G5041815 - Literatura romanesa 1 (Lingua e literatura romanesas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxía Románica
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia– Coñecemento dos elementos básicos que conforman o sistema literario do romanés. Estudo da súa evolución.
– Análise do sistema literario do romanés nos seus diversos compoñentes, contrastándoo cos sistemas literarios que se manifestan, para similares períodos, noutras linguas románicas (en particular, co castelán e co galego).
ContidosSección I. Folclore literario.
Tema 1. Características xerais, clasificación dos textos, obras mestras.
Sección II. Literatura culta.
Sección II. 1. A literatura antiga.
Tema 2. Os primeiros textos literarios: clasificación e descrición. Iluminismo histórico e posmodernismo tipolóxico (“Tiganiada” de I. Budai-Deleanu – a parodia da epopea).
Sección II. 2. Literatura moderna.
Tema 3. O Romanticismo romanés no contexto europeo.
Tema 4. Simbolismo, parnasianismo e naturalismo.
Tema 5. Tradicionalismo e modernismo na literatura interbélica: realismo rural/surrealismo urbano.
Tema 6. Vangarda: ideoloxía, representantes, recursos retóricos.
Tema 7. Literatura romanesa posbélica: o proletcultismo; a revitalización lírica; literatura subversiva e disidente; o posmodernismo da “xeneración 80”; literatura despois da ‘revolución’.
Bibliografía básica e complementariaBulei, I. (1999), Breve storia dei romeni, Alessandria: Edizioni dell'Orso.
Cepraga, D. O.-Renzi, L.-Sperandio, R. (2004), Le Nozze del Sole. Canti vecchi e colinde romene, Roma: Carocci.
Dodu-Balan, I. (1981), A Concise History of Romanian Literature, Bucarest: Editura Stiinfica si Enciclopedica.
Eliade, M. (1985), De Zalmoxis a Gengis-Khan: religiones y folklore de Dacia de la Europa oriental, Madrid: Cristiandad.
Fischer-Galati, S.-Giurescu, D. C.-Pop, I. A. (2003), Una storia dei romeni, Cluj-Napoca: Fondazione Culturale Romena.
Ionescu, C. (1991), “A literatura romanesa moderna. Un informe panorámico”, Boletín Galego de Literatura, 16, pp. 7-38.
Lupi, G. (1995), Storia della letteratura romena, Firenze: Sansoni.
Mazzoni, B.-Tarantino, A. (2010), Geografia e storia della civiltà letteraria romena. Tomo II, Pisa: Plus Pisa University Press.
Munteanu, B. (1938), Panorama de la littérature roumaine contemporaine, Paris: Sagittaire, traducido en Panorama da moderna literatura romena, Lisboa: J. Castelo Branco, 1969.
Renzi, L. (1969), Canti narrativi tradizionali romeni, Firenze: Olschki.
Competencias– Capacidade para interpretar, analizar e valorar o compoñente oral e culto da literatura romanesa e a súa evolución.
– Asimilación e manexo con corrección dos conceptos clave da materia, fomentando a capacidade de análise e de síntese, para así discriminar a información imprescindible da accesoria.
– Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na análise de textos literarios seleccionados.
– Adquisición da capacidade para relacionar os datos obtidos durante o proceso de aprendizaxe, favorecendo así o labor de conceptualización durante este proceso.
– Capacidade para valorar e emitir xuízos críticos, como consecuencia das destrezas anteriores, que, aplicados, en primeiro lugar, aos temas obxecto de materia, buscarán a súa proxección a outros ámbitos de estudo e a incorporación á formación intelectual do alumno.
Metodoloxía da ensinanza Nas clases expositivas, a profesora ofreceralles aos alumnos as nocións teóricas e metodolóxicas máis relevantes de cada tema, para que as empreguen correctamente e poidan asimilar sen dificultades os contidos da bibliografía recomendada. A docente acompañará estas nocións co material didáctico de apoio que estime oportuno.
Nas clases interactivas realizaranse e presentaranse exercicios relacionados cos temas explicados. Estes exercicios poderán prepararse na aula ou, a petición da profesora, fóra do horario de clases, tanto en grupo como individualmente.
Sistema de evaluaciónDebe terse en conta que é imprescindible a asistencia regular ás clases e a participación activa de todos os alumnos na discusión de diversos puntos do programa. O sistema de avaliación previsto para esta materia descríbese nas liñas que seguen.
1.ª oportunidade (xaneiro)
A avaliación será continua, con varios exercicios, que comprenderán pequenos traballos parciais, exposicións de deteminados puntos do programa e comentarios de texto. Os exercicios poderán realizarse na aula ou fóra dela e terán como finalidade o control do traballo do alumno ao longo do curso. Ademais, deberase realizar un breve traballo monográfico final.
A continuación recóllense os aspectos avaliables e o seu peso na cualificación final:
a) Asistencia e participación (porcentaxe mínima de presencialidade para ser considerada: 80%). Peso: 20%.
b) Traballo monográfico. Peso: 40%.
c) Exercicios. Peso: 40%.
2.ª oportunidade (xuño-xullo)
A avaliación farase exclusivamente a través dun exame escrito que suporá o 100% da nota e que incluirá cuestións téoricas e prácticas sobre os contidos do programa.
Alumnado con dispensa de asistencia
Para os alumnos que obteñan a dispensa de asistencia ás aulas e que a acrediten debidamente, a avaliación limitarase ao exame final, que suporá o 100% da nota e que se realizará nas datas oficiais que fixe a Facultade. Este sistema de avaliación aplicarase tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Tempo de estudo e traballo persoalOs tempos previstos de estudo e de traballo persoal do estudante distribúense así:
Horas presenciais
Clases expositivas: 24 horas
Clases interactivas: 24 horas
Titorías: 6 horas
Horas non presenciais
Preparación de clases: 20 horas
Preparación de traballos parciais, exposicións e traballo final: 70 horas
Titorías programadas: 6 horas
As actividades non presenciais ocuparanlle ao alumno 96 horas de traballo, que, sumadas ás 54 horas de traballo presencial, supoñen 150 horas, equivalentes a 6 créditos ECTS.
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia regular ás clases e a lectura da bibliografía básica recomendada pola profesora ao inicio do curso son esenciais para seguir correctamente os contidos das exposicións teóricas e prácticas, preparando o alumno para realizar os traballos con bo rendemento e eficacia. A materia non está pensada para acumular nocións, senón para adquirir unha serie de coñecementos e para establecer relacións entre os diversos puntos do programa (e, mesmo, entre diversas materias). Valorarase, por iso, moi positivamente a capacidade crítica dos estudantes tanto nas prácticas realizadas nas clases coma nos traballos individuais.
ObservaciónsNa Guía docente detallaranse convenientemente os temas da materia e ofrecerase unha ampla bibliografía relativa aos contidos que nela se tratan.