Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5041102 - Lingua Española 1 (Formación Básica (elixir 2 linguas, niveis 1 e 2)) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Lingua Española
  • Áreas: Lingua Española
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
BLANCO DOMINGUEZ, MARTA.SI
DIAZ GARCIA, MARIA TERESA.NON
LOPEZ MEIRAMA, MARIA BELEN.NON
SANTALLA DEL RIO, MARIA PAULA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01 (A-F)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02 (G-O)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_03 (P-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_04 (Nivelación)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01 (A-C)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /CLIS_02 (D-F)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /CLIS_03 (G-L)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /CLIS_04 (M-O)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /CLIS_05 (P-R)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /CLIS_06 (S-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /CLIS_07 (Nivelación 1) (A-L)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /CLIS_08 (Nivelación 2) (M-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS20OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS21OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS22OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS23OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS24OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS25OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS26OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O curso ten un dobre obxectivo, descritivo e metodolóxico. En relación co primeiro, o curso pretende familiarizar ao alumnado co estudo das realizacións fónicas e co das estruturacións morfolóxicas e coas clases de palabras do español, asegurando un coñecemento técnico e activo de todo iso. Por outra banda, preténdese que sexa un punto de partida metodolóxico para o ulterior desenvolvemento de estudos de fonética e fonoloxía, de morfoloxía ou de clases de palabra ao longo da carreira. Máis concretamente, a primeira parte ten como obxectivo xeral a presentación dos conceptos e procedementos fundamentais da análise fónica e, como aplicación dos mesmos, a exposición detallada dos rasgos fonéticos dos sons do español co seu valor fonolóxico. A segunda parte céntrase na adquisición dun coñecemento claro da estrutura morfolóxica, en xeral e específicamente do español, estudando a estrutura interna das palabras, as posibilidades de clasificación de acordo con esta estrutura e os mecanismos de formación de palabras, ilustrando todo co español. A terceira parte detense na delimitación das clases de palabras, tanto desde unha perspectiva xeral como no relativo ao español. Estudaranse os criterios para a distinción de grandes clases, así como os trazos característicos de cada clase concreta, co seu comportamento e as categorías gramaticais asociadas a elas.
    Contidos
    A compoñente fónica do español
    1. O estudo do son. Relacións entre fonética e fonoloxía
    1.1. O son articulado
    1.2. Clases xerais de sons
    1.3. Fonemas e alófonos
    2. O sistema fonético español
    2.1. Fonemas e alófonos do español
    2.2. Neutralización e archifonemas en español
    3. As combinacións de sons: sílabas, grupos vocálicos, ditongos, hiatos

    A compoñente gramatical: morfoloxía
    4. A morfoloxía. Obxecto de estudo e relacións con outras disciplinas
    5. O morfema e a palabra
    5.1. A palabra. Natureza e tipos
    5.2. O morfema. Definición e diferenzas coa palabra
    5.3. A estrutura da palabra e a análise morfolóxica: raíz, afixos, tema e base
    5.4. Tipos de morfemas según distintos criterios clasificatorios
    6. A formación de palabras
    6.1. Procedimentos de formación de palabras
    6.2. Tipos de palabras de acordo coa súa formación

    A compoñente gramatical: clases de palabras
    7. Criterios na clasificación das palabras
    8. Clases de palabras e categorías gramaticais asociadas



    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica
    Gramáticas do español
    Academia, Real __ Española, Nueva gramática básica de la lengua española, Barcelona, Espasa Libros, 2011.
    Academia, Real __ Española, Nueva gramática de la lengua española: Manual, Madrid, Espasa Libros, 2010.
    Alcina Franch, J. y J. M. Blecua, Gramática española, Barcelona, Ariel, 1994, 9ª ed. (1975).
    Bosque, I. y V. Demonte (dirs.), Gramática descriptiva de la lengua española, Madrid, Espasa-Calpe/Real Academia Española, 1999 (3 volúmenes).
    Butt, J. & C. Benjamín, A New Reference Grammar of Modern Spanish, London, Arnold, 2000, 3ª ed. (1988).
    Gili Gaya, S., Curso superior de sintaxis española, Barcelona, Spes, 1961, 8ª ed.
    Gómez Torrego, L., Gramática didáctica del español, Madrid, SM, 2007, 9ª ed. corr. y aum. (1997).
    Seco, R., Manual de gramática española, Aguilar, Madrid, 1967, 9ª ed.

    Dicionarios do español
    Academia, Real ____ Española, Diccionario de la lengua española, Madrid, Espasa-Calpe, 2001, 22 ed. (http://lema.rae.es/drae/)
    Gutiérrez Cuadrado, J., Diccionario Salamanca de la lengua española, Madrid, Santillana, 2007.
    Maldonado, C. (dir), Clave. Diccionario de uso del español actual, Madrid, SM, 2006. (http://clave.smdiccionarios.com/app.php)
    Moliner, M., Diccionario de uso del español, Madrid, Gredos, 2007, 3ª ed. (1966).
    Seco, M., A. Olimpia y G. Ramos, Diccionario del español actual, Madrid, Santillana, 1999.

    Dicionarios de dúbidas e terminolóxicos
    Academia, Real ____ Española, Diccionario panhispánico de dudas, Madrid, Santillana, 2005. (http://lema.rae.es/dpd/)
    Lázaro Carreter, F., Diccionario de términos filológicos, Madrid, Gredos, 1968, 3ª ed.
    Martínez de Sousa, J., Diccionario de usos y dudas del español actual, Gijón, Trea, 2008, 4ª ed. corr. y aum.
    Seco, M., Diccionario de dudas y dificultades de la lengua española, Madrid, Espasa-Calpe, 1994, 9ª ed.



    Competencias
    O curso está deseñado para que se adquiran uns coñecementos xerais e sólidos sobre as diversas clases de palabras, a estrutura morfolóxica en xeral e do español e sobre os rasgos xerais da compoñente fónica, así como unha serie de destrezas metodolóxicas e unha capacidade crítica no estudo da lingua, todo aplicable ao estudo de calquera lingua. As competencias xerais que se pretenden son, por tanto, as seguintes:

    1) Habilidades comunicativas: comunicación verbal e comunicación escrita.
    2) Capacidade de análise e síntese.
    3) Capacidade crítica.
    4) Manexo da bibliografia sobre clases de palabras, fonética e fonoloxía, e morfoloxía, xerais e do español e adquisición de destrezas e conceptualización para o estudo lingüístico.
    5) Uso das TIC aplicado á descrición e investigación en clases de palabras, en fonética e fonoloxía e en morfoloxía.



    Metodoloxía da ensinanza
    O curso ten unha dobre vertente teórico-descritiva e práctica. Por iso, cada tema será inicialmente introducido polo profesor na clase, sendo esta explicación, con o sen axuda de bibliografía, a base inicial do coñecemento. A explicación irá seguida das sesións prácticas correspondentes nas que, coa guía do profesor, o alumno formarase no uso dos conceptos estudados e abordarase a extensión e implicación dos mesmos sobre a base do seu uso en contextos concretos e reais. Finalmente, tras esta formación proporcionada pola práctica dos conceptos, faranse, como parte da avaliación continua, exercicios que permitan ver o dominio que os alumnos acadaron deles.
    O curso dispón dun aula virtual con materiais e recursos necesarios para o desenvolvemento dos temas e a realización das prácticas. Ademais poderán utilizarse outras ferramentas virtuais a criterio dos profesores.
    Sistema de evaluación
    1ª oportunidade (xaneiro)
    A avaliación será continuada, con varios exercicios calificables, ademais do preceptivo exame final. Os exercicios poderán realizarse na clase ou fóra do aula e consistirán nunha serie de probas breves, preferentemente de tipo práctico, cuxo fin será o control do traballo do alumno ao longo do curso.
    A continuación recóllense os aspectos avaliables e o seu peso na cualificación final:
    a) Asistencia e participación (porcentaxe mínima de presencialidade para ser tida en conta: 80%). Peso: 5%.
    b) Exame final de carácter teórico-práctico na data fixada pola Secretaría da Facultade. Peso: 70%.
    c) Exercicios calificables, cuxas datas concretas determinaranse con antelación. Peso: 25%.

    2ª oportunidade (xuño-xullo)
    Farase exclusivamente a través dun exame escrito que suporá o 100% da nota e que incluirá cuestións téoricas e prácticas sobre os contidos do programa. Este exame realizarase na data fixada pola Secretaría da Facultade.

    Alumnado con dispensa de asistencia.
    Para os alumnos que obteñan dispensa de asistencia a clase e acredítena debidamente, a avaliación limítase ao exame final sobre os contidos do programa que suporá o 100% da nota e que se realizará nas datas fixadas pola Secretaría da Facultade. Este sistema de avaliación aplicarase tanto na primeira como na segunda oportunidade.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    As actividades non presenciais ocuparán ao alumno 96 horas de traballo, o que sumado ás 54 horas de traballo na aula supón 150 horas, equivalentes a 6 créditos ECTS.


    Recomendacións para o estudo da materia
    a) Dominio instrumental avanzado da lingua española: en alumnos non nativos recomendase nivel de español B2.
    b) Coñecementos elementais de gramática española.