Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5041321 - Fonética e Fonoloxía históricas do Español (Maior en Lingua e Literatura Españolas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Lingua Española
  • Áreas: Lingua Española
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Montero Cartelle, Emilio.NON
RIVAS MUIÑO, Ma ELENA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01 (A-L)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /CLIS_02 (M-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Proporcionar ao alumno os instrumentos teóricos e prácticos que lle permitan:

    1. Coñecer e identificar os cambios fonéticos operados desde o latín ata a actualidade

    2. Coñecer e identificar os cambios fonolóxicos producidos desde o sistema do latín ata o sistema do español actual.

    3. Abordar a interpretación fonético-fonolóxica de textos casteláns correspondentes a etapas anteriores na evolución da lingua, en especial á etapa medieval.



    Contidos
    Tema 1. Breve introdución: fonética e fonoloxía diacrónicas. Obxecto e métodos
    1.1. Fenómenos evolutivos fonéticos
    1.1.1. Tipoloxía dos cambios fonéticos
    1.1.2. A actuación analóxica e a lei fonética
    1.2. Fenómenos evolutivos fonolóxicos
    1.2.1. Determinacións interna e externa do cambio fonolóxico
    1.2.2. Tipoloxía dos cambios fonolóxicos

    Tema 2. O vocalismo: cambios fonéticos e fonolóxicos
    2.1. Do sistema vocálico do latín clásico ao sistema romance hispánico
    2.2. Vocais tónicas e átonas
    2.2.1. Cambios fonéticos xenerais
    2.2.2. Cambios fonéticos condicionados

    Tema 3. O consonantismo: cambios fonéticos e fonolóxicos
    3.1.O sistema consonántico do latín clásico.
    3.2. Evolución fonética: Consonantes iniciais, interiores e finais
    3.2.1. Cambios fonéticos xenerais
    3.2.2. Cambios fonéticos condicionados
    3.3. Do sistema consonántico do latín clásico ao sistema consonántico do español actual.
    3.3.1. A lenición consonántica protorromance occidental
    3.3.2. O sistema consonántico do castelán medieval. Fonemas e “ortografía alfonsí”
    3.3.3. A constitución do sistema fonolóxico español moderno.
    Bibliografía básica e complementaria
    Alarcos Llorach, Emilio (1986 [1950]): “Fonología diacrónica del español”, en Fonología española, Madrid: Gredos, 4ª ed.

    Ariza, Manuel (1988): Manual de fonología histórica del español, Madrid: Síntesis.

    Cano Aguilar, Rafael (1988): El español a través de los tiempos, Madrid: Arco/Libros.

    Corominas, Joan (1973): Breve diccionario etimológico de la lengua castellana, Madrid: Gredos.

    Lapesa, Rafael (1981 [1942]): Historia de la lengua española, 9ª ed., corregida y aumentada, Madrid: Gredos.

    Lloyd, Paul M. (1993 [1987]): Del latín al español I. Fonología y morfología históricas lengua española, Madrid: Gredos.

    Menéndez Pidal, Ramón (1980 [1941]): Manual de gramática histórica española, Madrid: Espasa-Calpe.

    Penny, Ralph (2006 [1991]): Gramática histórica del español, Barcelona: Ariel.

    Pensado Ruiz, Carmen (1984): Cronología relativa del castellano. Salamanca: Universidad de Salamanca.

    Competencias
    1. Competencias xerais
    –– Capacidade de comprensión, análise e síntese.
    –– Capacidade de comunicación oral e escrita.
    –– Capacidade reflexiva, crítica e asociativa
    –– Dominio instrumental avanzado da lingua española (en alumnos non nativos esixirase un nivel de español B2)

    2. Competencias específicas
    –– Coñecementos básicos de latín
    –– Coñecementos de fonética e fonoloxía do español correspondentes ao terceiro curso de grao.



    Metodoloxía da ensinanza
    Dadas as características da materia, aplicarase un método de interrelación constante entre o compoñente teórico, de explicación da xénese e difusión dos cambios fonéticos e fonolóxicos, e o compoñente práctico, no que priman a identificación e comprensión de cada unha das fases evolutivas que caracterizan, desde o nivel gráfico ata o fonolóxico, as distintas etapas da lingua.

    As clases teóricas consisten na explicación do programa por parte do profesor, a quen corresponde tamén a aplicación práctica da teoría durante as primeiras semanas do curso –– posto que se trata dunha materia descoñecida para o alumno––; nas semanas subseguintes, os alumnos incorporaranse progresivamente á reflexión teórica e a aplicación práctica, sempre sobre a base do xa explicado.

    Pola súa banda, as clases prácticas centraranse na elaboración de exercicios dentro ou fóra da aula, o cal permitirá ao alumno pór en xogo os seus coñecementos, razoar sobre o apreso e entrar en discusión sobre os aspectos teóricos que poida considerar problemáticos; así mesmo permitirá ao profesor o control do traballo do alumno ao longo do curso.


    Sistema de evaluación
    1ª oportunidade (xaneiro)

    A avaliación será continua, con tres aspectos avaliables cuxo valor porcentual é o seguinte: a) Asistencia a clase e participación activa do alumno: 5% do total (porcentaxe mínima de asistencia para que este aspecto sexa tido en conta: 80%). b) Exercicios: 25% do total. c) Exame final: 70% do total.

    2ª oportunidade (xuño - xullo)

    Limitarase ao exame escrito teórico-práctico dos contidos do programa, que supoñerá o 100% da cualificación.


    Alumnado con dispensa de asistencia

    Para os alumnos que obteñan dispensa de asistencia a clase e a acredíten debidamente, a avaliación limítase ao exame final que suporá o 100% da nota e que se realizará nas datas oficiais que fixe a Facultade. Este sistema de avaliación aplicarase tanto na primeira como na segunda oportunidade.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Aínda que o tempo de traballo varía dependendo cuestiones comprensión, atención e organización individuais, é posible calcular que o traballo persoal do alumno supón unha hora e media por cada hora de exposición teórica.
    En canto á preparación de sesións prácticas, o tempo calculado é dunhas dúas horas por cada hora de seminario ou clase práctica. Se todo isto leva a cabo correctamente, a preparación do exame final requirirá só entre catro e seis horas.


    Recomendacións para o estudo da materia
    A aprendizaxe da materia esixe un traballo continuado e acumulativo, pois non é posible a correcta descrición e explicación das evolucións fonéticas e fonolóxicas se se teñen en conta só os cambios vocálicos, ou só os consonánticos. Xa que logo, sempre é necesario recorrer aos coñecementos adquiridos desde o comezo ata o final do curso.
    Observacións
    Idioma no que se imparten as clases: español.