Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5041616 - Socioloxía da literatura (Aplicacións teórico- comparadas: Literatura, cultura e teatro.) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
  • Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CASAS VALES, ARTURO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Por se tratar dunha materia situada na segunda metade do Grao, o alumnado chega a ela con algúns coñecementos referidos á perspectiva sociolóxica, así como cunha formación básica sobre as principais correntes de estudo da literatura en tanto fenómeno social. Entre os obxectivos específicos que se apoiarán neses fundamentos cabe salientar os seguintes:
    - Presentar un esquema diacrónico da emerxencia e consolidación da socioloxía na esfera das Ciencias sociais e outro complementario sobre as investigacións sociolóxicas da cultura e da literatura.
    - Determinar os posíbeis obxectos de estudo sociolóxico no espazo disciplinar dos Estudos literarios.
    - Considerar as dialécticas entre o individual e o social e entre autonomía e heteronomía da produción cultural, artística e literaria.
    - Reflexionar sobre o tratamento de tales dialécticas por parte das disciplinas enmarcadas nos Estudos literarios e desde as diversas epistemoloxías en xogo.
    - Fornecer os coñecementos teórico-críticos necesarios para entender e analizar a dimensión social dos discursos/prácticas literarios e espectaculares e a súa correspondencia coas estruturas e os modelos sociais e culturais.
    - Deseñar unha sistematización conceptual que permita profundizar no estudo da representación literaria da realidade social e económica, en particular nas sociedades complexas da modernidade e da globalización posmoderna.
    - Achegar métodos científicos, capacidade analítica e aplicacións de diversa procedencia metodolóxica para situar o feito literario e os seus efectos nas coordenadas históricas, culturais, sociais, económicas e de xénero que lle son propias.
    - Analizar as condicións institucionais, políticas, ideolóxicas e identitarias da literatura en tanto discurso social.

    Contidos
    1. A investigación social e os paradigmas sociolóxicos.
    2. Obxectos de estudo da socioloxía cultural e da socioloxía da literatura.
    3. Suxeitos e prácticas no espazo público.
    4. A institución literaria.
    5. Socioloxía do texto.
    6. O campo literario.

    Bibliografía básica e complementaria
    ALTAMIRANO, C. (dir.), Términos críticos de sociología de la cultura, Buenos Aires, Paidós, 2002.
    ALTAMIRANO, C., e B. SARLO, Conceptos de sociología literaria, Buenos Aires, CEAL, 1980.
    ARON, P., e A. VIALA, Sociologie de la littérature, París, PUF, 2006.
    BAJTIN, M. (P.N. Medvedev), El método formal en los estudios literarios. Introducción crítica a una poética sociológica, Madrid, Alianza, 1994.
    BERIAIN, J., e J.L. ITURRATE (eds.), Para comprender la teoría sociológica, 2ª ed., Estella: Editorial Verbo Divino, 2008.
    BOURDIEU, P., O campo literario, Ames, Laiovento, 2004.
    BOURDIEU, P., Las reglas del arte. Génesis y estructura del campo literario, Barcelona, Anagrama, 1995.
    CHICHARRO, A., “La Teoría de la Crítica sociológica”, en P. Aullón de Haro (ed.), Teoría de la crítica literaria, Madrid, Trotta, 1994, 387-453.
    CHICHARRO, A., El corazón periférico. Sobre el estudio de literatura y sociedad, Granada, Universidad de Granada, 2005.
    CROS, E., La sociocrítica, Madrid, Arco Libros, 2003.
    DELAMONT, S., Feminist Sociology, Londres, SAGE, 2003.
    DIRKX, P., Sociologie de la littérature, París, Armand Colin, 2000.
    DUBOIS, J., L’Institution de la littérature, Loverval, Labor, 2005.
    ELLIOT, A. (ed.), The Routledge Companion to Social Theory, Londres, Routledge, 2010.
    ESCARPIT, R., Sociología de la literatura, Barcelona, Oikus-Tau, 1971.
    EVEN-ZOHAR, I., Papers in Culture Research, Tel Aviv, UCR, 2005.
    FABRE, G., Pour une sociologie du procès littéraire. De Goldmann à Barthes en passant par Bakhtine, París, L’Harmattan, 2001.
    FIGUEROA, A., Ideoloxía e autonomía no campo literario galego, Ames, Laiovento, 2010.
    GARCÍA CANCLINI, N., Diferentes, desiguales y desconectados. Mapas de la interculturalidad, Barcelona, Gedisa, 2006.
    GIDDENS, A., Sociología, 3ª ed., Madrid, Alianza, 2000.
    GINER, S. (coord.), Teoría sociológica moderna, Barcelona, Ariel, 2003.
    GONZÁLEZ-MILLÁN, X., Resistencia cultural e diferencia histórica. A experiencia da subalternidade, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 2000.
    GUTIÉRREZ, A. B., Las prácticas sociales. Una introducción a Pierre Bourdieu, Ciempozuelos, Tierradenadie Ediciones, 2002.
    JURT, J. (ed.), Champ littéraire et nation, Friburgo, Frankreich-Zentrum, 2007.
    KEUNEN, B., y B. EECKHOUT (eds.), Literature and Society: The Function of Literary Sociology in Comparative Literature, Bruxelas, Peter Lang, 2001.
    LAHIRE, B. (coord.), Sociología de la lectura. Del consumo cultural a las formas de la experiencia literaria, Barcelona, Gedisa, 2004.
    LUHMANN, N., Sociedad y sistema: la ambición de la teoría. Barcelona, Paidós e UAB, 1990.
    MARGULIS, M., Sociología de la cultura. Conceptos y problemas, Buenos Aires, Biblos, 2009.
    MARTIN, J.-P. (dir.), Bourdieu et la littérature. Suivi d’un entretien avec Pierre Bourdieu, Nantes, Cécile Defaut, 2010.
    MUÑOZ, B., Modelos culturales. Teoría sociopolítica de la cultura, Barcelona, Anthropos e UAM, 2005.
    SÁNCHEZ TRIGUEROS, A. (dir.), Sociología de la literatura, Madrid, Síntesis, 1996.
    SANTOS, B. de S., El milenio huérfano. Ensayos para una nueva cultura política. 2ª ed. Bogotá e Madrid: ILSA & Trotta, 2011.
    SAYRE, R., La Sociologie de la littérature. Histoire, problématique, synthèse critique, París, L’Harmattan, 2011.
    TEIXEIRA COELHO, Dicionário crítico de política cultural, São Paulo, Iluminuras, 2004.
    WILLIAMS, R., Palabras clave. Un vocabulario de la cultura y la sociedad, Buenos Aires, Nueva Visión, 2003.
    ZIMA, P. V., Manuel de sociocritique, París, L’Harmattan, 1985.

    Competencias
    - Correlacionar os conceptos fundamentais das ciencias sociais na súa proxección sobre os campos cultural e literario.
    - Entender os obxectivos, posibilidades e métodos da socioloxía da literatura e as súas relacións con outros saberes disciplinares integrados como Estudos literarios.
    - Aplicar con sentido crítico a rede conceptual asimilada sobre calquera serie textual, pertencente ou non á tradición lingüístico-cultural na que o estudante se estea a formar de forma preferente.
    - Analizar e interpretar con fundamento sociolóxico os discursos e os imaxinarios sociais, as políticas culturais e as distintas axencialidades que participan no campo literario.
    - Profundizar na autorreflexión como suxeitos lectores, sociais, culturais, políticos e académicos.

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia ten dúas dimensións básicas, a conceptual e a analítico-aplicada. Procurarase que exista un equilibrio entre elas tanto nas sesións expositivas a cargo do profesor como nas sesións interactivas, nas que o alumnado deberá implicarse cunha participación destacada mediante o traballo individual e en grupo. Nas interactivas o material de apoio incentivará unha comunicación que deberá desenvolver as competencias relacionadas coa capacidade analítica e coas habilidades interpretativas, teórico-críticas e argumentativas. O profesor dedicará unha parte destas clases á orientación xeral sobre as converxencias e diverxencias dos conceptos e metodoloxías en xogo con outras formas de achegarse ao coñecemento do literario nas súas dimensións cultural e social, polo que se introducirán chaves favorecedoras do diálogo fluído con disciplinas e perspectivas non representadas expresamente no cadro sinóptico de contidos, desde a estética á filosofía política pasando por exemplo pola antropoloxía e a historia cultural ou pola sociolingüística. En función do calendario académico da USC para o curso 2013-2014 prevense trece sesións expositivas de dúas horas e catorce interactivas dunha hora, que se desenvolverán un día despois das expositivas, con tempo para preparar e asimilar os textos de apoio fornecidos polo profesor a través dunha aula virtual ou da alternativa que se considere preferente para esa funcionalidade.
    Sistema de evaluación
    No contexto da lexislación vixente, a avaliación das materias impartidas pola Área Teoría da literatura e Literatura comparada comprende, xunto coa convocatoria das probas oficiais que cada curso efectúa o Decanato, posíbeis probas complementarias acordadas expresamente entre profesorado e alumnado. Ademais, serán factores relevantes con incidencia directa na cualificación a participación activa e continuada nas sesións expositivas e interactivas e o seguimento doutras actividades prácticas que o equipo docente considere de especial interese formativo e académico. Os principais elementos que se valorarán son os seguintes:
    • Dominio dos contidos teóricos, das estratexias aprendidas e da práctica crítica.
    • Participación nas clases expositivas, interactivas e nas titorías colectivas que se convoquen. Asistencia regular e puntualidade.
    • Participación nas actividades e calidade desa participación.
    • Realización e boa presentación formal de traballos escritos, así como participación continuada en debates e exposicións orais derivadas da preparación de traballos en grupo.
    • Entidade da comprensión crítica, calidade da expresión oral e escrita, orixinalidade e creatividade.
    • Boa execución de prácticas por escrito e de breves exposicións orais a partir de traballos realizados en grupo.

    1ª Oportunidade (maio): Un 60% da cualificación final dependerá da realización dun exame ou doutra proba alternativa acordada entre o equipo docente e o alumnado. O outro 40% procederá da participación crítica e informada nas aulas e da realización de traballos e outras tarefas asignadas polo profesor. Este factor estará ligado fundamentalmente á actividade nas sesións interactivas. A asistencia non computa de seu, mais de acordo coa normativa vixente é obrigatoria. Un índice de ausencias non xustificadas superior ao 20% implica o suspenso. Resérvase a posibilidade de ter presente así mesmo como factor de valoración a participación en eventuais actividades complementarias (conferencias, por exemplo) que sexan programadas ao longo do período lectivo.

    2ª Oportunidade (xullo): Mantéñense as condicións que se acaban de concretar, así como a proporcionalidade da nota do exame e do resto de probas.

    Nota complementaria: O plaxio na realización dos traballos ou a utilización indebida e non indicada das fontes impresas ou de Internet pode implicar o suspenso na convocatoria correspondente coa cualificación más baixa.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ás horas presenciais (60), dedicadas ás sesións expositivas, interactivas, titoriais e de avaliación, súmanse 90 horas non presenciais distribuídas do seguinte modo:
    -Estudo e reflexión sobre as sesións expositivas, interactivas e titoriais: 25 h.
    -Realización de traballos e de actividades de diversa índole: 18 h.
    -Lecturas e consulta da aula virtual: 35 h.
    -Preparación de probas: 12 h.

    Recomendacións para o estudo da materia
    É importante o reforzo das capacidades lectoras e analíticas no campo do ensaio nas súas orientacións antropolóxica, sociolóxica, ética e política. Así mesmo, o alumnado deberá esforzarse en asimilar os conceptos fundamentais da tradición teórica sociolóxica (partindo xa de Durkheim, Marx e Weber) e disporse para unha problematización de referentes xa presentes noutras materias dos módulos do Minor Teoría da literatura e Literatura comparada. Entre eles, por exemplo, a cultura de masas, os medios de comunicación, as industrias culturais ou a funcionalidade social dos intelectuais. Aconséllase en todo caso o aproveitamento das horas de titoría, momentos nos que a aprendizaxe pode ser máis personalizada.
    Observacións
    No aproveitamento do programa desta materia é moi estimábel unha competencia lectora rica tanto nun sentido cuantitativo como cualitativo (multixenérica, multicultural, multilingüística). Só deste xeito os contidos teóricos poderán ser contrastados nunha proxección mesmo retrospectiva, que afecte ás lecturas xa realizadas por cada alumno/a e ás que converxan no tempo co seguimento desta materia. Así mesmo, recoméndase vivamente poñer en relación os contidos específicos da materia cos doutras afíns, en especial as básicas Teoría e Crítica literaria e Conceptos fundamentais de Teoría literaria e Literatura comparada e coa materia Análise cultural.