G5051224 - Gramática textual do galego (Maior en Lingua e Literatura galegas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia• Coñecer os principios e conceptos básicos da lingüística textual
• Iniciarse na aplicación dos métodos de análise textual e recoñecer a súa utilidade
• Comprender a complexidade da comunicación e o interese de analizar as producións comunicativas como unidades complexas
• Saber utilizar as ferramentas da gramática textual para a análise lingüística de textos
• Comprender a utilidade dos coñecementos de gramática textual na produción de textos
• Coñecer a bibliografía fundamental sobre o tema
• Iniciarse na elaboración de traballos de análise lingüística
ContidosI. Introdución
• Do enunciado ó texto
• Lingüística do texto e análise do discurso
• Gramática textual
• Unidades lingüísticas, unidades comunicativas e unidades textuais
• Enunciado e texto
II. A Gramática textual
• Propiedades do texto
• Contexto e situación
• Adecuación
• Coherencia
• Cohesión
• Informatividade e aceptabilidade
• Texto e enunciados: progresión temática e continuidade
III. Procedementos de cohesión e análise textual
• Recursos cohesivos
• Referencia; tipos de referencia; progresión referencial
• Cohesión léxica
• Conectores textuais
IV. Tipoloxía textual
• O establecemento de tipoloxías textuais
• Textos e produción lingüística
V. Aplicacións da gramática textual
• Gramática textual e ensino
• Gramática textual e análise lingüística
• Gramática textual e gramática
Bibliografía básica e complementariaAlbadalejo, T. / A. García Berrio (1982): “La lingüística del texto”, en F. Abad e A. García Berrio (eds.), Introducción a la lingüística. Madrid: Alhambra, pp. 217-260.
Beaugrande, R. de / W. U. Dressler (1981): Introduction to Text Linguistics. London: Longman. Trad. esp. Introducción a la lingüística del texto. Barcelona: Ariel, 1997.
Bernárdez, E. (1982): Introducción a la lingüística del texto. Madrid: Espasa-Calpe.
Bernárdez, E. (ed.) (1987): Lingüística del texto. Madrid: Arco/Libros.
Calsamiglia, H. / A. Tusón (1999): Las cosas del decir: manual de análisis del discurso. Barcelona: Ariel, 2002.
Castellà, J. M. (1992): De la frase al text. Teories de l’us linguistic. Barcelona: Empúries.
Cuenca, Mª J. (1992): Teories gramatical i ensenyament de llengües. Valencia:Tàndem.
Cuenca, Mª J. (2008): Gramàtica del text. Barcelona: Bromera.
Fávero, Leonor Lopes / Ingedore G. Villça Koch (1998): Lingüística textual: introdução. São Paulo: Cortez Editora.
Freixeiro Mato, X. R. (2003): Gramática da Lingua Galega. IV. Gramática do Texto. Vigo: A Nosa Terra.
Halliday, M. A. K. (1989): Spoken and Writen Language. Oxford: Oxford University Press.
Halliday, M. A. K. / R. Hassan (1976): Cohesion in English. London: Longman.
Jeandillou, J-F (2006): L’analyse textuelle. Paris: Armand Colin.
Johnstone, B. (2002): Discourse Analysis. Malden, Mass. / Oxford: Blackwell.
Koch, I. Villaça (2002): Desvendando os segredos do texto. São paulo: Cortez Editora
Koch, I. Villaça (2002): A coesão textual. São Paulo: Contexto.
Koch, I. Villaça / L.C. Travaglia (1989): Texto e coêrencia. São Paulo: Cortez.
Ramallo, F. (2000): "Pragmática", en F. Ramallo / G. Rey Doval / X. P. Rodríguez Yáñez (eds.), Manual das ciencias da linguaxe. Vigo: Xerais, pp. 443-512.
Salkie, R. (1995): Text and Discourse Analysis. London / New York: Routledge.
Val, Mª G. Costa (1991): Redação e textualidade. São Paulo: Martins Fontes.
Thornbury, S. (2005): Beyond the Setence. Introducing discourse analysis. Oxford: Macmillan.
Competencias• Capacidade para recoñecer a utilidade da análise das unidades superiores de comunicación
• Capacidade para identificar as propiedades das unidades textuais
• Capacidade para realizar análises textuais empregando os coñecementos adquiridos
• Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na produción e no comentario de textos
• Capacidade para comprender e interpretar criticamente as lecturas sobre o tema
• Capacidade para extraer aplicacións prácticas dos coñecementos adquiridos na materia
• Capacidade para elaborar comentarios de textos a partir dos modelos suxeridos
• Capacidade para identificar nos textos os problemas vinculados coa coherencia, cohesión e informatividade
• Capacidade para expresarse correctamente en exposicións orais e escritas
Metodoloxía da ensinanza As actividades programadas para esta materia indícanse de xeito detallado na guía docente que está a disposición dos alumnos no Campus virtual USC (http://cv.usc.es/).
A descrición das actividades que se realizarán é a seguinte:
• Nas sesións expositivas presentaranse os conceptos teóricos e metodolóxicos fundamentais de gramática textual. O profesor ilustrará as explicacións con lecturas, comentarios e exemplos.
• Nas sesións de seminario traballarase na aplicación ós textos dos contidos presentados nas sesións expositivas. Ademais, faranse comentarios guiados das lecturas, exposicións de traballos realizados polos alumnos e outros exercicios avaliativos. Os materiais empregados nas sesións de seminario estarán a disposición dos alumnos no Campus virtual. As actividades estarán guiadas e supervisadas polo profesor.
• Nas titorías personalizadas o profesor comentará co alumno o seguimento do traballo realizado e tamén os traballos individuais encomendados. As titorías son obrigatorias.
• Durante o curso o alumno deberá realizar exercicios, traballos, exposicións e comentarios de lecturas, todos de carácter obrigatorio.Todas as actividades están a disposición dos alumnos na aula virtual da materia e deberán entregarse na data indicada. As actividades entregadas fóra de data non serán avaliadas.
• O alumno deberá realizar durante o curso unha serie de lecturas obrigatorias, que se deberán preparar en horas non presenciais.
• Os alumnos teñen a obriga de gardar nun cartafol, de xeito organizado, todos os exercicios e actividades individuais realizados durante o curso.
• Esta materia utilizará para a súa docencia o Campus virtual USC.
Sistema de evaluaciónAVALIACIÓN CONTINUA
Para a avaliación das competencias esixidas o profesor terá en conta:
• A asistencia e participación nas clases. Valorarase a asistencia ás clases e tamén a participación do alumno nas actividades realizadas na aula (comentarios, exercicios, reflexións e preguntas). A avaliación deste apartado suporá un 20% da cualificación global.
• Coñecemento dos contidos da materia, que se avaliará por medio dun exame escrito que se realizará antes do exame final da materia. Este exame ou o exame final, no seu caso, terá un valor dun 40% sobre a nota global. É imprescindible obter unha cualificación igual ou superior a 5 neste exame. A este exame só poderán presentarse os alumnos que asistan regurlarmente a clase.
• As actividades das sesións de seminario e actividades obrigadas (aula virtual). O profesor valorará as actividades e exercicios realizados polos alumnos nas horas presenciais e nas non presenciais. Ademais valorará as exposicións obrigatorias que se farán nas sesións de seminario. Nestes traballos valorarase o contido, a presentación, a corrección da expresión e a orixinalidade. A avaliación destas actividades suporá un 40% da nota global. Os alumnos que non presenten estas actividades no prazo indicado serán cualificados cun 0 (cero), agás que documenten unha causa xustificada. Neste caso, o profesor indicará o novo prazo de entrega. É imprescindibles obter unha cualificación global (medida do conxunto de actividades) igual ou superior a 5.
Os alumnos que xustifiquen a dispensa de asistencia a clase e a acrediten debidamente e os alumnos que por incompatibilidade horaria (repetidores) non poidan asistir ás clases rexeranse polo seguinte sistema de avaliación:
- Exame escrito final (oficial), que supoñerá un 60% da cualificación.
A valoración do exame escrito rexerase polos mesmos criterios que os sinalados para os alumnos que asisten ás clases. É imprescindible obter unha cualificación igual ou superior a 5 para superar a materia.
-Actividades e exercicios. O profesor determinará os traballos que o alumno deberá realizar e os prazos de entrega destas actividades, en calquera caso sempre antes do remate das aulas. O incumprimento dos prazos de entrega suporá unha cualificación negativa desta parte. É imprescindible obter unha cualificación igual ou superior a 5 para superar a materia. Esta parte supoñerá un 40% da cualificación.
Os alumnos que opten por este sistema deberán poñerse en contacto co profesor antes do 30 de febreiro.
CONVOCATORIA DE XULLO
Aqueles alumnos que deban acudir á convocatoria do mes de xullo deberán presentar por escrito e antes do día de remate das aulas unha serie de actividades de carácter obrigatorio. A puntuación acadada con estes exercicios suporá un 50% da nota final. O exame escrito suporá o outro 50% do total da materia. Para superar a materia é imprescindible ter unha cualificación non inferior a 5 en cada unha das partes (prácticas e exame escrito). As actividades obrigatorias estarán á disposición dos alumnos na aula virtual da materia.
• Tanto nos traballos escritos como nas intervencións orais os alumnos deben demostrar un dominio alto do galego. Para superar a materia é requisito imprescindible demostrar este dominio. Na cualificación dos traballos e dos exames as faltas repercutirán negativamente (-0'2 por cada falta).
Advertencia
Os alumnos que presenten só algún dos traballos ou actividades requiridas ó longo do curso ou que conten con algunha cualificación pola súa asistencia serán avaliados coa nota numérica correspondente, con independencia de que non asistan ó exame final.
CONVOCATORIA DE XULLO
Aqueles alumnos que deban acudir á convocatoria do mes de xullo deberán presentar por escrito e no prazo indicado unha serie de actividades de carácter obrigatorio. A puntuación acadada con estes exercicios suporá un 50% da nota final. O exame escrito suporá o outro 50% do total da materia. Para superar a materia é imprescindible ter unha cualificación non inferior a 5 en cada unha das partes (prácticas e exame escrito).
• Tanto nos traballos escritos como nas intervencións orais os alumnos deben demostrar un dominio alto do galego. Para superar a materia é requisito imprescindible demostrar este dominio. Na cualificación dos traballos e dos exames as faltas repercutirán negativamente (-0'2 por cada falta).
Advertencia
Os alumnos que presenten só algún dos traballos ou actividades requiridas ó longo do curso ou que conten con algunha cualificación pola súa asistencia serán avaliados coa nota numérica correspondente, con independencia de que non asistan ó exame final.
Tempo de estudo e traballo persoalActividades presenciais Horas
• Sesións expositivas 16
• Seminarios 32
• Titorías 2
• Avaliación 3
Total 53
Actividades non presenciais
• Estudo e preparación de actividades 50
• Realización de traballos 20
• Lecturas 15
• Preparación de exames 15
Total 100
ObservaciónsOs alumnos deben respectar as datas de entrega das actividades. As actividades deben subirse en formato arquivo PDF á aula virtual.