G5041812 - Literatura occitana 2 (Lingua e literatura occitanas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxía Románica
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1. Coñecer a literatura occitana e adquirir unha perspectiva comprensiva dos seus condicionantes e o seu desenvolvemento histórico.
2. Recoñecer a importancia da literatura occitana no desenvolvemento doutras literaturas europeas.
3. Descubrir os problemas particulares da creación literaria en dominios minorizados lingüísticamente.
4. Relacionar as situacións culturais e literarias entre a península ibérica e Occitania.
Contidos- Tema 1: Os condicionantes das literaturas minorizadas.
- Tema 2: A literatura occitana da etapa de decadencia.
- Tema 3: O Renacemento e o Barroco occitanos. As escolas rexionais ata o século XVIII.
- Tema 4: O "Felibrige" e o Rexurdimento das letras occitanas.
- Tema 5: A crise despois do movemento "felibre".
- Tema 6: A literatura occitana do século XX.
Bibliografía básica e complementariaGaravini, F. (1970), La letteratura Occitanica Moderna, Sansoni/Accademia. Bologna: Le Letterature del Mondo.
Gardy, Ph. (1996), L’écriture occitane contemporaine. Une quête des mots, Paris : L’Harmattan.
Gardy, Ph. (1997), Histoire et anthologie de la littérature occitane, tome II. L’Age du baroque, 1520-1789, Montpellier : Les Presses du Languedoc.
Jouveau, R. (1970), Histoire du Felibrige: 1876-1914, Bene, Nîmes.
Lafont, R. Anatole, Chr. (1970), Nouvelle histoire de la littérature occitane, Paris: PUF.
Miremont, P. (1985), Le Félibrige et la langue d’OC, Lo Bornat, Périgueux.
Mistral, F. (1998), Mireya, Cátedra, Madrid.
Vernhièras B. (coord.) (1989), A literatura occitana contemporánea. Pequena antoloxía con versión galega, Santiago de Compostela: Servicio de Publicacións, Universidade de Santiago de Compostela.
Competencias- Capacidade para entender a lingua literaria occitana.
- Familiaridade coa análise de textos de diversas épocas da literatura occitana.
- Realización rigorosa e con espírito crítico de traballos de investigación.
Metodoloxía da ensinanza Ademáis das clases expositivas teóricas impartidas polo profesor, intentarase traballar, sempre que sexa posible, con textos nos que os alumnos poidan analizar e deducir as características da creación literaria de cada período.
Dado que a asistencia á clase é obrigatoria, solicitarase aos alumnos a participación activa na clase e a realización de comentarios de textos de autores e obras tratadas na clase. Estes comentarios, que o alumno realizará fundamentalmente a partir das indicacións que o profesor proporcione, poderán ser completados con datos obtidos da lectura da bibliografía que se lle indique en cada momento. Tamén haberá un traballo escrito e unha proba final.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación, que se efectúa sobre o conxunto do programa, responde á metodoloxía empregada para a aprendizaxe. Establécense, pois, dúas opcións posibles:
1.- Sistema de avaliación contínua. Consta dos seguintes exercicios:
a) Comentarios de textos (mínimo dous). Valoración máxima: Dous (2) puntos.
b) Un traballo escrito sobre un tema do programa da materia. Valoración máxima: Tres (3) puntos.
c) Unha proba escrita. Valoración máxima: Cinco (5) puntos.
Para superar a materia será necesario obter cinco (5) puntos na suma dos tres exercicios.
2.- Exame final:
Consistirá nunha serie de preguntas teóricas e un comentario de texto. A este exame, que se realizará na data fixada polo Decanato da Facultade, deberanse presentar os alumnos que non asistiran ás clases ou os que non tiveran superado a materia polo sistema de avaliación contínua.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades
Clases teóricas presenciais: 45 horas
Clases prácticas presenciais: 15 horas
Clases prácticas non presenciais, incluíndo a realización dun traballo persoal e comentarios de texto: 55
Titorías individuais: 15
Traballo autónomo do estudante: 75
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia e participación activa na clase.
- Lectura dos textos e das obras suxeridas na clase.
- Realización coidada dos comentarios e do traballo.