Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5041444 - Textos de literatura española 3 (Materias optativas especificas do grao) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 16.00
  • Clase Interactiva Seminario: 32.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Literatura Española
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GONZALEZ HERRAN, JOSE MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    -Acceder a un coñecemento exhaustivo da traxectoria literaria de Emilia Pardo Bazán (1851-1921) a través do estudio e análise das súas obras narrativas máis senlleiras, complementando deste xeito o coñecemento parcial que o alumno/a xa tiña a partires da súa aprendizaxe da materia “Literatura española: do Realismo á Xeración de 1914”.
    -Distinguir, no seo do agromar da novela proprio do Realismo, as peculiariedades literarias da escritora galega no contexto da novela española e europea do século XIX e comezos do XX.
    -Profundizar na obra completa de Emilia Pardo Bazán e no seu versátil dominio dos xéneros narrativos, xornalísticos, teatrais, poéticos

    Contidos
    1.- Emilia Pardo Bazán (1851-1921): biografía e personalidade (“Apuntamentos autobiográficos”).
    2.- A literatura de Emilia Pardo Bazán: variedade de xéneros e modalidades.
    3.- A narrativa: novelas e contos.
    3.1.-As primeiras novelas “realistas”: Aficións perigosas (1866), Pascual López (1879), Unha viaxe de noivos (1881), A Tribuna (1883), O Cisne de Vilamorta (1885), Os Pazos de Ulloa (1886), Nai Natureza (1887), Insolación (1889), Morriña (1889).
    3.2.- A etapa “espiritualista”: Unha cristiá-A proba (1890), A pedra angular (1891), Dona Milagros (1894), Memorias dun solteirón (1896).
    3.3.- As novelas da última etapa: Misterio (1902), A Quimeira (1905), A Serea negra (1908), Doce Dono (1911).
    3.- Os contos. A Dama nova (1885). Contos escollidos (1891). Contos de Marineda (1892). Contos novos (1894). Arco-da-vella (1895). Contos de Amor (1898). Contos sacro-profanos (1899). Un destripador de antano (Historias e contos de Galicia) (1900). No tranvía (Contos dramáticos) (1901). Contos de Nadal e Reis. Contos da patria. Contos antigos (1902). Leccións de literatura (1906). O fondo da alma (1907). Sud-exprés (Contos actuais) (1909). Contos tráxicos (1912). Contos da terra (1922).
    4.- A crítica e a historia literaria: A cuestión palpitante (1882-1883). A Revolución e a novela en Rusia (1887). A Literatura francesa moderna (1910-1914).
    5.- O ensaio e o xornalismo.
    5.- Artigos e ensaios de tema científico.
    5.1.- Socioloxía, Pedagoxía, Política. Arte culinario…
    5.3.-Historia e Biografía.
    5.4.- Libros de viaxes: [Apuntamentos dunha viaxe. De España a Xenebra, 1873]. Da miña terra (1888). A miña Romaría (1888). Ao pé da torre Eiffel (1889). Por Francia e Alemania (1889). Pola España pintoresca (1896). Corenta días na Exposición (1900). Pola Europa católica (1902).
    5.5.- A aventura editorial do Novo Teatro Crítico (1891-1893).
    6.- A poesía.
    7.- O teatro.
    8.- Os inéditos de Emilia Pardo Bazán.

    Lecturas obligatorias
    LA CUESTIÓN PALPITANTE (ed. González Herrán, Anthropós-USC)
    LA TRIBUNA (ed. Varela Jácome, Cátedra)
    LA MADRE NATURALEZA (ed. López, Cátedra)
    INSOLACIÓN (ed. Penas Varela, Cátedra)
    CUENTOS (selección propia)
    Lecturas obrigatorias: A cuestión palpitante (ed. de González Herrán, Anthropós-Universidade de Santiago). A Tribuna (ed. de Varela Jácome, Cátedra). Nai Natureza (ed. de López, Cátedra). Insolación (ed. Penas Varela, Cátedra). Contos (selección propria).


    Bibliografía básica e complementaria
    Estudos
    BAQUERO GOYANES, M., La novela naturalista española. Emilia Pardo Bazán, Murcia: Universidad de Murcia, 1986.
    BRAVO-VILLASANTE, C., Vida y obra de Emilia Pardo Bazán, Segunda edición, corregida y aumentada, Madrid: Magisterio Español, 1973.
    CLEMESSY, N., Emilia Pardo Bazán como novelista, Madrid: Fundación Universitaria Española, 1982.
    FAUS, P., Emilia Pardo Bazán. Su época, su vida, su obra, A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2003.
    FREIRE LÓPEZ, A. Mª, Estudios sobre la obra de Emilia Pardo Bazán A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2003.
    GONZÁLEZ HERRÁN, J. M. (ed.), Estudios sobre Emilia Pardo Bazán. In Memoriam Maurice Hemingway, Santiago de Compostela: Universidade-Consorcio de Santiago, 1997.
    _________, C. PATIÑO EIRÍN y E. PENAS VARELA (eds.), Actas del Simposio “Emilia Pardo Bazán: estado de la cuestión”, A Coruña: Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, 2005.
    _______ (eds.), Actas del II Simposio “Emilia Pardo Bazán: Los cuentos”, A Coruña: Real Academia Galega-Fundación Caixa Galicia, 2006.
    _______ (eds.), “Emilia Pardo Bazán: El periodismo”. Actas del III Simposio, A Coruña: Real Academia Galega-Fundación Caixa Galicia, 2007.
    _______ (eds.), “Emilia Pardo Bazán y las artes del espectáculo”. Actas del IV Simposio, A Coruña: Real Academia Galega-Fundación Caixa Galicia, 2008.
    _______ (eds.), La literatura de Emilia Pardo Bazán, A Coruña: Real Academia Galega-Fundación Caixa Galicia, 2009.
    HEMINGWAY, M., Emilia Pardo Bazán. The Making of a Novelist, Cambridge: Cambridge University Press, 1983.
    PATIÑO EIRÍN, C., Poética de la novela en la obra crítica de Emilia Pardo Bazán, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago, 1998.
    PATTISON, W. T., Emilia Pardo Bazán, New York: Twayne Publishers, 1971.
    PENAS VARELA, E., “Emilia Pardo Bazán”, en J. M. González Herrán (ed.), Escritores gallegos en la literatura española, tomo XXXV de Galicia. Serie Literatura, A Coruña: Hércules de Ediciones, 2003, pp. 378-397..
    QUESADA NOVÁS, A., El amor en los cuentos de Emilia Pardo Bazán, Alicante: Publicaciones de la Universidad de Alicante, 2005.
    RUBIO CREMADES, E., “Emilia Pardo Bazán”, en Panorama crítico de la novela realista-naturalista española, Madrid: Castalia, 2001, pp. 501-560.
    SCARI, R. M. y F. RODRÍGUEZ NOGALES, Bibliografía descriptiva de estudios críticos sobre la obra de Emilia Pardo Bazán / A Descriptive Bibliography of Critical Studies on the Work of Emilia Pardo Bazán, Lewiston – Queenston – Lampeter: The Edwin Mellen Press, 2001.
    VARELA JÁCOME, B., Estructuras novelísticas de Emilia Pardo Bazán, Santiago de Compostela: C.S.I.C., 1973.
    Edicións (ordenadas cronolóxicamente)
    La Tribuna (edición de B. Varela Jácome), Madrid: Cátedra, 1975.
    Los Pazos de Ulloa (edición de M. Mayoral), Madrid: Castalia, 1986.
    Los Pazos de Ulloa (edición de N. Clemessy), Madrid: Espasa-Calpe, 1987.
    La cuestión palpitante (edición de J. M. González Herrán), Barcelona: Anthropós-Universidad de Santiago de Compostela, 1989.
    La Quimera (edición de M. Mayoral), Madrid: Cátedra, 1991.
    La Madre Naturaleza (edición de I. J. López), Madrid: Cátedra, 1997.
    Pascual López. Autobiografía de un estudiante de medicina (edición de J. M. González Herrán y C. Patiño Eirín), Santiago: Ara Solis-Consorcio de Santiago, 1996.
    Los Pazos de Ulloa (edición de M. A. Ayala), Madrid: Cátedra, 1997.
    Los Pazos de Ulloa (edición de E. Penas), Barcelona: Crítica, 2000.
    Insolación (edición de E. Penas Varela), Madrid: Cátedra,
    Competencias
    -O alumno/a haberá de estar en condicións de identificar unha peza da autoría pardobazaniana a tenor do estudiado neste curso monográfico e das destrezas adquiridas no comentario e análise das obras máis sobranceiras, e deberá ter a capacidade de ubicalas no contexto da Literatura española da Restauración e no eido europeo do periodo bisagra entre os séculos XIX e XX.
    -Profundizar na especificidade de cada xénero literario na pluma da autora, ben entendido que as formas novas e as modalidades híbridas comparecen na súa produción de novelas, contos, crónicas, escritos culinarios

    Metodoloxía da ensinanza
    Ademáis do seguimento das clases teóricas, o do seu debido aproveitamento por parte de alumno/a, as de tipo interactivo fomentarán actividades como os comentarios de texto seguidos de debate, as exposicións orais na aula (tamén seguidas de debate), as entrevistas persoais, etc., Igualmente realizaranse outras actividades complementarias, como a visita á Casa-Museo Emilia Pardo Bazán e a consulta na súa Biblioteca e no seu Arquivo; a visión (complementada cos correspondentes análise, estudio e debate) dalgunha das versións filmadas (cine ou TV) de textos da autora; daráse eventualmente a posibilidade da programación de conferencias impartidas por algún recoñecido especialista na escritora, etc. Asimismo, proxectaráse como material complementario o biopic Emilia Pardo Bazán. A Condesa rebelde en aras da pertinente reflexión perante a traxectoria intelectual da escritora galega.
    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación vai ser individualizado, de xeito que, aínda que todos os alumnos/as terán que someterse a uns criterios e normas comúns, a aprendizaxe de cada un deles será obxecto de seguimento individualizado. Cada alumno terá que render contas da súa lectura, estudio e análise das obras de lectura obrigatoria sinaladas enriba. Para avaliar ese rendemento vaise empreñar unha serie de procedementos, na procura de que en cada unha das lecturas se faga uso dun procedemento particular:
    a) traballo de investigación escrito, realizado baixo a direción do profesor, sobre algún aspecto da obra lida.
    b) recensión crítica dalgún traballo crítico (artigo, capítulo de libro) referido á obra lida.
    c) exposición oral na clase dos resultados da lectura.
    d) exercicio escrito (común para todos e realizado na clase) referido á obra lida. Dito execicio poderá consistir no comentario literario dun fragmento da obra ou no desenvolvemento dun tema ou aspecto dela.
    Aparte de todo isto, haberá un exame final, que terán que realizar os alumnos/as que non superaran (parcialmente ou na súa totalidade) as diferentes probas de avaliación previstas.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Calcúlase que se precisarán 3 horas de lectura semanais.
    A preparación dos exercicios e tarefas vai requerir alomenos 4 horas semanais

    Recomendacións para o estudo da materia
    A recomendación máis importante (e esixencia ineludible) é a lectura íntegra, analítica e crítica, de cada unha das obras do corpus estipulado como obrigatorio. Moi oportuno vai ser que o alumno/a traia á clase un ejemplar de cada lectura persoalizado.
    Observacións
    No caso de existir algún impedimento para asistir ás clases (enfermidade, traballo incompatible co horario lectivo, etc.), o alumno/a haberá de presentar unha Exención de docencia para que así conste aos efetos oportunos.