G5041814 - Lingua romanesa 2 (Lingua e literatura romanesas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 16.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 32.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxía Románica
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO principal obxectivo é ampliar o coñecemento dos compoñentes básicos do sistema lingüístico do romanés (dacorromanés) mediante análise do sistema actual e elementos da historia da lingua (do latín ó romanés). Tamén se pretende mostrar a historia externa, a constitución da lingua literaria e a situación actual do romanés e das súas variedades fóra de Romanía.
Contidosa) Clases expositivas
TEMA 1. Elementos de historia externa do romanés .
1.1. Emerxencia e evolución do romanés común: romanización da Península Balcánica e da Dacia; o territorio de formación do romanés (a teoría de Jirecek); o substrato étnico-lingüístico; o concepto de “latín danubiano”; pobos migratorios na área do romanés; fragmentación do romanés común; as variedades xenéticas do romanés meridional (balcánico) e a súa situación actual: arromanés ou macedorromanés, meglenorromanés e istrorromanés.
1.2. A organización socio-política e relixiosa na época das migracións (séc. III-XIV); a invasión eslava e a situación de diglosia coa introdución da lingua eslava na Igrexa; a invasión húngara e a situación do Principado de Transilvania; a formación e evolución dos estados medievais de Valaquia e Moldavia ata a Unión (1859).
1.3. O proceso de elaboración do dacorromanés: as traducións relixiosas de Coresi, a Escola latinista de Transilvania ou Şcoala ardeleană, a Biblia de Bucureşti (1688) dos irmáns Greceanu e a influencia grega na época fanariota. A Gramatică românească (1828) de Ion Heliade Rădulescu e a unificación da lingua literaria. A elaboración na etapa dos grandes clásicos, a Epoca marilor clasici (1866- 1886) de Mihai Eminescu, Ion Creangă, Ion Slavici e Ion Luca Caragiale.
1.4. O proceso de oficialización do romanés nos Principados danubianos. O romanés, lingua nacional de Romanía; o problema da limba moldovească na actual República Moldova e o conflito lingüístico ruso-moldavo.
1.5. Variedades diatópicas do dacorromanés.
TEMA 2. Fonoloxía histórica do romanés.
2.1. A constitución do sistema fonolóxico.
2.2. O subsistema vocálico: orixe e evolución das vogais e dos grupos vocálicos. Aspectos debatidos na fonoloxía romanesa sobre as unidades vocálicas.
2.3. O subsistema consonántico: orixe e evolución das consoantes e dos grupos consonánticos. Aspectos debatidos na fonoloxía romanesa sobre as unidades consonánticas.
2.4. Alternancias fonéticas e a súa función morfolóxica.
TEMA 3. O dominio nominal
3.1. Substantivo. Evolución das clases flexionais: a declinación bicasual actual. Evolución do plural e do xénero: o xénero neutro.
3.2. Adxectivo. Evolución das clases flexionais e a expresión da intensidade.
3.3. Sintagma nominal.
TEMA 4. O numeral
4.1. Numerais cardinais: formas herdadas e formas específicas.
4.2. Numerais ordinais.
TEMA 5. Clases fechadas de palabras e a súa orixe
5.1. Artigos e as súas categorías gramaticais.
5.2. Cuantificadores.
5.3. Pronomes persoais.
5.4. Demostrativos.
5.5. Posesivos.
5.6. Adverbios interrogativos.
5.7. Verbos auxiliares.
5.8. Preposicións e conxuncións.
TEMA 6. O verbo
6.1. Evolución das clases morfolóxicas e das desinencias verbais. Formas
verbais rizotónicas.
6.2. Principais modificacións do sistema verbal do latín falado: a creación dos tempos de futuro e dos tempos compostos para expresar anterioridade.
6.3. Formas non persoais: participios sigmáticos.
6.4. Sintagma verbal.
TEMA 7. Estrutura etimolóxica do léxico romanés
7.1. Fondo latino patrimonial.
7.2. Elementos eslavos: etapas da influencia eslava..
7.3. Elementos húngaros e alemáns.
7.3. Fondo neolatino: renovación léxica. A influencia da lingua francesa.
7.4. Outros elementos léxicos.
TEMA 8. A escritura romanesa
8.1. Inicio e evolución da escritura romanesa.
8.2. Sistemas gráficos.
a) Clases interactivas
Tipos de prácticas:
-Comentario de textos da historia externa e da situación actual das variedades.
- Transcrición de palabras e oracións de textos do séc. XVI e doutros séculos.
- Análise morfolóxica: textos antigos e modernos.
- Identificación de procesos derivativos, flexivos e compositivos que explican a formación de unidades léxicas.
- Identificación de sintagmas e oracións.
Bibliografía básica e complementariaCon asterisco (*) márcanse as obras recomendadas.
1. Historia externa e situación actual da lingua
*Bec, P.: “Histoire et structure. I Les origines II La langue roumaine”, en P. Bec: Manuel pratique de philologie romane, II. París: Picard, 1970, 139-88.
*Bochmann, K.: “À l’est comme à l’ouest, où les extrêmes (géographiques) se touchent: Galice et Moldavie devant le problème de la langue”, en R. Álvarez, R. / D. Vilavedra (coords.): Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero, I, Santiago de Compostela: Universidade, 1999, 249-63.
Dyer, D. L.: The Romanian Dialect of Moldova. A Study in Language and Politics. N.Y.: Edwin Mellen Press, 1999.
*Ionescu, C.: “O romanés. Aspectos da historia externa con especial atención á súa situación fóra das fronteiras de Romanía”, en F. Fernández Rei e A. Santamarina Fernández, (eds.): Estudios de sociolingüística románica. Linguas e variedades minorizadas, Santiago de Compostela: Universidade, 1999, 445-501.
*Metzeltin, M.: “La órbita del mundo rumano” en M. Metzeltin: Las lenguas románicas estándar. Historia de su formación y de su uso. Uviéu: ALLA, 2004, 245-67.
Neguru, P. “O medio literario entre procura identitaria e integración nacional. Para unha socioloxía do rexionalismo cultural na Besarabia nos anos trinta”, A Trabe de Ouro 50, 217-27.
3. Obras diacrónicas (e sincrónicas)
*Bec, P.: “III Structure et typologie du roumain”, en P. Bec: Manuel … II París, 1970, 189-206.
Densusianu, O.: Opere, vol.2: Histoire de la langue roumaine, Bucureşti, 1975.
*Ionescu, C.: Esbozo de gramática rumana (material inédito).
Niculescu, A.: Outline history of the romanian language. Padova: Unipress, 1990.
Pop, S.: Grammaire roumaine. Bern: Franke, 1948.
*Rosetti, Al.: Istoria limbii române de la origini pînă în secolul al XVII-lea. Bucureşti: Editura Pentru Literatura, 1968 .
Sala, M.: Contribution à l’histoire de la langue roumaine. Paris, 1976.
Sala, M.: Del latín al rumano. Paris-Bucarest, 2002.
3. Textos
*Bec, P.: “Textes commentés”, en P. Bec: Manuel… II. París: Picard, 1970, 207-62.
Ionescu, C.: Antología de textos antiguos (inédita).
Iordan, I. (dir.): “Limba româna”, en Crestomaţie romanică.Volumul al III-lea secolele al XIX-lea al XX-lea. Partea I. Bucureşti: Editura Academiei RSR, 1968, 18-448
5. Manuais e tratados de Lingüística Románica
*Iordan, I./Manoliu, M.: Manual de Lingüística Románica. Madrid: Gredos, 1972, 2 vol. Revisión, reelaboración parcial e notas de Manuel Alvar.
*Labraña, S. et al.: EuroComRom – As sete peneiras: Saber ler axiña todas as linguas románicas. Aachen: Shaker Verlag, 2009.
Lausberg, H.: Lingüística Románica I Fonetica II Morfología, 2 vol. Madrid: Gredos, 1965-66. Trad. de D. Pérez Riesco e E. Pascual.
Holtus, G. et al.: Lexikon der romanistischen Linguistik, Tübingen: Max Niemeyer [II,1 Le latin et le roman. Grammaire historico-comparative des langues romanes, 1996; II,2, Les différentes langues romanes et leurs régions d’implantation du Moyen Âge à la Renaissance, 1995; e III. Le roumain, Dalmatico / Istroromanzo, Friulano, Ladino, le romanche; 1990].
*Reinheimer, S. / Tasmowski, L.: Pratique des langues romanes. Espagnol français italien portugais roumain. Paris: Harmattan, 1997.
*Sánchez Miret, F.: “Morfosintaxis histórica•, en J. E. Gargallo / Mª. R. Bastardas (Eds.), Manual de lingüística románica, Barcelona: Ariel, 2007, 250-274.
Tagliavini, C.: Orígenes de las lenguas neolatinas. México: FCE, 1981.
*Tekavčić, P.: Grammatica storica dell’italiano. I Fonemática II Morfosintassi III Lessico Bologna: Il Mulino, 1972.
5. Dicionarios etimolóxicos (e sincrónicos)
Academia Română Institutul de Lingvistică ‘Iorgu Iordan’: DEX Dicţionarul Explicativ al. Limbii române. Bucureşti: Editura Univers Enciclopedic, 19982.
Calciu, A. et al.: Dicţionar român-spaniol. Bucureşti: Editura Ştiinţifică şi Enciclopedica, 1979.
Calciu, A./Samharadze, Z.: Dicţionar spaniol-român. Bucureşti: Editura Ştiinţifică. 1992
*Cioranescu, A.: Diccionario etimológico rumano. La Laguna: Universidad, 1966.
*Meyer-Lübke, W.: Romanisches Etymologisches Wörterbuch [REW]. Heidelberg: 19353.
CompetenciasCompetencias fonolóxicas: coñecemento da formación e da evolución do sistema fonolóxico da lingua romanesa.
Competencias gramaticais: coñecemento de elementos, categorías e clases gramaticais e a súa orixe.
Competencias pragmáticas: coñemento e uso de elementos específicos do romanés como formas de tratamento (pronome de cortesía; formas populares de tratamento), afirmación e negación (dobre negación e pronomes ‘negativos’), prohibición (imperativo negativo), gradación adxectival e adverbial, expresión dun estado físico o anímico co verbo a fi ‘ser’, petición de opinión e opinión, expresión de desexos, gustos ou dubidas
Metodoloxía da ensinanza Corresponden a esta materia 45 clases durante 15 semanas (de 28.01.2013 a 13.05.2013) repartidas en 25 clases expositivas e 18 interactivas. Nas clases expositivas preséntanse os elementos máis relevantes de cada tema con material didáctico ofrecido polo profesor. Nas clases interactivas realízanse exercicios relacionados cos temas explicados na aula ou mediante pequenos traballos elaborados fóra do horario de clases, en grupo ou individualmente.
Estes traballos consistirán en comentarios de textos relativos á historia externa ou á situación social do romanés e as súas variedades, transcrición fonética e fonolóxica de textos; análises de estruturas silábicas, de estruturas morfolóxicas e clases de palabras e de estruturas sintácticas sobre diversos textos; identificación e composición de campos semánticos etc.
Sistema de evaluaciónA. Evaluación continua
Farase un seguimento semanal do labor realizado por cada estudante, polo que se require a asistencia obrigatoria (como mínimo, nun 80% do total de horas previstas) tanto ás clases expositivas como ás interactivas, nas que se valorará a implicación e a participación activa. O alumnado fará as actividades non presenciais que se lle vaian encargando e un traballo final individual escrito sobre algún apartado do temario.
Na avaliación final a porcentaxe correspondente a cada actividade é a seguinte:
a) un 25% para a asistencia regular e participación activa nas aulas;
b) un 25% para o dominio dos contidos teóricos e prácticos sobre comentarios específicos preparados polo profesor;
c) un 25% para pequenos traballos non presenciais preparados por cada estudante, que se exporán nas clases;
d) un 25% para o traballo final individual escrito.
B. Dous traballos finais
O estudante que non poida participar nas actividades previstas, xustificadas consonte co previsto na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior, que o Consello de Goberno da USC aprobou en sesión do 25 de marzo do 2010, realizará dúas probas escritas (50% + 50%) sobre os contidos teóricos e prácticos establecidos polo profesor.
C. Exame final
O estudante que non poida seguir con regularidade o curso, o que non realice os dous traballos finais ou ben non acade a nota mínima de 5 na avaliación final (50% do total) ten que realizar un exame final cunha parte práctica e outra teórica. A data desta proba será a oficial que establece a Facultade de Filoloxía da USC.
Tempo de estudo e traballo persoalClases expositivas 25 Estudio individual 60
Clases interactivas 18 Realización de traballos 30
Titorías programadas 2 Realización do traballo final 15
Total horas de actividade presencial: 45 Total horas de actividade non presencial: 103
Recomendacións para o estudo da materiaDominio dos contidos da materia Lingua Romanesa 1