Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

681511 - Historia da Lingua Italiana II (Semántica e Lexicografía) (5º CURSO) - Curso 2012/2013

Información

    Outros Datos

    • Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
    • Departamentos: Filoloxía Francesa e Italiana
    • Áreas: Filoloxía Italiana
    • Centro: Facultade de Filoloxía
    • Convocatoria: Anual
    • Docencia e Matrícula: null

    Profesores

    NomeCoordinador
    BUONO ., BENEDICT.SI
    SANMARCO BANDE, MARIA TERESA.NON

    Horarios

    NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
    Grupo P01OrdinarioPrácticosNONNON
    Grupo T01OrdinarioTeóricosSISI

    Programa

    Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Italiano
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo do curso é o estudo da evolución do italiano (literario e extraliterario), tanto desde unha perspectiva puramente lingüística como desde un punto de vista que teña en conta as súas implicacións históricas e sociais desde a segunda metade do século XVI ata a primeira metade do século XX. Darase particular importancia ao estudo da ‘cuestión da lingua’ e á influencia deste debate na lingua común e literaria.

    Contidos
    I. GRAMÁTICA HISTÓRICA (semántica e lexicografía)
    Tema V. Nocións de lexicoloxía: patrimonio hereditario, préstamos e neoformacións

    II. HISTORIA DA LINGUA ITALIANA
    Tema 7. A segunda metade do século XVI e o século XVII: difusión da norma e reacción ante o canon lingüístico
    Tema 8. O século XVIII: italiano e linguas europeas
    Tema 9. O século XIX: de lingua literaria a lingua nacional
    Tema 10. Despois da Unificación: escola, italofonía e dialectofonía

    Bibliografía básica e complementaria
    A. Para a parte de “gramática histórica”, aconséllase o uso dun manual recente que poderá ser elixido entre:
    - MAIDEN, M., Storia linguistica dell’italiano, Bologna, Il Mulino, 1998, pp. 203-ss.
    - SERIANNI, L., Appunti di grammatica storica italiana, Roma, Bulzoni, 1988 (nova edición, Lezioni di grammatica storica italiana, 1999).
    - D’ACHILLE, P., Breve grammatica storica dell’italiano, Roma, Carocci, 2001.

    B. Para a parte de “historia da lingua”, aconséllase o uso dun manual recente que poderá ser elixido entre:
    - Marazzini, C., La lingua italiana. Profilo storico, Bologna, Il Mulino, 1994 (Nuova ediz. 1998), pp. 277-ss.
    - Migliorini, B., Storia della lingua italiana, nunha das numerosas edicións existentes.

    C. Como manuais de consulta para afondar en temas específicos aconséllanse, ademais, as seguintes obras de referencia:
    - Os volumes da colección de Storia della lingua italiana dirixida por F. Bruni e publicados por Il Mulino, Bologna, 1988-2003: Il secondo Cinquecento e il Seicento, Il Settecento, Il primo Ottocento, Il secondo Ottocento.
    - Os tres volumes da Storia della lingua italiana dirixida por L. Serianni e P. Trifone publicados Einaudi (SLIE), Torino, 1993-94.

    D. Lectura obrigatoria:
    - SERIANNI, L., Le varianti fonomorfologiche dei “Promessi Sposi” 1840 nel quadro dell’italiano ottocentesco, en ID., Saggi di storia linguistica italiana, Napoli, Morano, 1989, pp. 141-213.

    E. Lectura dos textos fotocopiados dispoñibles ao empezar o ano académico na fotocopiadora da facultade.

    Competencias
    Ao final do curso, o estudante terá que saber analizar lingüisticamente un texto literario ou extraliterario e ser quen de recoñecer os seus trazos fonéticos e morfosintácticos característicos e de enmarcalo no seu preciso contexto histórico e social.

    Metodoloxía da ensinanza
    As clases prevén, por unha banda, a análise teórica e práctica dos temas e dos textos que integran o programa polo profesor e, por outra, a participación activa e constante dos estudantes, non só a través dos seus traballos persoais, senón mediante as súas intervencións sobre os temas tratados. Antes da análise dos textos na clase, o estudante terá que lelos e analizalos individualmente, dado que a interacción cos compañeiros e co profesor é o nó central da didáctica do cursos.

    Sistema de evaluación
    Para quen asiste ás clases: dous exames parciais (quen non os supere terá que presentarse ao exame final) e un traballo de investigación persoal que exporá na clase. Para quen non asiste ás clases: exame final sobre os argumentos e os textos analizados durante o curso.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Entre debates, traballos individuais ou de grupo e lectura dos textos pódese calcular unha dedicación persoal de 120 horas aproximadamente.

    Observacións
    Dada a complexidade da materia, aconséllase un estudo progresivo e constante ao longo do ano e seguir as indicacións do profesor.