G5041425 - Diacronía da gramática e do discurso (Maior en Lingua e Literatura Españolas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Lingua Española
- Áreas: Lingua Española
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaProporcionar ao alumno os instrumentos teóricos e prácticos que lle permitan:
A correcta interpretación das linguas funcionais non adscritas á etapa actual do español.
A adquisición de técnicas de estruturación, organización e desenvolvemento do comentario filolóxico.
A identificación da interface gramática-discurso e a subseguinte distinción entre fenómenos gramaticais e pragmáticos.
A posta en práctica dos coñecementos adquiridos sobre a base dos textos medievais e clásicos.
Contidos1. O comentario filolóxico. Cuestións teóricas
1.1. Cuestións fonéticas, fonolóxicas, morfolóxicas e sintácticas
1.2. Entre a oración e o enunciado. Criterios de distinción
1.3. Organización do comentario filolóxico: organización, disposición, estruturación e conclusións.
2. A práctica do comentario filolóxico
2.1. O español medieval
2.1.1. Textos do español arcaico
2.1.2. Textos da época de Berceo
2.1.3. Textos da época de Afonso X
2.1.4. Textos do século XIV
2.2. O español preclásico: textos do século XV
2.3. O español clásico: séculos XVI e XVII.
Bibliografía básica e complementariaAlarcos Llorach, E. (1979): “Bases para un comentario diacrónico”, en Comentarios lingüísticos de textos, I, Universidad de Valladolid, 1979.
Alarcos Llorach, E. et al., Comentarios lingüísticos de textos, Valladolid: Universidad de Valladolid, vol. 1, 1979.
Ariza Viguera, M. (1981): “Comentarios filológicos”, en M. Ariza et al., Comentario lingüístico y literario de textos españoles, Madrid: Alhambra, 3-89.
Cano Aguilar, R. (1991): Análisis filológico de textos. Madrid: Taurus.
Cano Aguilar, R. (1998): Comentario filológico de textos medievales no literarios. Madrid: Arco/Libros.
Cano Aguilar, R. (1995-96): “Pragmática lingüística e historia de la lengua”. Cauce. 18/19, 703-719. En red: .
Cano Aguilar, R. (2001): Introducción al análisis filológico. Madrid: Castalia.
Carrasco, P. & Crespillo, M. (eds.) (1997): Comentario lingüístico de textos. Analecta Malacitana, anejo 8, Universidad de Málaga.
Girón Alconchel, José Luis (2002): Comentario de textos de clerecía: Alexandre y Apolonio, Madrid : Arco-Libros.
M. Ariza Viguera, J. Garrido Medina, G. Torres Nebrera (1981): Comentario lingüístico y literario de textos españoles, Madrid : Alhambra, 1981
Marcos Marín, Francisco (1988): “Guía para el comentario filológico”. en F. Marcos Marín, El comentario lingüístico. Metodología y práctica, Madrid: Cátedra.
Menéndez Pidal, R., Crestomatía del español medieval, Madrid, Seminario Menéndez Pidal/Gredos, 2 vols., 1971-76.
Narbona, Antonio (1984): “Don Juan Manuel. El Conde Lucanor”, en A. Narbona (coord.). Textos hispánicos comentados, Universidad de Córdoba, 39-62.
Real Academia Española, Corpus diacrónico del español (CORDE), accesible en http://corpus.rae.es/cordenet.html.
Urrutia Cárdenas, H. et al., Comentario filológico-lingüístico de textos castellanos, Bilbao, Universidad de Deusto, 1995.
Competencias1. Competencias xerais
- Capacidade de comprensión, análise e síntese.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
- Capacidade reflexiva, crítica e asociativa
- Dominio instrumental avanzado da lingua española. Para un alumno non nativo non será posible acceder á lingua medieval ou clásica se non alcanza un nivel *B2.
2. Competencias específicas
- Coñecementos de Fonética, Fonoloxía, Morfoloxía e Sintaxe do español correspondentes ao cuarto curso de grao.
Metodoloxía da ensinanza Dadas as características da materia, unha vez facilitados os instrumentos de análise, as clases serán esencialmente prácticas e estarán centradas nos comentarios de textos feitos dentro ou fóra do aula, sempre no nivel de coñecementos adquiridos en cada fase da materia. Isto permitirá ao alumno pór en práctica o apreso e entrar en discusión sobre aqueles aspectos que poida considerar problemáticos. Así mesmo, este sistema permitirá ao profesor o control do traballo do alumno ao longo do curso.
Sistema de evaluación1ª oportunidade (xuño)
A avaliación será continua, con tres aspectos avaliables cuxo nivel porcentual é o seguinte: a) Asistencia a clase e participación activa do alumno: 5% do total (porcentaxe mínima de asistencia para que este aspecto sexa tido en conta: 80%). b) Exercicios de comentario : 25% do total. c) Entrega dun texto comentado na data do exame: 70% do total.
2ª oportunidade (xullo)
Exame presencial escrito dun comentario de texto ao que se aplicarán os coñecementos adquiridos en clase e que suporá o 100% da cualificación.
Alumnado con dispensa de asistencia:
Para os alumnos que obteñan a dispénsa de asistencia a clase e acredítena debidamente, a avaliación limítase ao exame final que suporá o 100% da nota e que se realizará nas datas oficiais que fixe a Facultade. Este sistema de avaliación aplicarase tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Tempo de estudo e traballo persoalAínda que o tempo de traballo varía dependendo de cuestións de comprensión, atención e organización individuais, é posible calcular que o traballo persoal do alumno supón unha hora e media por cada hora de clase a cargo da profesora, e unha hora por cada clase práctica. Se todo isto leva a cabo correctamente, a preparación do traballo final, na opción de avaliación continua, requirirá o tempo da súa elaboración; na opción de exame final, a preparación do mesmo pode supor entre catro e seis horas.
Recomendacións para o estudo da materiaA aprendizaxe da materia esixe un traballo continuado e acumulativo, pois non é posible a comprensión, estruturación, organización, conclusións e datación dun texto se non se ten en conta cada unha das disciplinas sobre as que se asenta o comentario e, sobre todo, se os coñecementos non levan á práctica con regularidade..
ObservaciónsIdioma no que se imparten as clases: español.