Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5041816 - Literatura romanesa 2 (Lingua e literatura romanesas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxía Románica
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
CORRAL DIAZ, ESTHER.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Analizar o estudo dos compoñentes básicos do sistema literario romanés
    -Percibir as características particulares da produción literaria romanesa
    - Estudar a súa evolución e profundizar na etapa moderna
    - Adquirir coñecementos sólidos e claros do sistema literario romanés.
    - Fomentar a capacidade de contrastar o sistema romanés co sistema literario doutras literaturas románicas (principalmente castelá e galega) e europeas.

    Contidos

    INTRODUCION

    TEMA 1.
    NARRATIVA. TipoloGía da novela rumana no contexto europeo: “novela
    dórica”. Ion de Liviu Rebreanu (o carácter lóxico do universo “realista”); “novela
    iónica”. Patul lui Procust de Camil Petrescu (a “autenticidade” do discurso novelesco, o
    metatexto e o paratexto, o estilo comparativo); “novela corintia” a narrativa de Urmuz.

    TEMA 2.
    POESÍA. Simbolismo (G. Bacovia e Ion Minulescu). Expresionismo (Lucian
    Blaga). Surrealismo (Gelu Naum). Realismo socialista (Veronica Porumbacu).
    Modernismo tardío (Nichita Stãnescu). Postmodernismo (Mircea Cãrtãrescu).

    TEMA 3.
    TEATRO. Desde I. L. Caragiale (as “formas sen fondo”) a Eugen Ionescu
    (“teatro do absurdo”).

    TEMA 4.
    ENSAIO. E. Cioran (a “literariedad” do discurso ensaístico)

    Bibliografía básica e complementaria
    Densusianu, N., Literatura romana moderna, Bucarest, 1985.
    Dodu-Balan, I.: A Concise History of Romanian Literature, Bucarest, 1981.
    Eliade, Mircea: De Zamolxis a Gengis-Khan, Madrid, 1985.
    Ionescu, Christian, “A literatura romanesa moderna. Un informe panorámico”, "Boletín de Literatura", 16,1991, pp. 7-38.
    Lupi, Geno, Storia della literatura rumena, Florencia, 1955.
    Munteanu, Basil, Panorama de la littérature roumaine, París, 1938 / Panorama da moderna literatura romena, Lisboa, 1969 (recomendado)
    Competencias
    - Visión completa das etapas máis importantes de literatura romanesa e da súa evolución.
    - Coñecemento da literatura romanesa e das súas principais obras.
    -Percepción da importancia do período moderno e contemporáneo na literatura romanesa.
    - Capacidade de analise literaria e capacidade crítica.

    Metodoloxía da ensinanza
    Nas clases expositivas presentaránse os elementos mais relevantes de cada tema con material didáctico ofrecido polo profesor (textos, videos, etc). Nas clases interactivas realizaránse lecturas e comentarios de texto que servirán para ilustrar os aspectos máis importantes da programación, exercicios relacionados cos temas explicados, etc
    Os estudantes deberán participar activamente nos comentarios das obras e nos comentarios de texto, aos que deberán aplicar os coñecementos recibidos nas sesións expositivas. Así mesmo, prepararán unha recensión sobre unha obra da bibliografía indicada polo docente, e dous traballos monográficos que serán elaborados baixo a tutela do profesor e nos que se abordarán aspectos concretos do curso. Un traballo terá unha exposición oral e outro terá unha realización escrita. Antes da súa presentación, deberán entregar un bosquexo dos mesmos ao profesor
    Sistema de evaluación
    Existen dous sistemas de avaliación:
    A) Avaliación continuada na que a asistencia a clase é obrigatoria e a participación do alumno debe de ser activa. Os alumnos que asistan a clase con regularidade serán avaliados polo docente de maneira continua a través da asistencia e da súa participación (30 % do total da nota final). Durante o cuatrimestre entregarán dous traballos monográficos seleccionados de acordo co profesor (60 % do total restante da nota) e realizaran comentarios e outras actividades textuais (10 %).

    B) O exame que as autoridades decanais establecen para os alumnos que non superen a primeira opción de avaliación, ou ben que non asistan habitualmente a clase (as faltas de asistencia deberán ser sempre xustificadas)

    Tempo de estudo e traballo persoal
    HORAS DE TRABALLO PERSOAL
    Sesións presenciais: 48 horas (24 sesións expositivas + 24 sesións interactivas)
    Sesións de titorías: 3 horas
    Sesións de avaliación: 3 horas
    Total: 54 horas

    HORAS DE TRABALLO NON PRESENCIAL DO ALUMNO:
    Sobre as sesións presenciais: 84 horas (48 sesións exposiivas + 36 sesións interactivas)
    Sesións de titorías: 3 horas
    Sesións de avaliación: 9 horas
    Total: 96 horas


    TOTAL: 54 horas + 96 horas = 150 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    -Asistencia regular a clase.
    -Boa disposición para a lectura de textos e de obras literarias.