G5041615 - Texto, imaxe, cibertexto (Aplicacións teórico- comparadas: Literatura, cultura e teatro.) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEstabelecer desde un punto de vista teórico e crítico as condicións que determinan o desenvolvemento da literatura, o cinema, a televisión e o teatro na denominada “era dixital”. Este nodo prestará unha atención especial a algúns produtos culturais cuxas estratexias de produción e recepción foron transformadas como resultado do seu contacto coas novas tecnoloxías: hipertextualidade, videoxogos, blogs, arte dixital, teatro virtual, cinema, televisión e performance.
Este programa presenta un espazo onde se dará cabida á parte non-canónica e antixerárquico da literatura e da cultura, nada atento ás taxonomías xenéricas, un espazo intermedial e híbrido constituído por textos nos que conflúen o verbal, o visual e o sonoro.
Trátase dun espazo dos cruces, bordes, extremos e baleiros.
Contidos1. ¿ Qué é a cibercultura? ¿E a ciberliteratura? A Literatura na era dixital.
1.1. Algúns conceptos marco: A cibercultura, a ciberliteratura.
1.2. Da literatura oral ao ciberespacio.
1.3. Poética do medio dixital.
2. A narrativa na era dixital.
2.1. O relato dixital. Hipertexto, hipermedia, transmedia e narrativa.
2.2. Os Videoxogos.Teoría e práctica.
2. 3. Blogs, redes sociais e narración. A realidade virtual.
3. A poesía na era dixital.
3.1. Hipertexto e poesía.
3.2. A Ciberpoesía.
3.3. Fragmentación, espazo e ciberpoesía.
4. O teatro na era dixital.
4.1. ¿Teatro virtual, teatro dixital, ciberdrama?.
4.2. O drama interactivo.
4.3. Teatro, corpo e virtualidade.
5.Cinema, televisión e novos medios.
5.1. Cinema e videoxogos. O cyberpunk.
5.2. Flexinarrativas.
5.3. Remediación. Converxencias culturais.
6. A arte na era dixital.
6.1. Arquitecturas líquidas no ciberespacio.
6.2. A arte dixital e o Net.Art.
6.3. Danza e novos medios.
Bibliografía básica e complementariaVid. a bibliografía fundamental http://proxectole.es/bibliografia/
AARSETH, Espen J. (1997), Cybertext. Perspectives on Ergodic Literature, Baltimore, The John Hopkins U. P.
ABUÍN GONZÁLEZ, A. (2006). Escenarios del caos. De la hipertextualidad a la performance en la era electrónica. Valencia: Tirant lo Blanch.
BIRKERTS, S. (1994), The Gutemberg Elegies. The Fate of Reading in Electronic Age, Nueva York, Fawcett Columbine. Trad. ó cast. por D. Manzanares, Elegía a Gutemberg. El futuro de la lectura en la era electrónica, Madrid, Alianza Editorial, 1999.
BOLTER, J. D. (1991), Writing Space: The Computer, Hypertext, and the History of Writing, Lawrence Erlbaum, Hillsdale.
BORRÀS CASTANYER, L. (ed.) (2005). Textualidades electrónicas. Nuevos escenarios para la literatura. Barcelona: UOC.
CEBRIÁN, J. L. (1998), La red, Madrid, Taurus.
CASTELLS, M., (1997), La era de la información. Economía, Sociedad y Cultura. I., La sociedad red, Madrid, Alianza.
DELANY, P. e G. P. Landow (eds.) (1991), Hypermedia and Literary Studies, The MIT Press, Cambridge.
DOUGLAS, J. Yellowlees (2000). The End of Books-or Books without End? Reading Interactive Narratives, Michigan, The University of Michigan Press.
JOYCE, M., (1995), Of two minds: Hypertext Pedagogy and Poetics, Michigan, Ann Arbor, The University of Michigan Press.
-------------, (2000), Otherminders: The Emergence of Nertwork Culture.
KERCKHOVE, D. de (1995), The Skin of Culture. Investigating the New Electronic Reality, Toronto, Somerville. Trad. ó cast. como La piel de la cultura. Investigando la nueva realidad electrónica, Barcelona, Gedisa, 1999.
LANDOW, G. P. (1992), Hypertext: The Convergence of Contemporary Critical Theory and Technology, Baltimore e Londres, The John Hopkins University Press. Trad. Ó castelán de Patrick Ducher, Hipertexto. La convergencia de la teoría crítica contemporánea y el hipertexto, Paidós, Barcelona, 1995.
---------------- (comp.) (1994), Hyper/Text/Theory, The Johns Hopkins University Press, Baltimore. Trad. ó cast. por P. Ducher, Teoría del hipertexto, Barcelona, Paidós, 1997.
---------------- (2006)Hypertext 3.0. Critical Theory and New Media in an Era of Globalization. The John Hopkins University Press.
LÉVY, P. (1993), As Tecnologias da Inteligência, Rio de Janeiro, Editora 34.
MILLÁN, J. A. (1998), De redes y saberes. Cultura y educación en las nuevas tecnologías, Santillana, Aula XXI.
MORENO HERNÁNDEZ, C. (1998), Literatura e hipertexto: de la cultura manuscrita a la cultura electrónica, Madrid, UNED.
MURRAY, J. H. (1997), Hamlet on the Holodeck. The Future of Narrative in Cyberspace, The Free Press, Nueva York. Trad.ó cast. de http://www.jamillan.com/hamlet.htm
NELSON, TH. H. (1981), Literary Machines, Swarthmore, Pa, Publicación propia
PAJARES TOSCA, Susana (2004). Literatura digital. El paradigma hipertextual. Cáceres: Universidad de Extremadura.
ROMERA CASTILLO et Al. (eds.) (1997), Literatura y multimedia, Actas del VI Seminario Internacional del Instituto de Semiótica Literaria, Teatral y de Nuevas Tecnologías de la UNED, Madrid, Visor.
SÁNCHEZ MESA, D. (COMP.) (2004). Literatura y cibercultura. Madrid: Arco Libros.
VEGA, Mª. José (ed.) (2003). Literatura hipertextual y Teoría literaria. Madrid: Mare Nostrum.
VILARIÑO PICOS, Mª. T. y Abuín González, A. (comp.) (2006). Teoría del hipertexto. La literatura en la era electrónica. Madrid: Arco Libros.
VOUILLAMOZ, N. (2000), Literatura e Hipermedia. La irrupción de la literatura interactiva: preceden
Competencias-Asumir a pluralidade da noción de "literatura" e dos propios Estudos literarios.
-Asimilar unha noción ampliada do concepto de "texto" e das análises correlativas.
-Establecer as metas e mecanismos apropiados dunha análise textual.
-Correlacionar conceptos como forma, estrutura, código, autoría, lectura, significado, interpretación, repertorio, posición e canon coa análise textual.
-Entender a diversidade de enfoques e modelos teóricos contemporáneos nos estudos literarios.
-Asimilar os principios e métodos fundamentais para unha lectura crítica de textos teóricos e comparados.
-Desenvolver a capacidade de reflexión crítica e de argumentación sobre o feito literario a partir do manexo dunha terminoloxía teórica sólida e absolutamente asimilada.
Metodoloxía da ensinanza Combinaranse as sesións expositivas do profesor coa participación na clase do alumno, xa mediante preguntas que demandan maior claridade, profundidade ou ampliación, xa mediante respostas a preguntas que o profesor faga en determinados puntos da exposición.
Nas sesións prácticas procurarase en todo momento reforzar a interactividade na dobre dirección apuntada arriba. O material de apoio, textos literarios, teóricos e críticos relacionados cos temas do programa, dará incentivo a unha comunicación que deberá desenvolver as competencias relacionadas coa capacidade de observación, de sensibilidade artística, de crítica e de argumentación do alumno e coas habilidades interpretativas.
Outras carencias ou retrasos na aprendizaxe remediaranse nas horas de titorías obrigatorias nde a atención poderá ser máis persoalizada.
Sistema de evaluación-A asistencia é obrigatoria.
-Á parte do exame final, valoraranse a participación activa e informada na clase e a elaboración de traballos e actividades prácticas. A nota do exame representa o 60% da calificación final.
- Da participación terase en conta a constancia na interactividade, a calidade das intervencións e o progreso nesa calidade. Valorarase igualmente a asistencia e participación nas titorías colectivas. Constituirá un 10% da calificación final.
- Das actividades prácticas (resumos, traballos individuais e en grupo, etc.) valorarase a orixinalidade e creatividade, a asimilación dos conceptos e modelos de análise aprendidos, a presentación escrita e a exposición oral. Esta avaliación supón un 30% da calificación final.
MOI IMPORTANTE:
En caso de plaxio entre traballos ou de fontes impresas ou de Internet, o alumno/a recibirá de maneira inmediata un suspenso, que, dependendo da gravidade do plaxio, pode implicar o suspenso na materia.
Con independencia desta avaliación tripartita, serán obxecto de estimación positiva (e en caso contrario negativa) a corrección gramatical, a ortografía e a propiedade léxica da expresión oral e escrita, así como a coherencia lóxica dos discursos e a capacidade de síntese.
Tempo de estudo e traballo persoalAs horas non presenciais poderán distribuirse do seguinte modo:
-Estudo e reflexión sobre as sesións expositivas, interactivas, titoriais; estudo e reflexión sobre a bibliografía: 28 horas.
-Realización de traballos e de actividades de diversa índole: 25 horas.
-Lectura de textos literarios: 25 horas.
-Preparación de exames: 12 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaDado que a programación de contidos e prácticas está moi axustada na súa temporalización, recoméndase ao alumno a asistencia regular e puntual á clase, o seguimento diario das tarefas programadas, a lectura serea e profunda dos textos de traballo e o uso de todas as canles comunicativas co profesor e coas fontes de aprendizaxe. En particular aconséllase ao alumno o aproveitamento máximo das horas de titoría onde a aprendizaxe pode ser máis persoalizada.
ObservaciónsNo aproveitamento do programa desta materia é moi estimábel unha competencia lectora rica tanto nun sentido cuantitativo como cualitativo (multixenérica, multicultural, etc.). Só deste xeito, os contidos teóricos poderán ser contrastados e valorados na súa dimensión hermenéutica e analítica nunha proxección mesmo retrospectiva.