.4. Os textos de finalidade didáctica
7.5. A novelística
7.5.1. O ciclo clásico
7.5.2. O ciclo bretón
7.5.3. O ciclo carolinxio
8. A lírica epigonal
8.1. A transmisión textual
8.2. A evolución temática e retórica
8.3. Principais autores e obras
Textos de lectura obrigatoria:
-Fidalgo, E. (ed.), De amor y de burlas. Antología de la poesía medieval gallego-portuguesa, Vigo, NigraTrea, 2009.
-Montoya, J. (ed.), Alfonso X el Sabio, Cantigas, Madrid, Cátedra, 1988.
-Pensado, J.L. (ed.), Miragres de Santiago, Madrid, CSIC, 1958, pp. 69-150 [Pseudo Turpín].
-Selección textual entregada pola profesora
Bibliografía básica e complementariaALVAR, C.; V. BELTRÁN, Antología de la poesía gallego-portuguesa, 1985
ALVAR, C.; J. TALENS, Locus amoenus..., 2009
ARIAS FREIXEDO, X.B., Antoloxía da lírica galego-portuguesa, 2003
BELTRÁN, V., A cantiga de amor, 1995
BETTI, M.P., Repertorio metrico delle "Cantigas de Santa Maria" di Alfonso X di Castiglia, 2005
Biblos. Enciclopédia VERBO das Literaturas de Língua Portuguesa, 1995-
Boletín bibliográfico de la AHLM, 1987-
BREA, M.; P. LORENZO GRADÍN, A cantiga de amigo, 1998
BREA, M. (coord.), Galicia. Literatura. A Idade Media, tomo XXX, 2000
BREA, M. (coord.), Lírica profana galego-portuguesa, 1996
CARRO GARCÍA, J. (ed.), Coronica de Santa Maria de Iria. (Códice gallego del siglo XV), 1951
CORRAL DÍAZ, E. (coord.), Guía para o estudo da lírica profana galego-portuguesa, 2010
FIDALGO, E. (coord.), As Cantigas de Loor de Santa María..., 2004
FIDALGO, E., As Cantigas de Santa María, 2002
FILGUEIRA VALVERDE, J., "Lírica medieval gallega y portuguesa", en Historia General de las Literaturas Hispánicas, (Dir. G. Díaz Plaja), I, 1949, 545-642
GUTIÉRREZ GARCÍA, S,; P. LORENZO GRADÍN, A literatura artúrica en Galicia e Portugal na Idade Media, 2001
LANCIANI, G.; G. TAVANI, As cantigas de escarnio, 1995
LANCIANI, G.; G. TAVANI (coord.), Dicionário da literatura medieval galega e portuguesa, 1993
LAPA, M. RODRIGUES, Liçoes de literatura portuguesa. Época medieval, 1934, 10ª ed., Coimbra, 1981
LORENZO, R. (ed.), Cronica Troiana, 1985
LORENZO, R. (ed.), La traducción gallega de la Cronica General y de la Cronica de Castilla, I e II, 1975, 1977
LORENZO, R.(ed.), Mjragres de Santiago, Milagres de Santiago, Milagros de Santiago, 2004
LORENZO GRADÍN, P.; J.A. SOUTO CABO (coord.), Livro de Tristan e Livro de Merlin, 2001
MARTÍNEZ LÓPEZ, R. (ed.), General Estoria. Versión gallega del siglo XIV, 1963
METTMANN, W., Cantigas de Santa Maria, Coimbra, 1959-1972; 2ª ed., Madrid, 1986-1989
MONGELLI, L.M., Fremosos Cantares. Antologia da lírica medieval galego-portuguesa, 2009
MONTOYA, J., Alfonso X el Sabio. Cantigas, 1988
MONTOYA MARTINEZ, J., O cancioneiro marial de Afonso X, o Sabio, 1991
OLIVEIRA, A. Resende de, Depois do espectáculo trovadoresco. A estrutura dos cancioneiros peninsulares e as recolhas dos séculos XIII e XIV, 1994
OLIVEIRA, A. R. de, Trobadores e xograres. Contexto histórico, 1995
PARKER, K. (ed.), Historia Troyana, 1975
PELLEGRINI,S.; G. MARRONI, Nuovo repertorio bibliografico della prima lirica gallego-portoghese. (1814-1977), 1981
PENA, X.R., Historia da literatura medieval galego-portuguesa, 2002
PENSADO, J.L. (ed.), Fragmento de un "Livro de Tristan" galaico-portugués, 1962
PENSADO, J.L. (ed.), Miragres de Santiago, 1958
PENSADO; J.L., (ed.), Tratado de Albeitaria, 2004
POLÍN, R., Cancioneiro galego-castelán (1350-1450). Corpus lírico da decadencia, 1997
SOUTO CABO, J.A. (ed.), Rui Vasques. Crónica de Santa Maria de Íria, 2001
TARRÍO VARELA, A., Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica, 1994
TAVANI, G., A poesía lírica galego-portuguesa, 1986.Trad. ao port., 1990
TAVANI, G., Repertorio metrico della lirica galego-portoghese, 1967
VAZQUEZ CUESTA, P., "La literatura gallega", en Historia de las literaturas hispánicas no castellanas, (Dir. J. M. Díez Borque), 1980
VILAVEDRA, D. (coord.), Diccionario da literatura galega. I. Autores, 1995
VILAVEDRA, D., Historia da literatura galega, 1999
VV. AA., Historia da literatura galega, A.S.-P.G., 1996-
CompetenciasCoas competencias pretendemos a capacitación en aspectos do perfil dos estudos, pero tamén o dominio dalgunha capacidade xenérica susceptible de aplicarse a unha actividade intelectual que constituirá o futuro ámbito de traballo do alumno.
Por iso, á par do dominio da temática específica, traballaremos a comunicación verbal mediante a participación nas clases interactivas onde se desenvolverán comentarios de textos e de obras, lecturas dirixidas e intervencións relacionadas cos traballos escritos que deberán entregar os alumnos. Esta competencia tamén se practicará nas titorías específicas, co comentario persoal dos traballos propostos polo profesor e o seguimento dos temas das clases expositivas.
Esta actividade debe fomentar, así mesmo, o desenvolvemento da comunicación interpersoal e debe servir de estimulación intelectual coa que se practicará a capacidade crítica e de argumentación e defensa de opinións, e servirá tamén de automotivación para o estudo. Cremos que é importante na formación dun profesional dunha actividade eminentemente social.
Favorecemento da expresión escrita mediante a realización dos traballos citados que se poderán desenvolver individualmente ou en grupo, e que servirán tamén para a potenciación das competencias referidas na actividade anterior.
Metodoloxía da ensinanza A materia desenvolverase en clases expositivas, de contido teórico, nas que o profesor presentará os temas do programa. Haberá tamén semanalmente sesións interactivas de carácter práctico nas que se levarán a cabo actividades diversas relacionadas coas exposicións teóricas. Estas prácticas revestirán diversas modalidades pero incidirán, sobre todo, no comentario de textos do que se aprenderá sistematización, conceptos e vocabulario. Tamén se farán lecturas guiadas de textos.
Pídese dos alumnos a lectura de varias obras que exemplifican a creación literaria do período estudado, e de obras de carácter científico. Estas lecturas darán lugar á elaboración de traballos persoais que serán presentados por escrito e poderán ser utilizados para o debate nas clases.
Sistema de evaluaciónA formación na materia e nas competencias, o traballo e a madurez xeral do alumno serán avaliados pola profesora mediante a consideración de tres aspectos:
- Asistencia e participación activa nas aulas, intervindo nas actividades prácticas. Xa que a asistencia é un elemento a ter en conta na avaliación, será periodicamente controlada. O valor asignado a este aspecto é o 10% da nota.
- Correcta realización e puntual entrega de traballos propostos pola profesora: 30%.
- Exame final: 60%.
Para o establecemento dunha cualificación final positiva é imprescindible aprobar tanto os traballos como o exame final.
Os alumnos que acodan directamente ao exame sen ter participación activa previa durante o curso deberán entregar obrigatoriamente os traballos escritos para seren avaliados. No mesmo caso están aqueles alumnos que non obtiveran antes unha avaliación positiva nos mesmos. A presentación exclusiva a exame supón a perda do % correspondente a asistencia e participación, dado que ese aspecto é irrecuperable.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais expositivas: 32
Horas presenciais interactivas: 16
Titorías personalizadas: ......... 3
Sesións de avaliación: ........... 3
Horas de traballo dirixido: ..... 21
Horas de traballo autónomo:.. 75
Recomendacións para o estudo da materiaA materia é ampla de contidos, así que a recomendación esencial é que o alumno realice un traballo diario de lecturas e de estudo da temática para poder levar adiante o curso con orde e aproveitamento.
ObservaciónsComo é natural, todas as actividades do curso desenvolveranse en galego.