G5051102 - Lingua galega 1 (Formación Básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia• Coñecer os distintos niveis de análise gramatical, as diferentes perspectivas de estudo e as correspondentes disciplinas lingüísticas.
• Comprender a complexidade do feito lingüístico e a interrelación entre as distintas compoñentes gramaticais.
• Iniciarse na reflexión lingüística sobre o galego (nas diferentes compoñentes gramaticais) a través da análise de cuestións concretas e, esencialmente, daquelas nas que o alumnado ten traballado desde un punto de vista descritivo.
• Coñecer conceptos e métodos fundamentais de análise gramatical do galego (sintáctica, morfolóxica e fonética).
• Coñecer ferramentas e recursos aos que poder acudir para a resolución de dúbidas, para a ampliación de coñecementos ou para a obtención de datos de cara á reflexión lingüística.
• Iniciarse na lectura de traballos de investigación lingüística.
• Iniciarse na elaboración de traballos de análise gramatical sobre o galego.
• Consolidar un dominio avanzado na produción de textos galegos orais e escritos.
Contidos1. Recursos para o uso e a aprendizaxe do galego
2. Linguaxe, linguas e lingüística
2.1. A linguaxe e as linguas. Unidade e diversidade.
2.2. Lingüística descritiva e lingüística prescritiva.
2.3. As disciplinas lingüísticas
3. Fonética
3.1. Divisións da fonética
3.2. A fonética articulatoria
3.3. O Alfabeto Fonético Internacional e a transcrición fonética.
4. Morfoloxía
4.1. Unidades e procesos morfolóxicos
4.2. Flexión de palabras vs. creación de palabras.
5. Sintaxe
5.1. Unidades sintácticas e unidades comunicativas.
5.2. Funcións sintácticas, semánticas e informativas.
5.3. Constituíntes sintácticos. Análise sintáctica.
Bibliografía básica e complementariaBÁSICA
REPERTORIOS BIBLIOGRÁFICOS
García Gondar, F. (dir.) (1995): Repertorio bibliográfico da lingüística galega: desde os seus inicios ata 1994 inclusive. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Pódese consultar unha versión actualizada en
http://www.cirp.es/WXN/wxn/frames/bilega.html.
Regueira Fernández, X.L. (coord.) (1996): Guía bibliográfica da lingüística galega. Vigo: Xerais.
DICIONARIOS DE LINGÜÍSTICA
Alcaraz Varó, E. (2004): Diccionario de lingüística moderna. Barcelona: Ariel.
Câmara Júnior, J. Mattoso (1985): Dicionário de linguistica e gramática : referente à língua portuguesa. Petrópolis : Vozes
Crystal, D. (1987): The Cambridge encyclopedia of language. Cambridge : University
Moreno Cabrera, J. C. (1998): Diccionario de Lingüística neológico y multilingüe, Madrid: Síntesis.
Simpson, J. M. Y. (1994): The Encyclopedia of language and linguistics, Oxford : Pergamon Press.
Trask, R. L. (2007): Language and linguistics: the key concepts. London/New York: Routledge.
Werner, W. (1985): Lingüística moderna : terminología y bibliografía. Madrid: Gredos.
Xavier, M. F. / M. H. Mateus (1990/1992): Dicionário de termos linguísticos, Lisboa: Cosmos.
GRAMÁTICAS GALEGAS E OUTRAS OBRAS DE REFERENCIA
Álvarez, R. / X. Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
Freixeiro Mato, X. R. (1998-2000): Gramática da Lingua Galega I, II e III. Vigo: A Nosa Terra.
González González, M. e A. Santamarina (coord.) (2004): Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa). A Coruña: RAG / Santiago: ILG.
Hermida Gulías, C. (2004): Gramática práctica (morfosintaxe). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
ILG / RAG (2003): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Santiago: ILG / RAG.
Ramallo, F. / X. P. Rodríguez Yáñez (eds.): Manual de ciencias da linguaxe, Vigo: Xerais
Regueira Fernández, X. L. (coord.) (1998): Os sons da lingua. Vigo: Xerais.
COMPLEMENTARIA
FONÉTICA
Catford, J. C. (1988): A practical introduction to phonetics. Oxford: Clarendon.
Ladefoged, P./I. Maddieson (1996): The Sounds of the World's Languages, Oxford: Blackwell.
Martínez Celdrán, E. (2002): Introducción á fonética: o son na comunicación humana. Vigo: Galaxia
Martínez Celdrán, E./Fernández Planas, A. M. (2007): Manual de fonética española : articulaciones y sonidos del español. Barcelona: Ariel.
MORFOLOXÍA
González Pereira, M. / G. Rei-Doval / F. Albertuz Carneiro (2000): "Morfoloxía", en F. Ramallo / X. P. Rodríguez Yáñez (eds.): Manual de ciencias da linguaxe,Vigo: Xerais, 585-627.
Matthews, P. H. (1991): Morphology, Cambridge: Cambridge University Press. Existe traducción española da primeira edición (1974): Morfología, Madrid: Paraninfo, 1980.
Pena, J. (1991): “La palabra: estructura y procesos morfológicos”, Verba 18, 69-128.
SINTAXE
Cuenca, M. J. (1996): Sintaxi fonamental: les categories gramaticals, Barcelona: Empúries.
Duarte, I. / A. Mª. Brito (1996): “Sintaxe”, en I. Hub Faria et alii (org.): Introdução à linguistica geral e portuguesa, Lisboa: Caminho, 247-302.
García-Miguel, J. M.ª (1995): Las relaciones gramaticales entre predicado y participantes, Santiago de Compostela: USC.
Competencias• Capacidade para asignar un problema lingüístico a un nivel concreto de análise ou, no seu caso, a diferentes niveis de análise.
• Capacidade para distinguir entre descrición e explicación e mais entre descrición e prescrición.
• A un nivel básico, capacidade para realizar análise gramatical do galego (sintáctica, morfolóxica e fonética).
• A un nivel básico, capacidade para formular hipóteses explicativas de determinados feitos lingüísticos galegos.
• Capacidade para buscar e atopar solucións a distintas cuestións lingüísticas a través de diferentes recursos (dicionarios, gramáticas, bases de datos...).
• Capacidade para comprender e extraer os obxectivos e as conclusións principais de traballos de investigación con pouco nivel de dificultade comprensiva.
• Capacidade para elaborar pequenos traballos de análise gramatical, correctamente estruturados. Neste sentido:
• Capacidade para ordenar e plasmar adecuadamente as ideas, tanto no nivel oral como no escrito.
• Capacidade para distinguir entre obxectivos, metodoloxía, análise e conclusións.
• Capacidade para elaborar traballos adecuados desde un punto de vista formal (ortografía técnica, bibliografía...).
• Capacidade para elaborar un discurso coherente e ben cohesionado.
• Capacidade para elaborar un discurso que responda ás características do código normativo galego e aos trazos fónicos e prosódicos do galego.
Metodoloxía da ensinanza Os tipos de actividades que se realizarán son os seguintes:
• Sesións expositivas. Nelas introduciranse os conceptos teóricos e metodolóxicos de análise lingüística. A explicación das profesoras apoiarase con frecuencia na lectura e comentario de textos e na exposición e comentario de exemplos.
• Sesións de seminario. Esencialmente traballaranse de forma aplicada algúns dos contidos vistos nas sesións expositivas. Faranse comentarios de lecturas, exposicións de traballos e exercicios de diverso tipo. Todas estas tarefas estarán guiadas e supervisadas polas profesoras. Algúns dos materiais de traballo atoparanse nas aulas virtuais.
• Titorías en grupo. Como o resto das actividades, serán de asistencia obrigatoria. Dedicaranse a facer un seguimento do traballo do alumno.
• Actividades de curso. Trátase de exercicios, traballos, exposicións, comentarios... de carácter obrigatorio que serán recollidos polos profesores. Algúns deles terán carácter non presencial e deberán ser entregados nas datas que no seu momento se indiquen.
• Lecturas. Ao longo do curso os profesores encargarán unha serie de lecturas obrigatorias, que se deberán preparar en horas non-presenciais.
Nesta materia empregaranse os recursos da aula virtual.
Sistema de evaluaciónSISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
• Actividades do curso (35% da cualificación global): ao longo do curso, as profesoras recollerán diversos traballos e exercicios, tanto de elaboración presencial como non-presencial e ben individuais, ben feitos en grupo. Así mesmo, será obrigatoria a realización de cando menos unha exposición. Valorarase a calidade e, no seu caso, a orixinalidade, así como o deseño e presentación. Os alumnos que non presenten estas actividades no día ou prazo indicado serán cualificados cun 0, agás que documenten unha causa xustificada. En tal circunstancia, as profesoras indicarán no seu caso un novo prazo.
• Contidos da materia (65% da cualificación global): realizaranse dous exames parciais escritos, nos que se valorará o dominio do código normativo, da coherencia e cohesión textual e dos contidos teórico-prácticos. A media destes dous exames supoñerá un 65% do total, e para poder optar a superar a materia é imprescindible que a dita media sexa igual ou superior a 5 (sobre 10). Para poder presentarse aos exames parciais o número de faltas sen xustificar non pode ser superior ao 20% do número de clases impartidas. En caso de non aprobar por esta vía os contidos da materia, os alumnos poderán presentarse ao exame oficial, cuxos parámetros de valoración coinciden cos indicados para os exames parciais.
• Asistencia e participación nas clases: valorarase a participación do alumno nas clases a través de comentarios, exercicios, reflexións, etc. A puntuación será proporcional á asistencia e participación, ponderarase segundo o aproveitamento que o alumno realice das clases e poderá supoñer un incremento de ata un 10% na nota final.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
• Recuperación de actividades do curso: aqueles alumnos que o precisen para superar a materia ou para compensar a cualificación final deberán presentar por escrito e no prazo indicado polas profesoras unha serie de actividades de carácter obrigatorio. A puntuación acadada con estes exercicios suporá un 35% da nota final.
• Exame escrito: deberán presentarse aqueles alumnos que non obtiveron un 5 (sobre 10) na convocatoria de febreiro. Suporá un 65% do total da materia. No exame escrito os parámetros de valoración coinciden cos indicados arriba. É imprescindible obter unha cualificación igual ou superior a 5 (sobre 10) para optar a superar a materia.
• Nesta convocatoria terase en conta tamén a asistencia e participación nas aulas.
ALUMNOS CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
Os alumnos que obteñan a dispensa de asistencia a clase por parte da xunta do centro e a acrediten debidamente (tamén os alumnos repetidores que así o desexen) rexeranse polo seguinte sistema de avaliación, tanto na convocatoria de febreiro como na de xullo:
• Exame oficial (65% da cualificación global): neste exame escrito os criterios de valoración coinciden cos indicados para os alumnos que asisten ás clases. É imprescindible obter unha cualificación igual ou superior a 5 (sobre 10) para optar a superar a materia.
• Actividades: as profesoras determinarán os traballos que o alumno deberá realizar, así como os prazos de entrega. Esta parte suporá un 35% da cualificación.
Os alumnos que opten por este sistema deberán poñerse en contacto cos profesores antes do 30 de outubro.
Observacións
1. Dado que se segue un sistema de avaliación continua, os alumnos que presenten algún dos traballos requiridos ao longo do curso ou que conten con algunha cualificación pola súa asistencia non serán avaliados como Non Presentados, senón que contarán cunha nota numérica, con independencia de que non asistan ao exame final.
2. Hai que ter en conta que para superar a materia é requisito imprescindible o dominio do galego, tanto no nivel oral como no escrito. En consecuencia, na cualificación tanto dos exames como dos traballos repercutirán negativamente as faltas de ortografía (-0'2 por cada falta), así como os problemas de redacción, estilo, coherencia, etc.
3. No caso de que os alumnos superen as actividades de curso, pero suspendan o exame, é posible que o resultado numérico que se obteña ao sumar a cualificación das distintas partes sexa igual ou superior a 5. Non obstante, dado que para superar a materia é requisito imprescindible aprobar o exame, o alumno estará suspenso. En tales casos, a nota que se asignará na acta correspondente será 4,9.
Tempo de estudo e traballo persoal Horas presenciais Horas non-presenciais TOTAL
Sesións
Expositivas 24 48 (9 TD) 72
Sesións de
Seminario 24 36 (12 TD) 70
Sesións de
Titoría 3 3 6
Sesións de
Avaliación 3 9 12
TOTAL 54 96 (21 TD) 150
ObservaciónsAs profesoras fornecerán unha ficha que debe ser debidamente cuberta e entregada antes do 30 de setembro. Os traballos de alumnos que non entregaran as fichas non serán avaliados nin cualificados.
Para poder superar a materia, os alumnos deben amosar dominio do galego oral. No caso de que os profesores perciban insuficiencias a este respecto nalgún alumno, este será apercibido ao respecto e daránselle unha serie de indicacións para subsanar a deficiencia. Ao final de curso os profesores verificarán que o alumno adquiriu o nivel requirido. Caso de non ser así, o alumno non superará a materia.