Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5041809 - Lingua occitana 1 (Lingua e literatura occitanas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 16.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 32.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxía Románica
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ CAMPO, FRANCISCO JOSE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Esta materia vincúlase ao contexto actual de ensinanza e aprendizaxe de linguas do "Marco Europeo Común de Referencia para as linguas: aprender, ensinar e avaliar", do Consello de Europa, en concreto aos niveis A1 e A2" e segue a metodoloxía baseada no enfoque comunicativo por tarefas, entendendo por tarefas aquelas actividades que recrean situacións comunicativas reais nas que o alumnado ten que interactuar en lingua occitana cos seus compañeiros de clase para acadar os seguintes obxectivos:

    - Dominar o uso básico, oral e escrito, da lingua occitana moderna.
    - Coñecer a historia da lingua occitana, no marco das linguas románicas en xeral e do galorromance, en particular.
    - Coñecer a realidade sociolingüística da lingua occitana contemporánea, no marco das linguas minoritarias e minorizadas actuais.
    Contidos
    1. Contidos gramaticais e lingüísticos:
    - Presentarse e saudar.
    - Descreberse fisicamente e descreber a alguén.
    - Dicir onde se está e dicir onde están as cousas.
    - Dar ou pedir unha dirección.
    - Contar números.
    - Dar as grazas e responder a un agradecimento.
    - Dar a data. Dar e pedir a hora.
    - Falar do tempo.
    - Descreber actividades cotiás.
    - Preguntar e dicir como se escrebe ou como se pronuncia unha palabra ou expresión

    2. Elementos formais da lingua

    - Fonoloxía e grafía.
    - O presente de indicativo (verbos regulares).
    - O artigo.
    - O xénero.
    - A formación do plural.
    - O presente de indicativo (verbos irregulares).
    - Os posesivos.
    - Os pronomes persoais.
    - Os demostrativos.
    - Os pronomes interrogativos.
    - Preposicións e adverbios.
    - Tempos verbais de perfecto.
    - Tempos verbais de futuro.
    - Formación de diminutivos e aumentativos.
    - Formación de palabras: os sufixos.


    3. Contidos teóricos:

    - O occitano: descrición lingüística e sociolingüística.
    - Historia da lingua occitana.

    Bibliografía básica e complementaria
    A) Manuais, dicionarios e gramáticas:

    Alibert, L., (1935), Gramatica ocitana segon los parlars lengadocians. Tolosa. SEO.
    Alibert, L., (1966), Dictionnaire occitan-français d'après les parlers languedociens. Toulouse. IEO.
    Bec, P., (1973), Manuel pratique d'occitan moderne. Paris, Picard.
    Laux, Ch., (1997), Dictionnaire français-occitan (languedocien central). Puylaurens. IEO.
    Lafont, R., (1981), Le verbe occitan. Nîmes. Maison d'animation et de recherches populaires occitanes.
    Salvat, J., (1998), Gramatica occitana. Toulouse. Collège d'Occitanie.
    Sauzet, P. e Ubaud, J., (1995), Le verbe occitan. Aix-en-Provence. EDISUD.

    B) Estudos xerais:

    Alén Garabato, M.C., (1999), "Do patois ó occitano: datos para un novo milenio", en Estudios de sociolingüística románica. Linguas e variedades minorizadas. Ed. a cargo de F. Fdez. Rei e A. Santamarina. Univ. de Santiago, pp. 303-318.
    Bec, P., (1963), La langue occitane. Paris. PUF.
    Lafont, R., (1971), Clefs pour l'Occitanie. Paris. Seghers.

    C) Método audiovisual:

    Salles-Loustau, jean, (2004), Òc-Ben!, CRDP, Bordeaux.
    Competencias
    - Emprego do occitano como medio de comunicación en situacións da vida cotiá, en situacións de aprendizaxe e como medio de expresión persoal.
    - Comprensión das ideas principais e extracción de información específica nos textos, tanto orais coma escritos, de tipoloxía diversa.
    - Lectura e comprensión de textos dunha certa extensión.
    - Descrición, de xeito sinxelo, de persoas, obxectos, lugares e situacións, tanto de forma oral coma escrita.
    - Posibilidade de manter conversacións da vida cotiá que esixan un intercambio simple e directo de información sobre temas familiares e habituais.
    - Coñecemento de aspectos da historia e da actualidade sociolingüística do occitano.
    - Utilización de novas tecnoloxías e medios audiovisuais para a aprendizaxe de linguas.
    Metodoloxía da ensinanza
    O curso terá carácter teórico e práctico, alternándose as clases teóricas sobre historia e sociolingüística do occitano coas prácticas, en clase e laboratorio, de lingua occitana moderna.
    Adicarase unha hora á semana á parte teórica, que será expositiva, na que o profesor introducirá cada tema e os alumnos o ampliarán mediante exposicións orais na clase e a presentación dun traballo escrito, sobre calquera dos aspectos do contido do programa.
    Adicaranse dúas horas á semana á parte práctica, que se realizará no laboratorio de idiomas, utilizando o método audiovisual "Òc-Ben", do CRDP de Bordeaux.
    Sistema de evaluación
    Dado que a asistencia á clase e a participación nas actividades propostas en “Metodoloxía da ensinanza” son obrigatorias, non se prevé a realización de exame final para os alumnos que asistan a un mínimo do 80% das clases e superen o sistema de avaliación contínua.

    SISTEMAS DE AVALIACIÓN:

    A) Sistema de avaliación contínua. Os exercicios de avaliación previstos son os seguintes:

    1. Dous comentarios orais sobre calquera tema do apartado 3, sinalados polo profesor. Cada comentario terá un valor de un punto como máximo.
    2. Un traballo escrito sobre calquera tema do apartado 3, a escoller polo alumno. Valorarase dito traballo con un máximo de tres puntos.
    3. Exercicios diarios, orais e escritos, no laboratorio de idiomas. A valoración global destes exercicios será de un máximo de cinco puntos.

    Para superar a materia será necesario obter un mínimo de cinco puntos entre os tres exercicios de avaliación.

    B) Sistema de avaliación mediante exame final:

    Os alumnos que non superen a avaliación contínua ou non asistiran ás clases darán conta do programa da materia no exame final oficial da convocatoria de xaneiro e/ou xuño ou xullo, con data establecida pola Facultade. Dito exame será escrito e oral.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades presenciaies

    Sesións expositivas: 10h
    Sesións de seminario / laboratorio de idiomas / aula de informática: 45h
    Sesións de tutoría programadas: 2h
    Sesións de avaliación: 3h
    Total de horas de actividade presencial: 60h

    Actividades non presenciais

    Estudo e preparación de actividades programadas na clase: 40h
    Realización de traballos de diverso tipo: 10h
    Leituras: 10h
    Preparación de exames: 30h
    Total de horas de actividade non presencial: 90h

    Total horas ECTS: 150

    Recomendacións para o estudo da materia
    Dado que moita da bibliografía proposta está en lingua francesa, recoméndase un nivel básico de lectura e comprensión desta lingua.