Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5041323 - Literatura Hispanoamericana ata o século XIX (Maior en Lingua e Literatura Españolas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Literatura Española
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CASAS RIGALL, JUAN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01 (A-L)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /CLIS_02 (M-Z)OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Estudar, a traveso dunha perspectiva histórica, as principais xeiras, movementos, autores e obras da Literatura hispanoamericana ata o século XIX.

    2. Adestrarse na análise de textos literarios da xeira estudada para identificar os matices temáticos e estilísticos proprios das letras hispanoamericanas.

    3. Coñecer e manexar os principais materiais documentais e fontes bibliográficas (primarias e secundarias) para acadar un dominio máis fondo da disciplina.

    4. Coñecer as características e particularidades básilares da cultura hispanoamericana ata o século XIX (históricas, intelectuais, artísticas) a traveso dos seus textos literarios.

    5. Comprender e aprezar o contributo hispanoamericano ao conxunto das culturas hispánica e occidental.
    Contidos
    Ao longo do curso indicaranse os textos escollidos para os contidos prácticos, que han de servir para ilustrar algúns dos contidos teóricos e que poderán variar en función das necesidades docentes e criterio do profesor.,

    Lecturas obrigatorias.

    - Escolla de textos: Textos ilustrativos de xeiras, autores e obras (fotocopiadora).

    - Sor Juana Inés de la Cruz: Poesía lírica, Cátedra, (ed. de González Boixo).

    - Esteban Echeverría: El matadero, Cátedra, (ed. de Leonor Fleming).

    - G. Gómez de Avellaneda: Sab, Cátedra, (ed. de González)/ María, Cátedra, (ed. de D. McGrady).

    - Eugenio Cambaceres: Sin rumbo, Cátedra, (ed. de Claude Cymerman).

    - José Enrique Rodó: Ariel, Cátedra, (ed. de Belén Castro Morales).



    PROGRAMA DO CURSO.

    SECCIÓN I: A xeira colonial en Hispanoamérica.

    Tema 1. Introduzón aos estudos literarios hispanoamericanos.

    1.1. Contidos teóricos.

    O concepto de literatura hispanoamericana. Zonas culturais hispanoamericanas.

    1.2. Contidos prácticos.

    Escolla de textos.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía complementaria básica.


    Fernández, Teodosio, Becerra e Miralles. Historia da literatuta hispanoamericana. Madrid, Universitas, 1995.

    Madrigal, Luis Iñigo. Historia da literatura hispanoamericana. Madrid, Cátedra, 1996.

    Oviedo, José Miguel. Historia de la literatura hispanoamericana. Madrid, Alianza, 1997. Vol. 1, "De los orígenes a la emancipación" e vol. 2, "Del romanticismo al modernismo".
    Competencias
    O alvo desta materia é que o estudante posúa un coñecemento xeral preciso dos distintos períodos que abrangue a literatura hispanoamericana destes séculos, así como un dominio dos procedementos técnicos e formais, e chegue a familiarizarse con os grandes temas que constitúen as obras dos diferentes autores analisados de xeito concreto. Asemade, recoñecer ou identificar os grandes modelos literarios que están presentes nos ciclos literarios.
    Metodoloxía da ensinanza
    INDICACIONS METODOLOXICAS E ATRIBUCION DA GARREGA ECTS.

    As aulas expositivas seguirán os temas propostos a traveso dunha panorámica histórica das épocas ou xeiras a estudar. Os profesores realizarán unha breve apresentación dos contextos histórico-culturais e da traxectoria dos principais xéneros, tendencias ou escolas, autores e obras da literatura hispanoamericana ata o século XIX inclusive.

    As aulas prácticas poderán centrar o seu labor en diversas actividades a criterio dos profesores, o que o anunciarán oportunamente:

    1. Lectura e comentario (escrito) de textos literarios.

    2. Lectura e discusión de textos críticos (farase unha escolla da bibliografía secundaria e repartirase copia dos mesmos). Segundo criterio do profesor, os alumnos poderán preparar unha ficha (da que entregarán copia) con os pontos principais de textos da bibliografía secundaria. (Proporcionarase un modelo para a elaboración da ficha).

    3. Exposicións orais. Poderán ser asignados distintos textos críticos a cada alumno para a sua apresentación (forneceríaselles un modelo a seguir). Todos estes exercicios poden ser formulados como actividade de traballo individual e/ou en grupo.


    As horas de traballo autónomo deberán adicarse fundamentalmente á lectura dos textos obrigatorios.
    Sistema de evaluación
    INDICACIONS SOBRE A AVALIACION

    Realizarase un exame final, cuxa sección teórica que vai supor o 60 % da calificación global do curso. A parte práctica vai contabilizar o 40 % restante, segundo o seguinte cómputo:

    Análise de textos no exame: 30 %.

    Outras actividades: Participación nos debates e exposicións orais: 10 %.

    O exame será escrito. Consistira en dúas preguntas teóricas e dous comentarios de textos sobre pasaxes das obras de lectura obrigatoria. A proba medirá o dominio dos diferentes niveis de análise textual, a similación dos conceptos teóricos e a exposición e expresión.

    O exame poderá ter tamén unha proba de lectura que consistiría na identificación e clasificación dun conxunto de citas e fragmentos das obras de lectura obrigatoria.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A adicación en ECTS para a materia distribúese da seguinte maneira:

    Horas presenciais:

    18 horas teóricas: 6 temas, factor 3.

    18 horas de análise e discusión de textos: 6 temas, factor 3.

    2 horas para titorías persoalizadas: factor 1.

    4 horas para exame.


    Horas de traballo autónomo:

    40 horas de lectura de obras literarias.

    20 horas de lectura de bibliografía secundaria para a ampliación da materia.

    20 horas de prácticas individuais de análise de textos.

    30 horas de preparación de exames.