Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5051323 - Lingua galega oral, escrita e estandar (Maior en Lingua e Literatura galegas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BOULLON AGRELO, ANA ISABEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Coñecer as características diferenciadoras da oralidade e da escritura
    - Coñecer os distintos aspectos dos procesos de estandarización da lingua

    Contidos
    1. Oralidade / escritura
    1.1. Caracterización da oralidade fronte a escritura por niveis de análise lingüística (fonético, morfosintáctico, léxico-semántico).
    1.2. A adecuación
    1.3. Aspectos da variación en textos orais e escritos
    2. A lingua estándar
    2.1. A formación da lingua estándar: os criterios para a regularización ortográfica e morfolóxica.
    2.2. A actuación da prescrición no léxico, na fonética e na sintaxe.

    Bibliografía básica e complementaria
    Xeral
    Álvarez, Rosario / Xosé Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo.
    Fernández Rei, Francisco (1990): Dialectoloxía da lingua galega, Vigo.
    Fernández Rei, Francisco / Carme Hermida Gulías (ed.) (20032): A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago. [Inclúe 3 CD-Rom. A 1ª ed., de 1996, inclúe 3 casetes]
    Instituto da Lingua Galega (1990, 1995, 1999, 2002, 2005): Atlas lingüístico galego. A Coruña, 5 vols.
    Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega (2003): Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. [Vigo]: ILG/RAG [18ª edición]. http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/normasrag.pdf, http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/docs/normativa.pdf
    Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega (2004): Vocabulario ortográfico da lingua galega. [s.l.]: ILG / RAG. http://www.realacademiagalega.org/recursos-volg
    Regueira Fernández, Xosé L. (2010): Dicionario de pronuncia da lingua galega. Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega. http://www.scribd.com/doc/30452105/Dicionario-de-Pronuncia-Xose-Luis-Regueira-Version-Definitiva#source:facebook
    Obras lexicográficas
    Bugarín López, Mª Xesús (2007): O galego fundamental: dicionario de frecuencias. A Coruña.
    Carballeira Anllo, Xosé Mª (coord.) (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. 2 vols. Vigo.
    Castro Macía, Luís (2005): Diccionario galego-castelán, castellano-gallego Vigo.
    Fernández Salgado, Benigno (dir.) (2004): Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Vigo.
    García, Constantino (1985): Glosario de voces galegas de hoxe. Anexo 27 de Verba. Santiago.
    González Seoane, Ernesto (dir) / María Álvarez de la Granja / Ana Isabel Boullón Agrelo (2006): Dicionario de dicionarios do galego medieval. Anexo 57 de Verba. Santiago de Compostela169 p. + 1 CD-ROM.
    Hermida Borrajo, Xosé Avelino (dir.) (2006): Gran dicionario século 21 galego-castelán, castelán-galego. [Vigo].
    López Taboada, Carme / Mª Rosario Soto Arias (2008): Dicionario de fraseoloxía galega. Vigo.
    Martínez Seixo, Ramón A. (dir.) (2000): Diccionario fraseolóxico galego. Vigo.
    Méndez Ferrín, Xosé Luís (2007): Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos. Vigo.
    Pena, Xosé A. (2001): Diccionario Cumio de expresións e frases feitas: castelán-galego. Vigo
    Pena, Xosé A. (dir.) (2005): Gran dicionario Século 21 da lingua galega. Vigo.
    RAG (2004): Dicionario castelán-galego da Real Academia Galega. A Coruña.
    Rodríguez Río, Xusto (2009): Un idioma preciso: extractos de lingua en movemento. Santiago de Compostela.
    Xove Ferreiro, Xosé (coord.) (2005): Novo dicionario da lingua galega. Santiago de Compostela.
    Recursos en internet
    AGO (Arquivo do Galego Oral): http://ilg.usc.es/ago/
    http://www4.usc.es/buscatermos/Caracteristicas.htm, http://www.ti.usc.es/buscatermos/inicio.asp?dedonde=usc
    CAG = Cartografía dos apelidos de Galicia (ILG/RAG): http://servergis.cesga.es/website/apelidos/viewer.asp
    Dicionario da Real Academia Galega: http://www.realacademiagalega.org/
    DdD = Dicionario de dicionarios. Corpus lexicográfico da lingua galega: http://sli.uvigo.es/ddd/index.html
    Loia. Guía aberta á lingua galega. http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loia/index.php?idioma=1
    NG = Nomenclátor de Galicia: www.xunta.es/toponimia
    Terminoloxía: http://www.canalciencia.com/faladoiro/index.htm
    TILGa = Tesouro Informatizado da Lingua Galega (ILG): http://www.ti.usc.es/TILG/
    TMILGa = Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (ILG): http://ilg.usc.es/tmilg/valida.php ou http://sli
    Competencias
    - Coñecer o material bibliográfico recomendado, fundamentalmente manuais gramaticais, o Atlas lingüístico ou repertorios lexicográficos de referencia.
    - Utiliza-las novas ferramentas informáticas, tanto os os corpora da lingua galega (oral e escrita) coma as bases de datos lexicográficas dispoñibles en internet.

    Metodoloxía da ensinanza
    Nas aulas teóricas exporanse os conceptos que proporcionarán as ferramentas básicas para enfrontarse ás análises dos textos. Estes serán o obxecto das clases prácticas, onde se realizarán comentarios a partir de textos escritos e orais (gravacións) nos que os estudantes terán que recoñecer, analizar e comenta-las características destes dous tipos de variación. Para isto utilizaranse recursos da aula virtual.
    Así mesmo, exporanse os criterios que guiaron a confección do estándar escrito moderno, e exemplificaranse con casos concretos tirados dos diferentes planos lingüísticos (especialmente o fonético, morfolóxico e léxico).
    Na aula virtual estarán ó dispor do alumnado materiais necesarios para a marcha das aulas.
    As titorías personalizadas terán lugar no mes de decembro e irán encamiñadas á revisión do traballo de curso.

    Sistema de evaluación
    Haberá dúas opcións de avaliación.
    Método 1: Avaliación continua
    a. Asistencia e participación activa nas aulas, o que inclúe ter feitos os exercicios encomendados para cada día para o seu comentario na aula: 10%
    b. Exame do Bloque I: 35%
    c. Cuestionario sobre os criterios das Normas: 10%
    d. Traballo obrigatorio: avaliaranse, amais dos contidos, a estrutura (presentación, desenvolvemento, conclusións, bibliografía), a calidade lingüística, a utilización dos materiais bibliográficos e as convencións de ortografía técnica. Tamén se terá en conta a exposición oral na aula. 25%
    e. Cartafol: recollerase ó final do cuadrimestre e incluirá os traballos feitos na aula que lle correspondesen a cada alumno. Cumprirá ter unha axeitada calidade lingüística e axustarse ós requisitos formais de presentación: 20%
    É fundamental asistir ás aulas e realiza-las tarefas encomendadas. Para poder supera-la materia por avaliación continua é preciso ter unha asistencia e participación continuadas (non poderá haber máis do 25% de ausencias), face-lo exame e o cuestionario, entrega-lo cartafol e entrega-lo traballo obrigatorio, que se establecerá particularmente para cada alumno de acordo coa profesora. A realización satisfactoria da avaliación continua eximirá os estudantes do exame final. De tal maneira, estes coñecerán o resultado numérico da súa avaliación previamente á realización do dito exame final, e terán a posibilidade de presentarse a el de aspiraren a mellorar a cualificación recibida. No caso de que se faga a avaliación continua e o alumno ou alumna se queira presentar ó exame final (de xaneiro ou de xuño) para subir nota, este contará un 35% da nota final, pois manterá as notas correspondentes ós apartados a, d e e.
    O segundo sistema é para as persoas que teñan dispensa oficial das aulas ou que non cumprisen cos requisitos de asistencia que posibilitan a avaliación continua. Neste caso, para poderen aprobar, os alumnos deben ter unha nota mínima de 6 no exame.

    Método 2

    Exame final:
    Exame global dos contidos, que será sobre todo de carácter práctico (comentarios, casos concretos): 75%
    Traballo obrigatorio: Avaliaranse, amais dos contidos, a estrutura (presentación, desenvolvemento, conclusións, bibliografía), a calidade lingüística, a utilización dos materiais bibliográficos e as convencións de ortografía técnica. 25%

    Este segundo sistema é o único posible para a convocatoria de xuño. En todo caso, para poder presentarse ó exame final, tanto en xaneiro coma en xuño, será necesario presentar o traballo obrigatorio.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    150 horas, das cales 54 horas corresponden á docencia presencial, e as outras estarán repartidas da maneira seguinte:
    Estudo e preparación de actividades programadas na aula: 50
    Realización de traballos de diverso tipo: 35
    Lecturas: 6
    Preparación de exames: 5


    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia á clase e realización das actividades encomendadas.

    Observacións
    Un dos requisitos imprescindibles para supera-la materia é un bo dominio instrumental da lingua, tanto no nivel oral como no escrito, e moi particularmente, o do código normativo. En consecuencia, na cualificación repercutirán negativamente as faltas de ortografía e os erros de morfoloxía e sintaxe (-0'2 por cada falta), así como as deficiencias de redacción e estilo.