Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5051322 - Fonética e fonoloxía histórica do galego (Maior en Lingua e Literatura galegas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
MARIÑO PAZ, RAMON.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    No marco dos obxectivos xerais do módulo de formación e do grao en que se integra, o obxectivo principal que se persegue coa materia de Fonética e fonoloxía históricas do galego é que o alumno coñeza as liñas mestras do proceso de transformación que conduce desde o sistema fonolóxico do latín ata o sistema fonolóxico do galego medieval e, posteriormente, desde o sistema medieval ata o moderno. Esta aprendizaxe realizarase sobre a base da previa adquisición dalgúns coñecementos básicos sobre o cambio lingüístico, a lingüística histórica e o latín vulgar.
    Como obxectivo práctico perséguese que os alumnos sexan capaces de distinguir as características gráficas e fonéticas de textos galegos de diferentes épocas, conectándoas de maneira crítica cos contidos de sociolingüística histórica adquiridos na materia de Historia da lingua galega.

    Contidos
    Programa das sesións expositivas (30 horas)
    1. Variación e cambio lingüístico
    1.1. As dimensións da variación lingüística e a covariación
    1.2. O cambio nas linguas e o seu estudo
    1.2.1. Aproximación intuitiva ao cambio
    1.2.2. As fases do cambio: innovación e difusión
    1.2.3. Motivacións para a xeración de innovacións lingüísticas
    1.2.4. Tipoloxía básica dos cambios fonéticos
    1.2.5. Fontes de estudo
    2. Latín vulgar: concepto, fontes de estudo e características fonéticas básicas
    3. Voces patrimoniais, cultas e semicultas
    4. Formación do sistema fonolóxico do galego medieval
    4.0. O sistema gráfico medieval
    4.1. Vocalismo
    4.1.1. O sistema vocálico latino
    4.1.2. Vocalismo tónico
    4.1.3. Vocalismo átono
    4.1.4. Vogais nasais
    4.1.5. Os hiatos
    4.1.6. Os ditongos
    4.2. Consonantismo
    4.2.1. Panorámica xeral da evolución do consonantismo
    4.2.2. Evolución das consoantes non agrupadas
    4.2.3. Evolución dos grupos formados por consoante e semiconsoante
    4.2.4. Evolución dos grupos consonánticos
    5. Do sistema fonolóxico do galego medieval ao do galego moderno
    5.1. Cuestións gráficas
    5.2. Vocalismo
    5.3. Consonantismo

    Programa das sesións interactivas (15 horas)
    1. Presentación da materia (6 de setembro)
    Variación e cambio lingüístico
    2. Tipoloxía básica dos cambios fonéticos (teoría) (13 de setembro).
    3. Tipoloxía básica dos cambios fonéticos (práctica) (20 de setembro). Para esta práctica os alumnos traerán respondido por escrito o exercicio que o profesor lles asignará previamente.
    4. Lectura e comentario de Paul M. Lloyd (1993): “Cambio fonético y leyes fonéticas”, in Del latín al español. Madrid: Gredos, pp. 1-5 (27 de setembro). Será realizada polo profesor.
    Latín vulgar: concepto, fontes de estudo e características fonéticas básicas
    5. O Appendix Probi. Comentario fonético a cargo do profesor. Léase en Ivo Castro (1991): Curso de história da língua portuguesa. [Colaboração de: Rita Marquilhas e J. León Acosta]. Lisboa: Universidade Aberta, pp. 91-93 (4 de outubro).
    Formación do sistema fonolóxico do galego medieval
    6. O sistema gráfico medieval (teoría) (11 de outubro).
    7. Comentario gráfico e fonolóxico dun documento notarial de 1231 a cargo do profesor. Léase en J. A. Souto Cabo (2008): Documentos galego-portugueses dos séculos XII e XIII. Monografía 5 da Revista Galega de Filoloxía. Universidade da Coruña, pp. 51-54 (18 de outubro).
    8. Comentario gráfico e fonolóxico do capítulo 3 da Crónica Xeral Galega (1295-1312) a cargo do profesor. Léase en R. Lorenzo (1975/1977): La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla. 2 vols. Ourense: Instituto de Estudios Orensanos “Padre Feijoo”, vol. 1, pp. 6-8 (25 de outubro).
    9. Comentario gráfico e fonolóxico das liñas 1-26 do capítulo 177 da Crónica Xeral Galega (1295-1312). Os alumnos deberán traelo por escrito e entregaranllo ao profesor o día en que teña lugar esta clase interactiva. Para o comentario utilizaranse como modelos os empregados previamente nas clases interactivas 7 e 8: deberase facer, por tanto, unha descrición das representacións gráficas das vogais /i/ e /u/ (indicando os casos de u e v con valor consonántico), das consoantes palatais (nasal, lateral e fricativas), das fricativas ápicoalveolares e das africadas predorsodentoalveolares do texto; tamén se indicarán os valores do til de nasalidade no texto analizado. O texto que se debe comentar encóntrase en R. Lorenzo (1975/1977): La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla. 2 vols. Ourense: Instituto de Estudios Orensanos “Padre Feijoo”, vol. 1, pp. 307-308 (8 de novembro).
    10. Análise gráfica das liñas 12-22 do capítulo 75 da Crónica Xeral Galega (1295-1312) e estudo da transformación fonética dalgunhas voces entre o latín e o galego medieval. Este exercicio será realizado polo profesor na aula. O texto encóntrase en R. Lorenzo (1975/1977): La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla. 2 vols. Ourense: Instituto de Estudios Orensanos “Padre Feijoo”, vol. 1, pp. 111-112 (15 de novembro).

    Do sistema fonolóxico do galego medieval ao do galego moderno
    11 e 12. Comentario gráfico e fonolóxico do romance de María Francisca de Isla ao cura de Fruíme (ca. 1774-1777). Será realizado polo profesor. Léase en R. Mariño Paz (2007): “Edición e estudo lingüístico do romance de María Francisca de Isla y Losada ao cura de Fruíme (ca. 1774-1777)”, Revista Galega de Filoloxía 8, pp. 57-98 (22 e 29 de novembro).
    12 e 13. Comentario gráfico e fonolóxico da obra en galego de Antonio Benito Fandiño (1779-ca. 1834). A obra en galego de Fandiño pódese ler en R. Mariño Paz / X. R. Barreiro Fernández / R. Aneiros Díaz (2008): Papés d’emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846 (I). Edición dos textos, fichas introdutorias e notas de Ramón Mariño Paz. Notas histórico-biográficas de X. R. Barreiro Fernández. Coordinadora da edición: Rosa Aneiros Díaz. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Na USC virtual ofrécese o PDF d’A Casamenteira (Ourense, 1849) (29 de novembro e 13 de decembro).
    14. Análise gráfica das liñas 1-12 do capítulo 197 da Crónica Xeral Galega (1295-1312) e estudo da transformación fonética dalgunhas voces entre o latín e o galego moderno. Os alumnos deberán traelo por escrito e entregaranllo ao profesor o día que teña lugar esta clase interactiva. Para o comentario utilizarase como modelo o empregado previamente na clase interactiva 9. O texto que se debe comentar atópase en R. Lorenzo (1975/1977): La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla. 2 vols. Ourense: Instituto de Estudios Orensanos “Padre Feijoo”, vol. 1, p. 335 (20 de decembro).

    Bibliografía básica e complementaria
    1. A lingüística histórica e o cambio lingüístico
    Aitchinson, J. (1993): El cambio en las lenguas: ¿progreso o decadencia? Barcelona: Ariel.
    Bynon, Th. (1981): Lingüística histórica. Madrid: Gredos.
    Labov, W. (1994/2001): Principles of Linguistic Change. 2 vols [Volume 1: Internal Factors, 1994; Volume 2: Social Factors, 2001]. Oxford UK and Cambridge USA: Blackwell.
    Penny, R. (2004): Variación y cambio en español. Madrid: Gredos.
    Wardhaugh, R. (1992): Introducción á sociolingüística. Universidade de Santiago de Compostela, caps. 6, 7 e 8.

    2. Historias da lingua
    Castro, I. (2006): Introdução à História do Português. 2ª ed. Lisboa: Edições Colibri.
    Mariño Paz, R. (1998): Historia da lingua galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
    Mariño Paz, R. (2008): Historia de la lengua gallega. München: Lincom.
    Monteagudo, H. (1999): Historia social da lingua galega. Vigo: Galaxia.
    Teyssier, P. (1980): Histoire de la langue portugaise. Paris: PUF. Trad. ao portugués: História da Língua Portuguesa. Lisboa: Sá da Costa Editora, 1982.

    3. Lingüística histórica galega e portuguesa
    García de Diego, V. (1909): Elementos de gramática histórica gallega (Fonética-Morfología). Burgos: Hijos de Santiago Rodríguez. Ed. facsímil: Anexo 23 de Verba. Universidade de Santiago de Compostela, 1984.
    Ferreiro, M. (1995): Gramática histórica galega. Santiago de Compostela: Laiovento.
    Ferreiro, M. (1997): Gramática histórica galega. II. Lexicoloxía. Santiago de Compostela: Laiovento.
    Huber, J. (1933): Altportugiesisches Elementarbuch. Heidelberg: Carl Winter. Trad. ao portugués: Gramática do português antigo. Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian, 1986.
    Lloyd, P. M. (1993): Del latín al español. I. Fonología y morfología históricas de la lengua española. Madrid: Gredos.
    Lorenzo, R. (1992): “Algunhas consideracións sobre a evolución do sistema consonántico do galego medieval ó moderno”, in J. Kabatek / A. Schönberger (Hrsg.): Sprache, Literatur und Kultur Galiciens. Akten des 2. gemeinsamen Kolloquiums der deutschsprachigen Lusitanistik un Katalanistik (Berlin, 10.-12. September 1992). Lusitanischer Teil, Bd. 1. Frankfurt am Main: TFM / Domus Editoria Europaea, 1993, pp. 13-26 [Sobre o problema das relacións entre oclusiva bilabial sonora, fricativa bilabial sonora e fricativa labiodental sonora e sobre a evolución do subsistema de sibilantes].
    Lorenzo, R. (1993): “Algunhas consideracións sobre a evolución do vocalismo galego e portugués”, in Actas do VIII Encontro da Associação Portuguesa de Linguística. Lisboa: APL, pp. 9-26 [Sobre os ditongos ei, ou, oi/ui e o hiato eo/ea].
    Lorenzo, R. (1995): “La koiné gallega”, in G. Holtus / M. Metzeltin / Ch. Schmitt (eds.): Lexikon der Romanistischen Linguistik. Tübingen: Max Niemeyer, vol. 2, 2, pp. 649-679.
    M[ariño] P[az], R. / X. V[arela] B[arreiro] (2000): “Historia da lingua galega”, in Apéndice da Gran Enciclopedia Gallega, tomo XXXIV, pp. 213-238.
    Mariño Paz, R. (2003): O idioma galego no limiar da súa renacenza. Estudo lingüístico de textos pregaleguistas. Monografía 2 de la Revista Galega de Filoloxía. Universidade da Coruña.
    Nunes, J. J. (1919): Compêndio de Gramática Histórica Portuguesa. Lisboa: Livraria Clássica Editora; 19899.
    Regueira, X. L. (2009): "Cambios fonéticos e fonolóxicos no galego contemporáneo", Estudos de lingüística galega 1, pp. 147-167.
    Vidal Figueiroa, T. (1997): “Estructuras fonéticas de tres dialectos de Vigo”, Verba 24, pp. 313-332.
    Williams, E. B. (1938): From Latin to Portuguese. Historical Phonology and Morphology of the Portuguese Language. Philadelphia/London: Oxford University Pr.
    Competencias
    • Coñecer os principios do estudo do cambio lingüístico e algunhas nocións fundamentais en lingüística histórica.
    • Coñecer unha tipoloxía básica das mudanzas fonéticas.
    • Coñecer algunhas nocións elementais sobre o latín vulgar: concepto, fontes de estudo, trazos máis sobranceiros.
    • Coñecer as principais mudanzas fonéticas e fonolóxicas que conducen desde o latín ata o galego medieval e desde o galego medieval ata o galego moderno.
    • Identificar nun texto as características gráficas e fonéticas que axudan a situalo na historia da lingua galega.

    Metodoloxía da ensinanza
    Nas sesións interactivas traballaranse de maneira aplicada algúns dos contidos do programa que son especialmente relevantes. Nas primeiras sesións abordaranse teórica e practicamente algúns contidos integrados na sección de Variación e cambio lingüístico e na de Latín vulgar: concepto, fontes de estudo e características fonéticas básicas. Da sexta sesión en diante as clases interactivas dedicaranse á análise gráfica e fonolóxica de textos medievais e posmedievais, intercalando dous exercicios (10 e 14) en que tamén se analizarán as transformacións fonéticas experimentadas por palabras concretas.
    Os alumnos terán que realizar tres exercicios que entregarán nas sesións 3, 9 e 14. Sobre os contidos destes exercicios, ademais da información dispoñible na sección de "Contidos" deste programa, daranse indicacións e ofreceranse materiais tanto na aula coma na USC virtual.
    Estas clases interactivas serán dirixidas polo profesor, mais contarase sempre coa participación dos estudantes, que será obxecto de avaliación.
    6.3. Titorías programadas
    Estas titorías dedicaranse á orientación dos traballos que os alumnos deben presentar ao profesor e á resolución de dúbidas. De ser o caso, dedicaranse tamén a exercicios de lectura de textos de diferentes épocas.

    Para o desenvolvemento desta materia utilizaranse os recursos que ofrece o Campus Virtual da USC.
    Sistema de evaluación
    Para o cálculo da nota final adoptaranse os seguintes criterios:
    1. O exame, fixado oficialmente para o día 22 de xaneiro de 2014, valerá o 60% da nota final.
    2. Os tres exercicios que se deberán preparar para as clases interactivas 3, 9 e 14 supoñerán o 30% da nota final (10% cada un). Estes exercicios deberanse entregar nas datas indicadas na guía docente. Non se recollerá ningún exercicio entregado fóra de prazo
    3. A participación do alumno na aula supoñerá o 10% da nota. Os alumnos que teñan unha dispensa de asistencia a clase ou que por algunha razón DOCUMENTALMENTE XUSTIFICADA non poidan asistir ás aulas farán un exercicio adicional que concertarán co profesor.

    Os alumnos que teñan que presentarse ao exame do 1 de xullo de 2014 repetirán aqueles exercicios prácticos en que non alcanzasen un mínimo de 4,5 puntos e entregaranos o mesmo día do exame. Voluntariamente, poderán repetir tamén aqueles en que teñan unha nota superior a 4,5. Nesta segunda oportunidade, os criterios para o cálculo da nota serán os mesmos ca os aplicados na primeira.
    Dado que os alumnos que cursan o Grao en Lingua e Literatura Galegas deben conseguir un perfecto dominio oral e escrito do idioma galego, nos traballos e exames penalizaranse as faltas de ortografía e os erros gramaticais, léxicos, etc. que se cometan. Tamén se penalizarán as incorreccións da expresión oral que se observen nas distintas intervencións que os alumnos fagan na aula.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades presenciais
    Clases expositivas 30 horas
    Clases interactivas 15 h.
    Titorías programadas 2 h.
    Exames 3 h.
    Total de horas de actividades presenciais 50 h.


    Actividades non presenciais
    Estudo 50 horas
    Preparación das sesións interactivas 20 h.
    Lecturas 20 h.
    Preparación de exames 10 h.
    Total de horas de actividades non presenciais 100 h.