Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5041201 - Lingüística 2 (Formación Básica (elixir 2 linguas, niveis 1 e 2)) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Lingüística Xeral
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Codesido Garcia, Ana Isabel.NON
FERNANDEZ PEREZ, MILAGROS.SI
GARCIA GONDAR, FRANCISCO JOSE SERVANDO.NON
LONGA MARTINEZ, VICTOR MANUEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01(A-F)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02 (G-O)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_03 (P-Z)OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01 (A-C)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /CLIS_02 (D-F)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /CLIS_03 (G-L)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /CLIS_04 (M-O)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /CLIS_05 (P-R)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /CLIS_06 (S-T)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /CLIS_07 (U-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS12OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS13OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS14OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS15OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS16OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS17OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS18OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS19OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Adquirir competencias básicas propias dun lingüista que permiten:
    (a) Abordar as linguas como usuarios reflexivos e curiosos.
    (b) Aproximarse á Lingüística como aprendices de profesionais no campo, tratando de vencellar a descrición técnica coa realidade dos usos e das linguas.
    (c) Prover ferramentas para a análise obxectiva da diversidade lingüística dende distintas perspectivas.
    (d) Fomentar a capacidade de reflexión sobre a situación social dos grupos lingüísticos arredor do mundo.
    (e) Analizar e contrastar a relación entre linguaxe e pensamento mediante o estudo de diferentes teorías, insistindo na necesidade de traballar con datos reais.
    (f) Comprobar a importancia dos aspectos anatómicos e fisiolóxicos dos mecanismos que sustentan as producións lingüísticas.
    (g) Describir e avaliar situacións de déficit comunicativo (infantil e adulto), reflexionando sobre as súas incidencias nas relacións interpersoais.


    Contidos
    TEMA 1. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA E PROCESAMENTO DAS LINGUAS: Unidade e variedade das linguas. Variación no plano social das linguas. Variación no plano neuropsicolóxico dos usuarios.

    SEMINARIO 1.1
    - Explicación do contido dos seminarios e titorías.
    - Explicación do modo como se vai desenvolver e avaliar o traballo dos estudantes ao longo do cuadrimestre.
    - Entrega de materiais cos que se traballará ao longo do seminario 1.2.

    SEMINARIO 1.2
    - Traballo con materiais relativos á variación intraidiomática-1.

    SEMINARIO 1.3
    - Traballo con materiais relativos á variación intraidiomática-2.

    SEMINARIO 1.4
    - Traballo con materiais relativos á variación intraidiomática-3.

    SEMINARIO 1.5.
    - Avaliación do Tema 1.

    TITORÍA 1 (ao longo da última semana de setembro e a primeira de outubro)
    - Resolución das cuestións ou dúbidas que presenten os estudantes derivadas dos seminarios anteriores.
    - Normas de elaboración de traballos en grupo: presentación da Proposta de traballo en pequeno grupo (máximo 5 persoas) sobre a diversidade idiomática no mundo: trátase de recoller información tanto da situación sociolingüística coma da localización xeográfica de distintas linguas do planeta. Este traballo deberá ser presentado oralmente e entregado por escrito no seminario 2.4.


    TEMA 2. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA E LINGUAS DO MUNDO: As linguas aredor do mundo. Linguas en contexto. Aplicacións da Lingüística ao abeiro da diversidade multilingüe.

    SEMINARIO 2.1
    - Presentación e consulta de materiais actualizados relacionados co estudo e a catalogación das linguas do mundo.

    SEMINARIO 2.2
    - Socioloxía das linguas: traballo con documentos de natureza diversa.

    SEMINARIO 2.3
    - Aplicacións da Lingüística.

    SEMINARIO 2.4
    - Avaliación do Tema 2: entrega por escrito e presentación oral do traballo en grupo sobre linguas do mundo.


    TITORÍA 2 (ao longo da última semana de outubro e a primeira de novembro):
    - Revisión do proceso de elaboración do traballo sobre linguas do mundo. Resolución de dúbidas a propósito deste exercicio.
    - Aclaración de cuestións sobre calquera aspecto do Tema 2 tratado nos seminarios anteriores.


    TEMA 3. LINGUAXE, MENTE E CEREBRO: A adquisición da lingua e a aprendizaxe de linguas. Fundamentos biolóxicos da linguaxe. Os trastornos comunicativos. Aplicacións da Lingüística en linguaxe, mente e cerebro.

    SEMINARIO 3.1
    - Visionado do vídeo "Genie: el milagro de la niña salvaje"
    - Reflexión sobre o documental a partir dunha batería de preguntas entregada previamente.

    SEMINARIO 3.2
    - Prácticas sobre bilingüismo e multilingüismo individuais a partir dunha escolma de textos e materiais de apoio de natureza diversa.

    SEMINARIO 3.3
    - Traballo práctico con mostras reais de fala infantil / 1

    SEMINARIO 3.4
    - Traballo práctico con mostras reais de fala infantil /2
    - Traballo práctico con mostras de fala disfuncional (infantil e adulta) / 1

    SEMINARIO 3.5
    - Traballo práctico con mostras de fala disfuncional (infantil e adulta) / 2

    SEMINARIO 3.6
    - Avaliación do Tema 3 (a partir de textos sobre as diferentes teorías explicativas da relación entre linguaxe e pensamento: o proceso de adquisición da lingua por parte do neno).
    Bibliografía básica e complementaria
    TEMA 1. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA E PROCESAMENTO DAS LINGUAS

    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA (DE LECTURA OBRIGATORIA)
    COSERIU, Eugenio (1973): Lecciones de lingüística general. Madrid: Gredos, 1981, pp. 316-327.
    FERNÁNDEZ PÉREZ, Milagros (1999): Introducción a la Lingüística. Barcelona: Ariel, pp. 49-65.
    MORENO FERNÁNDEZ, Francisco (1998): Principios de sociolingüística y sociología del lenguaje. Barcelona: Ariel, 2ª ed., 2005, pp. 17-31.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
    AITCHINSON, Jean (1991): El cambio en las lenguas: ¿progreso o decadencia? Barcelona: Ariel, 1993.
    COSERIU, Eugenio (1981): "Los conceptos de 'dialecto', 'nivel' y 'estilo de lengua' y el sentido propio de la Dialectología". Lingüística española actual, III/1, pp. 1-32.
    FERNÁNDEZ PÉREZ, Milagros (1999): "El interés por la 'variación' en la lingüística actual". En Homenatge a Jesús Tuson. Barcelona: Empúries, pp. 104-125.
    MILROY, Lesley (1980): Language and social networks. Oxford: Blackwell, 2ª ed., 1987.
    MORENO FERNÁNDEZ, Francisco (1992): "Theoretical and methodological aspects of stylistic variation". Lynx, 3, pp. 55-90.
    TRUDGILL, Peter (1983): On Dialect (Social and Geographical Perspectives). Oxford: Blackwell.
    TUSON, Jesús (2009): Patrimonio natural. Elogio y defensa de la diversidad lingüística. Barcelona: Ariel.
    WIERZBICKA, Anna (1999): Emotions Across Languages and Cultures. Cambridge: Cambridge University Press.

    TEMA 2. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA E LINGUAS DO MUNDO

    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA (DE LECTURA OBRIGATORIA)
    MORENO CABRERA, Juan Carlos (2006): “La diversidad lingüística en el siglo XXI”. En F. Martí et al. (eds.): Palabras y mundos. Informe sobre las lenguas del mundo. Barcelona: Icaria, pp. 87-132 (selecc.).
    ROMAINE, Suzanne (1996): El lenguaje en la sociedad. Una introducción a la Sociolingüística. Barcelona: Ariel, cap. 1.
    SAPIR, Edward (1921): “Tipos de estructura lingüística”. En El lenguaje. Introducción al estudio del habla. México: FCE, 12ª reimpr., 1991, pp. 141-168. (Existe unha tradución galega de 2010: SAPIR, Edward: A linguaxe. Introdución ao estudo da fala. Santiago: Universidade de Santiago).

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
    ABLEY, Mark (2006): Aquí se habla… Un recorrido por las lenguas amenazadas. Barcelona: RBA Libros.
    JUNYENT, Carme (1999): La diversidad lingüística: didáctica y recorrido de las lenguas del mundo. Barcelona: Octaedro.
    MORENO CABRERA, Juan Carlos (2003): El Universo de las lenguas: clasificación, denominación, situación, tipología, historia y bibliografía de las lenguas. Madrid: Castalia.

    TEMA 3. LINGUAXE, MENTE E CEREBRO

    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA (DE LECTURA OBRIGATORIA)
    FERNÁNDEZ PÉREZ, Milagros (1999): “El lenguaje y su naturaleza neuropsicológica”, en Introducción a la Lingüística. Barcelona: Ariel, 137-204.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
    AITCHISON, Jean (1992): El mamífero articulado. Introducción a la Psicolingüística. Madrid: Alianza.
    BATHIA, Tej & W. RITCHIE (eds.) (2012), The Handbook of Bilingualism and Multilingualism, London: Wiley/Blackwell.
    CAPLAN, David (1988): “La base biológica del lenguaje”. En Frederick J. Newmeyer (comp.) (1992): Panorama de la lingüística moderna de la Universidad de Cambridge, vol. III. Madrid: Visor, cap. 9.
    CRYSTAL, David (1981): Patología del lenguaje. Madrid: Cátedra, 3ª ed., 1993.
    LORENZO, Guillermo & Víctor M. LONGA (2003): Homo Loquens. Biología y evolución del lenguaje. Lugo: Tris Tram.
    Competencias
    (1) Dominar conceptos, terminoloxía básica e métodos que desenvolvan nos estudantes estratexias de observación dos feitos comunicativos e que lles permitan a reflexión e o estudo lingüísticos.
    (2) Emprego de recursos e fontes de información que permitan ao estudantado adquirir coñecementos sobre os feitos lingüísticos autonomamente.
    (3) Comprender e explicar textos básicos relacionados coa materia.
    (4) Expoñer oralmente as reflexións propias relacionadas cos contidos da materia.
    (5) Desenvolver a motivación, a atención e o esforzo para a aprendizaxe, así como actitudes de apertura, participación e responsabilidade perante o traballo académico.

    Metodoloxía da ensinanza
    A asignatura distribuirase en tres horas semanais: unha sesión expositiva (1 hora e media) e unha sesión interactiva (1 hora e media) en grupos reducidos. Haberá dúas sesións de titorías programadas de 1 hora e media en grupos reducidos. A súa finalidade é guiar o traballo autónomo do alumnado.
    Sistema de evaluación
    1ª OPORTUNIDADE (MES DE XANEIRO): Realizarase por avaliación continuada: o 40% da cualificación corresponderá ás actividades e traballos realizados e/ou programados nas sesións de seminario e mais nas titorías programadas. O 60% restante corresponderá ao exame de toda a materia, que versará sobre os contidos das sesións expositivas e das lecturas obrigatorias. Este exame realizarase ao remate do primeiro semestre na data fixada pola Secretaría do Centro (10/01/2014). Aqueles estudantes que teñan concedida polo Decanato a dispensa de asistencia a clase e, polo tanto, non poidan seguir a avaliación continuada, poderán avaliarse de toda a materia mediante un exame na 2.ª oportunidade.


    Os aspectos, criterios e instrumentos de avaliación aparecen reflectidos no seguinte esquema:

    ASPECTO
    Asistencia, participación e aproveitamento das clases presenciais
    CRITERIOS
    -Participación activa nas clases
    -Calidade científica dos traballos: asimilación de contidos, comprensión dos textos, análises e interpretacións adecuados
    INSTRUMENTO
    Traballos escritos entregados ou expostos nos seminarios ou nas titorías programadas
    VALOR
    40%

    ASPECTO
    Conceptos, métodos e ferramentas aprendidos durante todo o curso
    CRITERIOS
    -Dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia
    -Aproveitamento das lecturas obrigatorias
    INSTRUMENTO
    -Exame de toda a materia ao remate do primeiro semestre (data fixada pola Secretaría do Centro)
    VALOR
    60%


    2ª OPORTUNIDADE (MES DE XULLO): A avaliación para a convocatoria de xullo efectuarase exclusivamente a través dun exame que incluirá cuestións teóricas e prácticas (correspondentes ás sesións expositivas e ás sesións seminario). Este exame realizarase no mes de xullo na data establecida pola Secretaría do Centro (25/06/2014)
    Tempo de estudo e traballo persoal
    SESIÓNS EXPOSITIVAS: 22'5 (horas presenciais) + 49'5 (horas non presenciais) = Total 72 horas
    SESIÓNS SEMINARIO: 22'5 (horas presenciais) + 37'5 (horas non presenciais) = Total 60 horas
    SESIÓNS TITORÍA GRUPO: 3 (horas presenciais) + 3 (horas non presenciais) = Total 6 horas
    SESIÓNS AVALIACIÓN: 3 (horas presenciais) + 9 (horas non presenciais) = Total 12 horas
    TOTAL: 51 (horas presenciais) + 99 (horas non presenciais) = Total 150 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    Se ben a Lingüística non debera ser unha materia novidosa para os estudantes de primeiro ano na Universidade, os contidos do programa están ordenados e secuenciados para facilitar a aprendizaxe progresiva sen perder de vista o conxunto. Faise, por tanto, imprescindible evitar baleiros de comprensión nos temas, xa que limitarán o avance en estadios posteriores. O traballo constante é o factor clave.

    (1) As explicacións detalladas dos contidos do programa no aula facilitan a aprendizaxe. A información recibida directamente na clase pódese converter en coñecemento automaticamente coa vantaxe da interacción na dinámica das sesións de seminario.
    (2) Sustentar os contidos proporcionados na aula mediante a consulta de fontes bibliográficas específicas para cada tema. A autoaprendizaxe, que será guiada nas titorías programadas, é importante; e a lectura selectiva segundo as pautas marcadas para cada apartado dos temas fornece os mecanismos de autocoñecemento e reflexión crítica.
    (3) A posta en práctica dos conceptos e das técnicas de análise é imprescindible para asentar e madurar a preparación na materia mediante a realización dos exercicios propostos.
    (4) O estudo é un proceso continuado con resultados de aprendizaxe paulatina e dilatados no tempo.