Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5041422 - Lexicoloxía e Lexicografía do Español (Maior en Lingua e Literatura Españolas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Lingua Española
  • Áreas: Lingua Española
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
LOPEZ MEIRAMA, MARIA BELEN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Obxectivos xerais
    1) Fomentar a capacidade de análise da bibliografía especializada.
    2) Estimular o debate e as capacidades intelectivas mediante a resolución de casos.
    3) Reforzar as destrezas para elaborar traballos escritos ben argumentados.

    Obxectivos específicos
    1) Coñecer as principais teorías sobre o significado e estudar as relacións entre os significados dos signos lingüísticos.
    2) Obter as habilidades básicas para poder describir o funcionamento dos paradigmas léxicos.
    3) Achegarse á análise dos fenómenos lingüísticos da homonimia e a polisemia.
    4) Recoñecer e caracterizar os diferentes tipos de repertorios lexicográficos do español.
    5) Adquirir a capacidade de analizar as definicións dos dicionarios e de construír novas propostas definitorias.
    Contidos
    Bloque I: Lexicoloxía
    1. A Semántica léxica: concepto e delimitación.
    1. La lexicología: concepto y delimitación.
    1.2. O significado lingüístico. Tipos de significado.
    1.2.1. Significado, denotación e referencia.
    1.2.2. Significado léxico e significado gramatical.
    1.2.3. Significado descritivo e significado non descritivo.
    1.3.Relacións entre significados.
    1.3.1. Relacións de identidade e inclusión
    1.3.2. Relacións de exclusión e oposición.

    2. Relacións paradigmáticas e sintagmáticas dos elementos léxicos.
    2.1. O estudo dos paradigmas e das configuracións léxicas.
    2.2. Relacións sintagmáticas dos elementos léxicos.

    3. A variación e traslación do significado.
    3.1. Polisemia e homonimia.
    3.2. Metáfora e metonimia.

    Bloque II: Lexicografía
    1. O dicionario: tipoloxía dos repertorios lexicográficos.
    1.1. Dicionarios de lingua e enciclopedias.
    1.2. Criterios para o esteblecemento dunha clasificación dos dicionarios.
    1.3. Macroestrutura.
    1.3.1. Ordenación das entradas.
    1.3.2. Criterios de selección do lemario.
    1.3.2. Tipos de entradas.
    1.4. Microestrutura.
    1.4.1. A acepción.
    1.4.2. As informacións lexicográficas: etimoloxía, marcas e exemplos.

    2. A definición lexicográfica.
    2.1. Condicións que debe cumprir a definición.
    2.2. Tipos de definicións.
    2.3. Relacións entre definicións.
    2.4. Contido e contorno da definición.

    3. Gramática e dicionario.
    3.1. A información gramatical na descrición lingüística.
    3.2. A información gramatical na definición. O contorno.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica
    Atkins, B.T. Sue & Rundell, Michael (2008). The Oxford Guide to Practical Lexicography. Oxford, Oxford University Press. [Cap. 7, “Planning the entry”, pp. 200-257.]
    Bosque, Ignacio (1982). Sobre la teoría de la definición lexicográfica”, Verba, 9, pp. 105-123.
    Coseriu, Eugenio (1981). Principios de semántica estructural. Madrid, Gredos.
    Cruse, David Alan (1986). Lexical Semantics. Cambridge, Cambridge University Press.
    Cruse, David Alan (2000). Meaning in Language: an Introduction to Semantics and Pragmatics. Oxford, Oxford University Press.
    Escandell Vidal, Mª Victoria (2007). Apuntes de semántica léxica. Cuadernos de la UNED, Madrid.
    [Caps. 1, 2, 3, 4, 5, 6, 8]
    Gutiérrez Ordóñez, Salvador (1989). Introducción a la semántica funcional. Madrid, Síntesis.
    Haensch, Günter, Lothar Wolf, Stefan Ettingen y Reinhold Werner (1982). La lexicografía. De la lingüística teórica a la lexicografía práctica. Madrid, Gredos.
    Haensch, Günter (2004). Los diccionarios del español en el umbral del siglo XXI, Salamanca, Universidad de Salamanca.
    Halliday, M.A.K. e outros (2004). Lexicology and Corpus Linguistics. An introduction. Londres/Nueva York: Continuum.
    Hausmann, F. J. et al. (eds.) (1989-1991). Wörterbücher. Dictionaries. Dictionnaires. Eine internationals Handbuch zur Lexicographie. An International Encyclopedia of Lexicography. Encyclopedie international de lexicographie. Berín-New York, De Gruyter.
    Lyons, John (1995). Linguistic Semantics: an Introduction. Cambridge University Press. (Versión española: Semántica lingüística. Una introducción. Barcelona: Paidós, 1997.)
    Martínez de Sousa, José (1995). Diccionario de lexicografía práctica. Barcelona: Biblograf.
    Medina Guerra, A. M. (coord.) (2003). Lexicografía española, Barcelona, Ariel.
    Porto Dapena, José Álvaro (2002). Manual de técnica lexicográfica. Madrid: Arco/Libros.
    [Caps. 6, “La microestructura del diccionario”, pp. 182-227 y 8, “La definición lexicográfica”, pp. 266-296]
    Seco, M. (2003). Estudios de lexicografía española. Madrid, Gredos.
    Simone, Raffaele (1990). Fondamenti di linguistica. Roma: Laterza. (Versión española: Funda-mentos de lingüística. Barcelona: Ariel, 1993).
    [Cap. 13, “Semántica”, pp. 386-431.]

    Dicionarios do español
    Clave: Maldonado, Concepción (dir.) (2006). Clave. Diccionario de uso del español actual. Madrid: SM. (http://clave.librosvivos.net/)
    DGLE: Alvar Ezquerra, Manuel (2006). Diccionario general de la lengua española. Barcelona: Biblograf. [VOX]
    DCR: Cuervo, Rufino José (1886, 1893). Diccionario de construcción y régimen de la lengua castellana, tomos I y II. París. Continuado y editado por el Instituto Caro y Cuervo, tomos I a VIII. Santafé de Bogotá, 1994.
    DEA: Seco, Manuel, Olimpia Andrés y Gabino Ramos (1999). Diccionario del español actual. Madrid: Aguilar.
    DELE: Academia española (2006). Diccionario esencial de la lengua española. Madrid: Espasa-Calpe.
    DRAE: Academia española (200122). Diccionario de la lengua española. Madrid: Espasa-Calpe. (http://buscon.rae.es/draeI/)
    DUE: Moliner, María (20073). Diccionario de uso del español. Madrid: Gredos, (1966).
    Redes: Bosque, Ignacio (dir.) (2004). Redes: Diccionario combinatorio del español contemporáneo. Madrid: SM.
    Bosque, Ignacio (dir.) (2006). Diccionario combinatorio práctico del español contemporáneo: las palabras en su contexto. Madrid: SM.
    Gutiérrez Cuadrado, Juan (2007). Diccionario Salamanca de la lengua española. Madrid: Santillana y Universidad de Salamanca.
    Competencias
    Dado o carácter e a situación da materia no plano de estudos, ao alumno suporánselle os coñecementos mínimos de gramática do español indispensables no desenvolvemento de parte do programa.
    Ao cursar esta materia, os estudantes poderán adquirir os coñecementos esenciais para identificar as unidades e principios da Semántica léxica e para comprender o funcionamento dos paradigmas nos que se organiza o léxico español. Por outra banda, reunirá as ferramentas descritivas e metodolóxicas que lle permitan enfrontarse, con sentido crítico, ao rico panorama da lexicografía española. Así, o alumnado poderá trasladar os contidos asimilados e as destrezas desenvolvidas ao longo do curso ao estudo do léxico doutras linguas e doutras tradicións lexicográficas. Adquirirá, polo tanto, dominio da estrutura do dicionario e valorará a súa utilidade social como instrumento descritivo e ferramenta pedagóxica da lingua española; asemade, coñecerá os fundamentos da técnica lexicográfica e comprenderá os principais problemas asociados á práctica de elaboración de diccionarios. Por outra banda, a análise destas cuestións permitirá establecer relacións con outras materias estudadas no grao. Por último, a lectura e a discusión na aula (ou nas titorías) da bibliografía recomendada permitirá que os alumnos desenvolvan unha certa capacidade reflexiva ante ás distintas aproximacións teóricas realizadas por diversos autores e escolas lingüísticas.
    Metodoloxía da ensinanza
    O curso ten unha dobre vertente teórico-descritiva e práctica. Dedicaranse dúas horas de clase semanais a explicacións das profesoras (sesións expositivas) e unha hora semanal a resolución e comentario de exercicios ou casos (sesións interactivas)
    Sistema de evaluación
    1. Procedemento seguido na oportunidade ‘ordinaria’
    Poderán seguir este procedemento os estudantes que acrediten, como mínimo, unha porcentaxe do 80% de asistencia ás aulas. A avaliación será continuada e terá en conta a resolución dunha serie de exercicios e a dun exame final. Os exercicios consistirán nunha serie de probas de tipo práctico (cuxo fin será o seguimento continuado e progresivo do traballo do alumno ao longo do curso), que suporá un 35% da cualificación da material. Ao exame final corresponderalle un 65%.
    2. Procedemento seguido na oportunidade ‘extraordinaria de recuperación’
    Haberá un exame referido á totalidade dos contidos do programa.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    As actividades non presenciais ocuparán ao alumno 100 horas de traballo, o que sumado ás 50 horas de traballo na aula supón 150 horas, equivalentes a 6 créditos ECTS.
    Observacións
    Requisito previo para cursar esta materia:
    Dominio instrumental avanzado da lingua española (en alumnos non nativos esixirase nivel de español B2).