Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5041804 - Cultura e literatura catalás 2 (Catalán, lingua, cultura e literatura) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxía Catalá
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
López Casas, Maria Merce.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Coñecer obras fundamentais da literatura catalá medieval no seu contexto histórico-social e cultural.

    - Coñecer a expresión catalá dos principais movementos culturais dos séculos XIX e XX.

    - Dotar o alumnado de nocións básicas sobre a cultura catalá de finais do século XX e do XXI

    - Coñecer as obras e as figuras máis importantes da cultura catalá.

    - Familiarizarse co patrimonio cultural catalán a partir das obras máis relevantes.

    - Aproximarse á achega teatral e cinematográfica catalá.

    - Aplicar as técnicas do comentario de texto á literatura catalá.

    - Fomentar a curiosidade intelectural e o gosto pola cultura e a literatura.

    - Fomentar unha actitude intelectual aberta e de respecto ante a diferenza (ser sensibles á diversidade de linguas e culturas).

    - Fomentar unha actitude crítica cara aos factores políticos, económicos, sociais e culturais da materia.

    - Manter e reforzar (ou adquirir, no seu defecto) competencia lingüística en catalán.

    - Dar a coñecer e formar o alumnado para que saiba utilizar a bibliografía de consulta e os recursos varios da internet de maneira eficaz.

    Contidos
    ÉPOCAS DE ESPLENDOR LITERARIO

    1. S. XV: o século de Oro da literatura catalá.

    - A poesía de Ausiàs March.
    - Joanot Martorell e Tirant lo Blanc.

    2. S. XIX:

    - “Renaixença”: Jacint Verdaguer, Àngel Guimerà, Narcís Oller.

    3. S. XX:

    - "Modernisme": Joan Maragall. Principais correntes poéticas e narrativas.
    - As vangardas: J. V. Foix, Joan Salvat-Papasseit.
    - A guerra civil, o exilio e a literatura de posguerra e contemporánea: Mercè Rodoreda, Salvador Espriu, Josep Pla.

    TEATRO E CINEMA

    1. As artes escénicas catalás:

    - Principais compañías e autores dramáticos.

    2. O cinema Catalán en España:

    - Da “Escola de Barcelona” ás novas xeracións de cineastas.



    Bibliografía básica e complementaria
    BARGALLÓ VALLS, J., Literatura catalana del segle XVI al XVIII, Barcelona, Teide, 1987.
    -------, Manual de mètrica i versificació catalanes. Barcelona, Editorial Empúries, 1991.

    BOU, E. (director), Nou diccionari 62 de la literatura catalana, Barcelona, Edicions 62, 2000.

    CABRUJA, Lluís, CASANELLAS, Pere, MASSIP, M. Àngels, Història de la llengua catalana: síntesi, textos i exercicis, Barcelona, Columna, 1987.

    COMAS, A., Antologia de la literatura catalana, Barcelona, Diàfora, 1981.

    DUARTE I MONTSERRAT, Carles, Síntesi d'història de la llengua catalana, Barcelona, La Magrana, 1992 (7a ed.).

    ESPADALER, A. M., Literatura catalana, Barcelona, Taurus, 1989 (versión catalá co título Història de la literatura catalana, Barcelona, Barcanova, 1992).

    GALOFRÉ, J., Documents de Catalunya: recull de textos històrics, Barcelona, Barcanova, 1990.

    GENCAT, Tot el que cal saber sobre la cultura catalana, 2007

    GRAN ENCICLOPÈDIA CATALANA, 22 v., Barcelona Enciclopèdia Catalana, 1986-1993 (2ed.).

    FUSTER, J., Literatura catalana contemporánea, Madrid, Editora Nacional, 1975.

    MARCET, Pere, Història de la llengua catalana. Dels orígens al s. XVIII, Barcelona, Teide, 1987.

    MOLAS, J., Història de la literatura catalana. Part moderna. Vols. 7-11, Barcelona, Ariel, 1986-1988.

    MOLAS, J., MASSOT I MUNTANER, J. (directores), Diccionari de la literatura catalana, Barcelona, Edicions 62, 1979.

    NADAL, Josep M., PRATS, Modest, Història de la llengua catalana 1, Barcelona, Edicions 62, 1982.
    -------, Història de la llengua catalana 2. El segle XV, Barcelona, Edicions 62, 1996.

    RIQUER, B. (director), Història, política, societat i cultura dels Països Catalans, 13 v., Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 1995-2000.

    RIQUER, M. de, COMAS, A., MOLAS, J., Història de la literatura catalana, 11 vols., Barcelona, Ariel, 1964-1988.

    RUBIÓ I BALAGUER, J., Història de la literatura catalana, 3 vols. Barcelona, Publicacions de l'Abadia de Montserrat, 1984; versión en catalán de "Literatura catalana" aparecida en diversos vols. da Historia general de las literaturas hispánicas dirixida por Guillermo Díaz Plaja, Barcelona, Vergara, 1949.

    RUIZ, F. [et. al.], Història Social i política de la llengua catalana, Eliseu Climent, València, 1996.

    SANCHIS GUARNER, Manuel, Aproximació a la història de la llengua catalana, Barcelona, Salvat, 1980.

    SEGARRA, Mila, Història de la normativa catalana, Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 1987 (2a ed.).

    SIRERA, J. L., Història de la literatura valenciana, València, Edicions Alfons el Magnànim, 1995.

    SUNYER, M., Els mites nacionals catalans, Eumo Editorial, 2006.

    TAVANI, G., Breu història de la llengua catalana, Barcelona, Edicions 62, 1994.

    VENY, Joan, Els parlars catalans, Palma, Moll, 1987 (7a ed.).
    --------, Introducció a la dialectologia catalana, Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 1986 (2a ed.)

    VILAR, P., Història de Catalunya, Barcelona, Edicions 62/Península, 1987- 1990.


    RECURSOS EN LIÑA

    Gran Enciclopèdia Catalana

    Biblioteca de Catalunya

    Biblioteca virtual Joan Lluís Vives

    Biblioteca Miguel de Cervantes

    Traces. Base de dades de llengua i literatura catalanes

    Lletra

    Associació d’Escriptors de Llengua Catalana

    Lletres Vilaweb

    Culturcat

    Patrimoni Gencat

    Edu3.cat

    Museu d'Història de Catalunya

    Museu Nacional d’Art de Catalunya

    Diccionari català-valencià-balear


    * A bibliografía específica de cada bloque do programa será indicada ao longo do curso.






    Competencias
    - Ler e comprender textos escritos en catalán sobre temas xerais e específicos da materia, así como sobre aspectos da realidade sociocultural.

    - Ler e comprender textos literarios cataláns medievais e contemporáneos na súa lingua orixinal.

    - Ler significativamente e analizar e comentar textos de historia, cultura, arte e literatura catalás.

    - Analizar, interpretar e valorar textos de diferente xénero literario.

    - Capacidade para realizar comentarios de texto e valoracións críticas.

    - Comparación de textos: análises de semellanzas e diferenzas.

    - Capacidade para facer traballos de investigación bibliográfica, debidamente documentados, sobre escritores e obras da literatura catalá.

    - Valorización da lectura e da literatura como forma de desfrute personal e como método para a adquisición de coñecementos propios e abertos.

    - Entender o catalán oral e escrito.

    Metodoloxía da ensinanza
    Clases de carácter teórico-práctico. Combinaranse as explicacións das profesoras con actividades e dinámicas tanto individuais como de grupo.

    Un dos elementos principais de aprendizaxe será a reflexión e análise crítica de textos escritos, orais e audiovisuais sobre os contidos do programa, así como as intervencións orais por parte dos estudantes a partir de documentación bibliográfica e recursos de internet seleccionados.

    Realización de resumos e controis dos textos de distinta tipoloxía propostos polas profesoras.

    Comentarios de textos literarios.

    Utilizarase material didáctico de diversos tipos e soportes: cancións, documentais, cartaces, fotografías, mapas, filmes, webs....

    Asistencia e participación nas actividades culturais relacionadas coa cultura catalá realizadas na cidade de Compostela e arredores.

    O estudante deberá facer obrigatoriamente

    - un traballo que deberá expoñer en clase (preferiblemente do bloque 2).
    - unha lectura sobre unha das obras propostas polas profesoras.

    Sistema de evaluación
    Para aprobar a materia os alumnos terán que facer obrigatoriamente un exame final (20% da nota) e un traballo que se expoñerá oralmente na clase (30% da nota)

    Na calificación da materia valorarase a participación activa nas clases e nas actividades propostas pola Área, así como a realización dos exercicios e a puntualidade na súa entrega (20%)

    Tras os bloques temáticos faranse probas de tipoloxía diversa: controis tipo test, comentarios de texto, exposicións orais (20%).

    A lectura do libro será avaliada cara a calificación final (10%)

    Nos casos nos que a/o estudante estea en circunstancias excepcionais que lle impidan asistir regularmente a clase, ademais do exame final, deberá facer traballos acordados coas profesoras para suplir a aprendizaxe presencial.

    Na segunda oportunidade (xullo) só se calificará a materia polo exame final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    54 HORAS PRESENCIAIS

    - Sesións teórico-prácticas: 48 horas

    - Sesións de titorías: 3 horas

    - Sesións de avaliación: 3 horas


    96 HORAS NON PRESENCIAIS*

    - estudo e traballo persoal: 84

    - preparación avaliación: 12


    * As horas non presenciais corresponden ao traballo autónomo do/da alumno/a e, polo tanto, responden a unha planificación puramente teórica, dende o momento en que o estudante é o responsable final do seu traballo.

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Estudo e traballo continuado dos contidos da materia.
    - Cumprir os prazos de entrega de exercicios e traballos.
    - Acudir ás titorías sempre que se presente un problema ou dúbida na marcha da materia.
    - Ampliar os contidos do programa coa bibliografía recomendada.

    Observacións
    É necesario ter cursado alomenos algunha materia de lingua catalá, e a materia de Cultura e Literatura Catalás 1.