G5081107 - Lingua Portuguesa 1 (Lingua Portuguesa) - Curso 2011/2012
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoPortuguésObxectivos da materiaa) Adquirir competencias básicas da lingua portuguesa, orais e escritas, para satisfacer as necesidades comunicativas máis comuns na vida diaria.
b) Producir pequenos discursos, orais e escritos, sobre temas do programa ou a determinar.
c) Comezar a comprender e a valorizar as culturas portuguesa e brasileira, así como africanas de lingua portuguesa.
Contidos1. Apresentarse, atendendo ao contexto familiar, local e profisional.
2. Fonética e ortografía: indicacións xerais.
3. Desenvolverse nas relacións sociais do dia a dia.
4. A lingua portuguesa no mundo. Variedades principais do portugués.
5. Aspectos culturais de destaque no cuotidiano portugués.
6. Sintagma e oración simples. Formas e uso de determinantes, pronomes, xénero e número. Os nomes.
7. Aspectos culturais de destaque no cuotidiano brasileiro.
8. Sintagma verbal. Verbos auxiliares. Verbos regulares. Verbos irregulares
9. Aspectos culturais de destaque no quotidiano dos PALOP
10. A expresión do presente e do futuro. Tempos verbais e perífrases
Bibliografía básica e complementariaAlmeida, J. - Sampaio e Melo, A. (2002), Dicionário da língua portuguesa. Porto: Porto Editora.
Cunha, C. - Cintra, L. F. Lindley (1984), Nova gramática do português contemporâneo. Lisboa: Sá da Costa.
Iriarte Sanromán, Álvaro (coord.) (2008), Dicionário de Espanhol-Português. Porto: Porto Editora.
Monteiro, Deolinda/Pessoa, Beatriz (1993), Guia prático dos verbos portugueses. Lisboa: Lidel-Edições Técnicas.
Montero, Hélder Júlio Ferreira - Zagalo, Frederico João Pereira (1999), Português para todos, 1. Salamanca: Luso-Espanhola de Ediciones.
Nível Limiar - Para o ensino e aprendizagem do Português como língua estrangeira ou segunda língua. Lisboa: Ministério da Educação/ICALP, 1988. Trabalho inserido no 'Projecto de Línguas Vivas' do Conselho de Cooperação Cultural do Conselho de Europa.
Oliveira, Carla - Ballman, Maria José - Coelho, Maria Luísa (2006). Aprender Português. Lisboa: Texto Editores.
Ramos, E. (2006), Português para galegofalantes. Vigo: Galaxia.
Rosa, Leonel Melo (1998), Vamos lá continuar! Explicações e exercícios de gramática e de vocabulário. Lisboa: Lidel-Edições Técnicas.
CompetenciasDominio xeral da estrutura comunicativa básica do portugués, tanto na oralidade como na escrita.
Metodoloxía da ensinanza Actividades indutivas e dedutivas, formais e comunicativas, centradas nunha ou varias competencias, tendo sempre em conta as necesidades dos alumnos, favorecendo a integración de competencias, a reflexón intercultural, a aprendizaxe autónoma e o uso das novas tecnoloxías.
Sistema de evaluaciónRexime de avaliazón continua. Dúas probas individuais escritas e presenciais, trabalhos escritos con posíveis apresentacións orais. Avaliarase a competencia comunicativa do utente, o uso de estratexias, os aspectos socioculturais, a corrección formal.
Tempo de estudo e traballo persoalA cadeira consta de 6 créditos ECTS correspondentes a 60 horas de actividades presencais e 90 non presenciais. As primeiras repartense da seguinte forma: sesións expositivas: 25, sessões de seminario/laboratorio de idiomas/sala de informáticas: 30, sesións de atendimento programado: 2, sesións de avaliazón: 3. As non presenciais distribuense como segue: estudo e preparación de actividades programadas na aula: 45, preparación de exames: 45.
Recomendacións para o estudo da materiaLer e ouvir falar portugués o máximo posíbel. Participación en actividades culturais luso-afro-brasileiras.