G5041344 - Textos de literatura española 2 (Materias optativas especificas do grao) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Áreas: Literatura Española
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1) Profundar no estudo da literatura española dos séculos XVI e XVII coa axuda dos métodos filolóxicos adecuados, e a través da análise e interpretación dalgúns autores, obras ou xéneros destacados, que poden variar cada curso. No de 2013-2014 o curso centrarase no tema “Cervantes e o Quijote”.
2) Proporcionar bases e métodos rigorosos para o estudo da historia literaria, a asimilación dos seus principais conceptos e o correcto aproveitamento dos repertorios bibliográficos e os seus complementos informáticos no estudo da obra narrativa de Cervantes.
3) Adquirir coñecementos e habilitar a capacidade para entender o significado dunha das obras centrais do canon literario español,o Quijote, xa vista nun curso anterior, polo que se afondará no seu significado e carácter representativo dentro dun xénero aínda sen formalizar: a novela mopderna. Considerarase tamén mais brevemente o resto da obra narrativa de Cervantes.
4) Desenvolver o hábito de lectura reflexiva e analítica e estimular o espírito crítico e o sentido histórico e estético dos textos literarios.
ContidosSECCIÓN TEÓRICA
1. Introdución. O escritor Cervantes e o seu tempo. Contexto literario.
2. Ideas cervantinas sobre a literatura e a narración.
3. A Galatea e a narrativa pastoril.
4. O romance e a historia: O Quixote de 1605. Problemas textuais. Xénese da obra. Estrutura. Os autores e o narrador. Historia e ficción. Personaxes. Parodia. As novelas intercaladas.
5. O segundo Quixote de 1615. Estrutura. Desenvolvemento, ampliación e modificación dos obxectivos narrativos de 1605.
6. A novela: As Novelas exemplares.
7. A despedida narrativa: o xénero bizantino de aventuras: O Persiles.
Lecturas obrigatorias: El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha, ed. Francisco Rico, Barcelona, Galaxia Gutenberg-Círculo de Lectores, 2004 (contén tamén o texto en CD-Rom). Outras eds.: L. A. Murillo, Castalia/ Martín de Riquer (varias editoriais: Xuventude, Planeta, Círculo de Lectores...)/ Francisco Rico, Real Academia Española, 2004/ Alberto Blecua, Austral, 2007.
Novelas ejemplares, ed. Jorge García López, Barcelona, Crítica, 2001, renovada en Galaxia Gutenberg-Círculo de Lectores-Centro para a Edición dos Clásicos Españois, 2005. Outras eds.: Harry Sieber, Cátedra/ J. B. Avalle-Arce, Castalia/ Florencio Sevilla-Antonio Rey Hazas, Espasa-Calpe, col. Austral/ Alberto Blecua-Frances Luttikhuizen, Barcelona, Planeta, 1994/ Rosa Navarro Durán, Madrid, Alianza Editorial, 1995/ Florencio Sevilla Arroyo e Antonio Rey Hazas, Madrid, Alianza, 6 vols. (contén tamén o texto en disquete).
Lecturas complementarias opcionais: La Galatea, ed. J. B. Avalle-Arce, Madrid, Espasa-Calpe, col. Clásicos Casteláns/ ed. Francisco López Estrada e María Teresa López García-Berdoy, Madrid, Cátedra, 1995.
Los trabajos de Persiles e Sigismunda, ed. J. B. Avalle-Arce, Castalia/ed. Carlos Romero Muñoz, Cátedra.
SECCIÓN PRÁCTICA
Programa de actividades:
1. Análise dun fragmento dunha obra narrativa do século XVII non cervantina
2. Lectura comprensiva e comentario de textos de Cervantes sobre a literatura.
3. Lectura e interpretación dun fragmento de La Galatea.
4. Práctica sobre motivos parodiados dos libros de cabalarías no Quixote.
5. Comentario de textos do Quixote, Primeira parte. O Entremés dos romances.
6. Traballo sobre a intercalación de episodios secundarios na Primeira Parte do Quixote.
7. Comentario de textos do Quixote, Segunda parte.
8. Textos das Novelas Exemplares.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Canavaggio, Jean, Cervantes, Madrid, Espasa-Calpe, 1987.
Gómez Canseco, Luis, El Quijote, de Miguel de Cervantes, Madrid, Síntesis, 2005.
Haley, George, ed., El Quijote, Madrid, Taurus, 1984.
Moreno Báez, Enrique, Reflexiones sobre el "Quijote", Madrid, 1968.
Riley, E.C., Introducción al "Quijote", Barcelona, Crítica, 1990.
Riquer, M. de, Nueva aproximación al "Quijote", Barcelona, Teide, 1989.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Close, Anthony, La concepción romántica del Quijote, Barcelona, Crítica, 2005.
Percas de Ponseti, Helena, Cervantes y su concepto del arte. Estudio crítico de algunos aspectos y episodios del "Quijote", Madrid, Gredos, 1975, 2 vols.
Rey Hazas, Antonio, y Florencio Sevilla Arroyo, Cervantes. Vida y literatura, Madrid, Alianza, 1995.
Riley, E. C., Teoría de la novela de Cervantes, Madrid, Taurus, 1966.
Riley, E.C., La rara invención. Estudios sobre Cervantes y su posteridad, Barcelona, Crítica, 2001.
CompetenciasPara alcanzar os obxectivos, utilizaranse conceptos claves da teoría literaria (Poética) antiga e moderna, atendendo á evolución do xénero narrativo nos séculos XVI-XVII, diferenciando entre novela e romance e insistindo no significado do Quijote mo seu tempo en nas épocas posteriores.
O estudante deberá adquirir a pertinente destreza para enfrontarse a textos da época cunha perspectiva crítica, que lle conduza a destacar os elementos fundamentais de calquera obra do período estudado.
Metodoloxía da ensinanza No ámbito da docencia, as clases teóricas fundamentaranse na exposición. As clases prácticas ou interactivas basearanse na análise de textos e o control de lecturas. Con todo, a separación total entre teoría e práctica resulta imposible e aínda improcedente, polo que estarán sempre relacionadas. En ambos os casos, os profesores facilitarán as oportunas orientacións académicas e bibliográficas, tanto nas aulas como nas tutorías colectivas ou personalizadas.
No ámbito da aprendizaxe, nas clases teóricas preténdese e esperase a participación activa do alumno. Valoraranse as súas intervencións tanto na formulación de preguntas ou ampliacións sobre as leccións, como nas posibles respostas a cuestións que o profesor poida expor sobre a explicación. Nas clases prácticas a participación resulta igualmente básica, e será obrigatoria a asistencia.
Sistema de evaluaciónA materia está constituída polas clases teóricas e prácticas e o traballo persoal. O seu peso na cualificación final é do 60% e 40% respectivamente. Esas cualificacións non se basean só na asimilación dos contidos, senón tamén na madureza e aproveitamento demostrados, así como na correcta ortografía e expresión.
A superación da materia considera a realización dun exame final que terá lugar no día e hora establecidos oficialmente polos centros, tanto no período de avaliación de maio/xuño coma no de xullo. A cualificación dese exame constituirá un 60% da nota final da materia.
En canto á práctica (40% da avaliación), en principio é obrigatoria a asistencia ás sesións, a cal será controlada polo profesor e computará na cualificación final. En consecuencia, serán obrigatorios os comentarios e controis de lectura programados, a realización dunha parte práctica escrita no exame final, así como será opcional a elaboración dalgún traballo escrito.
Se é o caso, os alumnos con dispensa de asistencia a clase serán avaliados mediante os exames correspondentes á parte teórica
Os alumnos repetidores que non asistisen regularmente ás clases do curso este ano someteranse como os anteriores ao exame final
Tempo de estudo e traballo persoalTEMPO ORIENTATIVO DE ESTUDO
ACTIVIDADES PRESENCIAIS
Sesións expositivas 26 horas
Sesións de seminario 13
Sesións de titoría programada 1 por grupo de 10
Sesións de avaliación 4
TOTAL 44 horas
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
Estudo e preparación de actividades programadas 42 horas
Elaboración de traballos 20
Lecturas complementarias 22
Preparación de exames 22
TOTAL 106 horas
CRONOGRAMA ESTIMADO DE CLASES PRESENCIAIS
CAMPUS DE SANTIAGO E LUGO
Tema 1: dúas semanas (29, 30 de xaneiro e 5 e 6 de febreiro)
Tema 2: dúas semanas (12, 13, 19 e 20 de febreiro)
Tema 3: unha semana (26 e 27 de febreiro)
Tema 4: catro semanas (5, 6, 12, 13, 19, 20, 26 e 27 de marzo)
Tema 5: dúas semanas (2, 3, 9 e 10 de abril)
Tema 6: dúas semanas 23, 24 e 30 de abril)
Tema 7: unha semana (7 e 8 de maio)
Este plan poderá verse sometido a alteracións debidas ao desenvolvemento práctico deste e a factores externos que impidan o seu exacto desenvolvemento. Os profesores anunciarán, se é o caso, as modificacións que tiveren lugar.
Recomendacións para o estudo da materiaDado que o traballo da lectura e coñecemento dos textos nin pode, nin debe ser acumulado en poucos días, recoméndase inicialo desde o principio do curso e levar un seguimento semanal do realizado.
A asistencia a clase considérase importante, para ir familiarizándose cos aspectos de cada tema e as orientacións pertinentes, así como para poder levar a cabo intervencións. É obrigatoria nas práctica, así como a realización das que se indican no cronograma.
As titorías permitirán aclarar aqueles puntos en que un estudante desexe resolver dúbidas concretas ou profundar nalgún aspecto.
Recoméndase realizar un repaso dos conceptos adquiridos na materia "Crítica literaria", sobre todo no referente á narrativa.
ObservaciónsEXAMES
Facultade de Filoloxía (Santiago):
21 de maio de 2014, ás 9, aula 22
7 de xullo de 2014, ás 9.30, aula 7
Facultade de Humanidades (Lugo):
26 de maio de 2014, ás 12.00, aula 15
11 de xullo de 2014, ás 16.00, aula 15
MODELO DE POSIBLE EXAME FINAL
Duración: 4 horas
Proponse un texto de Cervantes
TEMAS. -Analice as ideas do autor en torno á literatura presentes no texto.
-A estrutura narrativa da Segunda parte do Quixote.