G5041111 - Teoría e Crítica Literarias (Formación Básica (elixir 2 linguas, niveis 1 e 2)) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia-Achegarse á tradición dos Estudos literarios con particular atención aos conceptos que son de aplicación directa á análise de textos.
-Coñecer as grandes áreas de investigación teórica sobre a literatura e a cultura.
-Visualizar de forma xeral as principais correntes teórico-críticas contemporáneas sobre o fenómeno literario e as súas implicacións.
-Fundamentar a análise crítica de textos literarios nos niveis formal-estructural, semiótico, hermenéutico, cultural e sistémico.
-Coñecer os conceptos e recursos da análise crítica do relato, dos textos poéticos e do texto dramático e teatral /espectacular.
-Coñecer os elementos básicos para poder abordar desde unha perspectiva moderna e interdisciplinar o fenómeno literario como un proceso complexo e suxeito a unha reflexión teórica e comparada.
-Conseguir fundamentos rigorosos para o seu uso e aplicación nos Estudos literarios.
-Adquirir conceptos e métodos que desenvolvan nos estudantes estratexias de observación persoal dos feitos literarios.
-Ampliar o campo de estudo do alumno cara ás esferas problemáticas do comparatismo actual, é dicir, cara aos eidos que tan só esta disciplina ten como propios.
ContidosI ) OS ESTUDOS DA LITERATURA E DA CULTURA NA ACTUALIDADE
1. O concepto de literatura desde as principais correntes teóricas.
2. As disciplinas literarias.
3. Teoría dos xéneros literarios. O concepto de xénero na actualidade. Posxenericidade e medialidade.
II) ANÁLISE DO TEXTO NARRATIVO
1. Narrador e enunciación narrativa.
2. Tempo.
3. Espazo e personaxes.
III) ANÁLISE DO TEXTO POÉTICO
1. A enunciación poética. Poesía e ficción.
2. Elementos constituíntes do texto poético. Os sistemas métricos.
3. A estrutura e a clausura poemáticas. O fragmento poético.
IV) ANÁLISE DO TEXTO TEATRAL E ESPECTACULAR
1. Texto dramático e texto espectacular. A dobre enunciación teatral.
2. O espazo teatral. Os signos teatrais.
3. O tempo e a acción. O diálogo e o personaxe dramático.
Bibliografía básica e complementaria-ABUÍN GONZÁLEZ, A., Escenarios del caos. Entre la hipertextualidad y la "performance" en la era electrónica, Valencia, Tirán Lo Blanch, 2006.
-ASENSI, M. Historia de la teoría de la literatura, vols. I-II, Valencia, Tirant Lo Blanch, 1998-2003.
-BAL, M., Teoría de la narrativa. (Una introducción a la narratología), Madrid, Cátedra, 1987.
-BOBES NAVES, Mª. C., Semiología de la obra dramática, Madrid, Arco, 1997.
BOBES NAVES, Mª. C. (ed.), Teoría del teatro, Madrid, Arco, 1997.
-CABO ASEGUINOLAZA, F. (comp.), Teorías sobre la lírica, Madrid, Arco, 1999.
-CABO ASEGUINOLAZA, F., e María do Cebreiro Rábade Villar, Manual de Teoría de la Literatura, Madrid, Castalia, 2006.
-CASAS, A. (coord.), Elementos de Crítica literaria, Vigo, Xerais, 2004.
-CHATMAN, S., Historia y discurso, Madrid, Taurus, 1990.
-DOLEŽEL, L. Historia breve de la Poética, Madrid, Síntesis, 1997.
-EQUIPO GLIFO, Diccionario de termos literarios, vol. I (A-D), Santiago de Compostela, -Centro «Ramón Piñeiro» para a Investigación en Humanidades, 1998.
-EQUIPO GLIFO, Diccionario de termos literarios, vol. II (E-H), Santiago de Compostela, Centro «Ramón Piñeiro» para a Investigación en Humanidades, 2003.
-ESTÉBANEZ CALDERÓN, D., Diccionario de términos literarios, Madrid, Alianza, 1996.
-FISCHER-LICHTE, E., Semiótica del teatro, Madrid, Arco, 1999.
-GARRIDO DOMÍNGUEZ, A., El texto narrativo, Madrid, Síntesis, 1993.
-GENETTE, G., Figuras III, Barcelona, Lumen, 1989.
-GUILLÉN, C., Entre lo uno y lo diverso. Introducción a la Literatura Comparada, Barcelona, Crítica, 1985.
-KOWZAN, T., El signo y el teatro, Madrid, Arco, 1997.
-LANDOW, G. P. Hipertexto: La convergencia de la teoría crítica contemporánea y la tecnología, Barcelona, Paidós, 1995.
-LÓPEZ CASANOVA, A. El texto poético. Teoría y metodología, Salamanca, Ediciones Colegio de España, 1994.
-LUJÁN ATIENZA, Á. L. Cómo se comenta un poema, Madrid, Síntesis, 1999.
-MORTARA GARAVELLI, B., Manual de retórica, Madrid, Cátedra, 1991.
NÚÑEZ RAMOS, R., La Poesía, Madrid, Síntesis, 1992.
-OLIVA, C. e F. TORRES MONREAL, Historia básica del arte escénico, Madrid, Cátedra, 1990.
-PAVIS, P. Diccionario del teatro, Barcelona, Paidós, 1984.
-POZUELO YVANCOS, J. Mª. Teoría del lenguaje literario, Madrid, Cátedra. 1994.
-REIS, C., e A. C. M. LOPES, Diccionário de narratologia, Coimbra, Almedina, 1987.
-SILVA, V. M., de Aguiar e, Teoria da Literatura, Coimbra, Livraria Almedina, 1988.
-SULLÀ, E. (ed.), Teoría de la novela. Antología de textos del siglo XX, Barcelona, Crítica, 1996.
-UBERSFELD, A., Semiótica teatral, Madrid, Cátedra, 1998.
-VALLES CALATRAVA, J., Introducción histórica a las teorías de la narrativa, Almería, Universidad de Almería, 1994.
-VILARIÑO PICOS, Mª Teresa, e Anxo Abuín González (comp.), Teoría del hipertexto. La literatura en la era electrónica, Madrid: Arco Libros, 2006.
-VILLANUEVA, D. El comentario del texto narrativo: cuento y novela, Madrid, Marenostrum, 2006.
-VILLANUEVA, D., Teorías del realismo literario, 2ª ed. corregida y aumentada, Madrid, Biblioteca Nueva, 2004.
-VILLANUEVA, D. (comp.), Avances en Teoría de la literatura, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 1994.
-VILLANUEVA, D. (coord), Curso de Teoría de la literatura, Madrid, Taurus, 1994.
Competencias-Entender os obxectivos, posibilidades e métodos dos Estudos literarios no marco dinámico da súa propia tradición.
-Asumir a pluralidade da noción de "literatura" e dos propios Estudos literarios.
-Asimilar unha noción ampliada do concepto de "texto" e das análises correlativas.
-Establecer as metas e mecanismos apropiados dunha análise textual.
-Correlacionar conceptos como forma, estrutura, código, autoría, lectura, significado, interpretación, repertorio, posición e canon coa análise textual.
-Entender e saber aplicar os fundamentos da análise narratolóxica, poética e dramático-teatral.
-Comprender unha serie de distincións nocionais básicas indispensábeis para aproximarse aos diferentes aspectos implicados no proceso literario.
-Entender a diversidade de enfoques e modelos teóricos contemporáneos nos estudos literarios.
-Asimilar os principios e métodos fundamentais para unha lectura crítica de textos teóricos e comparados.
-Desenvolver a capacidade de reflexión crítica e de argumentación sobre o feito literario a partir do manexo dunha terminoloxía teórica sólida e absolutamente asimilada.
Metodoloxía da ensinanza Combinaranse as sesións expositivas do profesor coa participación na clase do alumno, xa mediante preguntas que demandan maior claridade, profundidade ou ampliación, xa mediante respostas a preguntas que o profesor faga en determinados puntos da exposición.
Nas sesións prácticas procurarase en todo momento reforzar a interactividade na dobre dirección apuntada arriba. O material de apoio, textos literarios, teóricos e críticos relacionados cos temas do programa, dará incentivo a unha comunicación que deberá desenvolver as competencias relacionadas coa capacidade de observación, de sensibilidade artística, de crítica e de argumentación do alumno e coas habilidades interpretativas.
Outras carencias ou retrasos na aprendizaxe remediaranse nas horas de titorías obrigatorias nde a atención poderá ser máis persoalizada.
Poderán empregarse tamén os novos medios tanto nas sesións expositivas como en sesións de aula virtual, canles que se introducirán de xeito progresivo neste e nos sucesivos cursos.
Sistema de evaluación- A asistencia é obrigatoria.
- Á parte do exame final, valoraranse a participación activa e informada na clase e a elaboración de traballos e actividades prácticas. A nota do exame representa o 60% da calificación final.
- Da participación terase en conta a constancia na interactividade, a calidade das intervencións e o progreso nesa calidade. Constituirá un 10% da calificación final.
- Das actividades prácticas (resumos, traballos individuais e en grupo, etc.) valorarase a orixinalidade e creatividade, a asimilación dos conceptos e modelos de análise aprendidos, a presentación escrita e a exposición oral. Esta avaliación supón un 30% da calificación final.
- Estas últimas cualificacións parciais, correspondentes á participación e ás actividades prácticas, quedará establecida no momento de finalización do período lectivo e non se modificará en caso de acudir á segunda edición do exame
MOI IMPORTANTE:
En caso de plaxio entre traballos ou de fontes impresas ou de Internet, o alumno/a recibirá de maneira inmediata un suspenso, que, dependendo da gravidade do plaxio, pode implicar o suspenso na materia.
Con independencia desta avaliación tripartita, serán obxecto de estimación positiva (e en caso contrario negativa) a corrección gramatical, a ortografía e a propiedade léxica da expresión oral e escrita, así como a coherencia lóxica dos discursos e a capacidade de síntese.
Tempo de estudo e traballo persoalAAs horas non presenciais poderán distribuirse do seguinte modo:
-Estudo e reflexión sobre as sesións expositivas, interactivas, titoriais; estudo e reflexión sobre a bibliografía: 28 horas.
-Realización de traballos e de actividades de diversa índole: 25 horas.
-Lectura de textos literarios: 25 horas.
-Preparación de exames: 12 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaDado que a programación de contidos e prácticas está moi axustada na súa temporalización, recoméndase ao alumno a asistencia regular e puntual á clase, o seguimento diario das tarefas programadas, a lectura serea e profunda dos textos de traballo e o uso de todas as canles comunicativas co profesor e coas fontes de aprendizaxe. En particular aconséllase ao alumno o aproveitamento máximo das horas de titoría onde a aprendizaxe pode ser máis persoalizada.
ObservaciónsNo aproveitamento do programa desta materia é moi estimábel unha competencia lectora rica tanto nun sentido cuantitativo como cualitativo (multixenérica, multicultural, etc.). Só deste xeito, os contidos teóricos poderán ser contrastados e valorados na súa dimensión hermenéutica e analítica nunha proxección mesmo retrospectiva.
Asimismo, recoméndase ao alumno que poña en relación os contidos abordados nesta materia de Teoría e Crítica literarias cos de materias afíns (Lingüística I, Introducción á Historia da Literatura Española, Introducción á Literatura Galega, Introducción á Literatura Inglesa, por exemplo) e cos coñecementos adquiridos sobre as diversas tradicións literarias específicas de cada Grao.