Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5041612 - Cine e literatura (Os estudos literarios na actualidade) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
VILLANUEVA PRIETO, FRANCISCO DARIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    -Estabelecer a importancia dos trasvases entre os ámbitos literario e cinematográfico ao longo da historia do século XX, con especial atención aos xéneros narrativo e dramático.
    -Acceder aos instrumentos básicos da análise dos textos cinematográficos e verificar as coincidencias deses instrumentos cos da análise literaria.
    -Coñecer os elementos fundamentais na escritura do guión cinematográfico dende unha perspectiva interartística a través dos manuais máis utilizados neste campo.
    -Adquirir, en xeral, conceptos e métodos que axuden a localizar a presenza intermedial do cinematográfico na obra literaria, tanto no que atinxe a técnicas como a contidos.
    -Ampliar o campo de estudo do alumnado cara ás esferas problemáticas do comparatismo actual, é dicir, cara aos eidos que tan só esta disciplina ten como propios.


    Contidos
    1. As relacións históricas entre a literatura e o cinema. O pre-cinema.

    A literatura e o teatro serviron como modelos para a configuración da linguaxe cinematográfica, que tardou en atopar unha linguaxe propia dentro do sistema das artes. Trátase polo tanto de verificar historicamente o desenvolvemento destas relacións interartísticas, dende as orixes até os nosos días.

    Guión: Das orixes ao modo de representación institucional. Do modelo teatral ao narrativo. D. W. Griffith e O nacemento dunha nación. A montaxe. Cara ao cinema clásico. El Quijote como obra precinematográfica.

    Bibliografía específica:
    J. L. Sánchez Noriega (2006), Historia del cine: teoría y géneros cinematográficos, fotografía y televisión, Madrid: Alianza.
    David Bordwell (2006), El arte cinematográfico: una introducción, Barcelona: Paidós.
    Darío Villanueva (2008), El Quijote antes del cinema, Madrid: Real Academia Española.

    2. Do cinema silencioso ao sonoro. A imaxe en cine e poesía.

    O que poderiamos chamar “periodo incunable” do cinema deu paso nos anos vinte, logo de que Ricciotto Canudo culminase con éxito asúa campaña a prol do recoñecimento do cinema como “sétimo arte”, ó descubrimento das súas posibilidades expresivas e estéticas por parte de artistas plásticos, teóricos da literatura e poetas. O resultado foi a reivindicación creativa do cinema por parte das vangardas.

    Guión: A palabra no chamado “cine mudo”. A tecnoloxía do sonoro. O cantante de jazz de Alan Crossland (1927). O cinema das vangardas nos anos vinte. Da imaxe fílmica á imaxe futurista, expresionista, surrealista e expresionista na poesía. Luis Buñuel e Jean Epstein. Lorca e Dalí.

    Bibliografía específica:
    Darío Villanueva (2008), Imágenes de la ciudad: poesía y cine, de Whitman a Lorca, Valladolid: Universidad de Valladolid, Servicio de Publicaciones, 2ª edición, 2009.
    3. Cinema e teatro: o falso amigo. Códigos semiolóxicos compartidos.
    En principio, o cinema e o teatro semellan ser concomitantes, polo carácter de reresentación que ambolosdous teñen, a duración dos filmes e as pezas que é moi similar, e o propio aproveitamento das salas teatráis para a proxección. Máis as diferencias son sumamente significativas, ata o punto de que A. Bazin acuñara a expresión de que o teatro e “o falso amigo” do cine. A seus sistemas de convencións son diferentes. No teatro o diálogo predomina sobre a acción, o revés do que sucede nos filmes. E así o director e teórico soviético Dziga Vertov reivindica en 1929, o comezo do seu filme O home coa cámara de filmar, a creación dunha linguaxe do cinema basada no seu total afastamento da linguaxe do teatro.

    Guión : Dos Lumière a G. Méliès. O precinematografismo en Shakespeare: Henry V. Esquematismo e fenomenoloxía das obras de arte literaria e cinematográfica. Códigos semiolóxicos. O feed-back do cine ao teatro moderno. A construcción do personaxe. Teoría aristotélica do cinema. A catarsis.

    Bibliografía específica:
    Becerra, Carmen (ed.), Cine y teatro, Vigo: Academia del hispanismo, 2009.
    Iglesias Simón, Pablo, De las tablas al celuloide: trasvases discursivos del teatro al cine primitivo y al cine clásico de Hollywood, Madrid : Fundamentos, 2007.
    Romera Castillo, José (ed.), Del teatro al cine y la televisión en la segunda mitad del siglo XX, Madrid: Visor, 2002.

    4. Aspectos da articulación estrutural das linguaxes fílmica e literaria. Teoría da narración audiovisual e narratoloxía comparada.

    A narratoloxía forneceu ao estudos cinematográficos, dende os anos oitenta do século XX, de instrumentos de análise aínda hoxe vixentes, sobre todo no que se refire á análise da temporalización ou da voz narrativa. As propostas de Gérard Genette foron complementadas por françois Jost, André Gaudreault ou Laurent Jullier, dentro da tradición francesa, e de David Bordwell na anglosaxona. Realizarase un achegamento crítico ao modelo narratolóxico.

    Guión: A narratoloxía comparada. Mímese e diéxese. Tempo e narración. Voz e focalización. A adaptación cinematográfica. Lecturas posmodernas da narración.

    Bibliografía específica:
    Seymour Chatman (1990), Historia y discurso. La estructura narrativa en la novela y el cine, Madrid: Taurus.
    Fernando de Felipe, e Iván Gómez (2008), Adaptación, Barcelona: Blanquerna.
    José Antonio Pérez Bowie (2008), Leer el cine: la teoría literaria en la teoría cinematográfica, Salamanca: Universidad.
    Robert Stam, compilador (2005), Teorías del cine: una introducción, Barcelona: Paidós.

    5. Análise do guión cinematográfico. A adaptación da obra literaria.

    Non é casualidade que aínda hoxe o autor máis estudiado nos manuais de guión sexa Aristóteles. Resultará útil ver ata qué punto os paradigmas propostos por Vogler, McKee ou Field se axustan á teoría literaria máis convencional no que se refire aos conceptos de estrutura, personaxe ou diálogo.

    Guión: Estrutura do guión cinematográfico. Paradigmas. A creación do personaxe. A elaboración de diálogos. O guión adaptado.

    Bibliografía específica:
    Syd Field, El libro del guión, Madrid: Plot, 1994.
    Robert McKee, El guión. Sustancia, estructura, estilo y principios de la escritura de guiones, Barcelona: Alba Editorial, 2002.
    Cristopher Vogler (2002), El viaje del escritor, Barcelona: Robinbook.
    Jordi Balló, y Xavier Pérez (1998), La semilla inmortal: los argumentos universales en el cine, Barcelona: Anagrama.


    6. Estudos de caso: Macbeth de William Shakespeare. Morte en Venecia de Thomas Mann.

    Como ilustración da teoría, realizaráse na aula un estudo comparativo de senllas obras literarias nas súas meirandes adaptacións cinematográficas.

    Guión: A traxedia de Macbeth será analisada nas versións de Orson Welles (1948), Akira Kurosawa (titulada Trono de sangue, de 1957), e, nomeadamente, Roman Polanski (1971). As súas lecturas fílmicas da peza shakespereana serán contrastadas coa interpretación crítica que do texto de Macbeth fixo Harold Bloom.
    No caso da novela curta de Thomas Mann Der Tod in Venedig, serán dous os hipotextos estudados: o guión de Nicola Badaluco e Lucchino Visconti e o filme Morte à Venezia dirixido por este último.

    Bibliografía específica:
    Becerra, Carmen (ed.), Cine y teatro, Vigo: Academia del hispanismo, 2009.
    Bloom, Harold, Shakespeare. La invención de lo humano, Barcelona: Círculo de Lectores, 2002.
    Visconti, Luchino, Muerte en Venecia, Barcelona: Aymá, 1973.



    Bibliografía básica e complementaria
    Becerra, Carmen (ed.), Cine y teatro, Vigo: Academia del hispanismo, 2009.
    Bluestone, George, Novels into film, Baltimore: Johns Hopkins University Press, 2003.
    Chatman, Seymour, Historia y discurso. La estructura narrativa en la novela y el cine, Madrid: Taurus, 1990.
    Faro Forteza, Agustín, Películas de libros, Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza, 2006.
    Felipe, Fernando de, e Iván Gómez, Adaptación, Barcelona : Blanquerna, 2008.
    Field, Syd, El libro del guión, Madrid: Plot, 1994.
    Gaudreault, André, El relato cinematográfico: cine y narratología, Barcelona: Paidós, 1995.
    Gubern, Román, Historia del cine, Barcelona: Lumen. 2006.
    Hutcheon, Linda, A theory of adaptation, New York: Routledge, 2006.
    Iglesias Simón, Pablo, De las tablas al celuloide: trasvases discursivos del teatro al cine primitivo y al cine clásico de Hollywood, Madrid : Fundamentos, 2007.
    Manzano Espinosa, Cristina, La adaptación como metamorfosis: transferencias entre el cine y la literatura, Madrid: Fragua, 2008.
    McKee, Robert, El guión. Sustancia, estructura, estilo y principios de la escritura de guiones, Barcelona: Alba Editorial, 2002.
    Peña-Ardid, Carmen, Literatura y cine: una aproximación comparativa, Madrid: Cátedra, 1999.
    Pérez Bowie, José Antonio (ed.), La adaptación cinematográfica de textos literarios: teoría y práctica, Salamanca: Plaza Universitaria Ediciones, 2003.
    Piñera Tarque, Ismael, Mundos narrativos: relato literario y relato fílmico, Kassel: Reichenberger, 2006.
    Romera Castillo, José (ed.), Del teatro al cine y la televisión en la segunda mitad del siglo XX, Madrid: Visor, 2002.
    Sánchez Noriega, José Luis, De la literatura al cine: teoría y análisis de la adaptación, Barcelona: Paidós, 2000.
    Stam, Robert, Literature through film: realism, magic, and the art of adaptation, Malden: Blackwell, 2005.
    Stam, Robert, compilador, Teorías del cine: una introducción, Barcelona: Paidós, 2005.

    Stam, Robert, Burgoyne, R. y Flitterman-Lewis, S. (compiladores), Nuevos conceptos de la teoría del cine, Barcelona: Paidós, 1999.

    Vilariño Picos, Teresa, y Patricia Fra (eds.), Literatura y cine. Boletín Galego de Literatura, 27, 1, 2002.
    Villanueva, Darío, Imágenes de la ciudad: poesía y cine, de Whitman a Lorca, Valladolid: Universidad de Valladolid, Servicio de Publicaciones, 2008. 2ª edición, 2009.


    Competencias
    -Incorporar o estudo das relacións entre cinema e literatura ao ámbito da Literatura Comparada e da Teoría da Literatura.
    -Recoñecer o interese do estudio interdisciplinar, isto é, o estudo de fenómenos que se sitúan a medio camiño entre dúas ou máis disciplinas.
    -Aquilatar a importancia da análise textual concreta dos textos literarios e cinematográficos.
    -Poñer en relación conceptos e métodos que teñen abordado o literario dende o cinematográfico, e á inversa.
    - Asimilar unha noción ampliada do concepto de "texto" e das análises correlativas.
    -Desenvolver a capacidade de reflexión crítica e de argumentación sobre o feito literario e cinematográfico a partir do manexo dunha terminoloxía teórica sólida e ben asimilada.


    Metodoloxía da ensinanza
    Combinaranse as sesións expositivas (30 horas) coa proxección e comentario de textos literarios e cinematográficos nas sesións prácticas (24 horas). O resto do curso dedicarase á clarificación máis personalizada de dúbidas ou á aprofundización nalgún dos conceptos empregados (6 horas).
    A materia estrúturase en seis temas, que ocuparán un tempo similar no desenvolvemento do curso. A temporalización proposta, é de 5 sesións expositivas e de 3 interactivas dunha hora por tema. Salvo elementos agora mesmo imponderabeis, cada tema ocupará dúas semanas do cadrimestre, a razón de 4 horas semanais. Ao anterior cómpre engadir unha sesión expositiva de carácter introdutorio por tema.
    TITORÍAS
    As titorías constitúen un reforzo personalizado das sesións expositivas e interactivas. Servirán para profundizar nas cuestións que presenten dificuldades ou para ampliar sectores que sexan do específico interese do alumnado. Nese labor titorial o profesor/a terá a ocasión de comprobar en qué medida progresa cada alumno/a na aprendizaxe, polo que as horas de titoría acaban proxectando unha dimensión didáctica de axuste de posíbeis disfuncións tanto no plano individual como no colectivo.








    Sistema de evaluación
    Exame final (60%), valoración da participación en clase (10%), elaboración de traballos e exposicións (30%).
    Á parte do exame final, valorarase a participación nas clases expositivas e interactivas, a redacción dun traballo individual consistente na elaboración dun pequeño guión fílmico a partir dun relato curto ou un poema, a capacidade de interactuar cos compañeiros e a execución doutras actividades prácticas.

    Serán obxecto de estimación positiva a corrección ortográfica e gramatical e a propiedade na expresión oral e escrita, así como a coherencia lóxica do discurso e a capacidade de síntese.

    Os criterios expostos manterán validez nas calificacións de maio e nas de xullo. Excepcionalmente, estimaranse circunstancias individuais que condicionen o seguimento estrito das tarefas programadas no día a día.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estudo e preparación de actividades programadas na clase: 30 HORAS
    Realización de traballos de diverso tipo: 30
    Lecturas: 25
    Preparación de exames: 15
    Total de horas de actividade non presencial : 100




    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase unha asistencia regular e puntual ás clases, o seguimento diario das tarefas programadas, a lectura serea e crítica dos textos de traballo e o uso de todas as canles comunicativas co profesor/a e coas fontes de aprendizaxe. En particular aconséllase ao alumnado o aproveitamento das horas de titoría, onde a aprendizaxe pode ser máis personalizada.


    Observacións
    Para obter un pleno rendemento na materia, é recomendábel unha posta ao día dos coñecementos básicos relacionados coa cultura audiovisual, e un repaso dos conceptos adquiridos en anos anteriores no ámbito da Teoría da Literatura.