Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5081347 - Lexicografía e semántica románicas (Maior en Filoloxía Románica) - Curso 2012/2013

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxía Románica
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1.Que o alumno se decate de que o léxico latino é a base fundamental do léxico das linguas románicas, pero tamén de que xa no latín existía variabilidade no léxico que se reflectirá nas linguas románicas.
    2. Que o alumno coñeza que unha parte impotante do léxico das linguas románicas é herdeiro das linguas de substrato e de superestrato.
    3. Que o alumno se decate de que, á parte do léxico herdado, as distintas linguas utilizaron procedementos propios para a creación de novo léxico.
    4. Que o alumno se familiarice coas principais obras lexicográficas das linguas románicas, sabéndoas situar no seu tempo, e tratando de interpretar as necesidades ás que responden.
    5. Que o alumno coñeza os distintos tipos de obras lexicográficas e a súa utilidade.
    6. Que o alumno entenda, e sexa capaz de valorar, a macroestrutura e a microestrutura dunha obra lexicográfica.
    7. Que o alumno coñeza as esixencias mínimas que debe reunir unha denifición lexicográfica.
    8. Que o alumno se decate da importancia da terminoloxía na sociedade actual.

    Contidos
    1. O léxico latino nas linguas románicas. Vocábulos panrománicos. Innovacións léxicas no latín imperial: casos de perda e adquisición de palabras; casos de renovación semántica.
    2. Innovacións léxicas motivadas pola diferenciación rexional.
    3. As innovacións léxicas debidas á influencia das linguas de substrato.
    4. As innovacións léxicas debidas á influencia das linguas de superestrato. O léxico xermánico nas linguas románicas.
    5. As innovacións léxicas debidas á influencia das linguas de superestrato. O léxico árabe e eslavo nas linguas románicas.
    6. Outros elementos léxicos nas linguas románicas.
    7. Procedementos de formación de palabras nas linguas románicas: a derivación.
    8. Procedementos de formación de palabras nas linguas románicas: a composición. Outros procedementos para a formación de palabras.
    9. As principais obras lexicográficas na historia da lingüística románica. Os traballos terminolóxicos nas linguas románicas.
    10. Os dicionarios. Tipos. Elaboración. A definición lexicográfica. O corpus con finalidade lexicográfica.

    Bibliografía básica e complementaria
    ALVAR EZQUERRA, Manuel: Lexicología y Lexicografía (Guía bibliográfica), Salamanca: Almar, 1983.
    BÉJOINT, Henri & THOIRON, Philippe (eds.): Les dictionnaires bilingues, Louvain-la-Neuve: Duculot, 1996.
    CABRÉ, M. Teresa: A l’entorn de la paraula (I). Lexicologia general, Valencia: Universitat de València, 1994.
    CABRÉ, M. Teresa: La terminologia. La teoría, els mètodes, les aplicacions, Barcelona: Empúries, 1992.
    COLLINOT, André & MAZIÈRE, Francine: Un prêt à parler: le dictionnaire, Paris: PUF, 1997.
    COLON, G.: El léxico catalán en la Romania. Madrid: Gredos, 1974.
    COSERIU, E.: Principios de semántica estructural, Madrid, 1981.
    DUBOIS, Jean e Claude: Introuduction à la lexicographie: le dictionnaire. Paris: Larousse, 1971.
    GILBERT, L.: La créativité lexicale. Paris, 1975.
    HAENSCH, G (e outros): La lexicografía. De la lingüística teórica a la lexicografía práctica, Madrid: Gredos, 1982.
    HERNÁNDEZ, H.: Los diccionarios de orientación escolar, Niemeyer, Tübingen, 1989.
    LOIS, Elida: “Tipos de diccionarios”, en Limen, nº 58, 59, 1977, pp. 104-108.
    LÜDKE, J.; Historia del léxico románico. Madrid: Gredos, 1974.
    MASSARIELLO MERZAGORA, G.: La lessicografia, Bologna: Zanichelli, 19831.
    REY, Alain: “Typologie génétique des dictionnaires”, Langages, XIX, 1970, 48-68.
    ROHLFS, G.: Estudios sobre el léxico románico. Madrid: Gredos, 1979.
    SAGER, Juan C.: A Practical Course in Terminology Processing, Amsterdam / Philadelphia: John Bejamins Publishing Company, 1990.
    WOTJAK, Gerd (ed.): Estudios de lexicología y metalexicografía del español actual, Tübingen: Niemeyer, 1992.

    Competencias
    1. O alumno debe saber distinguir o léxico latino do herdado das linguas de substrato e de superestrato.
    2. O alumno debe ser capaz de exemplificar casos de diferenciación léxica nas linguas románicas que respondan á diversidade dialectal existente no propio latín.
    3. O alumno deberá saber identificar e interpretar os casos de derivación e composición no léxico románico.
    4. O alumno debe adquirir a destreza para saber distinguir a primeira vista na información lexicográfica, o que é información lingüística do que é información enciclopédica.
    5. O alumno debe ser capaz de detectar unha definición lexicográfica incorrectamente formulada.
    6. O alumno debe ser capaz de explotar e valorar toda a información que aparece nunha obra lexicográfica, non só a definición das acepcións, senón tamén a información gramatical, tecnolectal, sociolectal, etc.
    7. O alumno debe de adquirir a destreza suficiente para acudir aos distintos corpora lexicos a través de Internet, e ser capaz de construír un artigo lexicográfico a partir da información extraída deles.

    Metodoloxía da ensinanza
    Farase un seguimento lineal do programa, e cada tema teórico irá acompañado do comentario dalgún estudo crítico sobre o tema, ou do tratamento que se fai da cuestión estudada en distintas obras lexicográficas concretas.
    Sistema de evaluación
    A avaliación do alumno levarase a cabo:
    a) mediante un único exame final;
    b) mediante o seguimento da participación cotiá nas clases;
    c) mediante a realización dun traballo.
    Os alumnos que obteñan unha cualificación de cinco puntos sobre dez tanto no apartado de participación na clase coma no traballo estarán exentos do exame final; aínda que sempre terán a oportunidade de facelo, se así o desexan. Polo menos quince días antes da data fixada para o exame final, o profesor sacará unha lista cos alumnos que teñen superada a materia polo traballo e participación na clase, e outra cos alumnos que deberán realizar obrigatoriamente o exame final. Os alumnos que non poidan asistir regularmente á clase deberán realizar necesariamente o exame final.
    Nas convocatorias de setembro e extraordinarias será necesaria a realización do exame.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Recoméndase que o alumno dedique unhas seis horas de traballo semanais á preparación desta materia.
    Recomendacións para o estudo da materia
    É unha materia fácil de entender nos seus contidos, pero que esixe unha preparación continuada, polo que se recomenda ao alumno que non deixe a súa preparación para os días anteriores á data do exame.