G5041222 - Fonética e Fonoloxía do Español (Maior en Lingua e Literatura Españolas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Lingua Española
- Áreas: Lingua Española
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia1. Situar axeitadamente o estudo do compoñente fónico. Recoñecemento dos órganos e funcións concretas no aparato fonador. Descrición e familiarización coas unidades da análise fonética.
2. Coñecer e empregar os símbolos fonéticos do Alfabeto Fonético Internacional. Aplicar a transcrición fonética a textos do español nas súas diversas variedades.
3. Estudar e reflexionar sobre os conceptos básicos da fonética articulatoria e da fonética acústica. Descrición dos trazos segmentais e suprasegmentais articulatorios e acústicos dos sons do español.
4. Comprender as relacións e diferenzas entre os sons do español actual, así como entre grafemas e sons.
5. Describir e comprender a estrutura silábica e os fenómenos de coarticulación en español.
6. Asimilar uns principios de análise fonolóxica e coñecer os conceptos fundamentais da fonoloxía desde un punto de vista funcional.
7. Familiarizarse coas unidades fonolóxicas do español actual: Sistema e subsistemas fonolóxicos, unidades fonemáticas e variantes.
Contidos1. Introdución ó estudo do compoñente fónico
1.1. Presentación. O compoñente fónico. Fonética e fonoloxía.
1.2. Ramas da fonética. A análise fonética e as súas aplicacións.
1.3. Os alfabetos fonéticos. Utilidades da transcrición fonética. Ferramentas de transcrición automática.
2. Fonética articulatoria.
2.1. O aparato fonador.
2.2. Os trazos articulatorios. Clasificación articulatoria dos sons.
2.3. Os sons do español desde o punto de vista articulatorio. Sons vocais. Sons consonánticos.
2.4. Combinación de sons. O grupo fónico e a sílaba en español.
3. Fonética acústica
3.1. O lugar do estudo acústico: obxecto de estudo e relación con outras ramas da fonética.
3.2. A onda sonora. A fonación. O espectro do son. Os trazos acústicos.
3.3. Propiedades dos sons do español desde o punto de vista acústico.
3.4. A análise do acento e a entonación do español.
4. Fonoloxía do español
4.1. Conceptos fundamentais do estudo fonolóxico. As oposicións fonolóxicas. Conmutación e segmentación. Unidades fonolóxicas segmentais mínimas e alófonos.
4.2. Trazos pertinentes e trazos redundantes.
4.3. Oposición e contraste. Trazos fonolóxicos inherentes y suprasegmentais.
4.4. Funcionalidade e neutralizabilidade de oposicións fonolóxicas. O fonema e o arquifonema.
4.5. O sistema fonolóxico do español.
4.5.1. O subsistema vocálico. Aspectos debatidos na fonoloxía española sobre as unidades vocais.
4.5.2. O subsistema consonántico. Aspectos debatidos na fonoloxía española sobre as unidades consonánticas.
Bibliografía básica e complementariaLectura obrigatoria:
Hidalgo Navarro, Antonio y Mercedes Quilis Merín: La voz del lenguaje: Fonética y Fonología del español, Tirant lo Blanch, Valencia, 2012.
Bibliografía de consulta:
Alarcos Llorach, Emilio: Fonología Española, Gredos, Madrid, 1971.
Borrego Nieto, Julio e J. J. Gómez Asencio: Prácticas de Fonética y Fonología, Salamanca, 1989.
Borzone de Manrique, A.: Manual de fonética acústica, Hachette, 1980.
Crystal, David: La enciclopedia del lenguaje de la Universidad de Cambridge, Madrid, Taurus, 1994 (traducción y adaptación de Juan Carlos Moreno Cabrera). Partes IV e V.
Fernández Planas, Ana M.: Así se habla. Nociones fundamentales de fonética general y española, Barcelona, Horsori, 2005.
Gil Fernández, Juana: Los sonidos del lenguaje, Madrid, Síntesis, 1988.
Hualde, José Ignacio (et al.): Introducción a la Lingüística hispánica, Cambridge: Cambridge University Press. 2010 (2ª ed.) Capítulo 2, páx. 45-122.
Martínez Celdrán, Eugenio e Ana María Fernández Planas: Manual de fonética española. Articulaciones y sonidos del español, Barcelona, Ariel, 2007.
RAE y ASALE: Nueva gramática de la lengua española. Fonética y Fonología. Madrid: Espasa. 2011.
Lecturas complementarias:
Aguilar, Lourdes: De la vocal a la consonante, Universidade de Santiago de Compostela, 1997 (Lucus-lingua, 3).
Alcoba, Santiago (coord.): La expresión oral, Barcelona, Ariel, 2000 (contén un CD-ROM).
Bernal Bermúdez, J., J. Bobadilla Sancho e P. Gómez Vilda, Reconocimiento de voz y fonética acústica, Madrid, Ra-Ma, 2000 (contén un CD-ROM).
Canellada, M. J. e J. K. Madsen: Pronunciación del español, Madrid, Castalia, 1987.
Cantero Serena, Francisco J. e D. Font Rotchés: “Entonación del español peninsular en el habla espontánea: patrones melódicos y márgenes de dispersión”. Moenia 13 (2007), 69-92.
D’Introno, F., E. del Teso e R. Weston: Fonética y fonología actual del español, Madrid, Cátedra, 1995.
García Riverón, Raquel: Aspectos de la entonación hispana. Vol I. Metodología. Cáceres: Universidad de Extremadura, 1996.
Gil Fernández, Juana: Panorama de la fonología española actual, Madrid, Arco/Libros, 2000.
Gil Fernández, Juana: Fonética para profesores de español: de la teoría a la práctica, Madrid, Arco/Libros, 2007.
Gutiérrez Ordóñez, Salvador, “La fonología”, en F. Abad e A García Berrio (coords.), Introducción a la lingüística, Madrid, Alhambra, 1983, págs. 75-113.
Hidalgo Navarro, Antonio: Aspectos de la entonación española, Madrid, Arco/Libros, 2006.
Hualde, José Ignacio: The Sounds of Spanish, Cambridge University Press, 2005.
Martínez Celdrán, Eugenio: Fonética (con especial referencia a la lengua castellana), Barcelona, Teide, 1984.
Martínez Celdrán, Eugenio: El sonido en la comunicación humana. Introducción a la fonética, Barcelona, Octaedro, 2003 (2ª ed. revisada).
Martínez Celdrán, Eugenio: Análisis espectrográfico de los sonidos del habla, Barcelona, Ariel, 1998.
Martinet, André: La lingüística sincrónica. Madrid: Gredos, reimpr. 1975.
Muljacic, Žarko: Fonología general. Barcelona: Laia, 1982 (2ª ed.).
Quilis, Antonio: El comentario fonológico y fonético de textos, Madrid, Arco/Libros, 1988.
Rivas Zancarrón, Manuel e Victoriano Gaviño Rodríguez: Tendencias fonéticas en el español coloquial, Hildesheim, Georg Olms, 2009.
Sosa, José Manuel: La entonación del español, Madrid, Cátedra, 1999.
Veiga, Alexandre: El subsistema vocálico español, Servicio de Publicacións da U. de Santiago de Compostela.
Competencias• Habilidades comunicativas: comunicación verbal e comunicación escrita.
• Capacidade de análise e síntese.
• Capacidade crítica.
• Manexo da bibliografía sobre fonética e fonoloxía xerais e do español.
• Utilización das TIC aplicada á descrición e investigación en fonética.
Metodoloxía da ensinanza Corresponden a esta materia 30 clases expositivas e 15 interactivas. Ó longo das clases expositivas presentaranse os puntos máis relevantes de cada tema con material didáctico e de apoio, o que non excluirá o plantexamento de cuestións para a discusión, tomando como referencia lecturas ou exercicios propostos, polo que se espera dos estudantes unha actitude desperta y participativa ó tempo que se insiste na importancia da asistencia asidua a clase. Nas clases interactivas plantexaranse exercicios varios relacionados cos temas explicados, que se realizarán, ben na aula, ben como traballos máis elaborados fóra do horario de clases (en grupo ou individualmente).
Sistema de evaluaciónO conxunto (presencial e non presencial) de actividades en forma de realización de traballos ou exercicios, que podrán ser incorporados á web colaborativa creada ó efecto, será obxecto de avaliación. Realizarase tamén un exame final, para cuxa realización será condición ter participado no 80% das clases interactivas. A implicación e interés mostrados durante as clases expositivas serán tamén aspectos tidos en conta para a cualificación final.
Aspectos que se terán en conta para a avaliación e criterios que se empregarán en cada un
Aspecto: Asistencia e participación na aula, tanto nas clases expositivas como nas interactivas
Implicación, participación activa e interese
Observación e notas dos profesores da materia
20%
Aspecto: Traballo práctico colaborativo e actividades non presenciais
Calidade dos exercicios prácticos ou traballos elaborados.
Traballo colaborativo nos termos fixados polo profesorado da asignatura.
Coordenación e valoración dos exercicios / traballos / web.
40%
Aspecto: Exame final
-Calidade das respostas
-Redacción e presentación xeral
Corrección
40%
Aqueles estudantes que teñan dispensa de asistencia ás clases, ou ben teñan que renunciar a participar activametne nas aulas, por algún motivo xustificado, así como quen teñan que presentarse á segunda oportunidade de avaliación (convocatoria de xullo), serán avaliados a través dun traballo (40%) e un exame (60%), sendo os dous elementos obrigatorios.
Tempo de estudo e traballo persoalO traballo autónomo repartirase entre as seguintes actividades (indícase o tempo de dedicación máximo):
• Estudo, lecturas e actividades programadas nas clases expositivas (39h.)
• Realización de exercicios e traballos avaliables / incorporables á web da materia (32,5h.)
• Preparación das titorías (4,5h.)
• Preparación do exame (26h.)
Total horas presenciais: 48
Total horas non presenciais: 102
Recomendacións para o estudo da materiaA Fonética é unha disciplina empírica, de carácter experimental. Isto significa que as clases interactivas, de carácter práctico, non son menos importantes que as expositivas. Ao contrario, os coñecementos teóricos adquiridos teñen como obxectivo a súa aplicación á resolución de problemas concretos relacionados coa producción do son articulado, coa análise do produto acústico e coa organización do sistema fonolóxico do español. Recoméndase levar a materia ao día e asistir a clase con regularidade.
ObservaciónsAlgúns textos clásicos
Jakobson, Roman e Morris Halle: Fundamentos del lenguaje. Madrid: Ayuso-Pluma, 1980.
Malmberg, Bertil: La fonética, Buenos Aires, EUDEBA, 1986.
Navarro Tomás, Tomás: Manual de pronunciación española, Madrid, CSIC, 1985 (22ª ed.).
Navarro Tomás, Tomás: Manual de entonación española, Madrid, Guadarrama, 1974.
Quilis, Antonio e J. Fernández: Curso de fonética y fonología españolas para estudiantes angloamericamos, Madrid, CSIC, 1964.
Quilis, Antonio: Álbum de fonética acústica, Madrid, CSIC, 1973.
Quilis, Antonio: Tratado de Fonología y Fonética Españolas, Madrid, Gredos, 1993.
Trubetzkoy, Nicolai S.: Principios de fonología, Madrid, Cincel, 1976.
Material interactivo
Handke, Jürgen: The Mouton Interactive Introduction to Phonetics and Phonology, Berlin, Mouton de Gruyter, 2000 (CD-ROM).
RAE y ASALE: Las voces del español: tiempo y espacio. DVD. Madrid: Espasa. 2011.