Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filoloxía  »  Información da Materia

G5051324 - Sociolingüística galega (Maior en Lingua e Literatura galegas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Galega
  • Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
  • Centro: Facultade de Filoloxía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
MONTEAGUDO ROMERO, XOSE HENRIQUE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSISI
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    • Coñecemento dos parámetros sociais básicos da evolución recente, a situación actual e as dinámicas sociolingüísticas atinxentes ao idioma galego e posibles lecturas desta.
    • Comprensión das condicións sociais en que se desenvolve a lingua galega.
    • Iniciación á análise sociolingüística das capacidades, usos, actitudes, políticas e ideoloxías lingüísticas.
    • Coñecemento e crítica das nocións e categorías básicas que foron desenvolvidas para analizar a situación sociolingüística do idioma galego.
    • Comprensión dos fenómenos da variación, contacto, elaboración e normatividade lingüísticas, en relación co idioma galego.



    Contidos
    1. A sociolingüística. Definición, disciplinas fronteirizas, abordaxes e áreas de estudo.
    1.1. Sociolingüística e Lingüística.
    1.2. Lingua e comunidade lingüística.
    1.3. A sociolingüística variacionista.

    2. Breve historia da sociolingüística galega. Principais problemas, debates e orientacións.
    2.1. Cambios sociais, ideas e debates sobre a lingua (1970): R. Piñeiro, X. Alonso Montero, M. Rodrigues Lapa. Prexuízos lingüísticos. Conxectura de eternidade e profecías autodirixidas.
    2.2. A sociolingüística académica: inquéritos sociolingüísticos.
    2.3. Nacionalismo lingüístico e activismo social.
    2.4. Sociolingüística aplicada e planificación da lingua.
    2.5. A polémica normativa.

    3. Modelos de análise e parámetros fundamentais.
    3.1. Base demográfica e marco sociopolítico.
    3.2. Funcións socio-comunicativas, dominios de uso e xéneros do discurso.
    3.3. A estandarización: selección normativa e diversificación estilística.
    3.4. Significación social e cultura lingüística: prestixio, actitudes e ideoloxías lingüísticas.

    4. Nocións básicas.
    4.1. Contacto de linguas e cambio lingüístico.
    4.2. Bilingüismo, diglosia, substitución lingüística, conflito lingüístico, normalización.

    5. Descrición e análise da situación sociolingüística galega. Coordenadas sociais e dinámica do bilingüismo en Galicia.
    5.1. Lingua inicial e competencia lingüística. Repertorio lingüístico, bilingüismo e adquisición de linguas.
    5.2. Usos lingüísticos. Mantemento e mudanza de lingua: castelanización e (re)galeguización. Cambio lingüístico interxeracional e biográfico.

    6. Lingua, ideoloxía e identidade. Psicoloxía social da lingua.
    6.1. Actitudes e prexuízos lingüísticos. A noción de prestixio.
    6.2. Ideoloxías lingüísticas e discursos sobre a lingua.

    7. Planificación e política lingüística en Galicia (1980-…).


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica
    Calvet, L.-J.: A (socio)lingüística. Santiago: Laiovento, 1998.
    Monteagudo, H.: Historia social da lingua galega. Vigo: Galaxia, 1999.
    Monteagudo, H.: “A sociolingüística galega”, en Gran Enciclopedia Galega, vol. 36, pp. 61-73.
    Monteagudo, H. et alii: A normalización lingüística a debate. Vigo: Xerais, 2002.
    Monteagudo, H.: "Do uso á norma, da norma ao uso. Variación sociolingüística e estandarización no idioma galego", en Álvarez, R. / Monteagudo, H., Norma lingüística e variación. Santiago: Consello da Cultura Galega, 2005, 377-436.
    Monteagudo, H.: "Lingua, sociedade e política. Presente e porvir do idioma galego", Grial 186 (2010), 74-81.
    Monteagudo, H.: “Por un proxecto de futuro para o idioma galego. Unha reflexión estratéxica”, Grial 188 (2010), 64-69.
    Monteagudo, H. (dir): O idioma galego na sociedade. A evolución sociolingüística 1992-2008. Santiago: Consello da Cultura Galega, 2011.
    Monteagudo, H. (dir): A(s) lingua(s) a debate. Inquérito sobre opinións, actitudes e expectativas da sociedade galega. Santiago: Consello da Cultura Galega, 2011.
    Monteagudo, H.: Facer país co idioma. Sentido da normalización lingüística. A Coruña: Real Academia Galega, 2012.


    Lecturas
    Alonso Montero, X.: Informe –dramático- sobre la lengua gallega. Madrid. Akal, 1973.
    Casares Berg, H. et alii: “Actitudes lingüísticas en Galicia”, Grial 160 (2003), 52-59.
    Comellas Casanova, P. “A hipótese da morte da lingua”, Grial 190 (2011), 79-85.
    Monteagudo, H. : “Polo idioma galego. Argumentos para un debate cívico”, Grial 183 (2009), 72-77.
    Junyent, C.: “A perda da diversidade lingüística no mundo e os procesos de homoxeneización lingüística”, en H. Monteagudo (coord.): Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade. Santiago: Consello da Cultura Galega, 19-36.
    Monteagudo, H. (dir): A(s) lingua(s) a debate. Inquérito sobre opinións, actitudes e expectativas da sociedade galega. Santiago: Consello da Cultura Galega, 2011.
    Moure, T.: “A batalla das linguas no mundo actual. Multilingüismo e antiglobalización”, Grial 160 (2003), 18-29.
    Piñeiro, R.: A linguaxe e as linguas. Vigo: galaxia, 2007.
    Rajagopalan, K.: “Sobre o porque de tanto odio contra a linguaxe politicament e correcta”, Grial 187 (2010), 151-53.


    Competencias
    • Capacitación para unha visión crítica dos discursos sociais sobre a lingua, e incremento da (auto)consciencia metalingüística.
    • Capacitación para a comprensión, interpretación e análise crítica de cadros, táboas e gráficos estatísticos con datos sociolingüísticos.
    • Capacitación para a procura e manexo dos recursos en rede.
    • Iniciación para o traballo de campo en sociolingüística: recollida, tratamento e análise da información.
    • Manexo crítico dos conceptos básicos relevantes para a situación do galego.
    • Exposición e discusión pública das cuestións máis relevantes relacionadas coa situación do galego.


    Metodoloxía da ensinanza
    2 horas de explicación teórica semanal (grupo teórico) + 1 hora de sesión interactiva (en dous grupos). Completarase coas titorías personalizadas. Os/as estudantes prepararán exposicións para as aulas interactivas, segundo un programa de lecturas, e deberán entregar mensualmente resumos e comentarios destas. Presentaranse e discutiranse na aula cadros, gráficos e táboas estatísticos, para a súa interpretación e discusión.
    Realizarase un traballo práctico de campo, segundo as instrucións dadas na aula. O traballo será dirixido polo profesor, o que requirirá ao menos dúas sesións de traballo individual co profesor en horario de titorías.


    Sistema de evaluación
    A. Avaliación continua
    1. Asistencia e participación nas aulas: 10%.
    2. Elaboración de comentarios sobre as lecturas: 30%.
    3. Exposición na aula e elaboración do comentario: 15%.
    4. Traballo de curso obrigatorio: 45%.
    A asistencia ás clases é obrigatoria, de maneira que con máis do 20% de faltas se perderá o dereito a optar por esta modalidade. Os/as estudantes que non superen a materia por avaliación continua, deberán facer o exame na convocatoria de xullo. Neste caso, o profesor indicará se o traballo de curso obrigatorio resulta satisfactorio ou debe ser feito de novo.
    B. Avaliación por exame
    1. Asistencia e participación nas aulas: 10%.
    2. Exposición na aula e elaboración de comentario: 15%.
    3. Traballo de curso obrigatorio: 45%.
    4. Exame final: 30%.
    No caso de avaliación por exame, será preciso obter neste unha puntuación mínima de 6 sobre dez para poder aprobar a materia.
    C. Avaliación para estudantes con dispensa de asistencia ás aulas
    1. Exposición na aula e elaboración do correspondente comentario: 10%.
    2. Traballo de curso obrigatorio: 45%.
    3. Exame final: 45%.
    No caso de dispensa de asistencia, os/as estudantes deberán obter unha nota mínima de 7 sobre dez para superar a materia.

    D. Avaliación na convocatoria de xullo
    1. Os/as estudantes que optasen pola modalidade de avaliación continua (A) conservarán a nota do traballo (45% da nota final) e a exposición (15% da nota final) e realizarán un exame que contará por un 40% da nota, debendo superar esta proba cunha nota mínima de 5 sobre dez. No caso de que o traballo obrigatorio realizado no curso non fose aprobado, deberá facerse un novo.
    2. Os/as estudantes que optasen pola modalidade de avaliación por exame (B), conservarán a nota do traballo (45% da nota final) no caso de que este fose avaliado positivamente, e realizarán un exame que contará por un 55% da nota, debendo superar esta proba cunha nota mínima de 6 sobre dez. No caso de que o traballo obrigatorio realizado no curso non fose aprobado, deberá facerse un novo.
    3. Os/as estudantes con dispensa de asistencia (C), conservarán a nota do traballo (45% da nota final) no caso de que este fose avaliado positivamente, e realizarán un exame que contará por un 55% da nota, debendo superar esta proba cunha nota mínima de 7 sobre dez. No caso de que o traballo obrigatorio realizado no curso non fose aprobado, deberá facerse un novo.
    E. Avaliación de estudantes ERASMUS e estanxeiros/as
    Os estudantes do programa ERASMUS e estranxeiros/as en situación especial, poderán ser avaliados segundo un sistema específico, que o profesor indicará, e que en todo caso implicará a elaboración do traballo obrigatorio de curso.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A asistencia ás clases é fundamental.
    O número de horas de traballo calculado para a lectura/consulta da bibliografía básica é de aproximadamente 2 horas semanais durante tres meses. A realización do traballo práctico consumirá aproximadamente 15 horas. Na preparación do exame investiranse aproximadamente 10 horas de traballo.

    Recomendacións para o estudo da materia
    O seguimento do programa de lecturas é básico. A participación nas aulas, en especial nas interactivas de exposición e discusión é moi importante. As sesións de aula co comentario de gráficos e táboas son de asistencia inescusable, así como o manexo doutros aos que se fai referencia na propia aula.
    É importante o manexo dos recursos dixitais e en rede, seguindo as orientacións do profesor.
    En particular, na páxina web persoal do profesor atoparanse moitos dos recursos que este empregará nas aulas:
    http://webspersoais.usc.es/persoais/henrique.monteagudo/


    Observacións
    Recursos en rede:
    http://webspersoais.usc.es/persoais/henrique.monteagudo/

    http://consellodacultura.org/
    http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loia/
    http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/ (Centro de Documentación Sociolingüística- CCG)

    http://ilg.usc.es/ (Instituto da Lingua Galega - USC)
    http://www.usc.es/snl/ (Servizo de Normalización Lingüística- USC)

    http://www.xunta.es/linguagalega/ (Secretaría Xeral de Política Lingüística- Xunta de Galicia)

    En particular, na páxina web persoal do profesor atoparanse moitos dos recursos que este empregará nas aulas:
    http://webspersoais.usc.es/persoais/henrique.monteagudo/