G5041802 - Cultura e literatura catalás 1 (Catalán, lingua, cultura e literatura) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxía Catalá
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- Situar a lingua catalá dentro dun contexto europeo, hispánico e románico.
- Reflexionar sobre as orixes e as razóns históricas da situación sociolingüística actual.
- Dotar o alumnado de nocións básicas sobre o dominio lingüístico do catalán, as súas variedades xeográficas e a orixe dos seus dialectos.
- Dotar o alumnado de nocións básicas sobre o nacemento do catalán como lingua románica, os seus primeiros textos, a súa evolución no tempo e espazo, e a súa situación actual.
- Revisar criticamente algunhas teorías ou conceptos historicolingüísticos.
- Adquirir unha visión xeral dos principais períodos da historia da lingua, cultura e literatura catalás desde unha perspectiva histórico-comparativa.
- Coñecer os mitos nacionais cataláns máis representativos no marco do discurso identitario.
- Coñecer os conceptos de codificación, normalización lingüística e a súa evolución.
- Coñecer o patrimonio cultural catalán a partir das obras máis relevantes.
- Fomentar a curiosidade intelectual e o gosto pola cultura e a literatura.
- Fomentar unha actitude intelectual aberta e de respecto ante a diferenza (ser sensibles á diversidade de linguas e culturas).
- Fomentar unha actitude crítica cara aos factores políticos, económicos, sociais e culturais da materia.
- Manter e reforzar (ou adquirir, no seu defecto) competencia lingüística en catalán.
- Dar a coñecer e formar o alumnado para que saiba utilizar a bibliografía de consulta e os recursos varios da internet de maneira eficaz.
ContidosINTRODUCIÓN: O CATALÁN
1. No contexto románico e europeo.
2. Marco legal e situación sociolingüística.
3. Entre a unidade e diversidade. O estándar e variantes.
GRANDES PERÍODOS DA HISTORIA SOCIAL E CULTURAL
1. Orixe e formación: condados cataláns e primeiros textos
2. Consolidación e esplendor: Período nacional e Século de Ouro da literatura catalá.
3. Séculos XVI, XVII e XVIII: Progresiva castelánización e perda dos dereitos históricos. Literatura popular e tradicional.
4. A reivindicación e reconstrución nacional: "Renaixença”, "Modernisme" e "Noucentisme"
5. Guerra Civil e Postguerra: Persecución da lingua e movementos de resistencia cultural: Exilio e o movemento da “Nova Cançó”.
Bibliografía básica e complementariaBADIA I MARGARIT, Antoni M., Gramàtica de la llengua catalana: descriptiva, normativa, diatòpica, diastràtica, Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 1994.
BISSON, T. N., Història de la Corona d'Aragó a l'Edat Mitjana, Barcelona, Crítica, 1988.
BOU, E. (director), Nou diccionari 62 de la literatura catalana, Barcelona, Edicions 62, 2000.
BRUGUERA, Jordi, Història del lèxic català, Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 1986.
CABRUJA, Lluís, CASANELLAS, Pere, MASSIP, M. Àngels, Història de la llengua catalana: síntesi, textos i exercicis, Barcelona, Columna, 1987.
COM Ensenyar Català per a Adults, n. 4, 6, Barcelona, Departament de Cultura, 1989-1990.
COMAS, A., Antologia de la literatura catalana, Barcelona, Diàfora, 1981.
COROMINES, J., El que s’ha de saber de la llengua catalana. Palma de Mallorca, Moll, 1965.
DUARTE I MONTSERRAT, Carles, Síntesi d'història de la llengua catalana, Barcelona, La Magrana, 1992 (7a ed.).
ESPADALER, A. M., Literatura catalana, Barcelona, Taurus, 1989 (versión catalá co título Història de la literatura catalana, Barcelona, Barcanova, 1992).
GALOFRÉ, J., Documents de Catalunya: recull de textos històrics, Barcelona, Barcanova, 1990.
GENCAT, El català, llengua d’Europa, 2006.
--------, Terra de contrastos
--------, Mapes per a l’estudi de la llengua catalana
--------, Perfil de Catalunya
--------, Catalunya és cultura
--------, Tot el que cal saber sobre la cultura catalana, 2007
GRAN ENCICLOPÈDIA CATALANA, 22 v., Barcelona Enciclopèdia Catalana, 1986-1993 (2ed.).
LÓPEZ DEL CASTILLO, L. El català a través del temps. 4ed. Barcelona: Hogar del libro, 1992.
LLEAL, Coloma, La formación de las lenguas romances peninsulares, Barcelona, Barcanova, 1990.
--------, breu història de la llengua catalana, Barcelona, Barcanova, 1992.
MARCET, Pere, Història de la llengua catalana. Dels orígens al s. XVIII, Barcelona, Teide, 1987.
MELCHOR, V. de, BRANCHADELL, A., El Catalán. Una lengua para compartir, UAB, 2002.
MOLAS, J., MASSOT I MUNTANER, J. (directores), Diccionari de la literatura catalana, Barcelona, Edicions 62, 1979.
NADAL, Josep M., PRATS, Modest, Història de la llengua catalana 1, Barcelona, Edicions 62, 1982.
-------, Història de la llengua catalana 2. El segle XV, Barcelona, Edicions 62, 1996.
RIQUER, B. (director), Història, política, societat i cultura dels Països Catalans, 13 v., Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 1995-2000.
RIQUER, M. de, COMAS, A., MOLAS, J., Història de la literatura catalana, 11 vols., Barcelona, Ariel, 1964-1988.
RUBIÓ I BALAGUER, J., Història de la literatura catalana, 3 vols. Barcelona, Publicacions de l'Abadia de Montserrat, 1984; versión en catalán de "Literatura catalana" aparecida en diversos vols. da Historia general de las literaturas hispánicas dirixida por Guillermo Díaz Plaja, Barcelona, Vergara, 1949.
RUIZ, F. [et. al.], Història Social i política de la llengua catalana, Eliseu Climent, València, 1996.
--------, Quaderns Tàndem, València, 1990.
SANCHIS GUARNER, Manuel, Aproximació a la història de la llengua catalana, Barcelona, Salvat, 1980.
VENY, Joan, Els parlars catalans, Palma, Moll, 1987 (7a ed.).
--------, Introducció a la dialectologia catalana, Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 1986 (2a ed.)
RECURSOS EN LIÑA:
LingCat
Lletra
Associació d’Escriptors de Llengua Catalana
Culturcat
Patrimoni Gencat
Edu3.cat
Gran Enciclopèdia Catalana
Biblioteca de Catalunya
Biblioteca virtual Joan Lluís Vives
Biblioteca Miguel de Cervantes
* A bibliografía específica de cada bloque do programa será indicada ao longo do curso.
Competencias- Reflexionar sobre a realidade minorizada do catalán e comprender a súa complexidade.
- Distinguir e recoñecer a variedade dialectal dun texto (oral e escrito).
- Ler e comprender textos escritos en catalán sobre temas xerais e específicos da materia, así como sobre aspectos da realidade sociocultural.
- Adquirir unha visión xeral e extensa da historia cultural catalá.
- Saber situar as expresións literarias ou artísticas catalás na súa época, contexto sociocultural e movemento.
- Analizar, interpretar e valorar textos de diferente xénero literario.
- Capacidade para realizar comentarios de texto e valoracións críticas.
- Comparación de textos: análises de semellanzas e diferenzas.
- Capacidade para facer traballos de investigación bibliográfica, debidamente documentados, sobre escritores e obras da literatura catalá.
- Valorización da lectura e da literatura como forma de desfrute persoal e como método para a adquisición de coñecementos propios e abertos.
- Entender o catalán oral e escrito.
Metodoloxía da ensinanza Clases de carácter teórico-práctico. Combinaranse as explicacións das profesoras con actividades e dinámicas tanto individuais como de grupo.
Un dos elementos principais de aprendizaxe será a reflexión e análise crítica de textos escritos, orais e audiovisuais sobre os contidos do programa, así como as intervencións orais por parte dos estudantes a partir de documentación bibliográfica e recursos de internet seleccionados.
Realización de resumos e controis dos textos de distinta tipoloxía propostos polas profesoras.
Comentarios de textos literarios.
Utilizarase material didáctico de diversos tipos e soportes: cancións, documentais, cartaces, fotografías, mapas, filmes, webs....
Asistencia e participación nas actividades culturais relacionadas coa cultura catalá realizadas na cidade de Compostela e arredores.
Sistema de evaluaciónPara aprobar a materia os alumnos terán que facer un exame final (30%) e un traballo que se expoñerá oralmente na clase (30% da nota).
Na calificación da materia contará a participación activa nas clases e nas actividades propostas pola Área, así como a realización dos exercicios e a puntualidade na súa entrega (20% da nota)
Tras os bloques temáticos faranse probas de tipoloxía diversa: controis tipo test, comentarios de texto, exposicións orais (20% da nota)
Nos casos nos que a/o estudante estea en circunstancias excepcionais que lle impidan asistir regularmente a clase, ademais do exame final, deberá facer traballos acordados coas profesoras para suplir a aprendizaxe presencial.
Na segunda oportunidade (xullo) só se calificará a materia polo exame final.
Tempo de estudo e traballo persoal54 HORAS PRESENCIAIS
- Sesións teórico-prácticas: 48 horas
- Sesións de titorías: 3 horas
- Sesións de avaliación: 3 horas
96 HORAS NON PRESENCIAIS*
- estudo e traballo persoal: 84
- preparación avaliación: 12
* As horas non presenciais corresponden ao traballo autónomo da/do alumna/o e, polo tanto, responden a unha planificación puramente teórica, dende o momento en que a/o estudante é responsable final do seu traballo.
Recomendacións para o estudo da materia- Estudo e traballo continuado dos contidos da materia.
- Cumprir os prazos de entrega de exercicios e traballos.
- Acudir ás titorías sempre que se presente un problema ou dúbida no decorrer da materia.
- Ampliar os contidos do programa coa bibliografía recomendada.
ObservaciónsÉ necesario ter cursado alomenos algunha materia de lingua catalá.