Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

P5091102 - A Europa Medieval. Perspectiva Histórico-Social (Materias Obrigatorias) - Curso 2012/2013

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia Medieval e Moderna
  • Áreas: Historia Medieval
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Andrade Cernadas, Xose Miguel.SI
BARROS GUIMERANS, CARLOS.NON
LOPEZ ALSINA, FERNANDO.NON
PALLARES MENDEZ, Mª DEL CARMEN.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Estudo da evolución seguida polas principais construcións políticas do Occidente cristián
    -Estudo da relación entre homes e mulleres na Idade Media
    - Estudos da convivencia entre as tres relixións e culturas (xudeus, musulmáns e cristiáns) na Europa medieval con especial atención a Galicia
    - Achegamento ao mundo das relacións entre a Igrexa Romana e as igrexas nacionais ao longo da Idade Media, con especial incidencia na Igrexa hispana e galega


    Contidos
    1.- Introdución á formación e desenvolvemento das grandes construcións políticas medievais
    1.1.- A descomposición do Imperio romano de Occidente e o xurdimento das primeiras monarquías
    1.2.- A reaparición do Imperio en Occidente: Carlomagno e o mundo carolinxio
    1.3.- A atomización do poder público. A crise do modelo carolinxio e o nacemento dun poder de base privada
    1.4.- Un novo Imperio: Otón I e as orixes do Sacro Imperio Romano Xermánico
    1.5.- O difícil triunfo das monarquías europeas. Dous itinerarios contrapostos: a Francia Capeta e a Inglaterra normanda
    1.6.- O panorama hispánico: séculos X-XII
    1.7.- A loita polo Dominium Mundi: Papado e Imperio
    1.8.- Entre o pactismo e o regalismo: o panorama político na Europa do século XIII
    1.9.- Guerra, fiscalidade e nación: a realeza da Europa do século XIV
    1.10.- O mapa político de Europa a finais da Idade Media

    2.- A relación entre homes e mulleres na Idade Media
    2.1.- O marco xurídico. O parentesco. Matrimonio e familia
    2.2.- A proxección económica e política
    2.3.- Formación cultural e relixiosa
    2.4.- O mundo monástico
    2.5.- O dereito, a igrexa e a literatura como forxadores dunha superestructura xurídica e ideolóxica con amplo peso do masculino
    2.6.- As opcións de vida das mulleres
    2.7.- O peso das mulleres na esfera do privado
    2.8.- A proxección social das mulleres: o traballo
    2.9.- A proxección social das mulleres: o poder e a cultura
    2.10.- Conciencia e resistencia: a denuncia da agresión masculina.

    3.- Xudeus, mouros e cristiáns na Europa medieval

    3.1.-Galicia como paradigma das Tres Culturas na Europa medieval
    3.2.-Convivencia na Alta Edad Media: a terra de Celanova
    3.3.- Da tolerencia á expulsión dos xudeus na Plena e Baixa Idade Media
    3.4.- Xudaizantes e recuperación da memoria nas Idades Moderna e Contemporánea

    4.- Centro e periferia na Cristiandade latina (ss. VIII-XIII)
    4.1.- A organización da Igrexa, a primacía de Pedro e as novidades occidentais (ss. V-VII)
    4.2.- O xiro do século VIII: o Constitutum Constantini e as súas consecuencias na Europa carolinxia
    4.3.- A reforma gregoriana e a sede apostólica hispánica
    4.4.- A organización da Igrexa hispánica: entre a primacía e o patriarcado de Occidente.

    Bibliografía básica e complementaria
    1. Introdución á formación e desenvolvemento das grandes construcións políticas medievais
    Abulafia, D., The Western Mediterranean kingdoms, 1200-1500 : the struggle for dominion, Londres, 1997
    Barbero, A., Carlomagno, Barcelona, 2001
    Colás, A., Imperio, Madrid, 2009
    Contamine, P., La Guerra en la Edad Media, Barcelona, 1984
    Diago Hernando, M., El Imperio en la Europa medieval, Madrid, 1996
    Dunbabin, J., France in the Making: 843-1180, Oxford, 1985
    Fossier, R., La infancia de Europa, Barcelona, 1984
    Guenée, B., Occidente durante los siglos XIV y XV: los estados, Barcelona, 1985
    Guillot, O., Des origines à l'époque féodale, Paris, 1999
    Iradiel, P. – Moreta, S. – Sarasa, E., Historia medieval de la España cristiana, Madrid, 1995
    La Patourel, J., Feudal Empires : Norman and Plantagenet, Londres, 1984
    Le Patourel, J., The Norman Empire, Oxford, 1997
    Martín, J.L., Las Cortes medievales, Madrid, 1989
    Richardson, H.G., The English Parliament in the Middle Ages, Londres, 1981
    Schramm, P.E., Kaiser Rom und renovatio : studien zur geschichtes des römischen erneuerungsgedankens von Ende des Karolingcjen Reiches bis zum investiturstreit, Darmstadt, 1957
    Schramm, P.E., Las insignias de la realeza en la Edad Media española, Madrid, 1960
    Valdeón, J - Herbers, K. - Rudolf, K. coordinadores, España y el "Sacro Imperio": procesos de cambios, influencias y acciones recíprocas en la época de la "europeización" (siglos XI-XIII), Valladolid, 2002

    2. A relación entre homes e mulleres na Idade Media
    Anderson, B.S. Y Zinsser, J.P, Historia de las mujeres: una historia propia, 2vols., Barcelona, 1991.
    Duby, G., El caballero, la mujer y el cura, Madrid, 1982.
    Duby, G., El amor en la Edad Media y otros ensayos, Madrid, 1990.
    Duby, G., Damas del siglo XII. Eloisa, Leonor, Iseo y algunas otras, Madrid, 1995.
    Duby, G., Damas del siglo XII. El recuerdo de las abuelas, Madrid, 1998.
    Duby, G., Damas del siglo XII. Eva y los sacerdotes, Madrid, 1998.
    Duby, G. Y PERROT, M. (dirs.), Historia de las mujeres. La Edad Media, Madrid, 1992.
    Cristina de Pizán, A cidade das mulleres. Santiago de Compostela, 2004.
    GOODY, J., La evolución de la familia y el matrimonio en Europa, Barcelona, 1986.
    Historia de la vida privada. De la Europa feudal al Renacimiento (dirig. por Ph. Ariés y G. Duby), Madrid, 1988.Historia de las mujeres en España y América Latina. De la prehistoria a la Edad Media (Isabel Morant Dir.), Madrid, Cátedra, 2005
    La condición de la mujer en la Edad Media, Madrid, 1986.
    La mujer medieval (Ed. F. Bertini), Madrid, 1991.
    Las mujeres medievales y su ámbito jurídico, Madrid, 1983.
    Las mujeres en las ciudades medievales, Madrid, 1984.
    Las mujeres en el cristianismo medieval, Madrid, 1989.
    Pallares Méndez, MªC., Ilduara, una aristócrata del siglo X, A Coruña, 1998, 2ª edición revisada y ampliada, 2004.
    Pallares Méndez, MªC. e PORTELA, E., La reina Urraca, San Sebastián, 2006.
    Pallares Méndez, Mª C., “Conciencia y resistencia: la denuncia de la agresión masculina en la Galicia del siglo XV”, Arenal, 2-1 (1995), pp.67-97.
    Pallares Méndez, Mª C., Historia das mulleres en Galicia. Idade Media, Santiago, 2011
    Pastor, Reyna, "Las biografías medievales, problemas teóricos e historiográficos. Especialmente referidos a las de las mujeres castellanas", Arenal. Revista de historia de las mujeres, vol. 12, nº2, julio-diciembre, 2005, pp. 341-350.
    Rodríguez Núñez, C., Los conventos femeninos en Galicia: El papel de la mujer en la sociedad medieval, Lugo, 1993.
    Power, E., Mujeres medievales, Madrid, 1979.
    Textos para la Historia de las mujeres en España, Madrid, 1994.
    Textos para la historia de las mujeres en Galicia, Santiago de Compostela, 1999.
    Trillo, C., (coord.), Mujeres familia y linaje en la Edad Media, Granada, 2004.
    Wade Labarge, M., La mujer en la Edad Media, Madrid, 1988

    3.- Xudeus, mouros e cristiáns na Europa medieval

    Carlos BARROS, Galicia xudía, Santiago, Concello de Santiago, 1994, 29 pp.
    -"El otro admitido. La tolerancia hacia los judíos en la Edad Media
    gallega", Xudeus e conversos na historia. I. Mentalidades e cultura, Carlos
    Barros (ed.), Santiago, 1994, pp. 85-115
    (www.h-debate.com/cbarros/spanish/judios.htm).
    -Xudeus e xudaizantes na historia de Galicia, séculos X-XXI, (Rivadavia,
    2002)
    (www.h-debate.com/cbarros/spanish/articulos/historia_medieval/ribadavia.htm).
    -"Celanova de las Tres Culturas, siglos X-XI", Rudesindus. XI Centenario do
    nacemento de San Rosendo, Santiago, Xunta de Galicia, 2007, pp. 88-105.
    Anselmo LÓPEZ CARREIRA, "Contribución ó estudo da xudería ourensá
    baixomedieval", Xudeus e conversos na historia. II. Sociedade e Inquisición,
    Carlos Barros (ed.), Santiago, 1994, pp. 201-217.
    Xosé FILGUEIRA VALVERDE, "Os xudeus nas Cantigas de Santa María", Xudeus e
    conversos na historia. I. Mentalidades e cultura, Carlos Barros (ed.),
    Santiago, 1994, pp. 245-263.
    Gloria de ANTONIO, Los judíos en Galicia (1044-1492), A Coruña, 2006.
    Carlos GONZÁLEZ PAZ, "Sarracenos, moros, mudéjares y moriscos en la Galicia
    medieval", Cuadernos de Estudios Gallegos, Santiago, 2004, n1 117, pp.
    281-312.

    4.- Centro e periferia na Cristiandade latina (ss. VIII-XIII)
    DOMÍNGUEZ SÁNCHEZ, S., HERBERS, K., Roma y la Península Ibérica en la Alta Edad Media. La construcción de espacios, normas y redes de relación, León-Göttingen, 2009.
    LENZENWEGER, J., STOCKMEIER, P., AMON, K., ZINHOBLER, R., (dir.), Historia de la Iglesia católica, Barcelona, 1989, pp. 231-398.
    Liber Sancti Jacobi. Codex Calixtinus, edición de K. Herbers y M. Santos Noia, Santiago, 1998
    FLETCHER, R. A., A vida e o tempo de Diego Xelmirez, traducido por H. Monteagudo Romero y M. X. Lama, Vigo, 1993.
    Historia Compostelana, edición de E. Falque Rey, Madrid, 1994


    Competencias
    Dispor de novas vías de aproximación que permitan un coñecemento máis profundo e complexo das sociedades medievais.
    Coñecemento xenérico e introductorio sobre as grandes construcións políticas de época medieval
    Capacidade de análise do pasado, que inclúa como centro de reflexión a relación entre mulleres e homes
    Capacidade de distinguir as claves fundamentais das tres distintas culturas relixiosas que coexistían na Galicia medieval

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do alumno. Deste conxunto, 75 horas (50%) dedicaranse a traballo dirixido polos profesores e as outras 75 horas (50%) a traballo libre por parte dos alumnos. As horas de traballo dirixido distribuiranse en 45 de actividades formativas presenciais (o que supón o 30% do traballo total) e 30 de actividades dirixidas non presenciais.
    As actividades formativas presenciais que se realizarán son as seguintes:
    1) Clases teóricas dedicadas á explicación e comprensión dos contidos obxecto de estudo. Esas clases serán impartidas polo profesor, pero nalgún caso solicitarase para as exposicións a colaboración dalgún alumno ou grupo de alumnos. Para as explicacións utilizaranse os recursos tecnolóxicos de apoio (audiovisuais e informáticos) oportunos.
    2) Clases prácticas dedicadas á lectura de textos e recensión. Estas clases prácticas estarán dirixidas polo profesor, pero buscarán a participación activa do alumno, tanto no desenvolvemento e resolución de exercicios realizados colectivamente no aula, como na preparación persoal fose do aula dalgún exercicio, para a posterior posta en común no aula. Tamén para as clases prácticas usaranse os recursos tecnolóxicos que poidan ser útiles.
    3) Titorías individuais ou en grupo reducido para o seguimento do proceso de aprendizaxe e para o seguimento, no seu momento, da elaboración do traballo.
    4) Redación dun pequeno traballo escrito

    Sistema de evaluación
    Para avaliar os resultados da aprendizaxe utilizaranse os métodos e criterios que a continuación se detallan, e as cualificacións correspondentes indicaranse de acordo coa lexislación vixente:
    1) Avaliación continua, para a que se valorará a participación activa e continuada do alumno nas actividades presenciais desenvolvidas. Suporá o 50% da cualificación total.
    2) O traballo práctico suporá o 50% restante da cualificación total. Valorarase a calidade da redacción e do contido, que deberán reflectir o dominio dos principais rudimentos metodolóxicos e o coñecemento dos contidos básicos da materia, e valorarase tamén a presentación e defensa do traballo ante os compañeiros e o profesor.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    As actividades formativas non presenciais incluirán:

    1) Principalmente o traballo autónomo do alumno, que este organiza persoal e libremente para a correcta aprendizaxe dos coñecementos e competencias obxectivo da materia. Ese traballo necesariamente debe incluír síntese, estudo e asimilación da información recibida, lecturas complementarias e procura de nova información, elaboración de traballos, etc.
    2) Preparación dalgunha exposición teórica ou dalgún exercicio práctico encomendados polo profesor, e lectura dalgún título bibliográfico recomendado.
    3) Elaboración e redacción dun pequeno traballo de aplicación práctica dalgún aspecto tratado na materia.
    Estímase que cada alumno haberá de dedicar unhas 150 horas ao traballo desta materia, divididas deste xeito: 45 horas presenciais, 30 horas non presenciais dirixidas e 75 non presenciais libres

    Recomendacións para o estudo da materia
    Capacidade de ler nalgunha lingua estranxeira de uso común na produción científica.


    Observacións
    O contido referido á introdución ao estudo da formación e desenvolvemento das grandes construcións políticas medievais correrá a cargo de José Miguel Andrade Cernadas.
    Maria do Carmen Pallares encargarase da parte dedicada á análise das relacións entre homes e mulleres na Idade Media.
    Carlos Barros responsabilizarase do contido dedicado a xudeus, mouros e cristiáns na Europa medieval.
    Para rematar, a parte correspondente a centro e periferia na Cristiandade latina será desenvolvida por Fernando López Alsina.