G5041112 - Lingua Española 2 (Formación Básica (elixir 2 linguas, niveis 1 e 2)) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Lingua Española
- Áreas: Lingua Española
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA materia ten un dobre objectivo, descritivo e metodolóxico. Con respecto ao primeiro, descríbense os niveis de análise sintáctico e léxico do español. Con respecto ao segundo, o que se pretende é que o estudio da materia poda constituir un punto de partida adecuado para o ulterior desenvolvemento dos estudos de sintaxe e léxico do español, así como un referente ou apoio suficiente para que o alumno se poda introducir con maior facilidade ―ou asentalos, se xa os ten― en estudos de sintaxe e léxico noutras linguas.
ContidosPrimeira parte: o compoñente gramatical (sintaxe) [10 semanas]
1. A análise sintáctica: cuestións xerais [3]
1.1. A estruturación das linguas: código e mensaxe, significado e significante, os compoñentes lingüísticos, a dobre articulación e a segmentación
1.2. As relacións sintácticas
1.2.1. Relacións sintagmáticas e paradigmáticas
1.2.2. Relacións secuenciais e conectivas
1.2.3. Relacións constitutivas e funcionais
1.2.4. Relacións sintácticas, semánticas e pragmáticas
1.3. Unidades sintácticas
1.3.1. A escala de unidades gramaticais (do morfema ao texto)
1.3.2. Principios complementarios (recursividade e salto de nivel)
1.3.3. Unidades simples, complexas e compostas
1.5. A análise sintáctica e a súa representación gráfica
2. A cláusula [5]
2.1 Constituíntes funcionais da cláusula
2.2 Tipos de cláusulas segundo a construción
2.3 Tipos de cláusulas segundo a modalidade
2.4 Tipos de cláusulas incrustadas segundo a súa estrutura
3. A frase: tipos e constituíntes funcionais: elementos definitorios e modificación [2]
4. Estruturas bipolares (as oracións) e coordinadas [2]
Segunda parte: o compoñente léxico [3 semanas]
1. Léxico e dicionario. A lexicografía [3]
1.1 Introdución á análise léxica
1.2 Tipos de dicionarios. Os dicionarios do español
1.3 A organización dos dicionarios: macroestructura, microestructura
1.4 A definición lexicográfica
1.5 Dicionarios electrónicos: a súa explotación
Bibliografía básica e complementariaDiccionarios de dudas:
Academia, Real __ Española: Diccionario panhispánico de dudas, Santillana, Madrid, 2005.
Martínez de Sousa, José: Diccionario de usos y dudas del español actual, Gijón, Trea, 20084.ª ed. corr. y aum. .
Seco, Manuel: Diccionario de dudas y dificultades de la lengua española, Madrid, Espasa-Calpe, 1963.
Manuales de español correcto:
Gómez Torrego, Leonardo: Manual de español correcto (2 vols.), Arco/Libros, Madrid, 19978.
Gómez Torrego, Leonardo: Nuevo manual de español correcto (2 vols.), Arco/Libros, Madrid, 2002.
Gómez Torrego, Leonardo: El léxico en el español actual: uso y norma, Arco/Libros, Madrid, 1995.
Diccionarios de términos lingüísticos:
Lázaro Carreter, Fernando: Diccionario de términos filológicos, Madrid, Gredos, 19743.ª ed. corr..
Lewandowski, T.: Diccionario de lingüística, Madrid, Cátedra, 19954.
Específica para la primera parte:
Gramáticas:
Academia, Real ___ Española: Nueva gramática de la lengua española. Manual, Madrid, Espasa-Calpe, 2011.
Alarcos Llorach, Emilio: Gramática de la lengua española, Madrid, Espasa-Calpe, 1994.
Alcina Franch, Juan y José Manuel Blecua: Gramática española, Barcelona, Ariel, 1975.
Bosque, Ignacio y Violeta Demonte (eds.): Gramática descriptiva de la lengua española, Madrid, Real Academia Española/Espasa-Calpe, 1999.
Butt, John y Carmen Benjamin: A New Reference Grammar of Modern Spanish, Londres, Arnold, 20003.
Di Tullio, Ángela: Manual de gramática del español. Desarrollos teóricos. Ejercicios. Soluciones. Buenos Aires, La isla de la luna, 20052.
Fernández Ramírez, Salvador: Gramática española, Madrid, Arco/Libros, 1986. Vols. 2, 3.1, 3.2 y 4.
Gili Gaya, Samuel: Curso superior de sintaxis española, Barcelona, Spes, 19618.
Gómez Torrego, Leonardo: Gramática didáctica del español, Madrid, SM, 19984.
Marcos Marín, Fco., F. Javier Satorre y M.ª Luisa Viejo: Gramática española, Madrid, Síntesis, 1998.
Seco, R., Manual de gramática española, Aguilar, Madrid, 19679.
Libros de ejercicios:
Benito Mozas, Antonio: Ejercicios de sintaxis, Teoría y práctica. Madrid, EDAF, 1994.
Bosque, Ignacio: Repaso de sintaxis tradicional: ejercicios de autocomprobación, Madrid, Arco/libros, 1994.
Gómez Torrego, Leonardo: Teoría y práctica de la sintaxis, Madrid, Alhambra, 1986.
Gómez Torrego, Leonardo: Ejercicios de gramática normativa, Madrid, Arco/libros, 1996.
López Meirama, Belén: La práctica de la gramática en los textos, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, Colección Lalia, n.º 7.
Rodríguez Espiñeira, M.ª José y Belén López Meirama: Ejercicios de análisis sintáctico, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 1998.
CompetenciasO primeiro obxectivo descritivo do curso pódese desglosar de acordo cos dous bloques nos que se divide a materia: o que se refire ao compoñente sintáctico e o que se refire ao compoñente léxico. Polo que se refire ao primeiro, ao finalizar o curso o alumno debe ter adquirido as seguintes competencias:
a) Debe ser capaz de situar fundamentadamente os estudos sintácticos no conxunto dos estudos gramaticais do español.
b) Debe ser capaz de segmentar e xerarquizar fundamentadamente secuencias lingüísticas en español.
c) Debe ser capaz de asignar fundamentadamente función e categoría a cada un dos segmentos identificados nesa xerarquización progresiva.
d) Debe ser capaz de establecer relacións entre o modelo de análise tradicional e o de corte constitutivo-funcional que se utilizará en clase.
Polo que se refire ao segundo, ao acabar o curso o obxectivo é que o alumno adquirise as seguintes competencias:
a) Debe ser capaz de situar fundamentadamente os estudios de léxico no conxunto dos estudos do español.
b) Debe ser capaz de explicar como está constituído o significado das palabras.
c) Debe coñecer que clase de información sobre as palabras pode atoparse recollida nos dicionarios.
d) Debe coñecer as distintas orientacións de acordo coas cales se poden elaborar dicionarios.
e) Debe coñecer que tipos, en razón da información e orientación neles priorizada, de dicionarios hai, así como de que maneira, polo menos os máis utilizados, se estructuran a distintos niveis.
e) Debe ser capaz de, de acordo coas súas necesidades en cada momento, elixir o tipo de dicionario adecuado en razón da información e a orientación nel priorizada.
f) Debe ser capaz de acceder a toda a información que, sobre as palabras e as relacións de distinta natureza que se poden establecer entre elas, se encontra recollida nos distintos tipos de dicionarios.
O obxectivo metodolóxico do curso debe asegurar que o alumno adquire as siguientes competencias:
a) Enfrontarse a un estudo profundizado de calquera aspecto referente á Sintaxe ou o Léxico do español
b) Enfrontarse con máis garantías ao estudo da Sintaxe ou o Léxico doutras linguas, e establecer comparacións entre elas e o español
Metodoloxía da ensinanza A impartición da materia levarase a cabo a partir dos desenvolvementos teórico-descritivos que sobre cada aspecto tratado realizará cada semana o profesor nas sesións expositivas. O explicado nestas clases será, xunto a, en determinados casos, a bibliografía proposta, a base inicial do coñecemento. Os conceptos explicados aplicaránse despois nas sesións prácticas semanais, por medio de exercicios orientados fundamentalmente a que o alumno poda comprobar a pertinencia e o alcance descritivo dos conceptos introducidos. Os exercicios, ben serán propostos e realizados na clase, ben propostos en sesións prácticas ou expositivas previas, e corrixidos na clase.
Utilizarase o Campus Virtual para a distribución de materiais e outras actividades.
Sistema de evaluación 1.ª oportunidade (mes de xuño)
A avaliación terá en conta a asistencia e participación en clase, así coma os resultados de dúas probas parciais non eliminadoras de materia, as datas concretas das cales se determinarán con antelación, e un exame final na data prevista pola Universidade. Poderán ademais realizarse outros exercicios na clase ou fora da aula, consistirán estos en probas breves, preferentemente de tipo práctico, co fin de controlar o traballo do alumno ao longo do curso.
Na seguinte táboa recóllense os aspectos avaliabeis e os criterios de avaliación:
Aspectos avaliabeis e criterios de avaliación:
Aspecto/Criterios/Instrumento/Peso
Asistencia e participación/Asistencia regular e participación activa nas distintas actividades. Porcentaxe mínimo de presencialidade para ser tida en conta: 80%/Observación e notas dos profesores/5%
Contidos da materia/Dominio dos contidos teóricos e prácticos/Exame escrito teórico-práctico/70%
Exercicios/Estrutura, contidos, argumentación, orixinalidade, presentación/Valoración e calificación dos profesores/25%
2.ª oportunidade (mes de xullo)
Limitarase ao exame escrito teórico-práctico (cun peso do 70%). Respecto ao 30% restante, mantense a nota obtida na primeira oportunidade.
Alumnado con dispensa de asistencia
Para os alumnos que obteñan a dispensa de asistencia a clase e a acrediten debidamente, a avaliación limítase ao exame final, que suporá o 100% da nota e que se realizará nas datas oficiales que fixe a Facultade. Este sistema de avaliación aplicarase tanto na primeira coma na segunda oportunidade.
Tempo de estudo e traballo persoal Por cada hora de exposición teórica, suponse unha hora e media de traballo persoal do alumno. A preparación das sesións prácticas, contando con que o alumno traballara e interiorizara os contidos desenvolvidos nas sesións expositivas, pode requerir en torno a dúas horas de traballo persoal do alumno por cada hora de sesión de seminario. Se todo o anterior se cumpre con regularidade e rigor, a preparación das sesións de avaliación suporá entre tres ou cinco horas de traballo do alumno (unha hora e media máis ou menos por cada hora de avaliación).