G5051226 - Literatura galega medieval (Maior en Lingua e Literatura galegas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filoloxía Galega
- Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
- Centro: Facultade de Filoloxía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEstudar a etapa medieval da literatura galega, centrándonos nos diferentes xéneros e nas particularidades métricas, retóricas e temáticas que os caracterizan como tales, así como nos autores máis representativos e textos sobranceiros.
Continuar o estudo da literatura galega medieval iniciado na materia de "Introdución á Literatura Galega, 1" na que se establecían as bases analíticas nas que agora se profundizará.
Coñecer os movementos e feitos literarios da etapa estudada, as súas orixes e caracterización.
Estudar os aspectos compositivos comúns das cantigas medievais galego-portuguesas.
Ler, analizar e establecer a caracterización dos principais xéneros líricos medievais.
Estudar os elementos característicos dos xéneros con menor presenza nos cancioneiros.
Ler e analizar a lírica medieval galega de temática relixiosa, e establecer as súas relacións coa lírica profana.
Situar no contexto europeo, ler e caracterizar as manifestacións en prosa literaria desta etapa medieval, e as especiais circunstancias da súa produción.
Coñecer os principais xéneros, obras e autores representativos da lírica epigonal.
Adquirir os coñecementos técnicos e a terminoloxía correspondente para a realización de comentarios literarios de textos medievais.
Con todas estas actividades non só se pretende a capacitación do alumno na materia mediante a asimilación de coñecementos pertinentes, senón tamén fomentar hábitos intelectuais, de reflexión, de capacidade crítica, de achegamento á lectura e de comunicación que son os obxectivos xerais e básicos do ensino.
Contidos1. Introdución
1.1. O marco histórico. Galicia no contexto hispánico nos séculos XII ao XV: a política, a sociedade e a cultura
1.2. A literatura medieval: comunicación/recepción, difusión e transmisión
1.2.1. O texto medieval, entre a oralidade e a literacidade
1.2.2. Manuscritos: produción e reprodución
1.2.3. Autoría e obra na Idade Media
2. A lírica trobadoresca
2.1. A tradición manuscrita: os cancioneiros e a súa transmisión
2.2. A lírica trobadoresca no seu contexto histórico, social e cultural. O amor cortés
2.3. Xénese, implantación e difusión: periodización, cortes e autores máis relevantes. Trobadores e xograres
2.4. Caracterización e estrutura da cantiga trobadoresca. Texto e música
2.5. A cantiga de amor
2.5.1. A relación coa cansó provenzal: a expresión do amor
2.5.2. Estrutura, formas e estilo
2.6. A cantiga de amigo
2.6.1. Orixinalidade da cantiga de amigo
2.6.2. Retórica e composición: paralelismo e leixa-pren
2.6.3. Temas, motivos, símbolos: a natureza e o mar
2.6.4. Modalidades xenéricas: cantiga de santuario, alba, bailada
2.7. A cantiga de escarnio e de maldicir
2.7.1. Caracterización xeral: ironía, humor e parodia
2.7.2. A sátira: xéneros e temas. O sirventés. Tensións sociais e polémicas literarias
2.8. Os xéneros menores
2.8.1. Outros xéneros de temática amorosa: pastorela, lai
2.8.2. Os xéneros dialogados: a tenzón
2.8.3. Outros xéneros: pranto, cantiga de seguir
3. A lírica epigonal
3.1. A transmisión textual
3.2. A evolución temática e retórica
3.3. Principais autores e obras
4. As Cantigas de Santa María
4.1. Os manuscritos
4.2. As fontes
4.3. A autoría
4.4. Macroestrutura e tipos de cantigas (narrativas e de loor)
4.5. Modelos métricos e estróficos
5. A prosa
5.1. Consideracións previas: o uso literario da prosa e as traducións
5.2. Os textos de carácter histórico
5.3. Os romances
5.3.1. A materia de Troia
5.3.2. A materia de Bretaña
5.3.3. A materia carolinxia
5.4. A haxiografía
Lecturas obrigatorias: Selección de textos que se lle facilitará ó alumnado
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
Brea, Mercedes (coord.) (2000): Literatura. A Idade Media. A Coruña.
Lanciani, Giulia / Giuseppe Tavani (coord.) (1993): Dicionário da literatura medieval galega e portuguesa. Lisboa.
Lapa, Manuel Rodrigues (1977): Lições de literatura portuguesa. Época medieval. Coimbra.
Pena, Xosé Ramón (2002): Historia da literatura medieval galego-portuguesa. Santiago de Compostela.
A lírica: textos
Airas Freixedo, X.B. (2003): Antoloxía da lírica galego-portuguesa. Vigo.
Gonçalves, Elsa (1983): A lírica galego-portuguesa. Textos escolhidos. Lisboa.
Beltrán, V. / C. Alvar (1989): Antología de la poesía gallego-portuguesa. Madrid.
Brea, M. (coord.) (1996): Lírica profana galego-portuguesa. Santiago de Compostela.
Cohen, Rip (2003): 500 Cantigas d’ Amigo. Porto.
Lapa, M. Rodrigues (1970): Cantigas d’escarnho e de maldizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses. Vigo.
Lopes, G. Videira (2002): Cantigas de Escárnio e Maldizer dos Trovadores e Jograis Galego-Portugueses. Lisboa.
Michaëlis de Vasconcellos, C. (1904): Cancioneiro da Ajuda, 2 vols. Halle.
Monteagudo, H. (2013): «En cadea sen prijon». Cancioneiro de Afonso Páez. Poesía galega postrobadoresca (1380-1430ca.). Xunta de Galicia.
Nunes, J. J. (1972): Cantigas d’Amor dos trovadores galego-portugueses. Lisboa.
Nunes, J. J.(1973): Cantigas d’Amigo dos trovadores galego-portugueses. 3 vols. Lisboa.
Polín, Ricardo (1997): Cancioneiro galego-castelán (1350-1450). Corpus lírico da decadencia. A Coruña.
Recursos en rede
Projeto littera, Cantigas Medievais Galego-Portuguesas: http://cantigas.fcsh.unl.pt/
Base de datos da Lírica profana galego-portuguesa: http://www.cirp.es/pls/bdo2/f?p=MEDDB2
Bibliografía básica
Beltrán, V. (1995): A cantiga de amor. Vigo: Xerais.
Brea, M. / P. Lorenzo Gradín (1998): A cantiga de amigo. Vigo.
Corral Díaz, Esther (coord.) (2010): Guía para o estudo da lírica profana galego-portuguesa. Santiago de Compostela.
Lanciani, G. / G. Tavani (1995): As cantigas de escarnio. Vigo.
Menéndez Pidal, R. (1983): Poesía juglaresca y juglares. Madrid.
Oliveira, António Resende de (1995): Trobadores e xograres. Contexto histórico. Vigo.
Polín, R.(1994): A poesía lírica galego-castelá (1350-1450). Santiago de Compostela.
Tavani, G. (1986): A poesía lírica galego-portuguesa. Vigo.
CSM:
Fidalgo, E. (coord.) (2003) As cantigas de loor de Santa María (edición e comentario). Santiago de Compostela.
Mettmann, W.: (1959-1972): Afonso X, o Sabio. Cantigas de Santa María. [Coimbra], 4 vols. Reed.: Vigo, 2 vols., 1981. Reed.: Madrid, 3 vols., 1986, 1988, 1989.
Montoya, J. (19972): Alfonso X el Sabio. Cantigas. Madrid, 1988.
The Oxford Cantigas de Santa Maria database = http://csm.mml.ox.ac.uk/index.php?p=poem_list [Contén edición dalgunhas cantigas, análise métrica e bibliografía específica de cada cantiga]
Fidalgo, E. (2002): As cantigas de Santa María. Vigo: Xerais.
A prosa
Lorenzo, Ramón (1975/1977): La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla. 2 vols. Ourense.
Lorenzo, R. (1985): Crónica Troiana. A Coruña.
Lorenzo, R. (2004): Miragres de Santiago. Valencia.
Lorenzo Gradín, P. / J. A. Souto Cabo (coord.) (2001): Livro de Tristan e Livro de Merlin: estudio, edición, notas e glosario. Santiago de Compostela.
Martínez López, R. (1963): General Estoria. Oviedo.
Parker, K. M. (1975): Historia Troyana. Santiago.
Pensado Tomé, J. L. (1962): Fragmento de un Livro de Tristán galaicoportugués
Souto Cabo, J A (2001): Crónica de Santa María. Santiag
CompetenciasCoas competencias pretendemos a capacitación en aspectos do perfil dos estudos, pero tamén o dominio dalgunha capacidade xenérica susceptible de aplicarse a unha actividade intelectual que constituirá o futuro ámbito de traballo do alumno.
Por iso, á par do dominio da temática específica, traballaremos a comunicación verbal mediante a participación nas clases interactivas onde se desenvolverán comentarios de textos e de obras, lecturas dirixidas e intervencións relacionadas cos traballos escritos que deberán entregar os alumnos. Esta competencia tamén se practicará nas titorías específicas, co comentario persoal do traballo proposto pola profesora e o seguimento dos temas das clases expositivas.
Esta actividade debe fomentar, así mesmo, o desenvolvemento da comunicación interpersoal e debe servir de estimulación intelectual coa que se practicará a capacidade crítica e de argumentación e defensa de opinións, e servirá tamén de automotivación para o estudo. Cremos que é importante na formación dun profesional dunha actividade eminentemente social.
Favorecemento da expresión escrita mediante a realización dos traballos citados que servirá tamén para a potenciación das competencias referidas na actividade anterior.
Metodoloxía da ensinanza A materia desenvolverase en clases expositivas, de contido teórico, nas que os profesores presentarán os temas do programa. Haberá tamén semanalmente sesións interactivas de carácter práctico nas que se levarán a cabo actividades diversas relacionadas coas exposicións teóricas. Estas prácticas revestirán diversas modalidades pero incidirán, sobre todo, no comentario de textos do que se aprenderá sistematización, conceptos e vocabulario. Tamén se farán lecturas guiadas de textos.
Pídese dos alumnos a lectura de varias obras que exemplifican a creación literaria do período estudado, e de obras de carácter científico. Estas lecturas darán lugar á elaboración de comentarios e traballos persoais que serán presentados por escrito e poderán ser utilizados para o debate nas clases.
Utilizarase o campus virtual para proporcionar informacións e contidos relevantes para a progresión do curso.
Sistema de evaluaciónA. Avaliación continua
Os estudantes que opten por este sistema deberán elaborar cinco comentarios ao longo do curso, e preparar un comentario para expor na aula, que deberá ser tamén entregado. Perderán a posibilidade deste tipo de avaliación a todo o conxunto da materia se as súas ausencias superan o 20%. A puntuación será deste xeito:
1. Asistencia e participación nas aulas: 10%.
2. Elaboración de catro comentarios escritos (7,5% cada un deles) e doutro que terá exposición oral na aula (15%): 45%.
3. Traballo de curso obrigatorio: 45%.
Os estudantes que non superen a materia por avaliación continua deberán facer o exame na convocatoria de xullo.
B. Avaliación por exame
Os estudantes que opten por este sistema deberán preparar un comentario para expor na aula, que deberá ser tamén entregado. A puntuación será deste xeito:
1. Traballo de curso obrigatorio: 45%.
2. Exame: 55%.
O traballo de curso obrigatorio deberá ser fixado, de acordo co profesor ou coa profesora, non despois do mes de marzo. No caso de avaliación por exame, será preciso obter neste unha puntuación mínima de 6’5 sobre dez para poder aprobar a materia.
C. Avaliación na convocatoria de xullo
1. Os estudantes que optasen pola modalidade de avaliación continua (A) conservarán a nota do traballo (45% da nota final), se este foi avaliado positivamente (se a avaliación é negativa, deberán revisalo segundo as indicacións do profesor ou profesora), e realizarán un exame que contará por un 55% da nota; esta proba deberá ser superada cunha puntuación mínima de 5 sobre dez.
2. Os estudantes que optasen pola modalidade de avaliación por exame (B), conservarán a nota do traballo (45% da nota final) no caso de que este fose avaliado positivamente (se a avaliación é negativa, deberán revisalo segundo as indicacións do profesor ou profesora), e realizarán un exame que contará por un 55% da nota; esta proba deberá ser superada cunha puntuación mínima de 6,5 sobre dez.
D. Avaliación de estudantes ERASMUS e estranxeiros
Os estudantes do programa ERASMUS e estranxeiros en situación especial, poderán ser avaliados segundo un sistema específico, que o profesor indicará, e que en todo caso implicará a elaboración do traballo obrigatorio de curso.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais expositivas: 32
Horas presenciais interactivas: 16
Titorías personalizadas: ......... 3
Sesións de avaliación: ........... 3
Horas de traballo dirixido: ..... 21
Horas de traballo autónomo:.. 75
Recomendacións para o estudo da materiaA materia é ampla de contidos, así que a recomendación esencial é que o alumno realice un traballo diario de lecturas e de estudo da temática para poder levar adiante o curso con orde e aproveitamento.