Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5041101 - Lingüística 1 (Formación Básica (elixir 2 linguas, niveis 1 e 2)) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Lingüística Xeral
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ PEREZ, MILAGROS.NON
GARCIA GONDAR, FRANCISCO JOSE SERVANDO.NON
LOPEZ RIVERA, JUAN JOSE.NON
PREGO VAZQUEZ, GABRIELA.SI
ZAS VARELA, MARIA LUZ.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01 (A-F)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02 (G-O)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_03 (P-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_04 (Nivelación)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01 (A-B)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /CLIS_02 (C-D)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /CLIS_03 (E-F)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /CLIS_04 (G)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /CLIS_05 (M-N)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /CLIS_06 (H-L) (Ñ-O)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /CLIS_07 (P-Q)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /CLIS_08 (R-Sa)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /CLIS_09 (Se-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /CLIS_10 (Nivelación)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS22OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS23OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS24OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS25OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS26OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS27OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS28OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Adquirir competencias básicas propias dun lingüista que permitan:

    (a) abordar as linguas como usuarios reflexivos e curiosos;

    (b) aproximarse á Lingüística como aprendices de profesionais no campo

    Contidos
    TEMA 1. A NATUREZA COMPLEXA DA LINGUAXE. Dimensións social, representacional e psicolóxico-cognitiva da linguaxe. Multidimensionalidade da linguaxe e áreas da Lingüística.

    SEMINARIO 1.1

    - Explicación do contido dos seminarios e titorías.
    - Explicación do modo como se vai avaliar o traballo dos alumnos.
    - Panorámica das fontes de información bibliográfica en Internet: criterios de selección (1).

    SEMINARIO 1.2

    - Panorámica das fontes de información bibliográfica en Internet: criterios de selección (2).
    - Prácticas (en pequenos grupos) cunha selección de fragmentos de textos das lecturas obrigatorias do tema 1º, ademais da consulta de dicionarios para clarexar termos técnicos que resulten escuros.

    SEMINARIO 1.3

    - Prácticas (en pequenos grupos) cunha selección de fragmentos de textos das lecturas obrigatorias do tema 1º, ademais da consulta de dicionarios para clarexar termos técnicos que resulten escuros.

    SEMINARIO 1.4

    - Prácticas (en pequenos grupos) cunha selección de fragmentos de textos das lecturas obrigatorias do tema 1º, ademais da consulta de dicionarios para clarexar termos técnicos que resulten escuros.
    - Entrega de textos sobre arbitrariedade/iconicidade para traballar na casa e presentar no seminario 2.1.


    TEMA 2. LINGUAXE E COMUNICACIÓN. Bases semióticas e pragmáticas da comunicación humana. Cognición, información e comunicación. Regras pragmáticas e eficacia comunicativa.

    SEMINARIO 2.1

    - Posta en común dos comentarios dos textos sobre arbitrariedade/iconicidade e análise de exemplos concretos.
    - Revisar o nivel de comprensión dos trazos de deseño de Hockett e resolver dúbidas.

    SEMINARIO 2.2

    - Proxección do vídeo “Hablando con extraños” (1 hora) e revisar cos alumnos a dualidade nos diferentes sistemas de comunicación animal (media hora).

    SEMINARIO 2.3

    - Exercicios de análise de actos de fala e significado implícito (principio de cooperación de Grice).

    SEMINARIO 2.4

    - Avaliación do tema 1 e do tema 2.(EN HORARIO DE TARDE NA SEMANA DO 5 DE NOVEMBRO-9 DE NOVEMBRO. A DATA CONCRETARÁSE CO ALUMNADO)


    TEMA 3. AS LINGUAS COMO ESTRUTURAS DE SIGNOS. Métodos e técnicas para analizar e contrastar as linguas. Principios de análise estrutural. Tipos lingüísticos e unidades nas linguas.

    Ao final dos tres primeiros seminarios deste tema entregarase unha batería de preguntas curtas para responder na casa e farase unha posta en común das respostas ao comezo do seguinte seminario.

    SEMINARIO 3.1

    - Traballo con textos para repasar conceptos clave e comprobar a polisemia terminolóxica que se dá en lingüística (inclúe traballo de consulta de dicionarios).
    - Entrega da 1ª batería de cuestións.

    SEMINARIO 3.2

    - Posta en común da 1ª batería de cuestións.
    - Traballo con textos para repasar conceptos clave e comprobar a polisemia terminolóxica en lingüística (inclúe traballo de consulta de dicionarios).
    - Entrega da 2ª batería de cuestións.

    SEMINARIO 3.3

    - Posta en común da 2ª batería de cuestións.
    - Traballo con exemplos de diversas linguas para comprobar as diferenzas tipolóxicas na expresión morfolóxica / sintáctica / léxica de diferenzas semánticas. Esta aplicación supón tamén a posta en práctica da metodoloxía para segmentar unidades e identificar invariantes.
    - Entrega da 3ª batería de cuestións.

    SEMINARIO 3.4

    - Posta en común da 3ª batería de cuestións.
    - Traballo con exemplos de diversas linguas para comprobar as diferenzas tipolóxicas na expresión morfolóxica / sintáctica / léxica de diferenzas semánticas. Esta aplicación supón tamén a posta en práctica da metodoloxía para segmentar unidades e identificar invariantes.

    SEMINARIO 3.5

    Análise de exemplos de diversas linguas para comprobar as diferencias tipolóxicas na expresión morfolóxica / sintáctica / léxica de diferencias semánticas.

    SEMINARIO 3.6 (EN HORARIO DE TARDE NA SEMANA DO 17 DE DECEMBRO-21 DE DECEMBRO. A DATA, HORARIO E AULA CONCRETARÁSE CO ALUMNADO).

    Avaliación do tema 3.

    SEMINARIO 3.7

    Presentación oral do resumo dunha lectura por parte de cada grupo de cinco alumnos (20 minutos para cada grupo).(NO HORARIO HABITUAL DE SESIÓNS INTERACTIVAS NA SEMANA DO 17 DE DECEMBRO-21 DE DECEMBRO

    TITORÍAS PROGRAMADAS

    Os profesores dos seminarios tamén desenvolverán as seguintes titorías en grupos de 10 alumnos:

    TITORÍA 1 (SEGUNDA QUINCENA DE OUTUBRO)

    - Normas de presentación de traballos e citas bibliográficas.
    - Organización dos grupos e distribución das lecturas cuxos resumos os estudantes deberán presentar oralmente no seminario 3.5.

    TITORÍA 2 (26 DE NOVEMBRO-5 DE DECEMBRO)

    - Revisión/orientación da elaboración dos resumos das lecturas que se presentarán no seminario 3.7.

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

    1. Introducións á Lingüística
    A.A.V.V., New Horizons in Linguistics, vol. 2, London, Penguin, 1987.
    Bernárdez, Enrique, Qué son las lenguas, Madrid, Alianza, 1999.
    Coseriu, Eugenio, Introducción a la lingüística, Madrid, Gredos, 1986.
    Fernández Pérez, Milagros, Introducción a la lingüística. Dimensiones del lenguaje y vías de estudio, Barcelona, Ariel, 1999.
    López, Ángel et al., Lingüística general y aplicada, Valencia, Universitat de Valencia, 1990.
    López, Ángel & Gallardo, Beatriz, Conocimiento y lenguaje, Valencia, Universitat de Valencia, 2005.
    López Morales, Humberto (coord.), Introducción a la lingüística actual, Madrid, Playor, 1983.
    Lyons, John, Introducción al lenguaje y a la lingüística, Barcelona, Teide, 1984.
    Martín Vide, Carlos (ed.), Elementos de lingüística, Barcelona, Octaedro, 1996.
    Simone, Raffaele, Fundamentos de lingüística, Barcelona, Ariel, 1993.
    Tusón, Jesús, Introducción al lenguaje, Barcelona, UOC, 2003.
    Yule, George, El lenguaje, Madrid, Cambridge University Press, 1998.
    No ‘Portal de las Humanidades-Liceus’, http://www.liceus.com/cgi-bin/aco/index.asp e, concretamente, na sección de ‘Lingüística general’, http://www.liceus.com/cgi-bin/aco/ling_geral/index.asp, ofrécense capítulos introdutorios a diferentes campos lingüísticos.

    2. Enciclopedias e panorámicas da Lingüística
    Aronoff, Mark & Rees-Miller, Janie (eds.), The Handbook of Linguistics, Oxford, Blackwell, 2002.
    Asher, Robert E. (ed.), The Encyclopedia of Language and Linguistics, Oxford & New York, Pergamon Press, 1994, 10 vols.
    Bright, William (ed.), International Encyclopaedia of Linguistics, Oxford, Oxford University Press, 1992, 4 vols.
    Brown, Keith (ed.), Encyclopedia of Language and Linguistics, 2ª ed., Boston, Elsevier, 2006, 14 vols.
    Collinge, Neville E. (ed.), An Encyclopaedia of Language, London & New York, Routledge, 1990.
    Crystal, David, Enciclopedia del lenguaje de la Universidad de Cambridge, Madrid, Taurus, 1994. Trad. da 1ª ed. inglesa de 1987 (existe unha segunda edición inglesa non traducida de 1997).
    Frawley, William J., International Encyclopaedia of Linguistics, Oxford, Oxford University Press, 2003, 4 vols.
    Malmkjaer, Kirsten, The Linguistics Encyclopaedia, London & New York, Routledge, 1991.
    Newmeyer, Frederick (coord.), Panorama de la lingüística moderna de la Universidad de Cambridge, Madrid, Visor, 1993, 4 vols.

    3. Dicionarios terminolóxicos
    Abraham, Werner, Diccionario de terminología lingüística actual, Madrid, Gredos, 1981.
    Alcaraz Varó, Enrique & Martínez Linares, Mª. Antonia, Diccionario de lingüística moderna, 2ª ed. Barcelona, Ariel, 2004.
    Bussmann, Hadumod, Routledge Dictionary of Language and Linguistics, London & New York, Routledge, 1996.
    Cardona, Giorgio R., Diccionario de Lingüística, Barcelona, Ariel, 1991.
    Crystal, David, A Dictionary of Linguistics and Phonetics, 5ª ed., Oxford, Blackwell, 2003.
    Crystal, David, Diccionario de lingüística y fonética, Barcelona, Octaedro, 2000.
    Dubois, Jean et al., Diccionario de Lingüística, Madrid, Alianza, 1979.
    Ducrot, Oswald & Schaeffer, Jean-Marie, Nuevo diccionario enciclopédico de las ciencias del lenguaje, Madrid, Arrecife, 1998.
    Finch, Geoffrey, Linguistic terms and concepts, Houndmills & London, Macmillan Press, 2000.
    Lázaro Carreter, Fernando, Diccionario de términos filológicos, 3ª ed. corr., Madrid, Gredos, 1987.
    Lewandowski, Theodor, Diccionario de Lingüística, Madrid, Cátedra, 1987.
    Competencias
    (1) Dominio de conceptos, terminoloxía básica e métodos que desenvolvan nos alumnos estratexias de observación dos feitos comunicativos e que lles permitan o estudo e a reflexión lingüística.

    (2) Emprego de recursos e fontes de información que permitan aos estudantes adquirir coñecementos sobre os feitos lingüísticos autonomamente.

    (3) Coñecemento das bases semióticas e pragmáticas da comunicación humana.

    (4) Capacidade para valorar a eficacia comunicativa dos diferentes recursos lingüísticos en función das coordenadas contextuais e socio-culturais.

    (5) Habilidades para a descrición das estruturas e unidades lingüísticas, así como dos usos e valores comunicativos que levan asociadas.

    (6) Dominio de técnicas e métodos de análise que permitan analizar e contrastar a organización fónica, gramatical, léxico-semántica e pragmática en diferentes tipos de linguas.

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia distribuirase en tres horas semanais: unha sesión expositiva (1 hora e media) e unha sesión seminario (1 hora e media) en grupos reducidos. Ademais, desenvolveranse dúas titorías programadas en grupo co obxectivo de guiar o traballo autónomo dos alumnos.
    Sistema de evaluación
    1ª OPORTUNIDADE (MES DE XANEIRO): Realizarase por avaliación continua: O 40% da cualificación corresponderá ás actividades e traballos realizados e /ou programados nas sesións de seminario. O 60% restante corresponderá ao exame de toda a materia, que versará sobre os contidos das sesións expositivas e as lecturas obrigatorias. Este exame realizarase na data fixada pola Secretaría da Facultade ao remate do primeiro cuadrimestre.Os estudantes que teñan concedida polo Decanato a dispensa de asistencia a clase e, polo tanto, non poidan seguir a avaliación continua poderán avaliarse de toda a materia mediante un exame na segunda oportunidade (mes de xullo).

    ASPECTO
    Asistencia, participación e aproveitamento das clases presenciais -
    CRITERIOS
    -Participación activa nas clases
    -Calidade científica dos traballos: asimilación de contidos, comprensión dos textos, análises e interpretacións adecuados
    INSTRUMENTO
    Traballos escritos entregados ou expostos nos seminarios ou nas titorías programadas
    VALOR
    40%

    ASPECTO
    Conceptos, métodos e ferramentas aprendidos durante todo o curso
    CRITERIOS
    -Dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia
    -Aproveitamento das lecturas obrigatorias
    INSTRUMENTO
    -Exame de toda a materia ao remate do primeiro cuadrimestre
    VALOR
    60%

    2ª OPORTUNIDADE (MES DE XULLO): Efectuarase exclusivamente a través dun exame que incluirá cuestións teóricas e prácticas (correspondentes ás sesións expositivas e ás sesións seminario). Este exame realizarase na data establecida pola Secretaría da Facultade no mes de Xullo.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    SESIÓNS EXPOSITIVAS: 24 (horas presenciais) + 48 (horas non presenciais) = Total 72 horas
    SESIÓNS SEMINARIO: 24 (horas presenciais) + 36 (horas non presenciais) = Total 60 horas
    SESIÓNS TITORÍA GRUPO: 3 (horas presenciais) + 3 (horas non presenciais) = Total 6 horas
    SESIÓNS AVALIACIÓN: 3 (horas presenciais) + 9 (horas non presenciais) = Total 12 horas
    TOTAL: 54 (horas presenciais) + 96 (horas non presenciais) = Total 150 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    A lingüística é unha materia novidosa para os estudantes de primeiro ano na Universidade. Os contidos do programa están ordenados e secuenciados para facilitar a aprendizaxe progresiva sen perder de vista o conxunto. Faise, por tanto, imprescindible evitar baleiros de comprensión nos temas, xa que limitarán o avance en estadios posteriores. O traballo constante é o factor clave.

    (1) As explicacións detalladas dos contidos do programa no aula facilitan a aprendizaxe. A información recibida directamente na clase pódese converter en coñecemento automaticamente coa vantaxe da interacción na dinámica das sesións de seminario.

    (2) Sustentar os contidos proporcionados na aula mediante a consulta de fontes bibliográficas específicas para cada tema. A autoaprendizaxe, que será guiada nas titorías programadas, é importante; e a lectura selectiva segundo as pautas marcadas para cada apartado dos temas fornece os mecanismos de autocoñecemento e reflexión crítica.

    (3) A posta en práctica dos conceptos e das técnicas de análise é imprescindible para asentar e madurar a preparación na materia mediante a realización dos exercicios propostos.

    (4) O estudo é un proceso continuado con resultados de aprendizaxe paulatina e dilatados no tempo.

    Observacións
    Os textos dos programas que teñen validez legal para os profesores desta materia son as versións en galego e castelán (elaboradas por eles mesmos).