Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5041609 - Literatura comparada (Os estudos literarios na actualidade) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
DOMINGUEZ PRIETO, CESAR PABLO.NON
VILLANUEVA PRIETO, FRANCISCO DARIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Literatura comparada é unha materia, integrada no minor "Teoría da literatura e literatura comparada" e no módulo complementario "Os estudos literarios na actualidade", de 6 créditos ECTS. Impártese no segundo cuadrimestre do terceiro ano dos Graos Lingua e Literatura Españolas, Lingua e Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas e Linguas e Literaturas Modernas (excepto Filoloxía Románica).

    Literatura comparada atende á dimensión interliteraria, interartística e interdiscursiva dos estudos literarios que é parte consubstancial do minor e do módulo complementario mencionados. Busca fornecer unha perspectiva translingüística e transcultural sobre o fenómeno literario tanto no eixe espacial como temporal. Contribúe, desde esta perspectiva, a complementar a perspectiva estritamente nacional e filolóxica no estudo da literatura a partir da indagación nas interrelacións contraídas polas literaturas entre si e polas literaturas e outras artes e discursos.

    A materia define una perspectiva idónea para unha comprensión da literatura como fenómeno supranacional ao tempo que identifica algúns dos problemas que dan sentido á literatura comparada como disciplina cun compromiso ético e humanista cunha fonda incidencia na escritura literaria e na propia constitución disciplinar dos estudos literarios.

    O obxectivo básico da materia “Literatura comparada” é familiarizar ao estudante dos graos en linguas e literaturas con algúns dos principais dominios comparatistas. Trátase de introducir ao estudante nunha lectura crítica de obras a través da comparación literaria centrada en aspectos temáticos, formais, xenóloxicos, interculturais e interartísticos que susciten una reflexión sobre o sentido mesmo da literatura e as artes. A materia presta especial atención tanto á propia traxectoria histórica da disciplina coma ás súas redefinicións no derradeiro terzo do século XX (o “novo paradigma”) e na actualidade a través do concepto de “literatura mundial”.
    Contidos
    1. Literatura comparada: definicións
    A Literatura comparada é a máis nova das disciplinas adicadas ó estudo dos textos literarios. Nace no século XIX, como consecuencia do pulo nacionalista que o Romanticismo dalle á consideración da Literatura. E fundamental, pois, explicar as súas orixes, a súa definición, o seu lugar no conxunto da chamada “Literaturwissenschaft” e o primeiro modelo metodolóxico aplicado polo comparatismo literario.
    a. As orixes da Literatura comparada
    b. Que é a Literatura comparada?
    c. Literatura comparada e Estudos literarios
    d. O paradigma positivista da Literatura comparada
    2. Os novos paradigmas da Literatura comparada
    No século XX o paradigma positivista do comparatismo da paso a outro máis atento ás converxencias que as influencias entre literaturas, de xeito que a referencia prioritaria á Historia literaria comeza a convivir cunha intensa relación entre Literatura comparada e Teoría da Literatura. É o “novo paradigma” desta disciplina no contexto dos Estudos literarios.
    a. Converxencias, paralelismos, polixénese: o pole de ideas
    b. Literatura comparada e Teoría da literatura
    c. Caso de estudo: Valle-Inclán e James Joyce
    3. Literatura comparada e analoxía de contextos
    O “novo paradigma” non esquece, non embargantes, a dimensión extratextual, histórica. Da comparación entre literaturas pódese tirar a conclusión de que os novos cambios históricos, sociáis e culturais determinan a aparición de formas semellantes en obras literarias creadas de xeito independente en linguas distintas.
    a. Literatura, realidade e contexto histórico
    b. Literatura comparada e o glocal
    c. Caso de estudo: A cidade industrial. Poesía, novela e cinema
    4. Xeografía literaria: os espazos da literatura
    En atención á natureza interdisciplinar da Literatura comparada, o presente tema pon en comunicación os estudos literarios cunha disciplina social como a xeografía co obxecto de dilucidar o papel do espazo na literatura e a propia literatura na imaxinación xeográfica.
    a. Que é a xeografía literaria?
    b. Cara a una lectura xeoliteraria
    c. Caso de estudo: Mapas literarios
    5. Literatura e pintura: artes xemelgas?
    Co obxecto de explorar a dimensión interartística da Literatura comparada, neste tema abórdase unha das comparacións fundacionais en Occidente á hora de pensar as especificidades da arte da escrita e da arte visual: literatura e pintura. Darase prioridade a un exame da relación literatura-pintura en ambas as dúas direccións.
    a. Nace o tópico interartístico: Ut pictura poesis
    b. As formas de interrelación literatura-pintura
    c. Caso de estudo: A écfrase
    6. A literatura mundial: unha nova fronteira para a Literatura comparada?
    Aínda que a literatura mundial foi o horizonte básico da Literatura comparada dende o seu nacemento, nos últimos anos asistimos a un novo interese polo concepto de literatura mundial que está a cuestionar o eurocentrismo ao que a disciplina naceu asociada e a introducir novos interrogantes.
    a. Goethe e a herdanza da Weltliteratur
    b. O proceso interliterario
    c. Caso de estudo: O best-seller como “literatura mundial”

    Bibliografía básica e complementaria
    Nas oportunas sesións expositivas e interactivas indicaranse as lecturas recomendadas e obrigatorias, así como os prazos para efectualas. Con todo, e cunha intención fundamentalmente orientativa, anticípase a seguinte bibliografía de referencia mínima:

    Anselmi, Gian Mario, ed. Mapas de la literatura europea y mediterránea. Barcelona: Crítica, 2000.
    Barricelli, Jean-Pierre e Joseph Gibaldi, eds. Interrelations of Literature. New York : The Modern Language Association of America, 1982.
    Barricelli, Jean-Pierre, Joseph Gibaldi e Estela Lauter, eds. Teaching Literature and Other Arts. New York: The Modern Language Association of America, 1990.
    Bassnett, Susan. Comparative Literature. A Critical Introduction. Oxford: Blackwell, 1993.
    Gnisci, Armando, ed. Introducción a la literatura comparada. Trad. Luigi Giuliani. Barcelona, Crítica, 2002.
    Gnisci, Armando e Dionýz Ďurišin, eds. Il Mediterraneo. Una rete interletteraria. Roma: Bulzoni, 2000.
    Gnisci, Armando e Franca Sinopoli, eds. Letteratura Comparata, I: Storia e Testi. Roma: Sovera, 1995.
    Gnisci, Armando e Franca Sinopoli, eds. Comparare i comparatismi: La comparatistica letteraria oggi in Europa e nel mondo. Roma: Lithos, 1995.
    Guillén, Claudio. Entre lo uno y lo diverso. Introducción a la literatura comparada. Barcelona: Crítica, 1985.
    Guillén, Claudio. Múltiples moradas. Ensayo de literatura comparada. Barcelona: Tusquets, 1998.
    Guillén, Claudio. Entre el saber y el conocer. Moradas del estudio literario. Valladolid: Universidad de Valladolid – Cátedra Jorge Guillén, 2001.
    Guillén, Claudio. Entre lo uno y lo diverso. Introducción a la literatura comparada (Ayer y hoy). Barcelona, Tusquets, 2005.
    Marino, Adrian. Comparatisme et théorie de la littérature. París : Presses Universtaires de France, 1988.
    Mendoza Fillola, Antonio. Literatura comparada e intertextualidad. Madrid: La Muralla, 1994.
    Miner, Earl. Comparative Poetics. An Intercultural Essay on Theories of Literature. Princeton: Princeton University Press, 1990.
    Moretti, Franco. Atlas de la novela europea, 1800-1900. Madrid: Trama, 1997.
    Villanueva, Darío. El polen de ideas. Teoría, crítica, historia y literatura comparada. Barcelona: PPU, 1991.
    ---. Imágenes de la ciudad. Poesía y cine, de Whitman a Lorca. Valladolid: Universidad de Valladolid, 2008.
    ---. "Literatura comparada y Teoría de la literatura". Curso de teoría de la literatura. Ed. Darío Villanueva. Madrid: Taurus, 1994. 99-127.
    Competencias
    • Coñecer as aplicacións da Literatura Comparada ao entendemento crítico do concepto de literatura.
    • Adquirir os instrumentos básicos para unha reflexión sobre a idea de supranacionalidade literaria.
    • Aplicar o instrumental teórico-comparado á análise de textos literarios e outros artefactos culturais.
    • Aprehender algúns dos problemas centrais na investigación e análise literario-cultural.
    Metodoloxía da ensinanza
    1.- A materia estrúturase en seis temas que ocuparán un tempo similar no desenvolvemento do curso. A temporalización proposta, axustada a un total de 25 horas dedicadas a sesións expositivas e 14 horas a sesións interactivas, é de 4 sesións expositivas e de 2 interactivas dunha hora por tema. Salvo elementos agora mesmo imponderábeis, cada tema ocupará dúas semanas do cuadrimestre, a razón de 3 horas semanais. Ao anterior cómpre engadir dúas sesións expositivas de carácter introdutorio.

    2.- A materia implica unha importante dimensión teórica e conceptual que no se desatenderá no desenvolvemento do programa. Porén, a docencia orientarase cara unha dimensión fundamentalmente analítica e crítica nun sentido interliterario, interartístico e interdiscursivo. Con este propósito, buscarase conciliar equilibradamente a exposición dos marcos de análise e a presentación das ferramentas metodolóxicas oportunas co labor máis práctico e concreto, concentrado sobre todo nas sesións expositivas.

    3.- Parte destacada da función dos profesores será proporcionar materiais de traballo axeitados aos obxectivos da materia e manter un seguimento do traballo dos alumnos, que é en último termo o elemento central na planificación da materia. A estes efectos, a aula virtual será un instrumento do que se procurará tirar o mellor partido posible.

    4.- Os alumnos deberán desenvolver un traballo persoal constante e sostido o longo do cuadrimestre. Unha primeira dimensión deste traballo se fundamentará na preparación da materia, seguindo as indicacións dos profesores e as liñas de indagación presentadas nas sesións expositivas. Unha segunda dimensión será a elaboración de traballos e a preparación consistente de debates e exposicións, cuxo marco preferente serán as sesións interactivas. A asistencia puntual as sesións expositivas e interactivas, así como as titorías colectivas, e fundamental e inescusable.

    5.- En función de diversas variábeis (número de estudantes , método de traballo, etc .), pode valorarse o recurs o a unha metodoloxía de ensinanza de tipo seminario.
    Sistema de evaluación
    1.- Un 50 % da cualificación final dependerá da realización dun exame. O outro 50 % da participación crítica e informada nas clases e da realización de traballos e outras tarefas asignadas polos docentes. Este factor estará ligado fundamentalmente á actividade nas sesións interactivas. A asistencia é obrigatoria. Un índice de ausencias non xustificadas ás clases superior ao 20 % implica o suspenso na materia. Resérvase a posibilidade de valorar así mesmo a participación en distintas actividades, como conferencias, que se poidan programar eventualmente ao longo do período lectivo.

    2.- A asistencia non computa de seu mais é obrigatoria. Un índice de ausencias non xustificadas superior ao 20% implica o suspenso inmediato na materia. Resérvase a posibilidade de ter presente así mesmo como factor de valoración a participación en eventuais actividades complementarias (conferencias, por exemplo) que sexan programadas ao longo do período lectivo.

    3.- Observación importante sobre o plaxio: O plaxio na realización dos traballos programados ou a utilización indebida e non indicada de maneira adecuada das fontes impresas ou de Internet pode implicar o suspenso na convocatoria correspondente coa cualificación más baixa.

    4.- AVALIACIÓN DAS SEGUINTES CONVOCATORIAS: Nas seguintes convocatorias non variarán os criterios seguidos na primeira polo que se refire ao dominio dos contidos teóricos e das estratexias aprendidas e demostradas na práctica crítica. A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos estabelecidos será de “suspenso”.

    5.- No caso de que a metodoloxía de ensinanza sexa de tipo seminario, o sistema de avaliación adecuarase consecuentemente.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Esta materia ten oficialmente 6 créditos ECTS. Como xa se indicou, as horas presenciais divídense en 25 horas de sesións expositivas e 15 horas de sesións prácticas interactivas. Engádense a estas sesións as dedicadas as titorías colectivas (tres horas). Como no ensino reglado polos créditos ECTS é protagonista a aprendizaxe do alumno e o seu labor persoal, multiplícase por factores variábeis a presencialidade en horas de traballo asignado aos alumnos. En concreto, aplícase un factor 2 ás sesións expositivas e 1,5 ás interactivas, o que implica que se atribúe ao alumno un traballo adicional de 50 horas en relación ás expositivas e de 30 en relación ás interactivas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    ESENCIAIS. Competencia lectora en, cando menos, dúas linguas, ademais de galego e castelán. Requírese así mesmo unha cultura literaria de nivel medio.

    ACONSELLÁBEIS. Resultará importante para o desenvolvemento do curso unha alta capacidade de lectura e de análise. Tamén é aconsellable o interese polos aspectos históricos e institucionais vinculados coa literatura.

    ATENCIÓN: Antes do inicio da parte da materia impartida polo Prof. César Domínguez, debe consultarse a Aula Virtual para seguir as indicacións de lecturas e demais tarefas.
    Observacións
    LECTURAS OBRIGATORIAS
    Tema 2:
    • Ramón del Valle-Inclán. Luces de Bohemia. Ed. Alonso Zamora Vicente. 22ª ed. Madrid: Espasa-Calpe, 1989.
    • James Joyce. Ulises. Trad. J. M. Valverde. 8ª ed. Barcelona: Tusquets, 1999.
    Tema 3:
    • Federico García Lorca. Poeta en Nueva York. Ed. Mª Clementa Millán. Madrid: Cátedra, 1987.
    • Camilo José Cela. La Colmena. Ed. Darío Villanueva. Barcelona: Vicéns Vives, 2004 (segunda edición).
    Tema 4:
    • Maria Edgeworth. The Absentee. Ed. Heidi Thomson. London: Penguin, 2007.
    o Tradución ao castelán: El absentista. Trads. Marta Salís Canosa e Ana Casanova. Barcelon: Alba, 2000.
    • Emilia Pardo Bazán. Los Pazos de Ulloa. Ed. Ermitas Penas. Barcelona: Crítica, 2000.
    Tema 5:
    • Honoré de Balzac. Le Chef-d'oeuvre inconnu. Eds. Ernst Theodor e Amadeus Hoffmann. Paris: LgF, 1997.
    o Tradución ao castelán: La obra maestra desconocida. Eds. Javier Albiñana Serain. Barcelona: Círculo de Lectores, 2000.
    • Henry James. The Lesson of the Master. Ed. Colm Tóibín. London: Hesperus Press, 2007.
    o Tradución ao castelán: La lección del maestro. Trad. Federico Corriente Basús. Madrid: Espasa-Calpe, 2008.
    Tema 6:
    • Rabindranath Tagore. La casa y el mundo. Barcelona: Sol 90, 2003.