Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5041442 - Comentario literario de textos hispánicos (Materias optativas especificas do grao) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 16.00
  • Clase Interactiva Seminario: 32.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Literatura Española
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Fernandez Mosquera, Santiago.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Coñecemento e dominio da técnica do comentario de texto, das distintas formas de achegamento crítico ao texto literario, cun planteamento fundamentalmente filolóxico e práctico.
    2. Desenvolvemento da capacidade crítico-filolóxica do alumno para a análise literaria.
    3. Coñecemento da bibliografía crítica fundamental sobre o comentario literario, os manuais de retórica e os de métrica.
    4. Adquisición da terminoloxía básica para a realización de comentarios de textos literarios.
    5. Adquisición dos conceptos fundamentais de Retórica e Estilística.

    Contidos
    1. Concepto e modelos do comentario literario de textos hispánicos.

    2. Achegamento á bibliografía hispánica sobre o comentario de textos.

    3. Fases e niveis do comentario:
    Exame previa.
    Análise intratextual (fondo ou contido, forma ou expresión, estrutura).
    Análise extratextual (histórico-literaria, histórico-social...)

    4. Análise e interpretación de textos literarios seleccionados de distintas épocas, xéneros e autores hispánicos.
    Comentario de textos poéticos hispánicos.
    Comentario de textos en prosa hispánicos.
    Comentario de textos teatrais hispánicos.

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA SOBRE O COMENTARIO LITERARIO

    Carrasco, I y G. Fernández Ariza, eds., El comentario de textos, Universidad de Málaga, 1998.
    Díez Borque, José María, Comentario de textos literarios. Métodos y práctica, Madrid, Playor, 1977.
    Domínguez Caparrós, José, Introducción al comentario de textos, Madrid, MEC, 1977.
    Lázaro Carreter, F. y G. Correa Calderón, Cómo se comenta un texto literario, Madrid, Cátedra, 1974.
    López-Casanova, A., El texto poético. Teoría y metodología, Salamanca, El Colegio de España, 1994.
    López-Casanova, A. y Alonso, E., Poesía y novela. Teoría, método de análisis y práctica textual, Valencia, Bello, 1982.
    Navarro Durán, R., La mirada al texto. Comentario de textos literarios, Barcelona, 1995.
    Paraíso, Isabel, el comentario de textos poéticos, Madrid, Júcar, 1988.
    Villanueva, Darío, El comentario de textos narrativos: novela y cuento, Madrid, Mare Nostrum, 2006.
    VV. AA., El comentario de textos, Madrid, Castalia, 4 vols., 1973-1983.


    MANUAIS DE TERMINOLOXÍA E RETÓRICA

    Azaustre Galiana, A. y Casas Rigall, J., Manual de retórica española, Barcelona, Ariel, 1997.
    Estébanez Calderón, D., Diccionario de términos literarios, Madrid, Alianza, 1996.
    Frenzel E., Diccionario de argumentos de la literatura universal, Madrid, Gredos, 1976 (1970 en alemán).
    Frenzel E., Diccionario de motivos de la literatura universal, Madrid, Gredos, 1980 (1976 en alemán).Lapesa, R., Introducción a los estudios literarios, Barcelona, Rauter, 1947; Salamanca, Anaya, 1964; Madrid, Cátedra, 1986.
    Lázaro Carreter, F., Diccionario de términos filológicos, Madrid, Gredos, 1968.
    Lausberg, H., Elementos de retórica literaria, Madrid, Gredos, 1975.
    Marchese, A. y J. Forradellas, Diccionario de retórica, crítica y terminología literaria, Barcelona, Ariel, 1986.
    Platas Tasende, A. Mª, Diccionario de términos literarios, Madrid, Espasa-Calpe, 2000.


    MANUAIS DE MÉTRICA

    López Estrada, F., Métrica española del siglo XX, Gredos, Madrid, 1970.
    Navarro Tomás, T., Métrica española, Nueva York, Las Américas, 1966; Madrid, Guadarrama, 1974.
    Quilis, Antonio, Métrica española, Madrid, Alcalá, 1973; Barcelona, Ariel, 1984.
    Spang, Kurt, Ritmo y versificación: teoría y práctica del análisis métrico y rítmico, Universidad de Murcia, 1983.


    TEXTOS PARA O COMENTARIO

    A profesora entregará ao comezo do curso unha antoloxía cos textos (poéticos, narrativos e teatrais) que serán obxecto de análise e de lectura obrigatoria por parte dos alumnos.

    Competencias
    Esta asignatura pretende que o alumno desenvolva a súa capacidade para:
    1. Identificar e interpretar os elementos do texto que determinan o seu carácter literario nas distintas épocas e géneros.
    2. Adquirir, e aplicar ao texto, conceptos e terminoloxía relacionados coa estrutura, o estilo, a retórica, a métrica.
    3. Redactar de xeito correcto, coherente e ben argumentado comentarios literarios, que conterán a análise obxectiva dos seus aspectos máis salientables, pero tamén o punto de vista persoal do alumno respecto á interpretación e valoración do texto obxecto de análise.
    4. Expoñer oralmente a súa análise e interpetación dos textos literarios.
    5. Participar nos posibles debates que se susciten na aula sobre temas relacionados coa materia e o comentario literario.
    6. Eventualmente, traballar en grupo e de xeito coordenado con outros alumnos, na análise dun texto.

    Metodoloxía da ensinanza
    Aínda que a meirande parte das sesións presenciais son expositivas, a naturaleza da asignatura aconsella dotarla dun acusado carácter práctico: mesmo a explicación de contidos teóricos conlevará a devandita compoñente, isto é, irá acompañada da reflexión e o comentario a propósito dos textos literarios concretos.
    Cómpre decir por iso que as explicacións da profesora tomarán como punto de partida os textos, para, a partir do comentario práctico dos mesmos, extraer as nocións teóricas que o alumno poderá aplicar despois a outros textos, no ámbito da aula ou fóra dela.
    En lóxica consecuencia, necesítase que el alumno adopte unha actitude participativa durante as sesións presenciais.

    Sistema de evaluación
    A evaluación do alumno realizarase mediante un exame final, que terá lugar na data oficial fixada pola Facultade. A devandita proba escrita consistirá nun comentario dun texto literario, no que o alumno deberá demostrar a súa capacidade de análise de acordo coas pautas explicadas nas sesións presenciais, e tamén a adquisición da terminoloxía e os conceptos básicos para o comentario literario e de maneira especial a súa competencia á hora de redactar un texto en español e explicar o significado do texto analizado.
    Na nota final poderá terse en conta a participación do alumno nas actividades propostas durante o curso e posibles traballos realizados.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ademáis das 50 horas de carácter presencial, repartidas en 15 sesións expositivas, 30 de seminario, 4 de probas de avaliación e 1 de titoría programada, o alumno deberá adicar á materia alomenos 100 horas de actividade non presencial. O devandito traballo individual poderase distribuir nos seguintes tipos de actividades:
    1. Estudo e preparación de actividades programadas en clase: 50 horas.
    2. Realización de traballos de diverso tipo: 20 horas.
    3. Lecturas: 20 horas.
    4. Preparación de exames: 10 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    1. É fundamental a consulta da bibliografía recomendada, especialmente para a adquisición de terminoloxía e conceptos básicos no comentario literario.
    2. Dado o carácter eminentemente práctico da asignatura, recoméndase ao alumno que manteña unha actitude participativa nas clases, con posibles intervencións e exposicións orais durante as sesións.
    3. O alumno deberá realizar unha lectura moi detida, previa ás sesións expositivas e interactivas, de tódolos textos contidos na antoloxía que a profesora entregará para o traballo na aula, para unha máis sinxela comprensión das explicacións e un máis eficaz traballo práctico sobre os mesmos.

    Observacións
    Os contenidos e a orientación da asignatura aconsellan que o alumno posúa unha boa competencia lingüística en español, pois só así poderá abordar a análise e a interpretación dos textos literarios.