G5041610 - Traxectorias da literatura europea (Os estudos literarios na actualidade) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo básico da materia “Traxectorias da literatura europea” é familiarizar ao estudante dos graos en linguas e literaturas con algúns dos principais problemas asociados á noción de literatura europea. Non se trata de ofrecer unha sinopse dos “clásicos europeos”, senón de introducir ao estudante nunha lectura crítica de obras que susciten unha reflexión sobre o sentido da fórmula “literatura europea” baixo enfoque comparatista. A materia presta especial atención tanto á propia traxectoria histórica da idea de literatura europea coma á súa redefinición actual no marco do proceso de integración europea e ao papel da literatura nas novas identidades.
Contidos1. Introdución. Europa e a Literatura comparada.
Tendo en conta os precedentes da noción de literatura europea, examinarase a interacción entre tal noción e a disciplina da literatura comparada. Isto implica revisar, por exemplo, as conexións entre os conceptos de literatura nacional e de cosmopolitismo e, de maneira máis concreta, algunhas propostas históricas sobre a noción de literatura europea xurdidas no ámbito do comparatismo.
2. Historiografía da idea de literatura europea.
A idea de literatura europea constituíuse modernamente en relación estreita co desenvolvemento da historia literaria. Neste sentido, proponse a análise dalgúns dos modelos historiográficos máis relevantes seguindo unha traxectoria cronolóxica.
3. Caso de estudo: a pastoral europea.
Como modelo de análise, abordarase o caso dunha das tradicións literarias máis características, polas súa pervivencia e transcendencia ideolóxica, na conceptualización da literatura europea.
4. A tradución na construción da literatura europea.
A partir dunha introdución aos fundamentos teóricos do estudo da tradución baixo óptica comparatista, examínase o funcionamento da tradución en canto unha das dimensións básicas das relacións interliterarias, con especial atención polo seu papel na configuración das literaturas nacionais, os fluxos europeos da tradución e a construción do canon europeo.
5. Europa posnacional: literatura europea e Unión Europea.
O novo marco institucional que representa a UE invita a preguntarse cales son as súas consecuencias para a idea de literatura europea. Selecciónanse aquí dous ámbitos especialmente ricos á hora de calibrar ditas consecuencias, como é o ámbito institucional (sistema educativo, novos cánones, antoloxías, premios, etc.) e o ámbito de novas prácticas de lectura.
6. Caso de estudo: O “Grand Tour”. Unha formación europea.
A literatura do “Grand Tour”, cos seus múltiples xéneros, constitúe un espazo textual privilexiado que reflicte o espazo europeo como unha xeografía educativa e sentimental unificada. Articulada polo motivo da viaxe, fusiona ficción, escrita do eu, ensaio político e artístico, relato de formación, guía de turismo, etc., todo isto nun xogo múltiple de auto- e hetero-definicións da identidade europea.
Bibliografía básica e complementariaAnselmi, Gian Mario, ed. Mapas de la literatura europea y mediterránea. Barcelona: Crítica, 2000.
Backès, Jean-Louis. La Littérature européenne. Paris: Belin, 1996.
Bemong, N., M. Truwant e P. Vermeulen, eds. Re-Thinking Europe. Literature and (Trans)National Identity. Amsterdam: Rodopi, 2008.
Benoit-Dusausoy, Annick e Guy Fontaine. Histoire de la literature européenne. Paris: Hachette, 1992.
Benoit-Dusausoy, Annick e Guy Fontaine, eds. Lettres européennes. Manuel universitaire d’histoire de la littérature europénne. Bruxelles, de Boeck, 2007.
Curtius, Ernst Robert. Ensayos críticos sobre la literatura europea. Barcelona: Seix Barral, 1972.
Dainotto, Roberto M. Europe (In Theory). Durham: Duke UP, 2007.
Didier, Béatrice, ed. Précis de littérature européenne. Paris: PUF, 1998.
Domínguez, César, ed. Literatura europea comparada. Madrid: Arco/Libros, 2013.
Fendler, Susan e Ruth Wittlinger, eds. The Idea of Europe in Literature. London: MacMillan, 1999.
Fumaroli, Marc et al. Identité littéraire de l’Europe. Paris: Presses Universitaires de France, 2000.
García Picazo, Paloma. La idea de Europa: historia, cultura, política. Madrid: Tecnos, 2008.
Gnisci, Armando e Dionýz Ďurišin, eds. Il Mediterraneo. Una rete interletteraria. Roma: Bulzoni, 2000.
Leerssen, J. T. e K. U. Syndram, eds. Europa Provincia Mundi. Essays in Comparative Literature and Europea Studies Offered to Hugo Dyserinck on the Occasion of His Sixty-Fifth Birthday. Amsterdam: Rodopi, 1992.
Lützeler, Paul Michael. Europäische Identität und Multikultur: Fallstudien zur deutschsprachigen Literatur seit der Romantik. Tübingen: Stauffenburg, 1997.
Marino, Adrian. The Biography of the “Idea of Literature”. From Antiquity to Baroque. New York: State U of New York P, 1996.
Montandon, A., ed. Moeurs et images: études d’imagologie européenne. Clermont-Ferrand: Université Blaise Pascal, 1997.
Moretti, Franco. Atlas de la novela europea, 1800-1900. Madrid: Trama, 1997.
Sinopoli, Franca. Il mito della letteratura europea. Roma: Meltemi, 1999.
Sinopoli, Franca. La letteratura europea vista dagli altri. Roma: Meltemi, 2003.
Sinopoli, Franca. La dimensione europea nello studio letterario. Milano: Bruno Mondadori, 2009.
Competencias• Coñecer as aplicacións da Literatura Comparada ao entendemento crítico do concepto de literatura europea.
• Adquirir os instrumentos básicos para unha reflexión sobre a idea de literatura europea nun contexto mundial.
• Aplicar o instrumental teórico-comparado á análise de textos literarios e outros artefactos culturais.
• Aprehender algúns dos problemas centrais na investigación e análise literario-cultural.
Metodoloxía da ensinanza 1.- A materia implica unha importante dimensión teórica e conceptual que no se desatenderá no desenvolvemento do programa. Porén, a docencia orientarase cara unha dimensión fundamentalmente analítica e crítica tanto desde unha perspectiva histórica coma desde outra moito más ligada á unha situación estritamente contemporánea. Con este propósito, buscarase conciliar equilibradamente a exposición dos marcos de análise e a presentación das ferramentas metodolóxicas oportunas co labor máis práctico e concreto, concentrado sobre todo nas sesións expositivas.
2.- Parte destacada da función dos profesores será proporcionar materiais de traballo axeitados aos obxectivos da materia e manter un seguimento do traballo dos alumnos, que é en último termo o elemento central na planificación das materia. A estes efectos, a aula virtual será un instrumento do que se procurará tirar o mellor partido posible.
3.- Os alumnos deberán desenvolver un traballo persoal constante e sostido o longo do cuadrimestre. Unha primeira dimensión deste traballo se fundamentará na preparación da materia, seguindo as indicacións dos profesores e as liñas de indagación presentadas nas sesións expositivas. Unha segunda liña será a elaboración de traballos e a preparación consistente de debates e exposicións, cuxo marco preferente serán as sesións interactivas. A asistencia puntual as sesións expositivas e interactivas, así como as titorías colectivas, e fundamental e inescusable.
4.- En función de diversas variábeis (número de estudantes, método de traballo, etc.), pode valorarse o recurso a unha metodoloxía de ensinanza de tipo seminario.
Sistema de evaluación1. CONSIDERACIÓNS XERAIS
No contexto da lexislación vixente, a avaliación das materias impartidas pola Área Teoría da literatura e Literatura comparada comprende, xunto coa convocatoria das probas oficiais que cada curso efectúa o Decanato, posíbeis probas complementarias acordadas expresamente entre profesorado e alumnado. Ademais, serán factores relevantes con incidencia directa na cualificación a participación activa e continuada nas sesións expositivas e interactivas e o seguimento doutras actividades prácticas que o equipo docente considere de especial interese formativo e académico.
2. ELEMENTOS QUE SE VALORARÁN
• Dominio dos contidos teóricos, das estratexias aprendidas e da práctica crítica.
• Asistencia e participación nas clases expositivas, interactivas e nas titorías colectivas que se convoquen.
• Participación dinámica nas distintas actividades e calidade desa participación.
• Asistencia regular e puntualidade.
• Realización e boa presentación formal de traballos escritos, así como participación continuada en debates e exposicións orais derivadas da preparación de traballos en grupo.
• Entidade da comprensión crítica, calidade da expresión oral e escrita, orixinalidade e creatividade.
• Boa execución de prácticas por escrito e de breves exposicións orais a partir de traballos realizados en grupo.
•
Un 60% da cualificación final dependerá da realización dun exame ou doutra proba alternativa acordada entre o equipo docente e o alumnado. O outro 40% procederá da participación crítica e informada nas clases e da realización de traballos e outras tarefas asignadas polos docentes. Este factor estará ligado fundamentalmente á actividade nas sesións interactivas. A proporción indicada manterase no caso de que o alumno non aprobe tras o primeiro exame e recorra á segunda oportunidade en xullo.
A asistencia non computa de seu mais é obrigatoria. Un índice de ausencias non xustificadas superior ao 20% implica o suspenso inmediato na materia.
Resérvase a posibilidade de ter presente así mesmo como factor de valoración a participación en eventuais actividades complementarias (conferencias, por exemplo) que sexan programadas ao longo do período lectivo.
• Observación importante sobre o plaxio: O plaxio na realización dos traballos programados ou a utilización indebida e non indicada de maneira adecuada das fontes impresas ou de Internet pode implicar o suspenso na convocatoria correspondente coa cualificación más baixa.
3. AVALIACIÓN DAS SEGUINTES CONVOCATORIAS
Nas seguintes convocatorias non variarán os criterios seguidos na primeira polo que se refire ao dominio dos contidos teóricos e das estratexias aprendidas e demostradas na práctica crítica. A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos estabelecidos será de “suspenso”.
4. No caso de que a metodoloxía de ensinanza sexa de tipo seminario, o sistema de avaliación adecuarase consecuentemente.
Tempo de estudo e traballo persoalEsta materia ten oficialmente 6 créditos ECTS. Como xa se indicou, as horas presenciais divídense en 25 horas de sesións expositivas e 15 horas de sesións prácticas interactivas. Engádense a estas sesións as dedicadas as titorías colectivas (tres horas). Como no ensino reglado polos créditos ECTS é protagonista a aprendizaxe do alumno e o seu labor persoal, multiplícase por factores variábeis a presencialidade en horas de traballo asignado aos alumnos. En concreto, aplícase un factor 2 ás sesións expositivas e 1,5 ás interactivas, o que implica que se atribúe ao alumno un traballo adicional de 50 horas en relación ás expositivas e de 30 en relación ás interactivas.
Recomendacións para o estudo da materiaESENCIAIS. Competencia lectora en, cando menos, dúas linguas europeas, ademais de galego e castelán. Requírese así mesmo unha cultura literaria de nivel medio.
ACONSELLABEIS. Resultará importante para o desenvolvemento do curso unha alta capacidade de lectura e de análise. Tamén é aconsellable o interese polos aspectos históricos e institucionais vinculados coa literatura.
ObservaciónsTraxectorias da literatura europea é unha materia, integrada no minor "Teoría da literatura e literatura comparada" e no módulo complementario "Os estudos literarios na actualidade", de 6 créditos ECTS. Impártese no primeiro cuadrimestre do segundo ano dos Graos en Lingua e Literatura Española, Lingua e Literatura Galega, Lingua e Literatura Inglesa e Linguas e Literaturas Modernas (excepto Filoloxía Románica).