G5041607 - Psicolingüística (Lingüística e procesamento das linguas. Aplicacións) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Áreas: Lingüística Xeral
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaDar arraigo a coñecementos e a técnicas da psicolingüística, que permitan:
(a) aproximarse ao procesamento neuropsicolóxico da actividade lingüística;
(b) argumentar sobre o carácter mental-individual-diverso das habilidades comunicativas;
(c) abordar o estudo da fala peculiar en procesos de desenvolvemento (en nenos) e en situacións anómalas e de disfunción;
(d) describir e sistematizar patróns comunicativos sobre datos reais de fala peculiar;
(e) considerar con rigor os procesos de bilingüismo/polilingüismo no plano individual;
(f) solventar e/ou promover avances en situacións disfuncionais, ou en dinámicas de aprendizaxe de linguas.
ContidosTEMA 1. PSICOLINGÜÍSTICA E NEUROLINGÜÍSTICA. A LINGUAXE COMO FUNCIÓN NEUROPSICOLÓXICA
OBJXECTIVOS: Proporcionar unha visión global da linguaxe como función cognitiva (mental) con asento no cerebro. Presentar e valorar distintos modelos de procesamento da linguaxe.
GUIÓN:
1.1. A naturaleza neuropsicolóxica da linguaxe. Bases cerebrais e psicolóxicas da lingua. A relación mente-cerebro e a linguaxe como función cognitiva.
1.2. Os modelos de procesamento da linguaxe: modelos conexionistas, modelos complexos, modelos neuropsicolóxicos. Procesamento e tareas de produción, de comprensión, de lectura e de escritura.
1.3. Psicolingüística e Neurolingüística como áreas da Lingüística. Implicacións teóricas e vertentes aplicadas dos estudos sobre o procesamento neuropsicolóxico da lingua.
TEMA 2. PSICOLINGÜÍSTICA EVOLUTIVA. A ADQUISICIÓN DA LINGUA
OBXECTIVOS: Subliñar o interese da aproximación teórico-descritiva ao desenvolvemento da lingua no neno. Destacar os indicadores relevantes na estimación do bilingüismo (o plurilingüismo) individual.
GUIÓN:
2.1. A adquisición da linguaxe. Concepcións innatista, conductista e constructivista. A lingua como función (cognitiva) emerxente do cerebro.
2.2. O desenvolvemento comunicativo na ontoxénese. A importancia de estudar a linguaxe peculiar en etapas evolutivas. As gramáticas infantís.
2.3. A competencia comunicativa en dúas ou más linguas. Tipos de bilingüismo. Bilingüismo e hemisferios cerebrais.
TEMA3. LINGÜÍSTICA APLICADA AOS TRASTORNOS DA COMUNICACIÓN E Á APRENDIZAXE DE LINGUAS
OBXECTIVOS: Constatar a relevancia lingüística da comunicación en casos de disfuncións da linguaxe. Destacar o papel da Lingüística Aplicada na consideración e avaliación das limitacións, e nos procesos de Aprendizaxe e Ensinanza de linguas.
GUIÓN:
3.1. As chamadas patoloxías da linguaxe como disfuncións da comunicación. Clasificación dos trastornos da comunicación e criterios lingüísticos.
3.2. Enfoques descritivos e avaliativos das disfuncións verbais. Medios lingüísticos estruturalmente limitados e estratexias verbais comunicativamente eficaces. Prismas e análises para a valoración da conduta comunicativa. Avaliación estandarizada mediante test e avaliación gradual a través de perfís.
3.3. Definición e ámbito da Lingüística clínica e a Logopedia. Aplicacións da Psicolingüística na Aprendizaxe e na Ensinanza de linguas.
Bibliografía básica e complementariaAmbridge, Ben & Lieven, Elena (2011), Child Language Acquisition. Contrasting Theoretical Approaches, London, Cambridge University Press.
Blanken, Gerhard; Dittmann, Jürgen; Grimm, Hannelore; Marshall, John C. & Wallesch, Claus-W. (eds.) (1993), Linguistic Disorders and Pathologies. An International Handbook, Berlín, W. de Gruyter.
Clark, Eve V. (2003), First Language Acquisition, Cambridge, Cambridge University Press.
Crystal, David (1980), Introduction to Language Pathology, London, E. Arnold. Traducción al español de Mª L. Sánchez Bernardos, Patología del lenguaje, Madrid, Cátedra, 1983.
Cuetos, Fernando (2012) (ed), Neurociencia del lenguaje. Bases neurológicas e implicaciones clínicas, Buenos Aires/Madrid, Médica Panamericana.
Damasio, Antonio & Damasio, Hanna (1992), "El cerebro y el lenguaje", Investigación y ciencia,194, 58-66.
Diéguez Vide, Faustino & Peña Casanova, Jordi (2012), Cerebro y Lenguaje. Sintomatología neurolingüística, Buenos Aires/Madrid, Médica Panamericana.
Elman, Jeffrey; Bates, Elisabeth; Johnson, Mark; Karmiloff-Smith, Annette; Parisi, Domenico & Plunkett, Kim (1999), Rethinking Innateness. A Connectionist Perspective on Development, Cambridge, The MIT Press.
Faust, Miriam (ed) (2012), The Handbook of the Neuropsychology of Language, London, Wiley-Blackwell.
Fernández Pérez, Milagros (coord.) (2011), Lingüística de corpus y adquisición de la lengua, Madrid, Arco Libros.
López García, Ángel (2007), The Neural Basis of Language, Lincom Europa.
Morris, David W.H. (1993), Dictionary of Communication Disorders, London, Whurr Publishers, 2005.
Paradis, Michel (1999), Pragmatics in Neurogenic Communication Disorders, Amsterdam, Elsevier.
Paul, Rhea (20073), Language Disorders from Infancy through Adolescence, St. Louis, Missouri, Mosby Elsevier.
Serra, Miquel; Serrat, Elisabeth; Solé, Rosa; Bel, Aurora & Aparici, Melina (2000), La adquisición del lenguaje, Barcelona, Ariel.
Smith, Benita R. & Leinonen, Eeva (1992), Clinical Pragmatics. Unravelling the complexities of communicative failure, London/N. York, Chapman & Hall.
Stemmer, Brigitte & Whitaker, Harry A. (eds.) (1998), Handbook of Neurolinguistics, London/New York, Academic Press.
Tomasello, Michael (2003), Constructing a Language. A Usage-Based Theory of Language Acquisition, Cambridge, Masachussets, Harvard University Press.
Zaidel, Dahlia W. (1984), "Las funciones del hemisferio derecho", Mundo científico, 36,504-513.
Competencias(1) Adquirir conciencia reflexiva sobre diversos enfoques, métodos e modelos de aproximación a un mesmo fenómeno de interese (relación linguaxe-cognición, mente-cerebro), e como resultado de diferentes modos de concebir o obxecto de estudo e das distintas formas de fundamentar o coñecemento científico e os seus obxectivos.
(2) Comprender, comparar e aplicar algúns modelos de procesamento psicolingüístico das linguas (produción, comprensión, lectura e escritura).
(3) Exercitarse no manexo de métodos e técnicas de traballo empírico da Lingüística actual que permitan ao alumnado traballar con datos lingüísticos reais procedentes de grandes fontes e inventarios: corpus de fala infantil e corpus de datos de diferentes patoloxías lingüísticas.
(4)Coñecer teorías e tácticas para abordar o proceso de adquisición da linguaxe en contextos monolingües e multilingües.
(5)Dominar recursos lingüísticos básicos para analizar as habilidades comunicativas mermadas (en falantes con patoloxía) e a súa incidencia nas relacións interpersonais.
(6) Aplicar coñecementos e principios da Psicolingüística nas esferas da Lingüística clínica e da Aprendizaxe e Ensinanza de linguas.
Metodoloxía da ensinanza Sesións expositivas e interativas que permitan a aprendizaxe continuada e faciliten o entrenamento e as habilidades na materia. O ensino está distribuído por temas segundo se indica:
Tema 1: 10 sesións expositivas (do 10 de setembro ao 15 de outubro) adicadas á presentación de contidos segundo o guión do tema e como se constata de modo específico no cronograma.
5 sesións interactivas destinadas a (1) análise crítica de material audiovisual (2) textos representativos de contidos teóricos, e (3) exercicios prácticos para canalizar a asimilación dos contidos teóricos.
Tema 2: 10 sesiones expositivas (do 15 de outubro ao 19 de novembro) adicadas á presentación de contidos segundo o guión do tema e como se constata de modo específico no cronograma.
4 sesións interactivas destinadas a exercicios prácticos nos que se traballará con mostras reais de linguaxe infantil co obxectivo de compoñer perfís lingüísticos. Tamén se fará un percorrido por diferentes corpus de linguaxe infantil e traballarase con textos representativos das nocións teóricas presentadas nas sesión expositivas. Elaborarase un traballo breve de deseño dun perfil lingüístico.
Tema 3: 10 sesións expositivas (do 19 de novembro ao 21 de decembro) adicadas á presentación de contidos segundo o guión do tema e como se constata de modo específico no cronograma.
4 sesións interactivas destinadas a (1) analizar diferentes mostras de patoloxías da linguaxe dende o punto de vista lingüístico e a (2) valorar diferentes tests de valoración de trastornos comunicativos atendendo aos ingredientes lingüísticos que conteñan. Tamén se realizarán exercicios sobre manuais de aprendizaxe de linguas. Deberase realizar un traballo escrito breve consistente na análise dun test de avaliación considerando os compoñentes lingüísticos que inclúe.
Sistema de evaluaciónPRIMEIRA OPORTUNIDAD (MES DE XANEIRO):
A avaliación será continua: o 50% da calificación derivará das actividades e traballos realizados nas sesións presenciais. O 50% restante corresponderá ao exame realizado na data fixada segundo o calendario.
SEGUNDA OPORTUNIDADE (MES DE XULLO): Exclusivamente a través do exame que incluirá cuestións teóricas e prácticas (correspondentes ás sesións expositivas e ás sesións seminario). A proba terá lugar na data establecida segundo o calendario da Secretaría da Facultade.
Tempo de estudo e traballo persoalRecoméndase adicar unha hora diaria á materia, distribuíndo o tempo para as lecturas seleccionadas e para a realización das tarefas e exercicios propostos. En xeral, e para unha situación habitual de estudiante con expectativas, proponse unha hora de traballo persoal por cada hora de sesión docente.
SESIÓNS EXPOSITIVAS: 24 (horas presenciais) + 48 (horas non presenciais) = Total 72 horas
SESIÓNS SEMINARIO: 24 (horas presenciais) + 36 (horas non presenciais) = Total 60 horas
SESIÓNS TITORÍA GRUPO: 3 (horas presenciais) + 3 (horas non presenciais) = Total 6 horas
SESIÓNS AVALIACIÓN: 3 (horas presenciais) + 9 (horas non presenciais) = Total 12 horas
TOTAL: 54 (horas presenciais) + 96 (horas non presenciais) = Total 150 horas
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia regular ás sesións expositivas e interactivas.
Aproveitamento das lecturas recomendadas.
Realización das tarefas e exercicios propostos nas sesións interactivas.