Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5041326 - Literatura española : Ilustración e Romanticismo (Maior en Lingua e Literatura Españolas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Literatura Española
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
PENAS VARELA, MARIA DE LAS ERMITAS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Estudo da produción literaria española do século XVIII e a primeira metade do XIX, da Ilustración e o Romanticismo, enmarcada no seu correspondente proceso histórico (social, político, ideolóxico, cultural, estético), a través da lectura, explicación e análise das obras e textos máis representativos dos autores fundamentais, indicados no PROGRAMA.
    Contidos
    PROGRAMA

    A. O século XVIII. A Ilustración
    Tema I. Introdución. Historia, Arte e Cultura no século XVIII. A literatura española no século XVIII: temas e problemas.
    Tema II. A prosa
    Lectura 1: Selección de textos de FEIJOO, Teatro Crítico Universal. Cartas Eruditas y Curiosas; CADALSO, Cartas marruecas; JOVELLANOS, Memoria [...] para espectáculos y diversiones públicas.
    TEMA III. A poesía
    Lectura 2: Selección de poesía española do século XVIII (ed. Reyes Cano, Cátedra).
    Tema IV. O teatro
    Lectura 3: FERNÁNDEZ DE MORATÍN, El sí de las niñas (ed. Pérez Magallón, Crítica).

    B. A primeira metade do século XIX. O Romanticismo
    Tema V. O Romanticismo na cultura europea. A literatura romántica española: temas e problemas.
    Tema VI. A prosa
    Lectura 4: LARRA, selección de Artículos (ed. Pérez Vidal, Crítica); GIL Y CARRASCO, El señor de Bembibre (ed. Rubio Cremades, Cátedra; Picoche, Castalia).
    Tema VII. O teatro
    Lectura 5: RIVAS, Don Álvaro o la fuerza del sino (ed. Lama, Crítica).
    Tema VIII. A poesía
    Lectura 6: ESPRONCEDA, selección de textos (ed. Ynduráin, Cátedra).
    Bibliografía básica e complementaria
    AGUILAR PIÑAL, F., El siglo XVIII, en R. de la Fuente (dir.), Historia de la Literatura Española, Madrid: Júcar, 1991.
    ALBORG, J. L., Historia de la Literatura Española. III. Siglo XVIII, Madrid: Gredos, 1975.
    _____, Historia de la Literatura Española. IV. El Romanticismo, Madrid: Gredos, 1980.
    CARNERO, G., (ed.), Siglo XVIII (I). Siglo XVIII (II), en V. García de la Concha (dir.), Historia de la Literatura Española, 6 e 7, Madrid: Espasa Calpe, 1995.
    _____ (ed.), Siglo XIX (I), en V. García de la Concha (dir.), Historia de la Literatura Española, 8, Madrid: Espasa Calpe, 1997.
    CASO GONZÁLEZ, J. (ed.), Ilustración y Neoclasicismo, en F. Rico (dir.), Historia y Crítica de la Literatura Española, 4, Barcelona: Crítica, 1983.
    GIES, D. T. e R. P. SEBOLD, Ilustración y Neoclasicismo. Primeiro Suplemento, en F. Rico (dir.), Historia y Crítica de la Literatura Española, 4/1, Barcelona: Crítica, 1992.
    GLENDINNING, N., El siglo XVIII, en R. O. Jones (coord.), Historia de la Literatura Española, 4, Barcelona: Ariel, 1973.
    ROMERO TOBAR, L., Panorama crítico del romanticismo español, Madrid: Castalia, 1994.
    ZAVALA, I. M. (ed.), Romanticismo, en F. Rico (dir.), Historia y Crítica de la Literatura Española, 5, Barcelona: Crítica, 1983.
    _____ (ed.), Romanticismo. Primeiro Suplemento, en F. Rico (dir.), Historia y Crítica de la Literatura Española, 5/1, Barcelona: Crítica, 1994.
    Mª. D. Albiac Blanco, Historia de la literatura española, 4. Razón y sentimiento, Barcelona, Crítica, 2011.
    Competencias
    -Distinguir os distintos mecanismos de produción e recepción literaria que lles afectan aos dous periodos da Modernidade estudados: Ilustración e Romanticismo.
    -Relacionar os textos estudados coas tendencias literarias nas que se encadran.
    -Apreciar o funcionamento do eixe da simultaneidade dialecticamente enfrontado a descontinuidades e rupturas.
    -Establecer estilos e personalidades literarias en función das lecturas correspondentes aos séculos XVIII e primeira metade do XIX.
    -Amosar coñecemento preciso da terminoloxía teórico-crítica.
    -Saber ler: descubrir nos textos literarios o seu contido e a súa forma expresiva.
    -Redactar con claridade e sen erros.
    Metodoloxía da ensinanza
    Aplicarase unha metodoloxía teórico-práctica. Explicaranse os contidos teóricos -históricos e críticos- dos temas e analizaranse as claves fundamentais dos textos -poéticos, xornalísticos, narrativos e teatrais- propostos vencellados á serie literaria. As exposicións teóricas, proporcionadas pola crítica literaria en cada caso, terán sempre unha aplicación práctica reflectida no continuo manexo deses textos concretos.
    Sistema de evaluación
    -Exames escritos obrigatorios. Ofrécense dúas posibilidades: un exame final de toda a materia ou dous exames parciais. O segundo parcial será na data do exame final. A materia é eliminatoria por parciais e compensabel cunha calificación por riba dos 4 puntos. Farase a media entre ambos os dous parciais.
    -Dóus traballos obrigatorios.
    -Dóus controis de lecturas obrigatorias, que terán moita importancia.
    Os traballos son unha axuda. A profesora terá así outras calificacións, aínda que non teñen o mesmo valor cos exames. Poden acadar ata un 40% da nota.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    -Lectura dos textos obrigatorios: 3 horas semanais.
    -Estudo teórico-crítico e traballos obrigatorios:4 horas semanais.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistir ás sesións lectivas, para seguir o desenvolvemento da materia.
    Consultar a bibliografía recomendada.
    Concorrer ás titorías para clarexar calquera tipo de dúbidas.
    Facer unha primeira lectura -informativa- dos textos propostos e outra segunda complementaria -non total- guiada polas explicacións histórico-críticas da clase.
    Levar os textos de lectura obrigatoria á aula.