Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5051325 - Morfoloxía do galego (Maior en Lingua e Literatura galegas) - Curso 2011/2012

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
XOVE FERREIRO, XOSE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa



Obxectivos da materia
Coñecemento fundamental da gramática descritiva do galego no nivel das unidades “morfema” e “palabra”:
-Obter as habilidades básicas para poder describir a estrutura interna das palabras
-Coñecer e identificar adecuadamente as unidades morfolóxicas do galego
-Saber distinguir os compoñentes morfolóxicos da palabra, particularmente os flexivos
-Coñecer a caracterización e clasificación de cada clase de palabras

Contidos
A) Teoría:

I. A palabra como unidade morfolóxica
1. Concepto de “palabra”. Clases de palabras
2. O verbo. Caracterización e clases
3. O substantivo. Caracterización e clases
4. O adxectivo. Caracterización e clases
5. Artigo e pronomes. Caracterización e clases
6. O adverbio. Caracterización e clases
7. A preposición e a conxunción

II. O morfema como constituínte da palabra
1. A morfoloxía. Morfoloxía derivativa e morfoloxía flexiva.
2. O morfema: definición e clases
3. Os morfemas flexivos: funcións e realizacións
4. Morfoloxía nominal. Categorías de xénero e número
5. Morfoloxía verbal. Categorías verbais
6. As perífrases verbais

B) Práctica
Exercicios de comprensión do explicado na teoría e de posta en práctica dos contidos estudados.

C) Actividades dirixidas
Realización ao longo do cuadrimestre dun traballo de morfoloxía do galego.

Bibliografía básica e complementaria
GRAMÁTICAS GENERALES:
Álvarez, R. e X. Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
Alvarez, R. H. Monteagudo e X. L. Regueira (1986): Gramática galega. Vigo: Galaxia.
Freixeiro Mato, X. R. (2000): Gramática da lingua galega, t. II: Morfosintaxe. Vigo: Ed. A Nosa Terra.
Hermida, C. (2003): Gramática práctica: Morfoxintaxe. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.

MANUALES GENERALES Y DE MORFOLOGÍA:
Ambadiang, T (1994): La morfología flexiva. Madrid: Taurus.
Coseriu, Eugenio (1981): Lecciones de lingüística general. Madrid: Gredos.
Hub Faria, I., E. Ribeiro Pedro, I. Duarte e C. A. M. Gouveia (org.) (1996): Introdução à linguística geral e portuguesa. Lisboa: Caminho.
Mateus, M. H. M. / A. Andrade / M. del C. Viana / A. Villalva (1990): Fonética, fonologia e morfologia do português. Lisboa: Universidade Aberta.
Matthews, Peter H. (1980): Morfología. Introducción a la teoría de la estructura de la palabra. Madrid: Paraninfo.
Mel’chuk, I. A. (1993-1996): Cours de morphologie genéreale (Théorique et descriptive). 3 v. Montreal: Université de Montreal.
Moreno Cabrera, J. C. (1994): Curso universitario de lingúística general. T 2: Semántica, pragmática, morfología y fonología. Madrid: Síntesis.
Pena, Jesús (1991): “La palabra: estructura y procesos morfológicos”, Verba, 18, págs. 69-128
Ramallo, F., G. Rei Doval e X. P. Rodríguez Yáñez (eds) (2000): Manual de ciencias da linguaxe. Vigo: Xerais.
Scalise, Sergio (1994): Morfologia. Bologna: Il Mulino.
Spencer, A. (1991): Morphological Theory. Oxford: Blackwell.
Spencer, A. e A. M. Zwicky (eds.) (1998): The Handbook of Morphology. Oxford: Blackwell.
Varela Ortega, S. (1990): Fundamentos de morfología. Madrid: Síntesis.
Villalva, Alina (2000): Estruturas morfológicas: unidades e hierarquias nas palavras do português. Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian.


Competencias
*Capacidade de recoñecer, caracterizar e clasificar as unidades “palabra” e “morfema” da gramática do galego.
*Capacidade de comprensión e valoración crítica de textos sobre temas de morfoloxía.
*Capacidade para realizar estudos sobre aspectos concretos relacionados coas unidades “palabra” e “morfema”.
*Habilidade no manexo das diferentes gramáticas e descricións morfolóxicas xerais sobre o galego.

Metodoloxía da ensinanza
*Clases teóricas. O profesor expoñerá e explicará os conceptos teóricos de maior dificultade, con apoio do material que recibirá o alumno.
*Clases prácticas. As actividades prácticas consistirán na realización de dous tipos de exercicios: exercicios de comprensión dos conceptos explicados e exercicios de aplicación destes conceptos a textos galegos. Algúns deses exercicios serán dirixidos polo profesor, pero buscando a participación activa dos alumnos; outros exercicios serán realizados directamente polos alumnos, ben individualmente, ben en grupo, e logo serán debatidos e explicados.
*Actividade non presencial dirixida: Seguimento do traballo de morfoloxía do galego que se lle encargará a cada alumno.

Sistema de evaluación
Para os alumnos con asistencia regular ás aulas, realízase avaliación continua. Para ser avaliados por este procedemento, os estudantes están obrigados a asistir de maneira regular ás clases expositivas e de seminario (asistencia controlada: máximo 6 faltas):
1. A asistencia e a participación activa nas clases e nas distintas actividades nelas desenvolvidas valoraranse cun 10%, de acordo coas observacións e notas do profesor.Control das lecturas marcadas e doutras encargas puntuais para o uso na aula (10%).
3. Traballo de curso sobre temas do programa (30% da cualificación final).
4. Probas escritas, en data anunciada previamente (50% da cualificación total).

Os exames finais de xuño e xullo resérvanse para aqueles estudantes que non logren superar a materia polo sistema de avaliación continua e para os que queiran mellorar a cualificación. Consistirán:
1. Nunha proba escrita sobre o programa da materia desenvolto ao longo do curso, con parte expositiva e parte práctica (70%);
2. Na presentación do traballo de curso obrigatorio e acordado co profesor (30%). De estar aprobado, gardarase a cualificación obtida no traballo para as convocatorias de xullo e/ou setembro.


Tempo de estudo e traballo persoal
A materia desenvólvese coa seguinte distribución:

ACTIVIDADES PRESENCIAIS: 60 horas
-36 horas de clases expositivas
-16 de sesións de seminario e prácticas
-3 horas de titorías programadas.
-5 horas de avaliación

ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS: 110 horas
-60 horas de estudo e preparación do traballo realizado na aula
-30 horas de lecturas e realización do traballo de curso
-20 horas de preparación de probas parciais