G5051222 - Dialectoloxía galega (Maior en Lingua e Literatura galegas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecer as variantes diatópicas do galego moderno e as áreas que ocupan, así como as variedades a que dan lugar.
Comprender a dinámica lingüística interna de variación da lingua, con aproximacións á dialectoloxía histórica.
Analizar o dominio duns trazos sobre outros e a súa incidencia sobre o cambio lingüístico.
Iniciarse na investigación da variación diatópica.
Contidos1. A dialectoloxía: conceptos básicos. Principais correntes e orientacións metodolóxicas. Breve panorámica histórica da dialectoloxía galega. Fontes para o estudo da dialectoloxía galega.
2. A xeografía lingüística. Cartografía lingüística: tipos de mapas; elaboración e interpretación de mapas; os atlas lingüísticos. Exposición e comentario dos mapas dos principais trazos fónicos, morfolóxicos, sintácticos e léxicos que caracterizan as variedades galegas.
3. Principais correntes e orientacións metodolóxicas en dialectoloxía. Conceptos básicos e comentario á súa luz dalgúns trazos dialectais. Exposición dos resultados relevantes no campo da dialectoloxía galega.
4. Variación e cambio lingüísticos: conceptos básicos. Procesos e difusión dos cambios. A lingüística variacional.
5. Dialectoloxía histórica e dialectoloxía diacrónica: conceptos básicos e principios metodolóxicos. Recoñecemento e estudo de variantes dialectais noutras épocas do idioma.
6. Dialectoloxía e gramática histórica. O estudo da variación sincrónica como auxiliar da gramática histórica. Dialectoloxía e onomástica.
7. Dialectoloxía e lingua de autor. Selección de variantes dialectais no proceso de elaboración do estándar galego moderno.
8. As fronteiras lingüísticas. Os continua xeolectais. O límite oriental: galego fronte a astur-leonés. O límite meridional: galego fronte a portugués. Os límites interiores: variedades diatópicas do galego moderno.
9. Novas correntes e orientacións da dialectoloxía.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
Álvarez, R. / F. Dubert García / X. Sousa Fernández (eds.) (2002): Dialectoloxía e léxico. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega.
Álvarez, R. / F. Dubert García / X. Sousa Fernández (eds.) (2005): Lingua e territorio. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega.
Auer, Peter and J. Schmidt (eds.) (2010): Language and space: an international handbook of linguistic variation. Volume 1 – Theories and method. Berlin: Mouton de Gruyter.
Chambers, J. K. / G. Trudgill (1994): La dialectología. Madrid: Visor.
Chambers, Jack / Natalie Schilling (eds.) (2002), Handbook of Language Variation and Change (second edition). Oxford: Wiley-Blackwell.
Fernández Rei, F. (19912): Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Xerais [contén un amplo capítulo de bibliografía, moi completa e ben organizada].
Lameli, Alfred / Roland Kehrein / Stefan Rabanus (eds.) (2010): Language and Space: An International Handbook of Linguistic Variation. Volume 2: Language Mapping. Berlin: De Gruyter Mouton.
Petyt, K.M. (1980): The study of dialect: an introduction. London: André Deutsch.
Pop, S. (1950): La dialectologie. Aperçu historique et méthodes d'enquetes linguistiques. Gembloux : Duculot
Santamarina, A. (1982): “Dialectoloxía galega: historia e resultados”, in R. Lorenzo / D. Kremer (eds.): Tradición, actualidade e futuro do galego. Actas do coloquio de Tréveris. Santiago: Xunta de Galicia.
Veny, Joan (1986): Introducció a la dialectologia catalana. Barcelona: Enciclopèdia Catalana.
Fontes de datos
Boullón Agrelo, A. I. / X. Sousa Fernández (coords.) (2011): Cartografía dos apelidos de Galicia. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega, http://ilg.usc.es/cag/.
Fernández Rei, F. / C. Hermida Gulías (1996): A nosa fala: bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago de Compostela: CCG. http://www.consellodacultura.org/arquivos/asg/anosafala.php
Fernández Rei, Francisco (dir.) (2011): Arquivo do galego oral. Santiago de Compostela: Insituto da Lingua Galega. http://ilg.usc.es/ago/
García Gondar, F. (dir.): BILEGA. Bibliografía informatizada da lingua galega. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. http://www.cirp.es/bdo/bil/bilega.html
García, C. / A. Santamarina (drs.) (1990): Atlas Lingüístico Galego. Volume I: Morfoloxía Verbal. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza / Instituto da Lingua Galega.
García, C. e A. Santamarina (drs.) (1995): Atlas Lingüístico Galego. Volume II: Morfoloxía non verbal. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza / Instituto da Lingua Galega.
García, C. e A. Santamarina (drs.) (1999): Atlas Lingüístico Galego. Volume III: Fonética. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza / Instituto da Lingua Galega.
García, C. e A. Santamarina (drs.) (2003): Atlas Lingüístico Galego. Vol. IV: Léxico. Tempo atmosférico e cronolóxico. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza / Instituto da Lingua Galega.
García, C. e A. Santamarina (drs.) (2005): Atlas Lingüístico Galego. Vol. V: Léxico. O ser humano (I). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza / Instituto da Lingua Galega.
Navarro Tomás, T. (1962): Atlas lingüístico de la Península Ibérica, Madrid, CSIC, 1962.
Nomenclátor de Galicia. Toponimia oficial das provincias, concellos, parroquias e lugares. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia [edición con CD-ROM / accesible en ]
Regueira Fernández, X. L. (dir.): Dicionario de pronuncia da lingua gale
CompetenciasBusca e contraste de información, manexando fontes tradicionais na disciplina (atlas, artigos, monografías...) e novos produtos e soportes (CD, internet, etc.).
Estimulación intelectual: relacionar datos de distintas fontes, emitir e comprobar hipóteses, extraer conclusións contrastables.
Comunicación e cooperación interpersoal. Traballo en equipo, con asunción de responsabilidades individuais e colectivas.
Familiarización con métodos e programas para o deseño de cadros, gráficos e mapas.
Redacción de traballos e informes científicos.
Metodoloxía da ensinanza A exposición apóiase sempre en casos prácticos, con exemplos, gráficos, análises, mapas, etc. de produción propia ou tirados da xa notable produción científica no ámbito da dialectoloxía galega. Esta orientación esixe que o alumno non sexa un receptor pasivo. Na aula de clase ou na aula virtual ofrécese abundante material ou a orientación de onde localizalo; ademais, úsase a xeito de manual a Dialectoloxía da lingua galega de F. Fernández Rei.
As dúas horas semanais expositivas, que combinan teoría e casos prácticos, van acompasando un programa de clases prácticas presenciais. Todas as prácticas deseñadas teñen relación directa co desenvolvemento do programa nesa altura, mais tamén gardan relación cos traballos de pescuda que deben realizar os alumnos.
O traballo non presencial dos alumnos ten dúas orientacións, ambas obrigadas: (a) as lecturas prescritas, das que debe render conta no momento e tipo de proba deseñada ao efecto en cada caso; (b) os traballos de iniciación tutelada á investigación, realizados ao longo do período lectivo. O desenvolvemento do traballo ten controis periódicos, para garantir e facer efectiva a tutela.
Na aula virtual iranse pondo ao dispor dos estudantes os materiais precisos para o seguimento destas tarefas.
Sistema de evaluaciónPor principio, realízase avaliación continua. Para ser avaliados por este procedemento, os estudantes están obrigados a asistir de maneira regular ás clases expositivas e de seminario (asistencia controlada: máximo 6 faltas):
1. Asistencia e rendemento continuo individual na aula de clase, en calquera das súas modalidades (10%).
2. Control das lecturas marcadas e doutras encargas puntuais para o uso na aula (10%).
3. Comentarios de textos dialectais (15%).
4. Traballos de iniciación á investigación (25%).
5. Probas escritas, en data anunciada previamente (40%).
Os alumnos que non poidan asistir ás clases ou que rompan a continuidade de asistencia poden realizar o exame final, nas datas oficiais sinaladas, onde renderán tamén conta das lecturas programadas (75%); os traballos de iniciación á investigación, obrigados, supoñen o 25% restante e deben ser entregados antes do remate das aulas. Os alumnos que opten por este sistema deberán poñerse en contacto co profesor antes do 30 de outubro.
CONVOCATORIA DE XULLO
Aqueles alumnos que deban acudir á convocatoria do mes de xullo deberán presentar por escrito e antes do día de remate das aulas todas as actividades obrigadas (lecturas programadas e traballos de iniciación á investigación). A puntuación acadada con estes exercicios suporá un 50% da nota final. O exame escrito suporá o outro 50% do total da materia. Para superar a materia é imprescindible ter unha cualificación non inferior a 5 en cada unha das partes (prácticas e exame escrito).
Advertencia
En todas as probas teranse en conta non só os contidos, senón tamén a adecuación e corrección lingüísticas e a presentación consonte as convencións científicas de uso na disciplina.
Tempo de estudo e traballo persoal50 horas para o estudo e preparación de actividades programadas na clase, acompañando o desenvolvemento do programa.
15 horas para as lecturas programadas, á marxe das actividades recollidas no parágrafo anterior.
25 horas para a realización de traballos de iniciación á investigación.
10 horas para a preparación de exames.
Recomendacións para o estudo da materiaOs estudantes deben esforzarse por activar todos os coñecementos adquiridos noutras disciplinas lingüísticas: gramática sincrónica e diacrónica, historia da lingua, estandarización, sociolingüística... Cómpre, ademais, que se esforcen en relacionar os datos lingüísticos co territorio (físico, humano. administrativo...), polo que deben adquirir ese coñecemento complementario ou dotarse de obras de referencia (de forma fundamental, un atlas ou un bo mapa de Galicia).