Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5041613 - Estudos teatrais (Aplicacións teórico- comparadas: Literatura, cultura e teatro.) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ABUIN GONZALEZ, ANGEL EUGENIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1) Achegarse á tradición dos Estudos teatrais con particular atención aos conceptos que son de aplicación directa á análise de textos.
    2) Coñecer as grandes áreas de investigación teórica sobre a literatura, a cultura e o teatro.
    3) Visualizar de forma xeral as principais correntes teórico-críticas contemporáneas sobre o fenómeno literario-teatral e as súa simplicacións.
    4) Fundamentar a análise crítica de textos teatrais nos niveis formal-estrutural, semiótico, hermenéutico, cultural e sistémico.
    5) Coñecer os conceptos e recursos da análise crítica do texto dramático e teatral /espectacular.
    6) Coñecer os elementos básicos para poder abordar desde unha perspectiva moderna e interdisciplinar o fenómeno literario como un proceso complexo e suxeito a unha reflexión teórica e comparada.
    7) Conseguir fundamentos rigorosos para o seu uso e aplicación nos Estudos literarios e teatrais.
    8) Adquirir conceptos e métodos que desenvolvan nos estudantes estratexias de observación persoal do feito literario-espectacular.
    9) Ampliar o campo de estudo do alumnado cara ás esferas problemáticas do comparatismo actual, é dicir, cara aos eidos que tan só esta disciplina ten como propios.


    Contidos
    1. O espectáculo e o espectador. O personaxe e o actor
    2. Segmentación do texto dramático e espectacular. Os códigos teatrais
    3. A enunciación teatral. O diálogo teatral
    4. O tempo e o espazo escénicos
    5. A dramaturxia no século XX. Historia da posta en escena
    6. Teatro e multiculturalismo. Conclusión: Cara a unha análise dos espectáculos teatrais

    Bibliografía básica e complementaria
    ABIRACHED, R., La crise du personnage dans le théâtre moderne, Grasset, París, 1978.
    ABU�N, A., El narrador en teatro, Universidade de Santiago, 1997.
    BADIOU, A., Rapsodia por el teatro (Breve tratado filosófico), Agora, Málaga, 1993.
    BOBES NAVES, M. del C., Semiología de la obra dramática, Taurus, Madrid, 1987.
    BOBES NAVES, M. del C. (ed.), Teoría del teatro, Arco, Madrid, 1997.
    BOGATYREV, P., "Les signes du théâtre", en Poétique, 8 (1971), pp. 517-530.
    DEMARCY, R., Élémentsd'unesociologie du spectacke, UGE, París, 1973.
    DE MARINIS, M., Semiotica del teatro. L'analisitestualedellospettacolo, Bompiani, Milán, 1982.
    DE TORO, F., Semiótica del teatro. Del texto a la puesta en escena, Galerna, Buenos Aires, 1987.
    ELAM, K., The Semiotics of Theatre and Drama, Methuen, Londres, N. Y., 1980.
    FERRANDO, B., El arte de la performance, Valencia, Mahali, 2009.
    FISCHER-LICHTE, E., The Semiotics of Theater, Indiana University Press, 1992 (trad inglesa de Semiotik des Theaters, Gunter NarrVerlag, Tübingen, 1983).
    GARC�A BARRIENTOS, J.L., Drama y tiempo, CSIC, Madrid, 1991.
    GARC�A BARRIENTOS, J.L., Cómo se comenta una obra de teatro, Síntesis, Madrid, 2002.
    HORMIGON, J. A., Trabajo dramatúrgico y puesta en escena, Publicaciones de la Asociación de Directores de Escena de España, Madrid, 1991.
    ISSACHAROF, M., Le Spectacle du discours, José Corti, París, 1985.
    KOWZAN, T., "Le Signe au théâtre", en Diogène, 61 (1968). Hay traducción en Th. Adorno (comp.), El teatro y su crisis actual, Monte Avila, Caracas, 1969, pp. 23-60.
    PAVIS, P., Diccionario del teatro, Paidós, Barcelona, 1983.
    *PAVIS, P., El análisis de los espectáculos, Paidós, Barcelona, 2001.
    PFISTER, M., The Theory and Analysis of Drama, Cambridge University Press, Cambridge, 1977.
    ROZIK, E., Generating Theatre Meaning, Sussex Academic Press, Brighton, 2010.
    ROUBINE, J.-J., Introducción ás grandes teorías do teatro, Vigo: Galaxia, 2002.
    RUFFINI, F., Semiotica del testo. L'esempio teatro, Bulzoni, Roma, 1978.
    SARRAZAC, J.-P., L'Avenir du drame. Ecrituresdramatiquescontemporaines, Ed. de l'Aire, Lausanne, 1981.
    SANCHIS SINISTERRA, J., La escena sin límites, Madrid, Ñaque, 2002.
    SEGRE, C., Teatro e romanzo. Due tipi di comunicazioneletteraria, Einaudi, Turín, 1984.
    TRANCÓN, S., Teoría del teatro, Fundamentos, Madrid, 2006.
    UBERSFELD, A., L'École du spectateur.Lire le théâtre 2, Ed. Sociales. París, 1981.
    -----, Semiótica teatral, Cátedra/Universidad de Murcia, Madrid, 1989.
    VEINSTEIN, A., La Mise en scènethéâtrale et saconditionesthétique, Flammarion, París, 1955.
    ZARRILLI, Ph., A interpretación (re)considerada, Galaxia, Vigo, 2010.

    Competencias
    1) Entender os obxectivos, posibilidades e métodos dos Estudos teatrais no marco dinámico da súa propia tradición.
    2) Asumir a pluralidade da noción de "teatro" e dos propios Estudos teatrais.
    3) Asimilar unha noción ampliada do concepto de "texto" e das análises correlativas.
    4) Estabelecer as metas e mecanismos apropiados dunha análise textual.
    5) Correlacionar conceptos como forma, estrutura, código, discurso, autoría, lectura, significado, interpretación, repertorio, posición e canon coa análise textual.
    6) Entender e saber aplicar os fundamentos da análise dramático-teatral.
    7) Comprender unha serie de distincións nocionais básicas indispensábeis para se aproximar aos diferentes aspectos implicados no proceso teatral.
    8) Entender a diversidade de enfoques e modelos teóricos contemporáneos nos Estudos teatrais.
    9) Asimilar os principios e métodos fundamentais para unha lectura crítica de textos teóricos e teatrais.
    10) Desenvolver a capacidade de reflexión crítica e de argumentación sobre o feito teatral a partir do manexo dunha terminoloxía teórica sólida e ben asimilada.

     

    Metodoloxía da ensinanza
    Estudos teatrais aspira a articularse ademais como unha guía sólida para a comprensión e a análise dos textos teatrais e espectaculares na actualidade. Trátase polo tanto de fornecer das ferramentas necesarias para emprender esa tarefa atendendo aos seguintes parámetros:

    • Lectura crítica dos espectáculos teatrais dende unha perspectiva semiolóxica.
    • Información detallada de cada un dos posíbeis códigos que interveñen nunha posta en escena.
    • Coñecemento das principais correntes teóricas naanálise do feito teatral.
    • Valoración crítica da relación entre o texto espectacular e o texto literario, dentro dos procesos de transducción.

    Considerouse apropiado que cada tema ocupe dúas sesión expositivas, de maneira que haxa tempo suficiente para introducir pausadamente os contidos da materia. Contarase ademais con sesións de balance transversal e de prospectiva sobre cada bloque de temas, o que deixa así mesmounhamarxe de axuste para algún imprevisto que surda durante o curso ou para atender algunhasuxestión específica do alumnado destinada a complementar a información compartida.
    As sesións expositivas a cargo do profesorado complementaranse coa participación nas clases dos alumnos/as mediante intervenciónsindividuais que demanden maiorclaridade, profundidadeou ampliación de contidos, e tamén a través de propostasconxuntas derivadas de intereses específicos do grupo oudun sector do mesmo. Estas sesións non terán un carácter reservadamente teórico senón que incorporarán dimensións prácticas e aplicacións concretas do marco conceptual presentado ao grupo.
    As sesións de seminario reforzarán a interactividade e os momentos de debatearredor da proxección de espectáculos en vídeo. Os materiais de apoio —textos espectaculares, fragmentos teóricos e críticos relacionados cos temas do programa, así como outras producións artísticas e discursivas— están destinados a incentivar unha comunicación posta aoservizo dos obxectivos e competencias expostos.

    Aula Virtual
    Activarase unha Aula Virtual para a materia e promoverase o uso e aproveitamento dos seusmateriais e recursos. A continuidade no seguimento desta ferramenta terá incidencia directa na nota final.




    Sistema de evaluación
    Valorarase a participación nas clases expositivas e interactivas, a preparación e elaboración de traballos (como mínimo un individual e un en grupo), o uso da Aula Virtual, a capacidade de interactuar cos compañeiros e a execución doutras actividades prácticas.
    A nota do exame ou dun traballo final representa o 60% da calificación final. Da participación en clases expositivas e seminarios e do uso da Aula Virtual terase en conta a constancia na interactividade, o nivel e o interese das intervencións e o progreso neses parámetros ao longo do curso. Igualmente, valorarase a disposición a colaborar no marco do grupo, con atención particular á interacción co alumnado Erasmus (integración, apoio mutuo, activación de propostas en común...). Este apartado constitúe o 40% da nota final.
    Das actividades prácticas nas sesións de seminario (resumos, traballos individuais e en grupo, etc.) valorarase a orixinalidade e a creatividade, a asimilación dos conceptos e modelos de análise expostos, o rigor argumentativo, a presentación escrita e a calidade da exposición oral.
    Os criterios expostos manterán validez nas calificacións de xaneiro e nas de xullo. Excepcionalmente, estimaranse circunstancias individuais que condicionen o seguimentoestrito das tarefas programadas no día a día.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Sesiones expositivas: 30
    Estudio y preparación de actividades programadas en la clase: 30
    Sesiones de seminario: 15
    Sesiones de tutoría programadas: 2
    Lecturas: 25
    Realización de trabajos de diverso tipo: 30
    Sesiones de evaluación: 3
    Preparación de exámenes: 15
    Total de horas de actividad presencial: 50
    Total de horas de actividad no presencial: 100
    Observacións
    No aproveitamento do programa desta materia é moi estimábel unha competencia lectora rica e plural, non só en sentido cuantitativo senóntamén cualitativo (multixenérica, multicultural e multilingüística). Resulta de especial incidencia o hábito de lerensaio e asistir ao teatro, e de afacerse á consulta e seguimento de revistas especializadas no campo teatral. É así mesmo pertinente lembrar aquí o carácter teórico-comparado da materia e a apertura do horizonte textual e discursivo a prácticas artísticas e mediais diversas que serán contrastadas coas literarias (narrativas de transmisión oral, pintura, hipertexto, performance, música, variantes interartísticas, etc.). Por último, recoméndase vivamente ao alumnado que poña en relación os contidos abordados nesta materia cosdoutras materias afíns, en especial con Teoría e Crítica literarias e cos coñecementos adquiridos sobre as tradicións literarias e culturais propias de cada Grao.