Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5041810 - Literatura occitana 1 (Lingua e literatura occitanas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxía Románica
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BREA LOPEZ, MARIA MERCEDES.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Que o alumno coñeza a literatura occitana e adquira unha perspectiva comprehensiva dos seus condicionantes e o seu desenolvemento histórico.
    2. Que o alumno recoñeza a importancia da literatura occitana medieval no desenvolvemento da literatura europea.
    3. Que o alumno descubra os problemas particulares da creación literaria en dominios minorizados.
    4. Que o alumno relacione as situacións culturais e literarias das literaturas hispánicas e Occitania.

    Contidos
    - Tema 1: Introdución ao estudo da Idade Media. A realidade histórica occitana
    - Tema 2: As primeiras manifestacións literarias. O período pretrobadoresco
    - Tema 3: A lírica trobadoresca. Teorías sobre a súa xénese
    - Tema 4: O código poético da “fin’amor”
    - Tema 5: A técnica literaria.
    - Tema 6: Xéneros poéticos
    - Tema 7: Trobadors e trobairitz
    - Tema 8: A narrativa. “Vidas” e “razós”. As “novas”.
    - Tema 9: “Flamenca”
    - Tema 10: “Jaufre” e a materia artúrica.
    - Tema 11: “Daurel e Beton”
    - Tema 12: O período de decadencia e transición. O “primeiro renacemento” occitano.


    Bibliografía básica e complementaria
    Akehurst, F.R.P. - Davis, J.M. (eds.), A Handbook of the Troubadours, University of California Press, Berkeley, 1995.
    Aurell, M., La vielle et l'épée. Troubadours et politique en Provence au XIIIe siècle, Aubier, Paris, 1989 [comentario sobre todo desde perspectiva política]
    Bec, P., Burlesque et obscenité chez les troubadours. Le contre-texte au Moyen Age, Stock/Moyen Age, Paris, 1984. [útil para o xénero satírico].
    Cropp, G. M., Le vocabulaire courtois des troubadours de l'époque classique, Droz, Genève, 1975. [estudo exhaustivo do léxico cortés]
    Di Girolamo, C., Els trobadors, Edicions Alfons el Magnànim, Valencia, 1994.
    Dragonetti, R., La technique poétique des trouvères dans la chanson courtoise. Contribution à l'étude de la rhétorique médiévale, Slatkine, Genève, 1979.
    Gouiran, G. (ed.), Revue des Langues Romanes, 100, 1996. (número adicado a fin’amor)
    Huchet, J.C. (1991), Le roman occitan médiéval, Paris: PUF.
    Huchet, J.Ch. (ed.) (1992), Nouvelles Occitanes du Moyen Âge, Paris: Garnier-Flammarion.
    Lafont, R. - Gardy, Ph., Histoire et anthologie de la littérature occitane, t. I, L’âge classique (1000-1520), Les Presses du Languedoc, Montpellier, 1997.
    Lafont, R. Anatole, Chr. (1970), Nouvelle histoire de la littérature occitane, Paris: PUF.
    Lafont, R., - Anatole, C., Nouvelle histoire de la littérature occitane, Presses Universitaires de France / Publications de l’Institut d’Études Occitanes, Paris, 1970-1971, 2 vols.
    Lazzerini, L. (2001), Letteratura medievale in lingua d’oc, Modena: Mucchi Editore.
    Liborio, M. - Giannetti, A., Letteratura provenzale medievale. Antologia di testi, Carocci, Roma, 2004.
    Limentani, A. (1977), L'eccezione narrativa. La Provenza medievale e l'arte del racconto, Torino.
    Mancini, M., La gaia scienza dei trovatori¸ Pratiche, Parma, 1984, rist. Luni, Milano-Trento, 2000 [estudo dos trobadores e a súa recepción ata a actualidade]
    Mancini, M., Metafora feudale. Per una storia dei trovatori, Il Mulino, Bologna, 1993.[estudo sobre certos trobadores e a súa obra ]
    Meneghetti, M. L., Il pubblico dei trovatori. La ricezione della poesia cortese fino al XIV secolo, Einaudi, Milano, 1992. [estudo da recepción das composicións, vidas, iconografía]
    Paterson, L.M., El mundo de los trovadores, Península, Barcelona, 1997 [trad. da ed. de Cambridge, 1993]. [sobre as estructuras feudais e mentalidade da Occitania]
    Riquer, M. de (ed. e trad) (1975.), Los Trovadores. Historia Literaria y Textos, Planeta, Barcelona, reed. Barcelona : Ariel, 1992, 3 vols.
    Rodríguez Velasco, J.D. (trad.) (1998), Castigos para celosos, consejos para juglares, Madrid: Gredos.

    Bibliografía electrónica
    Provenzal Database: http://www.lib.uchicago.edu/efts/ARTFL/databases/PROV/. Base de datos de acceso restringido sobre la lírica occitana, elaborada por el American Research of the Treasury of the French Language (ARTFL).
    DISTILO, Roco [Dir.]. Trobvers. Lessico e concordanze della lirica trobadorica, 1999. Tamén en www.textus.org.
    RICKETTS , Peter T. Concordance de l’Occitan Médiéval. COM 2. Les Troubadours. Les Textes Narratifs en vers. Direction scientifique Peter T. Ricketts, Direction technique Alan Reed, avec la collaboration de F. R.P. Akehurst, John Hathaway, Cornelis van der Horst. Turnhout: Brepols, 2005 (CD-Rom).

    Competencias
    - Coñecemento da xénese e desenvolvemento dunha das literaturas minorizadas máis importantes da Europa Occidental, fundamental para entender correctamente as líricas francesa, galego-portuguesa e italiana.
    - Fortalecemento na análise de textos de diversas épocas da literatura.
    - Realización rigorosa e con espírito crítico de traballos académicos.
    Metodoloxía da ensinanza
    Intentarase traballar sempre que sexa posible con textos, nos que os alumnos poidan analizar e deducir as características da creación literaria de cada período.
    A asistencia á clase é obrigatoria. Solicitarase a participación activa e a realización de comentarios de textos de autores e obras tratadas na clase. Estes comentarios, que o alumno realizará fundamentalmente a partir das indicacións que o profesor proporcione, poderán ser completados con datos obtidos da lectura da bibliografía que se lle indique en cada momento. Ademais, será obrigatoria a lectura dunha obra do programa que se concertará cos alumnos segundo os seus intereses; sobre ela haberá que facer un traballo escrito.
    Os exercicios que se proporán durante o curso (ou, no seu caso, o exame final) buscan que o alumno demostre que reflexionou sobre os temas tratados e que é capaz de poñelos en relación cos seus coñecementos previos.

    Sistema de evaluación
    (1) Para os alumnos que asisten con regularidade ás clases, está previsto un sistema de avaliación continua, no que se terán en conta os seguintes elementos:

    a) participación activa nas clases: 20% sobre o total da cualificación
    b) dous comentarios de texto que se exporán oralmente na clase: 40% (20% por cada comentario)
    c) traballo escrito: 40%

    (2) Nos casos en que non se acade unha puntuación final de 5 (/10) con este sistema, caberá a opción de presentarse a un exame final, na data fixada oficialmente pola Facultade. Este exame, que conterá preguntas teóricas e unha parte práctica (un comentario de texto), será a única opción para os estudantes que non poidan asistir con regularidade (un mínimo dun 80% do total de clases presenciais, entre expositivas e interactivas).


    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do alumno. Deste conxunto, 75 horas (50%) dedicaranse a traballo dirixido pola profesora e as outras 75 horas (50%) a traballo autónomo dos estudantes, que complentarán desta maneira os coñecementos e as habilidades expostos nas clases.
    As horas de traballo dirixido distribuiranse en 54 horas de actividades formativas presenciais (o que supón o 36% do traballo total) e 21 (14% do total) de actividades dirixidas non presenciais.

    I) Clases presenciais (expositivas e interactivas): 48 horas.

    II) Traballo autónomo: 96

    II) Titorías: 3

    III) Sesións de avaliación: 3
    total: 150 horas


    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia á clase e interese polas materias de literatura medieval.
    - Lectura dos textos e das obras suxeridas na clase.
    - Realización coidada dos comentarios e traballos de clase.