Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5041614 - Análise cultural (Aplicacións teórico- comparadas: Literatura, cultura e teatro.) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GIL GONZALEZ, ANTONIO JESUS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A materia oriéntase a integración das prácticas culturais activas dos estudantes cunha perspectiva crítica e analítica cara ás mesmas, na tradición dos estudos literarios e culturais, que lles capacite para as incorporar, alén do disfrute e o lecer, ós seus propios intereses académicos e de investigación, dándolle a oportunidade de entrar en contacto cos temas e problemas centrais de disciplinas non abordadas específicamente no currículo, como a antropoloxía e a historia social e cultural, ou desenvolver outros presentados preliminarmente polas materias de formación básica, como a semiótica da cultura, os estudos culturais, ou os media studies.

    Dentro dos obxectivos xerais dó minor e do módulo a materia salientará moi especialmente:

    a.O afondamento nas achegas da Teoría literaria como pensamento crítico sobre a cultura.
    b.O afondamento no estudo das relacións interartísticas, con especial atención ós espazos de confluencia entre a literatura e outros medios
    c.O estudo crítico de problemas centrais na investigación e análise literario-cultural.
    d.Coñecer as relacións complexas entre o feito literario e a imaxe, con especial atención ós procesos históricos e institucionais da súa respectiva competencia e autonomización en diferentes campos culturais, e as xerarquías entre a cultura popular, a alta cultura e a cultura de masas
    e.Aproximarse a unha sociopoética na que o estudo literario se incardine nos códigos sociais.

    E, como obxectivo específico fundamental buscarase a activación entre os estudantes dunha disposición analítica e á vez experiencial ante a realidade cultural e a súa concreción histórica, atendendo para iso ademais as coordenadas antropolóxicas e sociolóxicas da cultura e a súa configuración como semiosfera.

    Contidos
    Programa

    1. A cultura como dominio interdisciplinar e transdisciplinar. A semiosfera
    2. Temas e aspectos de historia cultural: prácticas, representacións, construccións
    3. Temas e aspectos dos estudios culturais: O xiro cultural e a crise do canon e o logos occidental
    4. A autonomía cultural: cultura, arte e literatura
    5. As xerarquías culturais: cultura popular, alta cultura, cultura de masas
    6. O repertorio cultural: Cultura e intermedialidade
    7. A crítica cultural (seminario)

    A temporalización dos contidos corresponde polo xeral a 4 sesións expositivas e de 2 interactivas dunha hora por tema. Dacordo coa distribución semanal dos horarios da materia, cada tema estructúrase polo xeral de modo bimembre, en sendos bloques de contidos diferenciados, de 2 horas expositivas semanais cada un.

    As dúas sesión interactivas da cada tema adicaranse, correlativamente, á programación, seguimento e orientación das actividades programadas, na primeira semana; e á exposición e discusión dos resultados das mesmas, na segunda semana adicada a cada un dos temas.

    As horas de titorías programadas adicaranse a presentación e discusión das liñas da memoria final da materia por parte dos estudantes.

    Para o detalle da programación de cada un dos temas, a bibliografía específica e lecturas recomendadas, e as actividades a realizar, consúltese a guía docente da materia en:

    http://www.usc.es/gl/departamentos/letelix/guias.html

    Bibliografía básica e complementaria
    No apartado de programación correspondente a cada un dos temas, indicanse pormenorizadamente as lecturas recomendadas e a bibliografía específica correspondente. Con carácter xeral e cunha intención orientativa e sintética que facilite ó achegamento as principais liñas da materia e, no seu caso, a preparación do exame final da mesma, poden consultarse as seguintes referencias fundamentais:


    Bajtin, M., La cultura popular en la Edad Media y el Renacimiento. El contexto de François Rabelais, Madrid, Alianza, 2003
    Bourdieu, P., Campo de poder, campo intelectual, Buenos Aires, Montressor, 2002
    Burke, P. , ¿Qué es la historia cultural?, Barcelona, Paidós, 2006
    Carrión, J., Teleshakespeare, Madrid, Errata Naturae Editores, 2011
    Debord, G., La sociedad del espectáculo, Valencia Pre-textos, 2008
    Eco, U., Apocalípticos e integrados, Barcelona, Lumen, 1984
    Fernández Porta, E., Afterpop: la literatura de la implosión mediática, Córdoba, Berenice, 2007
    Foucault, M., Las palabras y las cosas. Una arqueología de las ciencias humanas, Buenos Aires, Siglo XXI, 1968
    Geertz, C., La interpretación de las culturas, Barcelona, Gedisa, 2003
    Gil González, A. e A. Tarrío Varela (eds.), Olladas do cómic ibérico, monográfico del Boletín Galego de Literatura, 35, 2006
    Ginzburg, C.: El queso y los gusanos. El cosmos, según un molinero del siglo XVI, (1976), Barcelona, Muchnik Editores, 1999
    González de Ávila, M., Cultura y razón. Antropología de la literatura y de la imagen, Barcelona, Anthropos, 2010
    Gubern, R., El lenguaje de los cómics, Barcelona, Península, 1974
    Hall, G and C. Birchall (eds.), New Cultural Studies. Adventures in Theory, Edinburgh University Press, 2006
    Hall, S. y P. du Gay, Cuestiones de identidad cultural, Buenos Aires, Amorrortu, 2003
    Harris, M., Antropología cultural, (1980), Madrid, Alianza Editorial, 2001
    Iglesias Santos, M., Teoría de los Polisistemas, Madrid, Arco-Libros, 1999
    Jameson, F. y S. Zizek, Estudios culturales. Reflexiones sobre el multiculturalismo, Buenos Aires, Paidós, 1998
    Jenkins, H., Convergence Culture, Barcelona, Paidós, 2008
    Lévi-Strauss, C., Antropología estructural, Barcelona, Paidós, 1995
    Lotman, I., La semiosfera I. Semiótica de la cultura y del texto, Madrid, Cátedra, 1996
    ― La semiosfera II. Semiótica de la cultura, del texto, de la conducta y del espacio, Madrid, Cátedra, 1998
    ― La semiosfera III. Semiótica de las artes y la cultura, Madrid, Cátedra, 2000
    ― Cultura y explosión. Lo previsible y lo imprevisible en los procesos de cambio social, Barcelona, Gedisa, 1998
    Mattelart, A. y É. Neveu, Introducción a los estudios culturales, Barcelona, Paidós, 2004
    Merino, A., El cómic hispánico, Madrid, Cátedra, 2003
    Mora, V. L., La luz nueva. Singularidades en la narrativa española actual, Córdoba, Berenice, 2007
    Pérez Bowie, J. A. (ed.), Reescrituras fílmicas. Nuevos territorios de la adaptación, Salamanca, Ediciones Universidad de Salamanca, 2010
    Scolari, C., Hipermediaciones. Elementos para una teoría de la comunicación social interactiva, Barcelona, Gedisa, 2008
    Spiegelman, A., Maus, Barcelona, Planeta De Agostini, 2003
    Szurmuk, M. y R. McKee Irgwig (coords.), Diccionario de estudios culturales latinoamericanos, México D. F, Siglo XXI, 2009



    Recursos electrónicos

    Os recursos electrónicos da materia organízanse fundamentalmente arredor do portafolios de aula e edublog da materia: https://edubloganalisecultural.wordpress.com/


    Competencias
    Ademáis de desenvolver as establecidas no plano de estudos como competencias xerais do minor e o módulo complementario, tales como o coñecemento das últimas correntes e movementos teórico-culturais, a adquisición de habilidades relacionadas coa dimensión interdisciplinar dos estudos teóricos e comparados, a capacidade de adquirir coñecementos sobre a literatura e de adscribilos a distintas matrices teóricas de carácter transversal, o recoñecemento e análise da función desempeñada polos textos literarios na sociedade actual, con atención específica ós novos medios, a aprendizaxe de deseño e planificación de posibles liñas de actuación no contexto das políticas culturais vixentes ou a adquisición de técnicas de análise das prácticas performativas e doutras formas culturais emerxentes, a materia desenvolverá, de xeito específico, as seguintes:

    a.Comprender e ler críticamente a bibliografía académica recomendada
    b.Redactar en rexistro académico recensións, comentarios, propostas e hipóteses de traballo
    c.Expoñer, argumentar e debater en rexistro e contexto académico sobre as cuestión propostas
    d.Formular axeitadamente hipóteses de investigación
    e.Editar e participar no edublog e portafolios de aula da materia
    f. Elaborar reseñas críticas de carácter académico
    g.Elaborar reseñas de crítica cultural

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia organízase na equilibrada combinación de presentación de marcos teóricos e ferramentas metodolóxicas coa aplicación práctica, de carácter analítico, crítico, interpretativo e comparado a diversos textos, contextos, xéneros e medios artísticos e culturais.

    Este deseño repercute, xa que logo, nos contidos e a estructura do programa, o cal, ó longo dos 7 temas que o articulan, vai permitindo unha paulatina transición dos modelos teóricos ás aplicación críticas, que se reflicte na proporción crecente ou decrecente nos contidos de cadansúa destas facianas. Neste sentido, posúen unha maior preponderancia teórica, metodolóxica e conceptual os tres primeiros, adicados ós marcos disciplinares, e específicamente á semiótica da cultura, a historia cultural e os estudios culturais, mentres que os catro restantes introducen gradualmente eixos analíticos en torno á banda deseñada, a postnovela, a intermedialidade e a reseña cultural, respectivamente, presentados como casos de estudo particulares.

    De modo correlativo, tamén no interior de cada un dos temas trátase de presentar ambas dimensións, adicándose principalmente o bloque de contidos inicial ó trazado dos respectivos dispositivos conceptuais, para despois, nas segundas sesión dos mesmos, incidir nos corpus de aplicación e facilitar desta maneira a transición cara as sesión interactivas da materia, centradas no traballo do estudante.

    As sesión interactivas estarán, pola súa banda, centradas no desenvolvemento e o seguimento do traballo persoal constante e sostido dos alumnos o longo do cuadrimestre, e descansarán asimesmo sobre unha estructuración bimembre: Unha primeira sesión terá como obxectivo o plantexamento, organización e desenvolvemento inicial das actividades a realizar, mentres que unha segunda sesión, unha semana despois, se adicará a exposición, síntese e discusión dos resultados do traballo realizado.

    Por último, as titorías programadas Terán como obxectivo a presentación polos alumnos dunha memoria da materia que conteña a síntese das actividades desenvolvidas polo estudante ó longo da mesma, o sinalamento crítico das fortalezas e debilidades detectadas, e o esbozo dunha posible liña de traballo concretada na formulación dunha hipótese de investigación.

    Esta memoria, que na súa forma íntegra ou extensa será entregada en forma de dossier escrito ó profesor, será tamén exposta de forma oral, sintetizada nunha presentación informática de 15 minutos, seguida dun breve debate académico co grupo eo profesor.

    Como apoio á docencia e as actividades presenciais, contarase cun portafolios de aula ou edublog no que regularmente se publicarán as presentación dos contidos da materia, os resultados das actividades programadas dos estudantes, e diversos materiais complementarios e enlaces recomendados. Se fomentará a participación en forma de artículos e noticias de actualidade relativas ós contidos da materia, comentarios ós mesmos, firmas invitadas, elaboración en wiki dun glosario de termos e conceptos da mesma, etc.


    Sistema de evaluación
    No contexto da normativa vixente, a avaliación das materias impartidas pola Área Teoría da literatura e Literatura comparada comprende, xunto coa convocatoria das probas oficiais que cada curso efectúa a Universidade, probas equivalentes e complementarias no marco do sistema de evaluación continua. Serán ademáis factores relevantes da mesma a participación activa e continuada nas sesións expositivas e interactivas e o seguimento doutras actividades prácticas que o equipo docente considere de especial interese formativo e académico.

    Un 70% da cualificación final dependerá da realización do exame final ou proba alternativa acordada entre o equipo docente e o alumnado. O 30% da nota procederá da participación crítica e informada nas clases e da realización de traballos e outras tarefas asignadas polos docentes.

    Avaliación continua
    O sistema ordinario de avaliación previsto para a materia é o de a avaliación continua do traballo e a participación do alumno ó longo do conxunto do cuadrimestre.

    A memoria do traballo que se detalla no apartado V.1, e as presentacións programadas incluidas nela realizadas polos estudantes, suporá un 70 % da cualificación final outorgada. O 30% restante corresponderá á valoración da participación do alumno no conxunto de sesións e actividades da materia.

    Os prazos máximos de entrega da memoria serán ós que coincidan coas datas de inicio dos correspondentes períodos de avaliación sinalados no calendario académico da USC. As datas das presentacións de forma presencial na aula ó longo do curso serán acordadas previamente co profesor. Ambas facianas (memoria escrita e presentacións orais son obrigatorias para a avaliación continua, e se avalían conxuntamente).

    A memoria deberá conter, obrigatoriamente, un mínimo de 4 das 7 actividades programadas (1 por tema), escollidas polo estudante, agás a reseña correspondente ó tema 7, que será obrigatoria en tódolos casos.

    A asistencia tanto ás sesión expositivas, interactivas, e ás titorías programadas, é, neste sistema, fundamental e ten igualmente un carácter obrigatorio. As faltas de asistencia deberán ser debidamente xustificadas por razóns médicas, profesionais, familiares, etc. e non poderán exceder en ningún caso ó 30 % das horas presenciais da materia

    A avaliación da participación terá en conta tanto a súa dimensión presencial, nas sesión e titorías da materia, como a vencellada ó edublog da mesma.

    No sistema de avaliación continua a asistencia non computa de seu mais é obrigatoria. Un índice de ausencias non xustificadas superior ao 20% implica o suspenso na materia.


    Exame final
    Secundariamente, para os estudantes que non superen a materia polo sistema de avaliación continua, ou ben aspiren a mellorar a calificación recibida por ese sistema, contémplase a realización dun exame final da materia nas datas sinaladas ó efecto polo calendario oficial de exames da USC.

    En calquera dos dous casos anteriormente sinalados, a cualificación acadada na proba de exame ponderará como máximo ata o 70% da nota global, quedando, no seu caso, o restante 30% para a avaliación da participación sinalada no punto anterior.

    Observación importante sobre o plaxio: O plaxio no examen ou na realización dos traballos programados ou a utilización indebida e non indicada de maneira adecuada das fontes impresas ou de Internet pode implicar o suspenso na convocatoria correspondente coa cualificación más baixa.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ademáis da carga presencial correspondente ós 6 créditos ECTS da materia (30 horas expositivas, 15 horas de sesións interactivas e 3 horas de titorías programadas), o estudante deberá ter en conta que cada crédito ECTS presupón unhas 17 horas adicionais de traballo autónomo por parte do alumno.

    As 102 horas resultantes, correspóndense, aproximadamente, coa seguinte distribución recomendada:

    30 horas de preparación e estudo dos contidos do programa
    30 horas de realización de traballos e actividades programadas
    40 horas de lecturas e traballos de documentación
    2 horas de examen

    Recomendacións para o estudo da materia
    Para o detalle da programación de cada un dos temas, a bibliografía e as actividades a realizar, consúltese a guía docente da materia en:

    http://www.usc.es/gl/departamentos/letelix/guias.html

    Observacións
    Para o seguimento e a supervisión das actividades programadas, a consulta de dúbidas, etc, utilizaránse as titorías ordinarias de carácter semanal, e presencial. O uso do correo electrónico deberá limitarse ás comunicación urxentes ou para concertar a titoría presencial. En ningún caso se darán por recibidos traballos enviados por esa vía. Os traballos deberán presentarse usualmente en forma impresa na forma e prazos acordados na aula.