Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5041606 - Tipoloxía lingüística (Lingüística e procesamento das linguas. Aplicacións) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Lingüística Xeral
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Moure Pereiro, María Teresa.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Obxectivos xerais
    - A materia está deseñada para salientarmos, dunha banda, a riqueza cultural que implica a variación lingüística e, doutra, a posibilidade de apreixarmos a idea última de linguaxe a pesar desa diversidade das linguas.
    - Procurarase afondar tanto no coñecemento especializado, que aborda o problema dos universais como na capacidade formativa da exercitación con linguas moi diferentes.

    Obxectivos específicos
    - Desenvolvermos os supostos, métodos, procedementos e finalidades do enfoque metodolóxico coñecido como Tipoloxía lingüística.
    - Atendermos á cuestión dos universais da linguaxe e das linguas, salientando o valor metodolóxico deste paradigma e considerando a influencia que vén exercendo nas últimas décadas en diferentes disciplinas e correntes lingüísticas.
    - Proporcionarmos unha visión completa das constantes da linguaxe humana, ás veces escurecidas polas diverxencias que mostran as linguas.
    - Desenvolvermos o xuízo crítico, a través da análise en profundidade dos conceptos e dos procesos que se observan nas linguas, así como estimularmos a exposición de argumentos e refutacións acaídas, contribuíndo á formación de individuos con opinión autorizada.

    Contidos
    1. As linguas do mundo: Repaso ás linguas do mundo. Clasificación xenética das linguas, fila, familias, grupos e subgrupos. Aspectos xenéticos, tipolóxicos e antropolóxicos vinculados á variedade lingüística. O concepto de tipo lingüístico e o método comparativo. A visión ecolóxica, social e antropolóxica da tipoloxía lingüística. A morte das linguas.
    2. Universais lingüísticos. O problema da unidade da linguaxe fronte á diversidade das linguas. A construción de hipóteses na investigación lingüística. Os universais na historia das ideas lingüísticas. Universais xenerativistas vs. universais funcional-tipolóxicos. Universais absolutos e non absolutos: implicacións e cuase-universais nas linguas.
    3. O enfoque metodolóxico da tipoloxía lingüística e o seu impacto na lingüística actual: revisión das teorías sobre a linguaxe á luz dos universais. Adecuación bio-psicolóxica e adecuación social das teorías lingüísticas. A revalorización das linguas como fontes de datos empíricos sobre a linguaxe. Capacidade de predición en gramática dos universais tipolóxicos. Poder heurístico desta aproximación. Linguaxe e diversidade do ser humano: construción dunha teoría alternativa e rebelde á clásica visión eurocéntrica do mundo (e da linguaxe e das linguas). A linguo-diversidade e os dereitos dos pobos ás súas culturas.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bickerton, D. (1990): Language and species, Chicago Univ. Press, 1990. Trad. esp. de M. A. Valladares, Lenguaje y especie, Madrid, Alianza editorial, 1994.
    Cavalli-Sforza, L.L. (1996): Geni, popoli e lingue, Milano, Adelphi edizione, 1996. Trad. esp. de J. Vivanco, Genes, pueblos y lenguas, Barcelona, Crítica, 1997, caps. 5 e 6.
    Chomsky, N. (1988): Language and the problems of knowledge, 1988. Trad. esp. de C. Alegría e D. Flakoll, El lenguaje y los problemas del conocimiento (Conferencias de Managua), Madrid, Visor, 1982, conferencia 2: "El programa de investigación de la lingüística moderna", 37-60.
    Comrie, B. (1981): Language universals and linguistic typology. Syntax and morphology, Oxford, Basil Blackwell, 1989, 2ª ed. Trad. esp. de A. Ayuso sobre a 1ª ed., Universales del lenguaje y tipología lingüística: sintaxis y morfología, Madrid, Gredos, 1988, cap. 1 e 2.
    __________ (1988): "Linguistic typology" en F. Newmeyer, ed., Linguistics: The Cambridge survey, 1: Linguistic theory: foundations, Cambrige Univ. Press, 1988, 447-461. Trad. esp. de L.A. Santos Domínguez, "La tipología lingüística", Panorama de la lingüística moderna de la Universidad de Cambrige, 1: Teoría lingüística: fundamentos, Madrid, Visor, 1990, 513-527.
    Croft, W. (1990): Typology and Universals, Cambrige Univ. Press
    Crystal, D. (2000): Language death, Cambridge Univ. Press, [Trad. esp. de P. Tena, La muerte de las lenguas, Cambridge Univ Press. Trad. gal. de M. Castro Eiroa, A morte das linguas, Vigo, Galaxia, 2003], cap. 1.
    Haspelmath, M.; E. König; W. Oesterreicher & W. Raible, eds. (2001): Language typology anda language universals. An international handbook, 2 vols., Berlin-New York, Mouton-De Gruyter.
    Mairal, R. & J. Gil, eds. (2003): En torno a los universales lingüísticos, Madrid, Cambridge Univ. Press.
    Moreno Cabrera, J.C. (1991): Curso universitario de lingüística general. I: Teoría de la gramática y sintaxis general, Madrid, Síntesis, 1991, caps. 1-2.
    __________ (1995): La lingüística teórico-tipológica, Madrid, Gredos.
    __________ (1997): Introducción a la lingüística. Enfoque tipológico y universalista, Madrid, Síntesis, 1997, caps. 1-3.
    Moure, T. (1999): "Aspectos da sintaxe do galego desde a perspectiva tipolóxica" en R. Álvarez e D. Vilavedra, coords., Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó prof. Xesús Alonso Montero, Univ. de Santiago de Compostela, 1999, 751-766.
    ____________ (2001): Universales del lenguaje y linguo-diversidad, Barcelona, Ariel.
    ____________ (2003a): "A batalla das linguas no mundo actual. Multilingüismo e antiglobalización", Grial 160, 2003, 19-29.
    ____________ (2003b): "Ética y lenguaje", Basilisco 33, 2003, 47-56.
    ____________ (2010): "Mallando nos complementos directos: un ornitorrinco na sintaxe do galego", Revista galega de filoloxía 11, 79-103.
    ____________ (2011): Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética. Universidade da Coruña.
    Payne, T.E. (1997): Describing morphosyntax. A guide for field linguistics, Cambridge Univ. Press.
    Shibatani, M. & T. Bynon (1995): Approaches to language typology, Oxford, Clarendon Press.
    Skutnabb-Kangas, Tove (2000): Linguistic genocide in education -or worlwide diversity and human rights?, London-New Jersey, Lawrence Erlbaum.


    Competencias
    a) Salientar a importancia dos métodos desenvolvidos pola tipoloxía lingüística á hora de confeccionar unha lingüística xeral (ou unha teoría xeral das linguas).
    b) Adquirir conceptos gramaticais útiles para afrontarmos o estudo de calquera lingua e as destrezas necesarias para a comparación interlingüística.
    c) Mellorar a comprensión dos factores "externos" (filosóficos, biolóxicos, antropolóxicos) que pesan á hora de traballarmos na procura de universais.
    d) Responder á pregunta: "que é unha lingua humana posíbel?" e, deste xeito, acoutarmos a diversidade aparente das linguas.
    e) Relacionar a investigación sobre universais con outros aspectos dos estudos lingüísticos, tales como a teoría e a práctica da tradución, a adquisición da linguaxe e a aprendizaxe de linguas ou os aspectos máis xerais da antropoloxía lingüística.
    f) Salientar a diversidade das linguas humanas, e contribuír a entendérmola como unha riqueza da humanidade, á vez que avivar o interese polo estudo das linguas minorizadas ou en perigo.
    g) Realizar exercicios prácticos que poñan @s estudantes en contacto con diversas linguas "exóticas", a fin de captaren as súas diferenzas estruturais e de cosmovisión e, tamén, a posibilidade de explicalas con parámetros universalistas.
    h) Elaborar argumentos e nocións con que defender as propias ideas a través do debate e da expresión escrita con que, ademais de se expresaren, as/os alumnas/os conseguirán revisar o sustento e a orixinalidade das súas ideas. Neste sentido, xunto a diferentes exercicios e prácticas, deberán realizar unha reflexión máis extensa, baixo a forma dun diario de clase. Non se pretende obter deste traballo a simple reprodución dos argumentos da bibliografía nin a presentación das fórmulas académicas de documentación. Ao contrario, preténdese que a/o estudante demostre que reflexiona por si mesma/o e que desenvolve as súas capacidades de discernimento e argumentación.

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia distribuirase en tres horas semanais. Periodicamente introduciranse sesións de titorías programadas en grupos de dez alumn@s. Para o desenvolvemento do programa nas aulas contarase co esforzo persoal e a participación activa do estudantado. Desde o comezo do curso, a guía docente proporcionará guións detallados de cada tema e unha relación de lecturas recomendadas e na clase serán propostas cuestións sobre as que reflexionar que constitúen un importante material de apoio ao estudo. Para conseguiren os obxectivos de coñecemento estipulados no programa e para dinamizarmos a marcha do curso, será unha peza fundamental a participación dos membros do grupo na aula. As lecturas propiciarán e darán marco de fondo aos debates. Nas sesións de seminario algúns problemas (no sentido escolar do termo) fomentarán a reflexión persoal. Procurarase afondar, na medida do posíbel, nun coñecemento especializado e crítico. A profesora comprométese a seguir os progresos individuais e agarda que cada estudante se involucre na dinámica do curso, nas lecturas e actividades prácticas suxeridas.

    Sistema de evaluación
    1ª OPORTUNIDADE (MES DE XUÑO)
    Como traballo básico, cada estudante realizará un diario de clase. Trátase dunha actividade persoal e creativa, onde o alumnado universitario pode demostrar a súa madurez e capacidade. Poderán incluírse nese diario materiais diversos, desde esquemas dos asuntos tratados na aula, a comentarios ou reflexións persoais. En todo caso, considérase básico incluír unha reflexión por cada lectura obrigatoria e dar conta dos exercicios propostos nas sesións do seminario. O criterio que se asume para a súa valoración é a demostración de que se adquiriu sobre a materia coñecemento novo e non trivial. Para complementar este traballo, a clase contará desde o comezo cun blogue, que suscitará o debate sobre algunha das cuestións tratadas nas sesións expositivas ou reproducirá os materiais para seguirmos traballando cos seminarios. A participación asidua no blogue suporá un 25% da cualificación final, a participación activa na aula sumará outro 25% e o diario, que será entregado á profesora para a súa lectura -e devolto ás súas autoras e autores-, suporá o 50% restante.


    2ª OPORTUNIDADE (MES DE XULLO)
    En xullo a avaliación efectuarase exclusivamente a través do diario escrito. Como na oportunidade anterior considérase básico incluír nese diario unha reflexión por cada lectura obrigatoria e, asemade, dar conta dos exercicios propostos nas sesións de seminario. O criterio que se asume para a súa valoración é a demostración de que se adquiriu sobre a materia coñecemento novo e non trivial. Noutro sentido, as entradas do blogue servirán de guía para que, a xeito de bitácora, cada estudante poida incluír no seu diario outros materiais, problemas e exercitacións. O diario será entregado na data estabelecida pola Facultade para o exame.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ademais do tempo de asistencia ás aulas, cómpre que cadaquén lle dedique 2 ou 3 horas semanais nunha sesión de estudo para realizar lecturas de apoio, para procurar a necesaria argumentación persoal ás cuestións que co decorrer da clase vaian xurdindo, para participar no blogue ou dar conta no diario dos progresos alcanzados.

    Recomendacións para o estudo da materia
    A materia está concibida para estudantes que asisten regularmente ás aulas e pretenden tirar proveito delas. Non se pensa no curso coma nun trámite burocrático que se pode eludir ou cumprimentar sen atención nin interese. Ao contrario, as aulas imaxínanse coma un lugar de encontro onde facermos en conxunto a tarefa común da aprendizaxe. A profesora será unha guía mais non reproducirá un saber encapsulado para a imitar, senón que ofrecerá interpretacións discordantes, suxerirá camiños para a pescuda persoal e procurará provocar un enfrontamento produtivo entre o individuo e as opcións de coñecemento que se brindan na aula.

    Observacións
    A materia impártese en galego, lingua propia deste país e desta Universidade. Se o alumnado precisar material de apoio noutras linguas ou explicacións adicionais, contará coa axuda da profesora en horario extraordinario de titorías.