G5041225 - Literatura española do século XVI : Prosa e Teatro (Maior en Lingua e Literatura Españolas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Áreas: Literatura Española
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO estudo da prosa e do teatro do século XVI español en castelán abranguerá as seguintes vertientes:
1) Lectura crítica dunha selección representativa de obras canónicas de ambolos dous xéneros, contextualizada nas pautas creativas do Humanismo renacentista, nos artificios compositivos da obra en sí, na súa intertextualidade, nas fontes e modelos, na sua pertenza a un xénero concreto e nas súas dimensiones pragmáticas (difusión, lectura, factores fundacionais das modalidades...)
2) As explicacions do profesor/a acollerán todos estes aspectos dende unha aproximación filolóxica e teórico-práctica, previos "estados da cuestión" bibliográfica ate a actualidade e previa reconstrucción de "contextos".
Os obxectivos deste plantexamento son:
1.- Ensinar a "leer" obras desta época para comprender o seu "senso literal" no pasado, en primeiro termo. Logo, afondar nos seus outros sensos máis imperceptibles (metafórico, alegórico, simbólico) e na sua entidade canónica e "clásica", atendendo tambén á súa vixencia hoxendía. A reconstrucción de contextos literarios e no literarios, o funcionamento no Renacemento das teorías da "aemulatio", así como os modelos preferentes e as intertextualidades operadas.
2.- Acceder á comprensión da "historicidade" das obras en prosa e teatro escritas nesta centuria, asemade como expoñentes dunha faceta -a literaria- creadora ou creativa do Humanismo renacentista, momento este da cultura europea no que se asentan concepcións, e mesmo percepcións, do suxeito, dos discursos, da arte literaria, das artes visuais e auditivas, da comunicación humana, da ética, da filosofía e da vida, que no seu conxunto fundan unha "arte "de vivir y de soñar utopías -unha primeira "modernidade" europea- plasmada nunha "arte de escribir literatura".
ContidosLITERATURA ESPAÑOLA DO SÉCULO XVI: PROSA E TEATRO (obrigatoria. 6 créditos ECTS)
Segundo curso do “Grao en Lengua e Literatura españolas”. Ano 2012-2013. 2º semestre
Coordinadora: Profª Yolanda Novo Villaverde. Despacho 224. yolanda.novo@usc.es
TEMARIO:
1. INTRODUCCIÓN: contexto histórico e filolóxico. O Humanismo renacentista: precedentes e conexións co Humanismo da Italia. Correntes filosóficas e espirituais. Os Studia Humanitatis. Exégesis e comentario de textos. Difusión e lectura.
2. A PROSA no século XVI: xéneros e modelos. Libros e lectores.
2.1. Narrativa de ficción no século XVI: xeneralidades e prototipos.
2.1.1. Relato sentimental.
2.1.2. Libros de cabaleirías.
2.1.3. Obras celestinescas: continuacións e imitacións.
2.1.3. Relatos moriscos.
2.1.5. Conto e a novela curta.
2.1.6. Relatos bizantinos ou de aventuras peregrinas.
2.1.7. Picaresca e xénero picaresco. "Lazarillo de Tormes".
2.1.8. Relatos ou libros pastoriles. Jorge de Montemayor e "Los siete libros de La Diana".
LECTURAS íntegras OBRIGATORIAS:
a) ."Lazarillo de Tormes", ed. de Francisco Rico, Madrid, Cátedra, 1987.
b) ."Los siete libros de la Diana", de Jorge de Montemayor. Ed. de Juan. Montero, Barcelona, Crítica, 1996 // ed. de Asunción. Rallo, Madrid, Cátedra, 1991.
2.2. A prosa de ideas no século XVI: panorámica e principais modalidades
2.2.1. O diálogo no século XVI. Características e modelos. A obra de Juan y Alfonso de Valdés. "Diálogo de Mercurio y Carón". Outros diálogos.
2.2.2. A prosa epistolar. A obra de Antonio de Guevara
2.2.3. A miscelánea ou prosa miscelánica.
2.2.4. Outros xéneros: paremioloxías; biografías exemplares; autobiografías; historiografías; prosa espiritual; prosa "científica"; poéticas y retóricas. A prosa de Teresa de Jesús: "Libro de la vida".
LECTURAS ÍNTEGRAS OBRIGATORIAS:
c) Valdés, Alfonso de, "Diálogo de Mercurio y Carón", ed. de Rosa. Navarro, Madrid, Cátedra, 1999 // ed. de J.V. Ricapito, Madrid, Castalia, 1993.
d)El Crótalon, edición de Asunción Rallo, Madrid, Cátedra, 1982
3. O TEATRO no século XVI: COMEDIA, TEATRO BREVE, TRAGEDIA
3.1: Os espazos de representación. Teatro privado, teatro público.
3.2. O teatro escolar. Teatro universitario e xesuita. A comedia humanística. Herdanzas de "La Celestina".
3.3. Os antecedentes: Juan del Encina e Lucas Fernández.
3.4. Comedia italianizante e popular: Torres Naharro ("Himenea") e Lope de Rueda. Primeiras teorizacións.
3.5. O teatro breve popular: entremeses e pasos. Lope de Rueda. Cervantes.
3.6. O teatro relixioso: églogas; traxedias de santos do teatro escolar. O auto sacramental.
3.7. A traxedia no teatro escenificado do século XVI. A "Numancia" cervantina. Virués e "La cruel Casandra".
LECTURAS ÍNTEGRAS OBRIGATORIAS:
e) .Hermenegildo, A. (ed.), "Antología del teatro español del siglo XVI: del palacio al corral", Madrid, Biblioteca Nueva, 1998 [incluye, entre otros, la comedia "Himenea" y la tragedia "La cruel Casandra"]
f) .Bartolomé de Torres Naharro, “Prohemio” a su "Propalladia". Facilitado polo profesor en clase.
g) Lope de Rueda: paso quinto (“La tierra de Jauja”). Facilitado polo profesor en clase.
** Todo o concerniente a obxectivos, competencias, metodoloxía, calendario, cronograma e sistema de evaluación máis detallados, así como as recomendacións para o bo estudio da materia e da bibliografía complementaria, atópase explicitado na "Guía docente" da mesma, “colgada” na rede, e á que se accede pinchando na “Secretaría Virtual” da web de la USC.
Bibliografía básica e complementaria**“CADERNO”: SELECCIÓN DE TEXTOS COMPLEMENTARIOS DE TRABALLO preparada polo profesor e a disposición dos alumnos na la Fotocopiadora da Facultade. Servirá para traballalos conxuntamente na aula, total ou parcialmente, segundo a marcha das sesións. Recolle anacos de diversas obras do periodo.
BIBLIOGRAFÍA SECUNDARIA MOI BÁSICA:
-López Estrada (coord.): "Siglos de Oro: Renacimiento", en F. Rico, ed., Historia y crítica de la literatura española (Crítica)
-Pedraza," Manual de literatura española II. Renacimiento" (Cénlit)
-Canavaggio, "Historia de la literatura española, II. El siglo XVI" (Ariel)
-Álvaro Alonso, "La poesía italianista" (Eds. del Laberinto)
-Rallo Gruss, "La prosa didáctica del siglo XVI" (Taurus)
-Carrasco Urgoiti, López Estrada, Félix Carrasco," La novela española en el siglo XVI" (Iberoamericana-Vervuert)
-Díez Borque, "Los géneros dramáticos en el siglo XVI" (Taurus)
-Hermenegildo, "El teatro del siglo XVI" (Júcar).
CompetenciasA lectura e estudo das obras literarias do século XVI (prosa y teatro) proporcionará ao alumno o coñecimento dunha época fundamental da historia literaria en lengua castelá (no en van designada como "primeiro Século de Ouro" das letras españolas clásicas), na que se produce a revolución do Humanismo renacentista, se consolidan xéneros e formas novas e asimílanse as influenzas das literaturas grecolatina e italiana, todo elo para un proxecto de vida que rebasa á literatura, pero que en ela se acubilla e expresa maxistralmente.
A aproximación crítica ás obras contribuirá á formación en aspectos técnicos, retóricos e estilísticos, que se poderán exercitar coa práctica de comentarios de analises de textos e mais a realización de traballo/s curto/s obrigatorios que o profesor/a irá propoñendo.
O estudo destes textos ofrecerá, asemade, unha aproximación á ideoloxía, mentalidade, formación intelectual dos escritores, á historia, sociedade, utopías, pensamento filosófico e espiritualidade e mesmo vida privada dunha época, segundo se literaturiza ou ficcionaliza, máis ou menos trascendida e oblicuamente, nas creacións literarias.
Metodoloxía da ensinanza -Nas sesións teóricas terá lugar a exposición crítica por parte do docente, previa entrega de esquemas ou de textos informativos, dos sucesivos epígrafes do temario, a fin de que a lección profesoral se combine coa discusión conxunta. Recurrirase, se fai o caso, ao uso de materiais dixitalizados.
-Nas sesiones de seminario procederase a comentar e analizar con mais detalle partes das obras íntegras de lectura obrigatoria, co engadido, se é pertinente, de breves pasaxes ou fragmentos das obras consignadas como complementarias. As análises e comentarios poderán ser realizados polos estudiantes, previa orientación do docente. Traballarase con diversos métodos que contribúan a implicar activamente ao alumnado na aprendizaxe da materia, así como en proveelo, se fora preciso, de ferramentas para a análise e composición de comentarios e análises textuais escritos. Asemade, faranse por escrito os "controles" das lecturas consignadas como obrigatorias no temario, que se irán pautando polo docente ao longo do curso e dacordo co cronograma do mesmo. O alumno deberá realizalos ao tempo que se pautan.
-As horas de titorías de despacho invertiranse en clarificar, axudar, orientar e mesmo proporcionar bibliografía axeitada ao alumno no traballo que debe realizar pola sua conta. Tambén se allanarán as dificultades de comprensión, si xurdiran, dalgúns pasaxes dos textos de lectura íntegra obrigada ou complementaria.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación farase polos medios que siguen:
-examen final escrito, relativo ao programa ou temario da parte teórica e as súas lecturas.
-rendemento global nas sesións interactivas ou prácticas, medido polas intervencións nelas, mais polos "controis de lectura" pautados con obrigatoriedade e, tamén, polo/s comentarios e traballos que eventualmente se podan indicar en coordinación coa parte teórica. Os controis de lectura, comentarios e traballos que non se fagan no seu momento ou non obteñan o aprobado NON se poderán facer ou repetir para subir nota o día do examen final de maio-xuño.
Agás outra consideración consonte do profesor/a, cada un destes dous sectores contará porcentualmente, e respectivamente, polo 60% e o 40% da cualificación final.
Na cualificación final tambén serán tidas en conta as intervencions orais e as intervenciones en clases teóricas, seminarios y titorías elaboradas polo alumnado, así como a asistencia regular e sostida as sesións presenciais teóricas e prácticas.
No caso de non ter superada a materia na primeira oportunidade de maio-xuño, e sempre que sexan de aprobado en adiante, as cualificacións do/s traballo/s e dos controles de lectura se "gardarán" ate a segunda oportunidade de xullo do mesmo curso académico 2012-13, no que, como de deduce do antedito, só se repetirá o examen final escrito relativo ao programa e as súas lecturas
Na proba escrita ou examen da segunda oportunidade soamente se poñerán preguntas relativas á parte teórica da asignatura, xa que a parte práctica é un proceso de avaliación continuado e presencial durante o curso, a través das sesións interactivas, que non ten equivalente.
A data do examen final de maio-xuño será la que resolva determinar o Decanato da Facultade de Filoloxía (USC-Santiago) e mais o da Facultade de Humanidades (USC-Lugo), e que se publicitará a partir de xullo 2012. Poderá consultarse na web da USC. O mesmo cabe dicir para a segunda convocatoria extraordinaria, a de xullo 2013.
Sobre o dereito e o deber da asistencia ás clases presenciais nos estudos de Grao, véxase a recente "Normativa"de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES" (Espazo Eurpeo de Educación Superior", emanada do Consello de Goberno da USC en acordo do 4 de xuño de 2012 http:/www.usc.es/expòrt/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasistenclase
Tempo de estudo e traballo persoalAs normativas que rixen a este respecto os estudios de Grao xa estipulan 20 horas de dedicación, pola parte do alumno, ás lecturas íntegras das obras obrigatorias, que xa foron pensadas para que poidan abarcarse en tal cómputo. O alumno saberá repartilas e dosificalas a carón da explicación na aula de tales textos e os seus temas correspondentes.
Para o traballo persoal que, fora de cómputos estrictos, calquera estudiante universitario ha de acometer, recomendase, a maior abundamento, unha dedicación de 2 horas semanais coma mínimo, a fin de cubrir as 70 horas previstas para outras actividades no presenciais (50 horas para o estudio e preparación dos materiais, información e actividades programadas na clase, e 20 horas para a realización de traballos de diverso tipo.
Recomendacións para o estudo da materia-Priorizar temporalmente a lectura dos textos obrigatorios e sincronizala coas semáns previas ao traballo con eles do profesor/a, a fin de que se estea familiarizado con eles antes ou ao tempo no que o profesor/a procede a su explicación e traballo conxunto.
-Leer estes, e outros textos que conveñan do “Caderno complementario”,
de manera analítica, profunda, crítica e atenta a comprender o que neles "leron" los lectores competentes do século XVI. As anotacións profusas nas edicions recomendadas (por eso son ésas, y non outras) xa lles facilitan esta operación.
-Consultar a bibliografía secundaria básica que se recomenda como "obras de referencia", para aclarar dudas que o estudiante poida por sí so resolver. Ademáis, consultar e asimilar a bibliografía que se opte por recomendar acerca dalguna cuestión máis específica da época, do autor e da obra en sí.
-Traballar en solitario tendo diante instrumentos de consulta en forma de repertorios ou diccionarios variados: da lingua española, da mitoloxía antiga, de refráns e frases proverbiais, de termos literarios, de retórica e poética, de termos filosóficos, de termos bíblicos e mesmo de iconografía.
-Adoptar pautas de traballo persoal constantes, que eviten a nociva acumulación de lecturas e de estudio nas semans previas ao examen final.
ObservaciónsAos ESTUDIANTES EXTRANXEIROS, sexan "Erasmus" ou de "Intercambio", se lles demanda un nivel de coñecimento da lingua castelá ou española acorde co nivel de traballo, lecturas e comprensión crítica destes xéneros dunha parcela antigua da nosa historia literaria renacentista.
Segundo o descriptor desta materia, recomendase unha formación previa, para todos os estudiantes, naa que, entre outros aspectos,"debe dominarse a lingua española oral e escrita (en alumnos extranxeiros exisirase o nivel B2), poseer o hábito da lectura, nocións de historia e de literatura, así como as bases da análise literaria".