Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5041341 - Ensinanza do español como lingua extranxeira (Materias optativas especificas do grao) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Lingua Española
  • Áreas: Lingua Española
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BLANCO DOMINGUEZ, MARTA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    a) Adquirir unha formación básica en contidos metodolóxicos e didácticos relacionados co ensino de ELE.
    b) Adquirir os recursos básicos para organizar e programar o labor docente nas clases de ELE.
    c) Poñer en práctica os coñecementos adquiridos.

    Contidos
    1. Adquisición de segundas linguas
    2. Métodos e enfoques no ensino de idiomas
    3. Ensino/aprendizaxe de competencias en ELE
    4. Desenvolvemento e integración das destrezas lingüísticas
    5. Programación de unidades didácticas


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica

    Obras de referencia
    Baralo, M. (1999): La adquisición del español como lengua extranjera, Madrid, Arco/Libros.
    García Santa-Cecilia, A. (2000): Cómo se diseña un curso de lengua extranjera, Madrid, Arco Libros.
    González Piñeiro, M., Guillén Díaz, C. y J. M. Vez (2010): Didáctica de las lenguas modernas. Competencia plurilingüe e intercultural, Madrid, Síntesis.
    Melero Abadía, P. (2000): Métodos y enfoques en la enseñanza/aprendizaje del español como lengua extranjera, Madrid, Edelsa.
    Nussbaum, L. y M. Bernaus (eds.) (2001): Didáctica de las lenguas extranjeras en la Educación Secundaria Obligatoria, Madrid, Síntesis.
    Pastor Cesteros, S. (2004): Aprendizaje de segundas lenguas. Lingüística aplicada a la enseñanza de idiomas, Publicaciones de la Universidad de Alicante.
    Richards, J. C. y Th. S. Rodgers (1986): Approaches and Methods in Language Teaching, Cambridge University Press. Trad. esp. de José M. Castrillo y María Condor, Enfoques y métodos en la enseñanza de idiomas, Cambridge University Press, Sucursal en España, 2003, 2ª edición actualizada.
    Ruiz Bikandi, U. (ed.) (2000): Didáctica de la segunda lengua en educación infantil y primaria, Madrid, Síntesis.
    Sánchez Lobato, J. e I. Santos Gargallo (dirs.) (2004): Vademécum para la formación de profesores. Enseñar español como segunda lengua (L2) / lengua extranjera (LE), Madrid, SGEL.
    Santos Gargallo, I. (1999): Lingüística aplicada a la enseñanza-aprendizaje del español como lengua extranjera, Madrid, Arco/Libros.

    Dicionarios terminolóxicos de ELE
    Instituto Cervantes (Centro Virtual Cervantes). Diccionario de términos clave de español como lengua extranjera.
    http://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/diccio_ele/default.htm
    Palacios Martínez, I. M. (dir.) (2007): Diccionario de enseñanza y aprendizaje de lenguas, Madrid, En clave ELE.

    Recursos na Rede
    Centro Virtual Cervantes (CVC), en http://cvc.cervantes.es
    Marco común europeo de referencia para las lenguas: aprendizaje, enseñanza, evaluación, en http://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/marco/default.htm
    Portfolio Europeo de las Lenguas (PEL)
    http://www.oapee.es/oapee/inicio/iniciativas/portfolio.html
    Revista electrónica: MarcoELE, en http://marcoele.com
    Revista electrónica: RedELE, en http://www.mecd.gob.es/redele/revistaRedEle.html
    Portal para profesores de español: Eldyele
    http://www.eldigoras.com/ling01basa03.html
    Portal para profesores de español: Todoele, en http://www.todoele.net/index.html
    Portal de la educación intercultural: Aulaintercultural
    http://www.aulaintercultural.org




    Competencias
    1. Competencias xerais
    a) Habilidades comunicativas: comunicación verbal e escrita acordes co rexistro académico.
    b) Capacidade de análise e síntese.
    c) Capacidade crítica e reflexiva.
    d) Capacidade de aprendizaxe autónoma.
    e) Utilización das TIC.

    2. Competencias específicas
    a) Reflexionar sobre que significa aprender unha lingua estranxeira.
    b) Dotarse dos principais fundamentos metodolóxicos nos que se basea actualmente o ensino de linguas.
    c) Ser capaz de avaliar e seleccionar materiais didácticos de ELE que faciliten e motiven a actividade docente.
    d) Dispor de criterios didácticos prácticos e ben fundamentados para planificar as clases, cun enfoque integrador dos contidos e aplicando unha variada tipoloxía de actividades e recursos.
    e) Desenvolver diferentes técnicas e habilidades para a actuación docente na aula, con distintos agrupamientos e recursos.
    d) Manexar a terminoloxía específica no ámbito do ensino de ELE.
    Metodoloxía da ensinanza
    O curso ten unha dobre vertente teórico-descritiva e práctica. A materia distribuirase en tres horas semanais, con dúas sesións expositivas e unha sesión de seminario. Nas sesións expositivas as profesoras desenvolverán os temas do programa; a sesión de seminario dedicarase á resolución e comentario de exercicios e á reflexión e discusión sobre cuestións concretas do temario.
    O curso dispón dunha aula virtual con materiais e recursos necesarios para o desenvolvemento dos temas e a realización das prácticas. Ademais poderán utilizarse outras ferramentas virtuais a criterio das profesoras.


    Sistema de evaluación
    1ª Oportunidade (xaneiro)
    Realizarase a través de avaliación continua, atendendo aos seguintes aspectos, criterios, instrumentos e peso:
    a. Aspecto: asistencia e participación. Criterios: asistencia regular e participación activa na aula. Instrumento: observación directa da profesora. Peso: 5%. Para obter ese 5% esixirase un mínimo de presencialidade do 80%, de modo que aqueles alumnos que falten máis dun 20% terán 0,5 punto menos na nota final.
    b. Aspecto: práctica de observación. Criterios: observación dunha sesión de ELE; cumprimentado un cuestionario de observación. Instrumentos: control de asistencia; valoración do cuestionario. Peso: 10%. Véxase nota aclaratoria
    c. Aspecto: práctica docente tutelada. Criterios: deseño dunha sesión de ELE; desenvolvemento da sesión programada. Instrumento: valoración e cualificación da profesora. Peso: 30%. Véxase nota aclaratoria
    d. Aspecto: diario de clase. Criterios: estrutura, contidos, reflexión, argumentación e presentación. Instrumento: valoración e cualificación da profesora. Peso: 30%.
    e. Aspecto: conceptos básicos sobre adquisición e métodos de ensino de linguas estranxeiras. Criterio: dominio de coñecementos teóricos básicos. Instrumento: proba escrita teórico-práctica. Peso: 25%.
    Nota aclaratoria:
    a. O desenvolvemento da práctica de observación e da práctica docente tutelada está condicionado polo número de alumnos matriculados e outras circunstancias. No caso de que non se puidera levar a cabo serán substituídas por outras de semellante carácter.
    b. A realización destas prácticas esixe un dominio instrumental avanzado da lingua española. No caso dos alumnos estranxeiros requerirase un nivel C1 para poder realizalas. Para aqueles alumnos que non teñan un nivel C1 habilitarase outra proba de carácter similar.
    c. A práctica de observación e a práctica docente tutelada realizaranse fóra do horario de clase. Para aqueles alumnos que no teñan dispoñibilidade para facelas habilitarase outra proba de carácter similar.

    2ª Oportunidade (xuño-xullo)
    Farase exclusivamente mediante un exame final que suporá o 100% da nota e que incluirá cuestións teóricas e prácticas sobre os contidos do programa. Este exame realizarase na data establecida pola Secretaría da Facultade.


    Alumnado con dispensa de asistencia
    Para os alumnos que obteñan dispensa de asistencia a clase e acredítena debidamente, a avaliación limítase ao exame final que suporá o 100% da nota e que se realizará nas datas que fixe a Secretaría da Facultade. Este sistema de avaliación aplicarase tanto na primeira como na segunda oportunidade.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    As actividades non presenciais ocuparanlle ao alumno 96 horas de traballo, o que, sumado ás 54 horas de traballo na aula supón 150 horas, equivalentes a 6 créditos ECTS.


    Observacións
    a) Lingua na que se imparte a materia: español.
    b) Dominio instrumental avanzado da lingua española: para cursar esta materia recoméndase que os alumnos non nativos teñan un nivel B2.