G5041803 - Lingua catalá 2 (Catalán, lingua, cultura e literatura) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 16.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 32.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxía Catalá
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia-Dominio elemental do uso da lingua catalá que permita desenvolverse con efectividade e certa autonomía en situacións sociais de comunicación propias da vida cotiá (Marco Europeo Común de Referencia: A2-B1).
- Coñecemento da realidade lingüística e sociocultural da comunidade lingüística catalá.
- Fomento dunha actitude intelectual aberta e de respecto cara a realidade plurilingüe e multicultural.
- Desenvolvemento de estratexias de traballo persoal e de aprendizaxe autónomo.
ContidosContidos de feitos, conceptos e sistemas conceptuais
1. Pragmática
- Pedir, conceder ou negar licenza para facer algo
- Felicitar e responder a unha felicitación
- Preguntar se se sabe algo e expresar a ignorancia ou coñecemento dun feito ou a orixe dunha información
- Narrar un feito ou un acontecemento pasado
- Manifestar interese ou desinterese
- Expresar gustos e preferencias
- Mostrar acordo ou desacordo. Pedir e dar opinión
- Comparar
- Expresar dúbida e escepticismo
- Expresar un estado físico ou de saúde (dor, frío ou calor, sono, fame, sede, benestar ou malestar…)
- Expresar un estado de ánimo (satisfacción, admiración, estima, alegría, tristeza, gratitude, confianza, medo, aburrimento, rexeitamento, indiferenza)
- Expresar desexos, gustos e preferencias
- Expresar a intención, vontade ou decisión de facer algo
- Preguntar e dar instrucións
- Pedir e ofrecer axuda
- Convencións no discurso oral: pedir a palabra, dala, interromper, deixar falar
- Convencións epistolares básicas
2. Elementos formais da lingua
- A acentuación e diérese
- Morfoloxía, usos sintácticos e semánticos de:
- Relativos
- Verbo:
- Pretérito Perfecto e Imperfecto de Indicativo
- Imperativo dos verbos de uso máis frecuente; Formas non persoais
- Condicional simple e perfecto simple dos verbos regulares e irregulares máis frecuentes
- Presente e imperfecto de subxuntivo.
- Usos de ser e estar
- Perífrases verbais de probabilidade
- Pronomes persoais átonos
- Conxuncións e locucións conxuntivas de coordinación e subordinación máis frecuentes
- Adverbios e expresións adverbiais máis frecuentes de modo, lugar e tempo
- Adverbios de negación e afirmación. Adverbios de dúbida
- Concordancia de tempos verbais. Oracións subordinadas
- Estruturas comparativas
- Léxico: léxico máis frecuente referido a campos semánticos básicos e o relacionado cos intereses do alumnado:
- A vivenda, o barrio e a poboación. Itinerarios. Experiencias pasadas e recentes. Compras e gastronomía.
- Graos de comparación. O superlativo
3. Lingua, cultura e sociedade
- Aspectos culturais. Características do ámbito da comunidade lingüística que poden ter implicacións no comportamento comunicativo: tradicións, referentes históricos, xeográficos, sociais, políticos e culturais (gastronomía, Sant Jordi, 11 de setembre…)
Bibliografía básica e complementariaBÁSICA
ABELLÓ, Xavier, RODRÍGUEZ, Judith, Llengua catalana. Elemental, 1, 2, 3. Barcelona, Barcanova, 2006.
BADIA, Dolors, Llengua catalana. Nivell Llindar 2,3. L'Àlber, 1997.
COMELLES, Salvador [et al.], El Català escrit (Ortografia, Morfologia, Funcions), Barcelona, Barcanova, 2012.
GUERRERO, Inés [et al.], Nou Nivell Elemental 1, 2, 3. Barcelona, Castellanou, 2010.
MAS, Marta [et al.]. Digui, digui... Curs de català. Barcelona, Publicacions de l’Abadia de Montserrat: Enciclopèdia Catalana, 1996 (3ª ed).
--------, Veus 2, 3. Curs de català. Barcelona, Publicacions de l’Abadia de Montserrat, 2007-2008.
RUAIX I VINYET, Josep, Català progressiu: curs mitjà de llengua. Moià, J. Ruaix, 1997.
COMPLEMENTARIA
BADIA I MARGARIT, Antoni M., Gramàtica de la llengua catalana: descriptiva, normativa, diatòpica, diastràtica. Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 1994.
-------, Gramática catalana. 2 vols, Madrid, Gredos, 1985.
BADIA, Joan, BALCELLS, Jordi, GRIFOLL, Jordi, Curs de llengua catalana. Barcelona, Teide, 1994(3ª ed.).
BAU, M., PUJOL, M., RIUS, A., Curs de pronunciació: exercicis de correcció fonètica. Barcelona, Àrtic, 1995 [libro e cassette].
CASTELLANOS, Josep A., Quadern: normativa bàsica de la llengua catalana amb exercicis autocorrectius. Barcelona, Universitat Autònoma de Barcelona, 1989.
LACREU, J., Els verbs valencians. València, Generalitat Valenciana, Conselleria d'Educació i Ciència, Institut Interuniversitari de Filologia Valenciana, Bromera, 1995.
MACIÀ, Jaume, Fàci'ls fàcils: els pronoms febles. Barcelona, Teide, 1992.
MAS, Marta [et al.]. Digui, digui... Curs de català. Barcelona: Publicacions de l’Abadia de Montserrat, Enciclopèdia Catalana, 1996.
MIRÓ, M, COMELLES, M., Català sense distàncies. Barcelona, Generalitat de Catalunya - Pòrtic, 1998.
ROIG, Nuri (coord.), Passos 2 (Nivell Elemental). Barcelona, Octaedro, 2007.
SOLÀ, Joan (director), Gramàtica del català contemporani. Barcelona, Empúries, 2002, 3 vols.
VENY, Joan, Els parlars catalans. Palma, Moll, 1987 (7ª ed.).
--------, Introducció a la dialectologia catalana. Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 1986 (2ª ed.)
XURIGUERA, J. Baptista. Els verbs catalans conjugats. Barcelona, Claret [Pompeu Fabra 6], 1998 (35ª ed.).
DE CONSULTA
INSTITUT D'ESTUDIS CATALANS. Diccionari de la llengua catalana. 2ª ed.
Barcelona: Enciclopèdia Catalana i Edicions 62, 2007. [1ª ed., 1995]. En liña: http://dlc.iec.cat/
Pack Diccionaris Castellà-Català i Català-Castellà, Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 2005.
Inter_cat (http://www.intercat.gencat.es/Menu.html).
Competencias- Emplear o catalán como medio de comunicación en situacións da vida cotiá, en situacións de aprendizaxe e como medio de expresión persoal.
- Mellorar o grao de corrección na pronuncia e na entonación do catalán.
- Ler en voz alta correctamente.
- Comprender textos escritos de tipoloxía diversa de calquera grao de formalidade.
- Interpretar correctamente as ideas importantes de textos orais de certa extensión, en variedade estándar, de temática xeral o do ámbito académico do estudante.
- Afondar nas estruturas lingüísticas e o vocabulario precisos para as necesidades comunicativas do nivel elemental.
- Participar adecuadamente en conversas sobre a vida cotiá e sobre temas de interés xeral, empregando un número de expresións suficiente e adecuado ao nivel.
- Interactuar oralmente en contextos comunicativos nos que o estudante precise dar información e reaccionar de maneira adecuada.
- Relatar feitos e experiencias de vida, así como acontecementos posibles, presentes, pasados e futuros, tanto de forma oral como escrita.
- Escribir textos coa corrección adecuada, facendo uso das regras gramaticais e ortográficas básicas.
- Usar o catalán como lingua vehicular da interacción comunicativa propia da actividade lectiva (entre alumnos/as e co profesorado).
- Saber utilizar dicionarios, gramáticas, libros e materias de consulta de maneira eficaz.
- Coñecer e empregar os recursos que ofrecen as novas tecnoloxías para a aprendizaxe da lingua e cultura catalás.
Metodoloxía da ensinanza Clases de carácter teórico-práctico, nas que se traballarán todas as habilidades lingüísticas: comprensión e expresión oral e escrita, dende un enfoque comunicativo por tarefas.
Manual para o alumnado: COMELLES, Salvador [et al.], El Català escrit (Ortografia, Morfologia, Funcions), Barcelona, Barcanova, 2012.
Ademáis do manual, farase uso doutros materiais (textos, videos, audios) procedentes da bibliografía pertinente ou elaborados polas docentes. Sempre que sexa posible estos materiais reflectirán situacións do uso real da lingua (actualidade informativa e sociocultural) e se procurará que satisfagan os intereses dos estudantes.
Durantes as clases faranse exercicios tanto individuais como en grupo e ao final de cada tema se avaliarán os resultados da aprendizaxe mediante unha tarefa final global.
Fomentarase no alumnado a práctica do catalán fóra da aula:
- uso dos principais medios de comunicación cataláns (televisión, radio, prensa, etc.)
- intercambios lingüísticos con estudantes cataláns, virtuais e presencias (programa PARELLAES)
Os estudantes deberán facer unha intervención oral na aula sobre un tema da cultura e sociedade catalá do seu interese, e tamén a lectura dun libro en catalán (poesía, teatro ou prosa) proposto polas profesoras.
Sistema de evaluaciónPara aprobar a materia os alumnos teñen que facer obrigatoriamente un exame final oral e escrito (60% da nota).
Na calificación da materia contará a participación activa nas clases e nas actividades propostas pola Área, así como a realización dos exercicios e a puntualidade na súa entrega (10%). As tarefas finais de cada bloque valerán o 15% da nota final.
A intervención oral de temática cultural catalá formará parte da calificación global da materia (10%).
A lectura do libro en catalán será avaliada cara a calificación final (5%)
Nos casos nos que o estudante estea en circunstancias excepcionais que lle impidan asistir regularmente a clase, ademáis do exame final, deberá facer traballos acordados coas profesoras para suplir a aprendizaxe presencial.
Na segunda oportunidade (xullo) só se calificará a materia polo exame final.
Tempo de estudo e traballo persoal54 HORAS PRESENCIAIS
- Sesións teórico-prácticas: 48 horas
- Sesións de titorías: 3 horas
- Sesións de avaliación: 3 horas
96 HORAS NON PRESENCIAIS*
- estudo e traballo persoal: 84
- preparación avaliación: 12
* As horas non presenciais corresponden ao traballo autónomo do/da alumno/a e, polo tanto, responden a unha planificación puramente teórica, dende o momento en que o estudante é o responsable final do seu traballo.
Recomendacións para o estudo da materia- Estudo e traballo continuado dos contidos da materia.
- Acudir ás titorías sempre que se presente un problema ou dúbida na marcha da materia.
- Ampliar os contidos do programa coa bibliografía recomendada.
- Practicar a lingua catalá fóra das aulas (cancións, prensa, cine, televisión...) e entre os compañeiros de clase.
- Participar no programa lingüístico galego-catalán e catalán-galego PARELLAES.